Ingua

Na anatomía humana, a ingua (o adxectivo é "inguinal", como en canle inguinal) é a zona de unión (tamén coñecida como a rexión inguinal) entre o abdome e a coxa[1] a cada lado do óso pube.[2] Isto tamén é coñecido como o Compartimento medial da coxa que consiste nos músculos adutores da cadeira ou nos músculos da ingua. Un tirón no músculo da ingua xeralmente refírese a unha dolorosa lesión debida ao estirar os músculos adutores dos músculos adutores da cadeira.[3]

Estes músculos adutores da cadeira que compoñen a ingua e compóñense do adutor curto, adutor longo, adutor maior, gracilis e pectíneo.[4] Estes músculos da ingua complementan a coxa (achegan o fémur e o xeonllo ata a liña media). A ingua esta inervada polo nervio obturador, con dúas excepcións: o músculo pectínico é inervado polo nervio femoral e a porción do adutor maior está inervado polo nervio tibial.[5]

Na ingoa, debaixo da pel, hai de tres a cinco ganglios linfáticos inguinais profundos que desempeñan un papel no sistema inmunitario. Estes poden inflamarse debido a certas enfermidades, o máis común é unha infección simple e o menos probable, un cancro. Unha cadea de ganglios linfáticos inguinais drena aos nodos profundos.   Nun procedemento de flebografía, a ingoa é o lugar preferido para as incisións para meter un catéter no sistema vascular.   O ligamento inguinal vai desde o tubérculo púbico ata a espiña ilíaca superior anterior e a súa anatomía é moi importante para as operacións de hérnia.  

Pulled Groin Muscle
Tirón muscular na ingoa
Ingua
Dr Bock plate11a
Rexión inguinal (en amarelo) e zona púbica '(en azul): 1. plano interespinal, 2. músculo recto abdominal, 3. conduto inguinial (se indica un, pero se atopa en ambos lados).
Latín [TA]: inguen;
[TA]: regio inguinalis

Notas

  1. Dorland's (2012). Dorland's Illustrated Medical Dictionary (32nd ed.). Elsevier. p. 739. ISBN 978-1-4160-6257-8.
  2. "WebMB.com: Groin problems and injuries". Consultado o 2008-08-23.
  3. "American Running Association". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2006. Consultado o 2008-08-23.
  4. Kenneth S. Saladin (2010). Anatomy & Physiology: The Unity of Form and Function (5th ed.). McGraw Hill. OCLC 743254985.
  5. "GetBodySmart.com".

Véxase tamén

Alberto Bayo

Alberto Bayo Giroud, nado en Cuba en 1892 e finado en 1971, foi un militar e aviador español que participou na Guerra Civil española.

Aleksei Nikolaevich Romanov

Aleksei Nikolaevich Romanov (en ruso: Алексе́й Никола́евич Ромáнов), nado en Peterhof o 12 de agosto de 1904 e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o derradeiro tsarévich de Rusia. Foi o quinto fillo e único home nado do matrimonio ente o tsar Nicolao II de Rusia e Alexandra Fedorovna. Naceu con hemofilia, o que provocou o achegamento da súa nai ao staretz Grigorii Rasputin para que tratara a enfermidade, o que supuxo un importante factor debilitante da dinastía Romanov.

Trala Revolución de Febreiro de 1917, Aleksei e a súa familia permaneceron baixo arresto domiciliario primeiro en Tsarskoe Selo e máis adiante en Tobolsk e Ekaterimburgo. Foi asasinado xunto aos seus pais, irmás e outros catro reféns durante a guerra civil rusa por orde do goberno bolxevique. Os rumores de que sobrevivira mantivéronse ata o ano 2007 cando se descubriron os seus restos e os dunha das súas irmás. O 17 de xullo de 1998, no 80º aniversario do seu asasinato, a familia foi formalmente soterrada e máis adiante, no ano 2000, canonizada como portadores da paixón pola Igrexa Ortodoxa Rusa.

Aneurisma

Un aneurisma é unha dilatación que forma unha pequena protuberancia con forma de globo localizada e chea de sangue, que se orixina na parede dun vaso sanguíneo en condicións patolóxicas, que nalgúns casos é mortal. Os aneurismas poden orixinarse en calquera vaso sanguíneo, pero os exemplos máis letais son os aneurismas do círculo de Willis (círculo arterial cerebral) no cerebro, o aneurisma aórtico, que afecta á arteria aorta torácica e o aneurisma aórtico abdominal. Os aneurismas poden orixinarse no propio corazón despois dun infarto de miocardio, e entre estes están os aneurismas ventriculares e os septais auriculares.

A medida que un aneurisma aumenta de tamaño, o risco de rotura increméntase. A rotura dun aneurisma orixina unha hemorraxia. Os aneurismas son o resultdo do debilitamento da parede dos vasos sanguíneos e poden orixinarse como resultado dunha condición hereditaria ou dunha doenza adquirida. Os aneurismas poden tamén ser un lugar de formación de coágulos (trombose) e de embolismos. A palabra procede do grego ἀνεύρυσμα, aneurysma, 'dilatación', a partir de ἀνευρύνειν, aneurynein, 'dilatar'.

Illa Tiburón

A Illa do Tiburón ou Illa Tiburón (en español Isla del Tiburón ou Isla Tiburón) (Tahéjöc /taˡʔɛxʷk/ en lingua seri)

Jack o Destripador

Jack o Destripador (en inglés: Jack the Ripper) é o máis coñecido dos pseudónimos que se lle deron a un asasino en serie non identificado que cometeu varios crimes en 1888 no distrito de Whitechapel de Londres. O nome "Jack o Destripador" orixinouse nunha carta diseminada polos medios de comunicación que fora escrita por alguén non identificado que afirmaba ser o asasino. Esta carta considerouse posteriormente unha fraude, probablemente escrita polos propios xornalistas como forma de atraer máis atención cara á historia e incrementar as vendas dos exemplares de xornais. O asasino foi chamado oficialmente "o Asasino de Whitechapel" ("The Whitechapel Murderer") e "Mandil de Coiro" ("Leather Apron") nos ficheiros policiais do caso e nos recontos xornalísticos da época.

Os ataques adscritos a Jack o Destripador involucraban tipicamente a mulleres prostitutas que vivían e traballaban nos suburbios do East End de Londres, ás que se lles cortou a gorxa antes de sufrir mutilacións abdominais. O feito de que o asasino extirpara os órganos internos de polo menos tres das vítimas levou a hipótese de que posuía coñecementos de anatomía ou cirurxía. Os rumores sobre a conexión entre os asasinatos intensificáronse en setembro e outubro de 1888, e Scotland Yard así como diversos medios de comunicación recibiron cartas dun escritor ou escritores que afirmando ser o asasino. A carta From Hell ("Dende o Inferno") recibida por George Lusk do Whitechapel Vigilance Committee incluía unha metade dun ril humano preservado, presuntamente extraído dunha das vítimas. O público comezou a crer cada vez máis no asasino en serie único coñecido como "Jack o Destripador", principalmente polas características extraordinariamente brutais dos asasinatos e polo tratamento dos eventos por parte dos medios.

A extensa cobertura nos xornais que recibiron estes asasinatos axudaron a que se espallara a notoriedade do Destripador e a que se solidificase a súa lenda. Unha investigación policial de once asasinatos en Whitechapel no ano 1891 non puido conectar estes outros eventos de forma concluínte cos asasinatos de 1888. Cinco das vítimas, Mary Ann Nichols, Annie Chapman, Elizabeth Stride, Catherine Eddowes e Mary Jane Kelly, coñécense como as "cinco canónicas", e os seus asasinatos ocorridos entre o 31 de agosto e o 9 de novembro de 1888 adoitan considerarse os que tiveron unha maior probabilidade de estar conectados entre si. Estes asasinatos nunca chegaron a resolverse, e as lendas que os arrodearon convertéronse nunha combinación de investigación histórica xenuína, contos populares e pseudohistoria. Existen ao redor dun cento de teorías sobre a identidade real de Jack o Destripador, e os seus asasinatos serviron de inspiración para moitas obras de ficción.

Jacqueline Kennedy Onassis

Jacqueline Lee Kennedy Onassis, de solteira Bouvier, nada en Southampton (Nova York) o 28 de xullo de 1929 e finada en Nova York o 19 de maio de 1994, foi Primeira Dama dos Estados Unidos por ser a esposa do trixésimo quinto Presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, durante a súa presidencia dende 1961 ata o asasinato do seu esposo en 1963.

Jacqueline era a filla máis vella do corretor de bolsa de Wall Street John Vernou Bouvier III e da socialité Janet Le Bouvier. En 1951, graduouse cunha licenciatura en literatura francesa da Universidade George Washington e foi traballar ao Washington Times-Herald como fotógrafa investigadora.

Jacqueline coñeceu o congresista John F. Kennedy nunha cea en 1952. Ese novembro, foi elixido como senador dos Estados Unidos en Massachusetts, e a parella casou en 1953. Tiveron catro fillos, dos cales dous morreron na infancia.

Como Primeira Dama, foi coñecida pola súa moi publicitada restauración da Casa Branca e a súa énfase nas artes e na cultura. O 22 de novembro de 1963, ela viaxaba co presidente nunha caravana de automóbiles en Dallas, Texas, cando el foi asasinado.

En 1968, casou co armador grego Aristóteles Onassis; permaneceron casados ata a morte de Onassis en 1975. Durante as dúas últimas décadas da súa vida, Jacqueline Kennedy Onassis traballou como editora de libros.

É lembrada pola súa contribución ás artes e á preservación da arquitectura histórica, o seu estilo, elegancia e graza. Destacou como icona da moda; o seu famoso traxe rosa Chanel converteuse nun símbolo do asasinato de Kennedy e unha das imaxes perdurables da década de 1960.Figurou en 1999 na lista de Gallup das personalidades máis admiradas nos Estados Unidos do século XX.

Lingua sánscrita

O sánscrito (saṃskr̥tam / संस्कृतम) é unha lingua indoeuropea, da familia indoirania, outrora falada no subcontinente indio. En especial, é a lingua dos textos relixiosos hindús e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da India. O sánscrito é unha lingua altamente flexiva e moi arcaizante, cuxo estudo é fundamental no marco da lingüística comparada.

Pantalón

O pantalón ( pronunciación ) é unha peza de vestir utilizada na parte baixa do corpo e a cal cobre ambas pernas por separado (a diferenza das saias).

Peste bubónica

A peste bubónica é un dos tres tipos da infección bacteriana causada pola bacteria Yersinia pestis. Entre tres e sete días após a exposición ás bacterias, desenvólvense os síntomas, semellantes ós da gripe. Estes inclúen febre, dores de cabeza, e vómito. A inchazón dolorosa dos ganglios linfáticos prodúcese na área máis achegada a onde as bacterias se introduciron na pel. De xeito ocasional, os ganglios inflamados poden abrirse.Os tres tipos de praga son o resultado das vías de infección: peste bubónica, peste septicémica e peste pulmonar. A peste bubónica propágase principalmente por pulgas infectadas que habitan en animais pequenos. Tamén se pode propagar mediante a exposición ós fluídos corporais dun animal infectado con peste. Na forma de peste bubónica, as bacterias entran pola pel por mor da trabada das pulgas que viaxan a través dos vasos linfáticos até o ganglio, facendo que esta trabada inche. O diagnóstico realízase atopando as bacterias no sangue, esputo ou líquido dos ganglios linfáticos.A prevención dáse a través de medidas de saúde pública, por exemplo: a través do manexo de animais mortos en áreas onde a peste é unha doenza común. Para este padecemento non se atoparon vacinas útiles para a súa prevención. Existen varios antibióticos que son eficaces para o tratamento, nos que se inclúen a estreptomicina, xentamicina e doxiciclina. Se non se trata a doenza, a taxa de mortalidade rolda entre un 30% a un 90% do total dos infectados. A morte, se é que esta sucede dáse arredor dos dez días. Co tratamento axeitado a porcentaxe de risco de morte é dun 10%. En todo o mundo rexístranse uns 650 casos documentados ó ano, que resultan nunhas 120 mortes. Esta doenza é moito máis común en África.Crese que a peste é a causa da morte negra que se propagou en Asia, Europa e África no século XIV e que matou a uns 50 millóns de persoas. Representou entre o 25% e o 60% da poboación europea. Por mor de que a peste matou a unha gran poboación da clase obreira, os salarios aumentaron pola demanda de man de obra. Algúns historiadores clasifican esta época como un punto de inflexión no desenvolvemento económico europeo. O termo “peste bubónica” deriva do grego “βουβών” que quere dicir ingua. O termo “bubóns” tamén se emprega para referirse ós ganglios linfáticos inflamados.

Psoríase

A psoríase é unha doenza autoinmune que se caracteriza por manchas anormais na pel. Estas manchas na pel son polo xeral vermellas, resecas, con proído e descamación. Nas persoas coa pel escura as manchas poden adquirir a cor púrpura. A psoríase varía en función do seu tamaño e poden ser manchas localizadas ou estendidas por todo o corpo. As lesións na pel poden desencadear cambios psoriáticos na rexión afectada, o cal é coñecido como fenómeno de Koebner.Existen cinco tipos principais de psoríase: vulgar, guttata, inversa, pustulosa e eritrodérmica. A psoríase de placas, tamén coñecida como psoriasis vulgaris, supón arredor do 90% dos casos. Preséntase polo xeral como manchas vermellas con escamas brancas na parte superior. As áreas do corpo que adoitan ser as máis afectadas son a parte posterior dos antebrados, canelas, área do embigo e o coiro cabeludo. A psoríase guttata presenta lesións en forma de pinga. A psoríase pustulosa presenta pequenas bóchegas non infecciosas cheas de brume. A psoríase inversa forma parches vermellos nos pregos da pel. A psoríase eritrodérmica ocorre cando a erupción se estende moito e pode desenvolverse a partir de calquera dos outros tipos. As unllas das mans e dos pés vense afectadas na maioría das persoas con psoríase nalgún momento da súa vida. Isto pode provocar manchas ou cambio de cor nas unllas.Considérase que a psoríase é unha doenza xenética que é desencadeada por factores ambientais. En estudos de xemelgos, os xemelgos idénticos teñen tres veces máis de posibilidades de verse afectados en comparanza cos xemelgos non idénticos. Isto suxire que os factores xenéticos predispoñen a psoríase. Os síntomas adoitan empeorar durante o inverno e con certas menciñas, como beta bloqueadores ou antiinflamatorios non-esteroides. As infeccións e o estrés psicolóxico poden xogar un papel determinante na doenza. A psoríase non é unha doenza contaxiosa. O seu mecanismo subxacente implica o sistema inmunitario en reacción ás células da pel. A diagnose baséase polo xeral en sinais e síntomas.Non existe cura para a psoríase mais diversos tratamentos poden axudar a controlar os síntomas. Estes tratamentos inclúen cremas de esteroides, cremas de vitamina D3, luz ultravioleta e menciñas inmunosupresoras, como o metotrexato. Arredor do 75% dos casos poden ser controlados só con cremas. A doenza afecta entre o 2 ó 4% da poboación. Os homes e as mulleres vense afecatadas por ela coa mesma frecuencia. A doenza pode comezar a calquera idade, mais polo xeral comeza na idade adulta. A psoríase está asociada cun incremento no risco de padecer artrite psoriásica, linfoma, unha doenza cardiovascular, o mal de Crohn e depresión. A artrite psoriásica afecta ó 30% dos individuos con psoríase.

Sanchin

Sanchin (三戰, サンチン) é un kata do karate que ten orixe en Fuxián, sur daa China, región que é considerada coma o núcleo de varios estilos, e os máis ben coñecidos son os estilos de karate Goju-ryu e Uechi-ryu, e tamén os estilos de wushu chinés da Garza branca; dos Cinco Antepasados, Pangainun e o estilo de combinación da garza e do tigre, que é asociado con Ang Lian-Huat. Tam Hon ensinaba un estilo que era chamado sinceramente "saam jin" (cantonés para "Sanchin"). O nome "sanchin", con significado de "tres batallas", é ás veces interpretado como a batalla para unificar a mente, corpo, e espírito; con todo, hai outras interpretacións.A versión de sanchin utilizada pola maioría de estilos de karate foi creada polo fundador do estilo goju-ryu, mestre Chōjun Miyagi, e adestra unha técnica moi forte e tensa de puño, para empuxón. En Uechi-ryu e en Ryusei, o xeito de practicar o kata é máis próximo á versión chinesa con movmentos máis alíxeros de man que golpea coma unha serpe.

Sistema linfático

O sistema linfático é unha rede complexa de órganos linfoides, ganglios linfáticos, condutos linfáticos, tecidos linfáticos, capilares linfáticos e vasos linfáticos que producen e transportan o fluído linfático (linfa) dos tecidos para o sistema circulatorio. O sistema linfático é un importante compoñente do sistema imunolóxico, pois colabora cos glóbulos brancos para a protección contra bacterias e virus invasores.

O sistema linfático posúe tres funcións interrelacionadas:

1 Eliminación dos fluídos en exceso dos tecidos corporais,

2 Absorción dos ácidos graxos e transporte posterior da graxa para o sistema circulatorio e,

3 Produción de células inmunes (como linfocitos, monocitos e células produtoras de anticorpos coñecidas como plasmocitos).A linfa é un líquido transparente e esbrancazado, levemente amarelado ou rosado, alcalino e de sabor salgado, constituído esencialmente polo plasma sanguíneo, proteínas e por glóbulos brancos. A linfa é transportada polos vasos linfáticos en sentido unidireccional e filtrada nos ganglios linfáticos (tamén coñecidos como nódulos linfáticos). Despois da filtraxe, a linfa é lanzada no sangue, desembocando nas grandes veas torácicas.

Os vasos linfáticos teñen a función de drenar o exceso de líquido que sae do sangue e baña as células. Ese exceso de líquido que circula nos vasos linfáticos e que é devolvido ao sangue é o que se chama linfa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.