Inflorescencia

Unha inflorescencia é a parte da planta onde se localizan as flores. Normalmente consiste nun prolongamento semellante ao talo, ou raque, provido de follas modificadas chamadas brácteas. Nas axilas destas brácteas localízanse as flores. Moitas familias botánicas distínguense de xeito doado polo seu tipo de inflorescencia, como o espádice das Araceae, as umbelas das Apiaceae ou os capítulos das Asteraceae.

Byrsonima1
Acio de Byrsonima tuberosa

Tipos principais

Hai unha inmensa diversidade de formas diferentes de inflorescencias nas Anxiospermas. Poden ser definidas e de crecemento limitado, ou indefinidas, de crecemento ilimitado (cando o ápice do raque presenta un meristema). Entre os tipos de inflorescencias, destácanse:

  • Acio: flores pediceladas dispostas nun raque simple.
  • Panícula: flores pediceladas dispostas nun raque ramificado, normalmente ocorrendo nas ramificacións.
Cortaderia1
Panículas de Cortaderia selloana, ou Cortadeira
  • Umbela: flores pediceladas inseridas nun único punto, no ápice da inflorescencia.
  • Espiga: flores sésiles dispostas nun raque simple.
Gerbera1
Capítulo de Gerbera jamesonii.
  • Escorpioide: flores inseridas nun lado do raque.
  • Capítulo: flores inseridas nun receptáculo discoide ou redondo protexido por brácteas. É común haberen tipos de flores diferentes nestas inflorescencias, como nas margaridas.
  • Dicasio: o raque subdivídese en dúas partes unha ou máis veces, portando as flores nas extremidades.
Ficus4
Sicóns de Ficus lutea.
  • Sicóns: flores sésiles inseridas nun receptáculo carnoso que se pecha sobre elas, deixando unha abertura no ápico (como ocorre nas figueiras).
  • Ciatio: flores unisexuais dispostas en conxuntos protexidos por brácteas. A flor feminina atópase no centro, e as masculinas ao redor.
  • Fascículo: varias flores inseridas nun único punto do talo.

Tamén hai inflorescencias compostas, combinando dúas ou máis das estruturas descritas.

Existen inflorescencias "indefinidas" ou "definidas", se o eixo principal das mesmas termina con un gomo terminal ou por unha flor.

Inflorescencia indefinida

Nunha inflorescencia indefinida, o eixo principal termina nunha xema terminal que se alonga, en teoría, indefinidamente, emitindo lateralmente flores ou eixos secundarios com máis flores. As flores da base florecen en primeiro lugar, seguindo as outras, en dirección ao cume da inflorescencia. A inflorescencia típica, neste caso, é o acio.

Tuil

Corimbo

Inflorescencia definida

Nunha inflorescencia definida, o eixo principal termina nunha flor, que florece en primeiro lugar e cuxo crecemento é limitado. As outras flores aparecen sucesivamente en dirección á periferia, en raques secundarios que, ás veces, poden ser moi curtos. O tipo, na inflorescencia definida, é a cimeira. Neste caso, fálase de "ramificación simpódica".

Meertakkig bijscherm

Cimeira multípara

Enkelvoudig gevorkt bijscherm

Cimeira bípara

Schicht

Cimeira unípara helicoide

Sikkel (bloeiwijze)

Cimeira unípara escorpioide

Cuscuta europaea

Glomérulo (de Cuscuta-europea

Inflorescencias compostas

Podemos tamén atopar inflorescencias con todo tipo de combinacióms. Ás veces, a inflorescencia, no seu todo, tende a simular unha flor simple, como no caso da edelweiss. Existen, polo tanto, as inflorescencias:

  • Homoxéneas :
    • Umbelas compostas
    • Espigas compostas
  • Mixtas:
    • Tirso = Acio de cimeiras,
    • panícula de espigas,
    • corimbo de capítulos,
    • espiga de cimeiras,
    • espiga de glomérulos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • FOREY, P, FITZSIMONS, C.. Flores Silvestres, 1.ª ed. Aveiro: Editora Plátano. 1987. ISBN 972-707-118-X
Acio

O acio (do termo latino acinus) é un tipo de inflorescencia indefinida, caracterizado por presentar un eixo ou raque que medra indefinidamente mentres que aos costados prodúcense as xemas florais pediceladas que se abren a medida que aquel se desenvolve. A floración prodúcese en sentido acrópeto, é dicir, ábrense antes as flores inferiores do eixo e a maduración progresa cara ao ápice da inflorescencia.

O resto dos tipos de inflorescencias de tipo acio simples (espiga, amento, umbela etc.) pódense derivar facilmente desta estrutura. A inflorescencia composta formada por un acio de acios (acio composto) recibe o nome de panícula, como na vide. Popularmente a inflorescencia e a infrutescencia da vide coñécese como acio ou cacho.

Amento

En botánica, amento, chamado popularmente candea, é unha inflorescencia tipo acio, xeralmente pénsil, característica de certas árbores, especialmente na subclase Hamamelidae, as familias Salicaceae e Fagaceae. Tamén recibe os nomes comúns de gatiño e flor da trama.

O amento consiste nunha espiga articulada polo seu baseamento e composta de flores dun mesmo sexo, pois hai amentos masculinos, máis alongados, e amentos femininos. As flores son simples, sen pétalos nin sépalos, as masculinas fican reducidas aos estames e as femininas ao estigma.

As candeas aparecen na primavera, xeralmente antes que as follas agroman.

Nesta clase de plantas, a polinización é anemófila, isto quere dicir que o transporte do pole, moi abundante, é realizado polo vento.

O pole dalgunhas árbores pode ser, para a especie humana, unha fonte de alerxias.

En Galiza algunhas árbores con candeas son:

Todos os carballos.

Os salgueiros.

O amieiro.

O castiñeiro.

Araceae

As aráceas (Araceae) é unha familia de plantas monocotiledóneas herbáceas que comprende uns 104 xéneros e máis de 3.000 especies, fáciles de distinguir pola súa inflorescencia característica. Entre as aráceas atópanse os coñecidos Anthurium, Zantedeschia e Philodendron. Hoxe en día tamén están aniñadas nas aráceas as lentellas de auga (Lemna e afíns). A familia é utilizada por sistemas de clasificación modernos como o sistema APG II (2003) e o APWeb (2001 en diante).

Son plantas monocotiledóneas herbáceas, ás veces arborescentes ou como lianas (salvo en Lemnoideae, onde o corpo vexetativo é reducido e globoso a taloide). Follas simples, enteiras ou lobuladas, en ocasións fenestradas (co limbo furado), a miúdo grandes. O que comunmente se cre que é a flor é en realidade a inflorescencia, as flores son pequenas, con perianto nulo ou con 4-8 pezas escamosas. Inflorescencias en espádice (espiga de eixo carnoso, rodeada por unha espata, que é a que adoita ser confundida co "pétalo" da flor). Froitos en baga.

Esta familia é máis diversa nas zonas tropicais do Novo Mundo, aínda que tamén están distribuídas polo Vello Mundo, en zonas cálidas.

Asteraceae

As asteráceas (Asteraceae), tamén chamadas compostas (Compositae Giseke, nom. cons.), reúnen máis de 23.000 especies (Jeffrey, 2007; Stevens, 2001)

polo que son a familia de anxiospermas con maior riqueza e diversidade biolóxica. A familia está caracterizada por presentar as flores dispostas nunha inflorescencia composta denominada capítulo a cal se acha rodeada dunha ou máis filas de brácteas (invólucro).

O nome "Asteraceae" deriva do xénero tipo da familia Aster, termo que -á súa vez- provén do grego ἀστήρ que significa "estrela" e fai alusión á forma da inflorescencia. Doutra banda, o nome "compostas", máis antigo pero válido, fai referencia ao tipo particular de inflorescencia composta que caracteriza á familia e que só se acha en moi poucas familias de anxiospermas.

As compostas presentan unha considerable importancia ecolóxica e económica. Os membros desta familia distribúense desde as rexións polares até os trópicos, conquistando todos os hábitats dispoñibles, desde os desertos secos até os pantanos e desde as selvas até os picos montañosos. En moitas rexións do mundo as compostas chegan a integrar até o 10% da flora vernácula. A familia contén algúns xéneros cunha gran cantidade de especies, como é o caso de Senecio (con 1250 especies), Hieracium (1000 especies) e Helichrysum (600 especies).

Asteridae

As astéridas (Asteridae) constitúen unha subclase dentro da clase Magnoliopsida (as dicotiledóneas), e son parte por tanto da división ou fío Magnoliophyta (as anxiospermas). Representan o clado máis apotípico (máis apartado do tipo orixinal, ou como se di indebidamente, 'máis evolucionado') das anxiospermas. O grupo orixinouse con toda probabilidade iniciado o Cenozoico, fará talvez uns 50 millóns de anos, e o seu éxito relaciónase coa coadaptación a insectos polinizadores. Presentan en xeral flores cigomorfas (de simetría bilateral), de corola soldada con lóbulos desiguais, estames epipétalos, e xineceo formado por dous carpelos soldados. As flores organízanse a miúdo en inflorescencias apertadas, como as espigas das Lamiaceae e as Plantaginaceae ou os capítulos das Compostas.

A composición das anxiospermas está sometida a vaivéns, polos rápidos avances actuais na investigación das relacións evolutivas. A comparación de certos xenes levou a incluír no grupo algunhas ordes morfoloxicamente menos avanzados, que se clasificaban antes na subclase Rosidae. Xeralmente acéptase que a subclase está formada por 11 ordes que inclúen unhas 60.000 especies, das cales 20.000 son membros da familia compostas.

Capítulo (botánica)

En Botánica, capítulo é un tipo de inflorescencia racimosa ou aberta na que o pedúnculo ensánchase na extremidade formando un disco algo groso, chamado receptáculo común. Este receptáculo común áchase rodeado por unha ou máis series de brácteas. Sobre este órgano disponse as flores sésiles (sen pedicelo) acompañadas ou non polos súas correspondentes brácteas. É a inflorescencia típica da familia das compostas (Asteraceae), como así tamén dalgunhas outras familias, como as dipsacáceas.

Corola

A corola é o verticilo interno do perianto da flor, case sempre vistoso.

O concepto pode ser definido de xeito máis simple como o conxunto de follas modificadas dunha flor (pétalos). Os pétalos acostuman a estar dispostos libres entre si ou fusionados ós outros. Cando están fusionados, a porción estreita basal recibe o nome de tubo, a superior libre, limbo, e a abertura, fauce.

Están presentes só en anxiospermas.

Espiga

A espiga é un tipo inflorescencia de flores sésiles dispostas ao longo dun raque (eixo da inflorescencia). Cando o eixo é groso e carnoso, a inflorescencia chámase de espádice.

As espigas poden ser vistas en moitas familias: Arecaceae (palmeiras), Piperaceae, Orchidaceae entre outras. A espiga do trigo é unha espiga composta, pois no eixo floral hai espiguetas sésiles e non flores solitarias.

Espádice

O espádice é un tipo especial de acio, unha inflorescencia con flores pequenas apiladas sobre un raque espeso e carnoso, tomando o aspecto dunha espiga. Atópase en certas liliópsidas (monocotiledóneas), especialmente na familia Araceae, razón pola que estas se chamaban anteriormente espadicifloras.

Nestas inflorescencias existe comunmente unha espata (bráctea grande), xeralmente vistosa e solitaria, rodeando ou pechando parcialmente a partir de abaixo o espádice. A "flor" do Anthurium é un espádice típico con espata grande e vistosa. O espádice da Amorphophallus titanum é frecuentemente citado por seren "a maior das flores", aínda que se trate na realidade dunha inflorescencia.

Euforbiáceas

As euforbiáceas (Euphorbiaceae) son unha familia de [[anxiospermas|plantas con flor]] con entre 232 xéneros recoñecidos e 320 e aproximadamente 6100 especies, a maioría son herbáceas pero algunhas, en especial nos trópicos son arbustos ou árbores. Algunhas son suculentas e semellan cactos. É unha familia predominantemente tropical, o maior número de especies atópase na rexión indo-malaia e en segundo lugar na na América tropical, en África é algo menos abundante. Mais tamén habita áreas non tropicais, en especial o xénero Euphorbia, como son a Conca do Mediterráneo, Oriente Medio, Suráfrica e o sur dos Estados Unidos .

As follas son polo xeral simples, alternas, opostas ou nalgúns casos verticiladas con estípulas; naqueles casos nos que as follas son compostas son sempre palmadas, e nunca pinnadas. As estípulas pódense transformar en tricomas, glándulas ou espiñas, ou mesmo en especies suculentas poden non existir.

As flores, simétricas radialmente, son unisexuais, normalmente coas flores femininas e masculinas presentes na mesma planta. Nunha familia con tan gran número de especies, hai unha gran variedade na estrutura das flores, que poden ser monoicas ou dioicas. Os estames poden variar entre 1 e 10, e por veces máis, e as flores femininas son hipóxenas, isto é con ovario súpero.

As plantas da subtribo Euphorbiinae (Euphorbia e parentes próximos) presenta unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor.

O froito normalmente é un esquizocarpo, e nalgúns casos unha drupa. Un esquizocarpo típico é a regma, un froito capsular con máis de dous carpelos, que se divide en monocarpos na madureza crebando explosivamente, diseminando as pequenas sementes.

A familia contén unha gran variedade de filotoxinass, principalmente diterpeno ésteres, alcaloides, glicósido e toxinas do tipo rícino.

Un zume leitoso ou látex é característico das subfamilias Euphorbioideae e Crotonoideae que é pozoñento na primeira pero incocuo en Crotonoideae .

Froito

En botánica, o froito é o órgano procedente da flor, ou de partes dela, que contén ás sementes ata que estas maduran e logo contribúe a ciscalas. Desde un punto de vista ontoxenético, o froito é o ovario desenvolvido e maduro das plantas con flor. A parede do ovario se engrosa ao transformarse na parede do froito e denomínase pericarpo, cuxa función é protexer ás sementes. Con frecuencia participan tamén na formación do froito outras partes da flor ademais do ovario, por exemplo o cáliz ou o receptáculo.O froito é outra das adaptacións, conxuntamente coas flores, que contribuíu ao éxito evolutivo das anxiospermas. Así como as flores atraen insectos para que transporten pole, tamén moitos froitos tratan de atraer animais para que dispersen as súas sementes. Se un animal come un froito, moitas das sementes que este contén percorren o tracto dixestivo do animal sen sufrir dano, para despois caer nun lugar idóneo para a súa xerminación. Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao pelame dos animais. Algúns forman estruturas aladas para poder dispersarse co vento, como os pradairos. A variedade de tipos de froitos que desenvolveron as anxiospermas a través da súa evolución permitiulles invadir e conquistar todos os hábitats terrestres posibles.Nas plantas ximnospermas e nas plantas sen flores non hai verdadeiros froitos, aínda que a certas estruturas reprodutivas como os piñóns dos piñeiros, comunmente tomáselles por froitos.Moitas plantas cultívanse porque dan certos froitos comestíbeis e a miúdo fragrantes, saborosos e apetecíbeis chamados froitas.

Lavanda

As lavandas son plantas pertencentes ao xénero Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén unha trintena de especies coñecidas. Estas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais.

Presentan follas opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas. Posúen inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero ou nunha estrutura compacta, axilados por brácteas “florais” (para diferenciar dunha coroa de brácteas que pode aparecer ou non no máis alto da inflorescencia cuxa función é atraer aos insectos polinizadores).

As flores son miúdas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice oblongo ou romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.

Lígula

Unha lígula (do latín ligula) é unha excrecencia na xunción entre o limbo e o pecíolo, característica das gramíneas, a pesar de non todas presentaren esta estrutura. Pode asumir varias formas, mais xeralmente é unha membrana translúcida ou unha faixa tomentosa.

A forma, lonxitude e aspecto da orla da lígula son caracteres consistentes utilizados na diferención de xéneros e dalgunhas especies de plantas. Nas familias Cyperaceae e Juncaceae as lígulas están xeralmente ausentes ou pouco desenvolvidas. Algunhas especies de Selaginellaceae e Asteraceae teñen follas liguladas.

Outro significado de lígula é a dun tipo de pequena flor que forma parte da inflorescencia en capítulo das compostas (Asteraceae), con coroloas gamopétalas e cigomorfas, tridentadas ou quinquedentadas. Aparecen na periferia da inflorescencia ou en toda a inflorescencia, segundo a especie. Nalgunhas especies están acompañadas doutras floriñas chamadas flósculos.

Monocotiledóneas

Liliopsida é o nome dun taxón asignado á categoría taxonómica de Clase, que na clasificación de Cronquist 1981, coincide coa circunscrición das monocotiledóneas, tamén coñecidas como Monocotyledoneae nalgunhas clasificacións como Engler, e monocots (en inglés) nas clasificacións máis modernas e a súa sucesora. As monocotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é a das dicotiledóneas.

Chámaselles monocotiledóneas ás plantas que teñen un embrión cun só cotiledón que ó desenvolverse dará lugar a unha folliña. Á particularidade principal de posuír un único cotiledón engádense as seguintes características:

Talos: sen formación de madeira secundaria e ausencia dun verdadeiro tronco. En relación con iso, no corte transversal do talo (ronsel) obsérvase aos feixes de xilema e floema dispostos nunha atactostela, en lugar dunha eustela como o resto das espermatófitas.

Aínda que as monocotiledóneas son principalmente de hábito herbáceo, algunhas poden alcanzar grandes alturas e tamaños, particularmente os ágaves, as palmeiras e os bambús.

Follas: presentando a nervación principal paralela.

Flores: fundamentalmente trímeras en 5 verticilos: 3 sépalos, 3 pétalos, 2 verticilos de 3 estames cada un, e 3 carpelos.

As monocotiledóneas recoñecéronse como monofiléticas desde hai moito tempo, tanto debido aos seus caracteres morfolóxicos e anatómicos distintivos como polos seus caracteres nos análises moleculares de ADN.

As monocotiledóneas comprenden ao redor de 56.000 especies, o 22 % de todas as anxiospermas (Soltis et al. 2005). Entre as monocotiledóneas inclúense as ben coñecidas aráceas, os lirios, o xenxibre, as orquídeas, as palmeiras, os pastos e o cereal. A familia dos pastos e os cereais (Poaceae) é quizais o grupo economicamente máis importante de todas as plantas (Soltis et al. 2005), e inclúen cereais como o arroz, o trigo, o millo ou maínzo, a cebada e o centeo. A metade da diversidade de monocotiledóneas pode ser atopada só en dúas familias, Orchidaceae (a familia das orquídeas) e Poaceae (a familia dos pastos e os cereais), que inclúen o 34 % e o 17 % respectivamente de todas as especies de monocotiledóneas (Soltis et al. 2005). Estas dúas familias tamén están entre as familias máis grandes de anxiospermas, e son membros dominantes de moitas comunidades de plantas (Soltis et al. 2005).

Panícula

A panícula é unha inflorescencia composta de acios na que os mesmos van diminuindo de tamaño cara ao ápice. Noutras palabras, un acio ramificado de flores, no que as ramas son a súa vez acios.

Do latín panicula, diminutivo feminino de panus.

Pedúnculo

En botánica chámase pedúnculo ao rabecho que sostén unha flor, inflorescencia ou un froito trala súa fecundación.Posúe a estrutura dun talo e é responsable da sustentación e condución do zume ás flores. Conéctase co raque da inflorescencia na base. Raramente presenta ramificacións ou estruturas de orixe foliar. Na súa ausencia, as flores son sésiles. Unha compresión ou cambios na consistencia do pedicelo poden influír nas características reprodutivas das flores.

Poales

Poales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría de orde, empregado en sistemas de clasificación modernos como o APG II do 2003. A orde consta de 16 familias con máis de 18.000 especies, entre elas atópase a familia Poaceae (pastos, cereais, bambú), que é probablemente a familia de anxiospermas de maior importancia económica, e tamén a acompañan outras como as tifáceas, as bromeliáceas e o caravel do aire, as ciperáceas (dunha delas prodúcese o papiro), e as xuncáceas (a familia dos xuncos e plantas afíns). As Poales son herbas, moitas elas con polinización anemófila (por vento), con perda dos nectarios septais, a síndrome de caracteres da polinización anemófila desenvolveuse moitas veces de xeito independente dentro do clado. Ademais caracterízanse por posuír corpos de sílice na epiderme, por perder os cristais de ráfide, e posuír flores con perianto claramente dividido en cáliz e corola, e con estilos ben desenvolvidos.

Trigo

O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país .

O glute do trigo dálle ao pan unha consistencia elástica á masa de fariña e auga. Por mor da intolerancia ao glute (doenza celíaca) moitas persoas non poden consumir trigo nin outros cereais (orxo, centeo).

O gran de trigo utilízase para facer fariña triga, sémola, cervexa e unha gran variedade de produtos alimentarios.

Coa fariña faise:

Pan: empanadas, pizzas etc.

Repostaría: biscoitos, madalenas, roscas etc.

Pasta: tallaríns, macarróns, canelóns etc.

Mollos: salsa bechamel

Umbela

Unha umbela, en botánica, é o termo utilizado para un conxunto de flores da que parten os pedicelos, iguais, do eixo central, con formato dun paraugas. Ou sexa, é unha inflorescencia en forma de paraugas.

Pode ser pseudoumbela cando parte de ou forman flores "falsas", como por exemplo, brácteas.

Pode ser simple ou composta.

O termo vén do latín umbra, que significa sombra, aplicado en algunhas linguas, como italiano e inglés, para paraugas, ombrello e umbrella respectivamente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.