Industria

A industria é un proceso de transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.

Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.

Para que o sistema así concibido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.

En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un produto exclusivo.

Tamén se coñece como industria ó conxunto de actividades económicas clasificadas no sector secundario.

Sede de inditex arteixo
Sede de Inditex, o primeiro grupo téxtil do mundo,[Cómpre referencia] no Polígono Industrial de Sabón, Arteixo.
Polígono industrial de Sabón, Oseiro, Arteixo
En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica, primeiro produtor mundial de silicio metal,[Cómpre referencia] en Sabón, Arteixo.

Historia

Dende a orixe do ser humano, este tivo a necesidade de transformar os elementos da natureza para poder aproveitalos; en sentido estrito xa existía a industria, mais contra finais do século XVIII e durante o século XIX, cando o proceso de transformación dos recursos naturais sufriu un cambio radical, coñecido como revolución industrial.[1]

Este cambio baseouse na diminución do tempo de traballo necesario para transformar un recurso nun produto útil, grazas á utilización do modo de produción capitalista, que pretende a consecución dun beneficio aumentando os ingresos e diminuíndo os gastos. Coa revolución industrial o capitalismo adquire unha nova dimensión e a transformación da natureza alcanza límites insospeitados ata entón.

A industria foi o sector motor da economía dende o século XIX, e ata a segunda guerra mundial a industria foi o sector económico que máis contribuía ao produto interior bruto (PIB), e o que máis man de obra ocupaba. Dende entón, co aumento da produtividade pola mellora das máquinas e o desenvolvemento dos servizos, pasou a un segundo termo. Porén, continúa a ser esencial, posto que non pode haber servizos sen desenvolvemento industrial.

O capital de investimento en Europa procede da acumulación de riqueza na agricultura. O capital agrícola investirase na industria e nos medios de transporte necesarios para pór no mercado os produtos elaborados.

En principio, os produtos industriais aumentan a productividade da terra, co que se diminúe forza de traballo para a industria e se obteñen produtos agrícolas excedentarios para alimentar unha crecente poboación urbana, que non vive do campo. Xa que logo, a agricultura, proporciona á industria capitais, forza de traballo e mercadorías. Todo iso é unha condición necesaria para o desenvolvemento da revolución industrial.

Grazas á revolución industrial as rexións poden especializarse, sobre todo debido á creación de medios de transporte eficaces, nun mercado nacional e outro mercado internacional, o máis libre posible de trabas arancelarias e burocráticas.

Unha nova estrutura económica e a destrución da sociedade tradicional garantiron a dispoñibilidade de suficiente forza de traballo asalariada e voluntaria.

Nos países do Terceiro Mundo e nalgúns países de industrialización tardía o capital proporciónao o investimento estranxeiro, que monta as infraestruturas necesarias para extraer a riqueza e as plusvalías que xera a forza do traballo; sen liberar das tarefas agrícolas á man de obra necesaria, senón só á imprescindible. Nun principio recorreuse á escravitude para garantir a man de obra. O cambio da estrutura económica e a destrución da sociedade tradicional, garantiu a dispoñibilidade de suficientes capitais.

Tipos

As industrias divídense en grupo:[2][3][4]

Os principais tipos de industria e as súas descricións[2][3][4][5][6]
Tipo de industria Descrición
Industria de base Transforman materia prima bruta en materia prima procesada, para a utilización por outras industrias.
Industria de bens intermediários[3] Producen máquinas e equipamentos utilizados nas industrias de bens de consumo.[3]
Industria de bens de consumo Transforman materia prima fabricada pola industria de base en elementos para o consumidor final. Poden subdividirse en tres subgrupos, de acordo co que producen:
  • bens durábeis;
  • bens semidurábeis;
  • bens non durábeis.

Atópanse moi dispersas xeograficamente, situadas próximas as centros urbanos, para proporcionar maior acceso por parte dos consumidores.[4]

Desindustrialización

Clark's Sector Model
Modelo de Colin Clark dunha economía que experimenta cambios tecnolóxicos. En fases finais, a economía do sector cuaternario crece.

Historicamente algunhas industria declinaron debido a varios factores económicos, incluíndo o desenvolvemento de tecnoloxía de substitución ou a perda de vantaxes competitivas. Un exemplo do primeiro foi a decadencia da fabricación de carruaxes cando os automóbiles comezaron a ser producidos en masa.

Unha tendencia recente é a migración de estados prósperos e industrializados cara á unha sociedade postindustrial. Isto maniféstase por un incremento no sector terciario a expensas da industria, e o desenvolvemento dunha economía baseada na información (revolución da información). Nas sociedades postindustriais as industrias relocalízanse en lugar máis axeitados nun proceso denominado off-shoring.

As medidas para comparar beneficios e efectos económicos das industrias variaron historicamente. Tradicionalmente, o éxito víñase medindo polo número de empregos creados. O número reducido de empregados no sector de fabricación asumíase que era o resultado dun declive na competitividade do sector, ou da introdución do proceso de lean manufacturing ("produción axustada").

Notas

  1. Ángel, Daniel (2 de xullo de 2016). "Los Tiempos Modernos de la Productividad" (PDF). Revista Acuerdos (3): 8. Consultado o 5 de novembro de 2017.
  2. 2,0 2,1 "Tipos de indústria". Mundo Educação. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Tipos de Indústrias". Brasil Escola. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Tipos de Indústrias". Alunos Online. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
  5. "Ficha Informativa - Indústria" (PDF). Escola Básica Padre Donaciano de Abreu Freire. 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
  6. "Tipos de indústrias". Colégio WEB. Consultado o 5 de febreiro de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Krahn, Harvey J., e Graham S. Lowe. Work, Industry, and Canadian Society. 2.ª edición. Scarborough, Ont.: Nelson Canada, 1993. xii, 430 p. ISBN 0-17-603540-0

Outros artigos

Aguilar de Campoo

Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7 160 habitantes (INE 2013). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

AllMusic

AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa All Media Network, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.

Billboard

Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.

Billboard 200

A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos.

Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200. A súa publicación iniciouse o 24 de marzo de 1945 amosando os 100 álbums máis vendidos, e no ano 1967 a lista expandíuse a 200. Dende 1991, Billboard toma como fontes á compañía Nielsen SoundScan, e as respectivas discográficas de cada artista ou banda. Posto que os resultados publicados na lista son substanciais e con moi bos respaldos, a RIAA (Recording Industry Association of America) tómaos como unha importante referencia, non sendo a única para despois valorar a entrega de discos de ouro (500.000 copias vendidas), platino (1 millón) e ocasionalmente os escasos de diamante (10 millóns) ao respectivo artista nos Estados Unidos.

A lista tamén conta coas súas limitacións, por exemplo na súa publicación omite as vendas que semanalmente vende o artista ou grupo, o que é unha gran desvantaxe xa que non se pode xulgar o desempeño do álbum dunha semana a outra. É tamén imposible determinar o éxito relativo de álbums, por exemplo non hai indicación de se o álbum do número un vendeu millairos máis de copias que o número 50, ou se só ducias máis. Pero para ese problema SoundScan ten unha exclusiva subscrición onde Billboard reserva unha lista alterna onde contén datos de vendas do disco.

Cine

O cinema ou cine, abreviaturas de cinematógrafo ou de cinematografía (do grego κινή kinē ou κίνημα kinēma, "movemento", e γράφω graphō "escribir", "gravar") é unha arte, un espectáculo e unha industria que apareceu a finais do século XIX froito dos avances tecnolóxicos que se desenvolveron no mundo da óptica ao longo do mesmo. Foi presentado ao público o 28 de decembro de 1895 en París polo cinematógrafo dos irmáns Lumière, un dispositivo que nos seus comezos servía de cámara para o rexistro de imaxes e de proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e norteamericanas. Anos antes no laboratorio de Edison nos Estados Unidos, Edison e W. K. L. Dickson (un empregado seu) desenvolveran o quinetoscopio e o kinetógrafo, un proxector individual e unha cámara respectivamente.

Gandaría

A gandería ou gandaría é unha actividade económica do sector primario, dedicada á cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de ambiente e ecosistemas, que son os do medio rural ou agroecosistema.

Hollywood

Hollywood é un barrio situado nos alfoces d'Os Ánxeles, en California. Está considerado como a "meca" do cine. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na integración vertical da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende Wall Street en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado star-system, no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos 1920, a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó impacto do cine feito en Hollywood.

International Standard Name Identifier

O International Standard Name Identifier ou ISNI é unha base de datos que xestiona un método para identificar de forma unívoca as persoas que colaboran con contidos nos medios de comunicación, como libros, programas de televisión, artigos de xornais ou revistas, etc. Este identificador consiste en dezaseis cifras divididas en cadanseu bloque de catro.

Exemplo: o número ISNI de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é 0000 0001 0856 5397.

Foi desenvolvida baixo o auspicio da Organización Internacional para a Estandarización (ISO) coa súa norma internacional ISO-27729, publicada o 15 de marzo de 2012. A subcomisión novena do comité técnico 46 é a responsábel do seu desenvolvemento. O ISNI pode ser empregado para a desambigüación de nomes que, doutro xeito, poderían confundirse, e ligan os datos sobre estas persoas, que son recollidos e utilizados en tódolos sectores da industria dos medios de comunicación. No ano 2014, o banco de datos do ISNI contiña máis de oito millóns de identidades, ou sexa, 7,53 millóns de persoas e 490 000 organizacións. Nela colaboran 29 institucións e bases de datos, así como corenta bibliotecas nacionais e de investigación. Intégranse tamén os datos do rexisto Virtual International Authority File (VIAF).

Internet Movie Database

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

Lendo, A Laracha

San Xián de Lendo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 431 habitantes (221 mulleres e 210 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Manufactura

A manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') describe a transformación de materias primas en produtos terminados para a súa venda. Tamén involucra procesos de elaboración de produtos semimanufacturados. É coñecida tamén polo termo de industria secundaria. Algunhas industrias, como as manufacturas de semicondutores ou de aceiro, por exemplo, usan o termo de fabricación.

O termo pode referirse a unha variedade enorme da actividade humana, da artesanía á alta tecnoloxía, pero é máis comunmente aplicado á produción industrial, na cal as materias primas son transformadas en bens terminados a grande escala.

A fabricación prodúcese baixo todos os tipos de sistemas económicos. Nunha economía capitalista, a fabricación diríxese polo xeral cara á fabricación en serie de produtos para a venda a consumidores cunha ganancia. Nunha economía colectivista, a fabricación está frecuentemente dirixida por unha axencia estatal. Nas economías modernas, a fabricación discorre baixo algún grao de regulación gobernamental.

A fabricación moderna inclúe tódolos procesos intermedios requiridos para a produción e a integración dos compoñentes dun produto. O sector industrial está estreitamente relacionado coa enxeñería e o deseño industrial.

O proceso pode ser manual (orixe do termo) ou coa utilización de máquinas. Para obter maior volume de produción é aplicada a técnica da división do traballo, onde cada traballador executa só unha pequena porción da tarefa. Así, especialízase e economiza movementos, o que vai repercutir nunha maior velocidade de produción.

Aínda que a produción artesanal formou parte da humanidade desde fai moito tempo (desde a Idade Media), pénsase que a manufactura moderna xorde ao redor de 1780 coa Revolución Industrial británica, expandíndose a partir de entón a toda a Europa continental, logo a Norteamérica e finalmente ao resto do mundo.

A manufactura converteuse nunha porción inmensa da economía do mundo moderno. Segundo algúns economistas, a fabricación é un sector que produce riqueza nunha economía, mentres que o sector servizos tende a ser o consumo da riqueza

Minaría

A minaría é un conxunto de técnicas que se empregan para a obtención selectiva dun material da codia terrestre.

Míchigan

Míchigan é un dos 50 Estados de Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.

Limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5.292 km de extensión. Pode ser dividido en dúas áreas distintas: a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si só por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude.

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Premios Óscar

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Turismo

O turismo é o acto de viaxar por pracer e as actividades que se realizan durante as viaxes e nun lugar de permanencia distinto do que se vive. Un turista é alguén que viaxa cando menos oitenta quilómetros dende a súa residencia por lecer por un período superior a 24 horas e inferior a un ano, tal como o define a Organización Mundial do Turismo.

O turismo deu nacemento a unha verdadeira industria para a provisión do turista, dende o sistema de transportes ata hostaleiros, tanto de provisión e restauración como de aloxamento.

Videoxogo

Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.

O dispositivo de entrada, usado para manipular un videoxogo coñecese como controlador de videoxogo, ou mando, e varía dependendo da plataforma. Por exemplo, un controlador podería unicamente consistir dun botón e unha panca de mando ou joystick, mentres outro podería presentar unha ducia de botóns e unha ou máis pancas (mando). Os primeiros xogos informáticos adoitaban facer uso dun teclado para levar a cabo a interacción, ou ben requirían que o usuario adquirise un joystick cun botón como mínimo. Moitos xogos de computadora modernos permiten ou esixen que o usuario utilice un teclado e un rato de forma simultánea. Entre os controladores máis típicos están os gamepads, joysticks, teclados, ratos e pantallas táctiles.

Xeralmente, os videoxogos fan uso doutras maneiras, á parte da imaxe, de prover a interactividade e información ao xogador. O son é case universal, usándose dispositivos de reprodución de son, tales como altofalantes e auriculares. Outro tipo de realimentación faise a través de periféricos hápticos que producen vibración ou retroalimentación de forza, usándose ás veces a vibración para simular a retroalimentación de forza.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.