Inditex

Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é un grupo galego da industria téxtil. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa diante de H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap. Sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy).[3] Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo[4] e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración[5].

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″O / 43.3145972, -8.5050056

INDITEX
Medalla de Galiza.svg
Inditex
Industria de Deseño Téxtil
Sede de inditex arteixo
Sede de Inditex en Arteixo.
TipoSociedade Anónima
Fundación12 de xuño de 1985 (34 anos)
LocalizaciónAvda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas clavePablo Isla (Presidente e CEO)
Ignacio Fernández (CFO)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa, calzado especializado e téxtil para o fogar
Beneficio 25.336 millóns (2017)[1]
Número de empregados171 839 (2017)[2]
Páxina webinditex.com

Historia

Primeira tenda de zara juan flórez
Primeira tenda de Zara, A Coruña.
Bata GOA
Bata deseño de GOA.

En 1963 Amancio Ortega, Rosalía Mera, Antonio e Josefina Pepita (irmáns de Amancio), Primitiva Renedo (muller de Antonio) e Miguel Jove (marido de Pepita) xunto con José Caramelo (quen máis tarde fundaría Caramelo)[6] traballan en La Maja e marchan para fundar unha empresa dedicada á fabricación de pezas de roupa de vestir na rúa Noia da Coruña. En 1971 fundan Goa (as iniciais dos irmáns Amancio e Antonio Ortega Gaona ao revés) no Polígono da Moura na Grela. En 1974 Amancio Ortega merca a terceira parte do polígono de Sabón que estaba a construír a Deputación da Coruña en Arteixo. Non foi porén ata 1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominación Zara na rúa Juan Flórez[7] da Coruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea estendeuse rapidamente por toda España e en 1985 creouse INDITEX coma cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas en Porto (1988), Nova York (1989) e París (1990).

No ano 1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendas Pull and Bear e a adquisición do 65% da cadea Massimo Dutti, merca que se completou en 1995. Tamén se creou Kiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos. Bershka abriu as súas portas en 1998 e ao ano seguinte merca Stradivarius.

O 2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura de Oysho e a saída a bolsa do grupo o 23 de maio por un valor total dun billón de pesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selecto IBEX 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.

En 2002 crea a marca Often que sae ao mercado en 2003. En 2006 a marca pecha tendo entón 40 establecementos, 36 en España e catro en Portugal. Trinta desas tendas foron vendidas ao empresario catalán Julián Imaz coas que creou Friday's Project. En 2010, xa coa marca Often pechada, o Tribunal Xeral da Unión Europea rexeitou a petición de Inditex para rexistrar a marca para reloxos e complementos por posible confusión coa marca española de reloxos Olten[8].

En 2011-12 a marca Oysho chegou a un acordo de deseño e colaboración con Adidas[9].

Subsidiarias

Circle frame.svg

Vendas de Inditex por marca en 2016 (23 311 millóns de €)[10]      Zara, 15 394 millóns € (66.04%)     Pull & Bear, 1 566 millóns € (6.72%)     Massimo Dutti, 1 630 millóns € (6.99%)     Berhska 2 012 millóns € (8.63%)     Stradivarius 1.343 millóns € (5.76%)     Oysho 509 millóns € (2.18%)     Zara Home 774 millóns € (3.32%)     Uterqüe 83 millóns € (0.35%)

Compañía Nº de tendas
a 29/12/2014 [11]
Ano de
creación
Zara 2057 1975
Bershka 992 1998
Stradivarius 893 1999 (adquirida)
Pull and Bear 885 1991
Massimo Dutti 695 1995 (adquirida)
Oysho 561 2001
Zara Home 420 2003
Uterqüe 67 2008
T o t a l 6570

Dende a creación da empresa foise ampliando o número de marcas coas que vende. Algunhas son de creación propia e outras foron mercadas.

  • Zara - tenda bandeira. Abrangue moitos estilos diferentes, de roupa diaria, máis informal, ou máis serio ou formal a través de vestidos e traxes para eventos do festival. Moda para mulleres, homes e nenos.
  • Zara Kids - Roupa de nenos entre os 0 e os 14 anos.
  • Pull and Bear - Marca de roupa casual e accesorios para xente nova cun estilo urbano.
  • Bershka - Comezou en 1998 con distribución de roupa para rapazas, e máis recentemente tamén para rapaces.
  • Massimo Dutti - Roupa elegante e clásica. É a máis cara das tendas do grupo. Moda para muller, home e neno.
  • Stradivarius – Roupa innovadora e accesorios.
  • Oysho - Roupa de casa e íntima de muller.
  • Zara Home - Produtos para o fogar.
  • Uterqüe - Accesorios.
  • Tempe - Calzado.

Beneficios

O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, converténdose así no primeiro grupo téxtil europeo (superando por primeira vez á empresa sueca H&M) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericana Gap. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de euros nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1.002 millóns de euros, cun volume de negocio de 8.196 millóns de euros[12][13]

Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas como Zara Logística ou Tempe, de produción de calzado e a construtora GOA Invest[14]. A roupa que non se vende despois de facer o ciclo por tódolos mercados onde está Inditex remata en mercados como o de África, fóra dos círculos nos que se moven as empresas de Inditex[15].

Dende a súa creación o grupo Inditex mantén un crecemento de vendas superior á media do sector.

Política ambiental

En 2007 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a multa de 60.101 euros imposta a Inditex pola Xunta por ter instalado un xerador eólico sen autorización nas súas instalacións de Sabón[16].

Entre 2007 e 2010 Inditex iniciou un proxecto de aforro enerxético e produción eléctrica construíndo unha planta de coxeración de 5.000 kW, unha instalación termo solar de 1.500 m2 e un aeroxerador de 850 kW. Entre todos producen máis da metade da enerxía consumida nas instalacións de Sabón. Nos centros loxísticos de Meco, Tordera, Zaragoza, Elche e León fixéronse instalacións fotovoltaicas[17]. O proxecto global inclúe a redución da enerxía consumida polas tendas, redución da produción de residuos e deseños ecoeficientes.

Produción

País Traballadores Fornecedores Fabricantes
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh 230.000 84 150
Flag of the People's Republic of China.svg China 200.000 248 761
India India 52.000 114 174
Turquía Turquía 50.000 129 251
Marrocos Marrocos 50.000 104 158
Portugal Portugal 16.000 147 291
Flag of Brazil.svg Brasil 11.000 69 232
España España[18] 10.553 198 149
Flag of Argentina.svg Arxentina 5.005 64 53
Flag of Vietnam.svg Vietnam 143.206 - 130
Flag of Cambodia.svg Camboxa 104.695 1 68
Inditex ten 1.398 fornecedores, uns 5.000 fabricantes en 40 países e uns 700.000 traballadores.[19][20]

A roupa e complementos que vende Inditex provén principalmente de empresas alleas ao grupo aínda que os deseños e estilos son propios de cada marca xa que contan con xestión independente e organización propia na toma de decisións. O grupo comercializa 1177 millóns de pezas de ropa ao ano. Zara é a única marca que ten produción propia, aproximadamente a terceira parte dos seus artigos son feitos en fábricas de Inditex ou rematados alí. O calzado é deseñado e xestionado pola filial Tempe de Alacant para tódalas marcas do grupo. Os artigos de punto son fabricados por Indipunt en Narón, outra filial do grupo.

Centros loxísticos

Muiño de vento inditex arteixo
Muíño de vento na Avda. Amancio Ortega de Sabón.

Inditex ten tódolos centros loxísticos en España que distribúen produtos de tódalas marcas[21] a nivel mundial.

  • En Galiza:
    • Centro loxístico de Zara en Sabón, Arteixo. Tamén fabrica roupa para Zara
    • Pull&Bear en Narón, tamén é a sede da marca
    • A Laracha, en construción
  • Plataforma Europa, Zaragoza
  • Centro de Tordera, en Barcelona. Massimo Dutti, Bershka e Oysho
  • Centro en Sallent de Llobregat para Stradivarius
  • Plataforma loxística de León[22] tamén xestiona os excedentes sen vender
  • Centro loxístico de Tempe, Alacant. Calzado para tódalas marcas do grupo
  • Centro de Meco, Madrid. Distribución de roupa infantil de Zara e menaxe de Zara Home
  • Plataforma loxística en Cabanillas del Campo, Guadalajara

Polémicas

Circle frame.svg

Accionistas de inditex[23]      Amancio Ortega (59.29%)     Partler 2006 SL (9.28%)     Rosalía Mera (6.99%)     Rosp Corunna Participaciones Empresariales (6.99%)     Capital Research And Management Company (4.97%)     Inditex (0.38%)     Pablo Isla Álvarez (0.02%)     Antonio Abril Abadin (0.02%)     Bolsa (12.06%)

Partido SAIN. Inditex explota nenos. Santiago de Compostela-2
Protesta contra Inditex en Santiago de Compostela.

A empresa foi denunciada en máis dunha ocasión pola utilización de man de obra infantil,[24] así como polas duras condicións laborais,[25] próximas á escravitude[26][27] en países do terceiro mundo ou en vías de desenvolvemento.[28][29][30][31]

En 2006 o diario portugués Expresso fixo públicas fotografías en Felgueiras de nenos de 11 a 14 anos cosendo zapatos para Zara. Inditex comprometeuse a investigar o caso e declarou que no último ano ata 400 empresas deixaron de traballar para eles por diversos incumprimentos: traballo infantil, liberdade de asociación, saúde, seguridade ou medioambiente[32][33].

Inditex prescindiu de Javier Chércoles Blázquez, Director do Departamento de Responsabilidade Corporativa, por diferenzas con Pablo Isla tras unha inspección en 2008 a unha empresa que traballou para Zara en Bangladesh acusada de abusos verbais, físicos e reducións de salarios.[34]

En 2011 AHA, unha contrata de Zara en Brasil, foi inspeccionada por un equipo de inspectores de traballo e axentes da policía. Liberaron a 15 traballadores a maioría bolivianos e peruanos que eran explotados en condicións de escravitude en Sao Paulo en xeiras de 16 horas diarias por un soldo miserable, algúns deles eran menores de catorce anos.[Verificar credibilidade]

En 2018 o goberno chinés acusou a Zara de ter atentado contra a súa soberanía ao identificar a Taiwán como un país independente.[35] Inditex creou unha categoría individual para Tíbet, Hong Kong, Macao e Taiwán como mercados, e non como países.[36]

A empresa foi acusada de plaxio, e condenada en repetidas ocasións.[37][38][39][40][41]

A CIG ten denunciado reiteradamente á construtora GOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.[42]

Galería de imaxes

Inditex cartel sabón arteixo

Cartel accesos a Inditex en Sabón, Arteixo

Zara en Dundee

Establecemento de Zara en Dundee (Escocia), no cruzamento das importantes rúas comerciais High Street e Reform Street.

Wasvoorschrift tr

Etiqueta de inditex

Inditex 2017

Presenza de Inditex a nivel mundial, en 2017.

Notas

  1. "Inditex online: 10% de las ventas y más de 2.500 millones de euros", modaes.es (en castelán).
  2. "Inditex ha creado 250 empleos fijos en sus centros logísticos españoles este año". (en castelán).
  3. "Inditex agranda su distancia y se suma al ‘club’ de los 25.000 millones", modaes.es (en castelán).
  4. "Pull&Bear abre su mayor tienda del mundo en Preciados 9, que pasa a manos de Generali", modaes.es (en castelán).
  5. "Inditex alcanza un nuevo máximo y ya roza un valor en Bolsa de 90.000 millones", La Opinión de A Coruña, 17 de marzo de 2015 (en castelán).
  6. Empezó en la mercería La Maja. elmundo.es
  7. "El primer Zara cambia de imagen", La Voz de Galicia (en castelán).
  8. "Often, el único punto negro de Inditex", modaes.es (en castelán).
  9. "En las entrañas de Zara". Marie Clare (en castelán).
  10. "Inditex logra un beneficio récord de 3.157 millones y aumenta un 13% el dividendo", Expansión, 15 de marzo de 2017.
  11. "Presencia internacional". inditex.com. 29 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2014.
  12. "Inditex gañou un 25% máis en 2006", Vieiros
  13. "Inditex ganó un 40,7% más en 2004, con unas ventas de 5.670 millones", El País, 1 de abril de 2005 (en castelán)
  14. "La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega", El País (en castelán).
  15. "El amigo sirio-canario de Amancio Ortega", Faro de Vigo (en castelán).
  16. "Multan a Inditex por construir una torre eólica en Arteixo sin autorización", Líderdiario.com (en castelán).
  17. "En Inditex se lleva el verde", La Opinión (en castelán).
  18. Inditex simplifica la estructura de su mayor fábrica en España y absorbe su área de diseño
  19. INDITEX: Responsabilidad Social Empresarial con Intervención Sindical, CC.OO. (2011) (en castelán).
  20. "A Inditex no le falta un tornillo".
  21. "El éxito de ventas por Internet obliga a Inditex a redoblar su logística", economíadigital.
  22. Inauguración de la nueva plataforma logística de Inditex en León Arquivado 12 de xullo de 2013 en Wayback Machine., Inditex (en castelán).
  23. Mercado Continuo Español / IBEX 35 / Inditex en Bolsa / Principales accionistas
  24. Daisy Dumas (19 de agosto de 2011). "Zara accused of employing children as young as 14 in 'slave labour' factories in Brazil". Daily Mail (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  25. Alexandra Richards (5 de novembro de 2017). "Unpaid workers 'hid secret messages' in Zara clothes". London Evening Standard (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  26. Fiona Govan (18 de agosto de 2011). "Company behind Zara investigated for 'slave labour'". The Telegraph (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  27. Anderson Antunes (17 de agosto de 2011). "Zara Accused Of Alleged 'Slave Labor' In Brazil". Forbes (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  28. "Trabajo esclavo en la India: tres empresas españolas están incluidas en la lista negra". El Confidencial. 18 de maio de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2012.
  29. "Inditex, implicada en un escándalo de esclavitud en Brasil". Ethics. 18 de maio de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2012.
  30. "Zara produce en condiciones de esclavitud en Argentina". Diagonal. 17 de maio de 2013.
  31. "Refugiados sirios trabajan ilegalmente para proveedores de Mango y Zara en Turquía, según la BBC". eldiario.es. 24 de outubro de 2016.
  32. "Una empresa contratada por Zara usa a niños para coser los zapatos, según un semanario portugués", 20 minutos (en castelán).
  33. "Zara investiga un presunto uso de trabajo infantil en Portugal", El País (en castelán).
  34. Jesús Salgado, Xabier R. Blanco (2017). Pablo Isla: En el corazón de Zara (en castelán). La Esfera de los Libros.
  35. China acusa a Zara de atentar contra su soberanía galicia.economiadigital.es
  36. Inditex rectifica tras las quejas del Gobierno chino galicia.economiadigital.es
  37. "Inditex retira una partida de camisetas ante la acusación de plagio en internet". La Vanguardia (en castelán). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  38. Michal Addady (20 de xullo de 2016). "12 Artists Are Accusing Zara of Stealing Their Designs". Fortune (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  39. Lisa Bradshaw (6 de xullo de 2017). "Limburg artisan wins Zara plagiarism court case". Flanders Today (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  40. Justine Beauvais (5 de febreiro de 2018). "Zara accusée d'"appropriation culturelle" à cause de cette jupe". Le Huffington Post (en francés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  41. "El dueño de Diesel gana la batalla legal contra Zara por unos vaqueros y unas sandalias", 'Modaes, 6 de xullo de 2018 (en castelán).
  42. Ocupan o local insignia de Zara na Coruña para denunciar a precariedade na construcción das tendas sermosgaliza.gal

Véxase tamén

Bibliografía

  • Badía, E. (2008): Zara y sus hermanas. LID, ISBN 978-84-8356-026-6

Ligazóns externas

Amancio Ortega

Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia.

Carpintería Cerqueiro

Carpintería Cerqueiro é unha empresa galega adicada ao deseño, construción e instalación de mobiliario, a súa sede está en Carral. Cerqueiro é unha das empresas que traballa para Inditex na construción das súas tendas.A empresa ten Certificado de Xestión Forestal Sostible PEFC.

GOA Invest

GOA Invest é unha empresa galega da construción ligada a Inditex e con sede en Arteixo.A empresa foi fundada en 1987 para levar a xestión das obras de Inditex e tódalas marcas do grupo.

A CIG ten denunciado reiteradamente á construtora GOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.

Indipunt

Indipunt é unha empresa galega fundada en Ferrol e con sede en Narón adicada á confección de pezas de punto.

Kiddy's Class - Skhuaban

Kiddy's Class en España e Portugal e Skhuaban no resto dos países é unha empresa do grupo Inditex creada en 1991 dentro das tendas de Zara. A partir de 2002 comezou a abrir tendas propias. A estratexia comercial era abrir Kiddy's Class en pequenas vilas e lugares onde non era rendible unha tenda de Zara.

Lefties

Lefties é unha empresa galega de roupa e complementos, propiedade de Inditex e con sede na vila de Tordera, en Barcelona.

Massimo Dutti

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Often

Often foi unha marca de roupa e complementos de Inditex, inicialmente organizada dende Pull & Bear, chegando a ter 54 tendas. A cadea pechou vendendo os seus establecementos a Friday´s Project de Julián Imaz, un dos provedores de Inditex, e integrando na marca Pull and Bear o resto.

Often foi un dos tres proxectos fracasados de Inditex no negocio da moda. Os outros dous foron Brezos e X-DYE. Brezos estaba especializada en roupa cara de muller. Chegou a ter cinco tendas antes de ser absorbida por Bershka. X-DYE, roupa vaquera, pechou con dúas tendas.

Oysho

Oysho é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX.

Partler 2006

Partler 2006 é unha empresa galega adicada ao investimento en sociedades mercantís. Foi fundada por Amancio Ortega para a xestión de activos en Inditex e investimento.

Pull and Bear

Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia /pʊl ən ˈbɛər/, en castelán /pul am ˈbear/; en inglés: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e centro loxístico, atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.

Rosalía Mera

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Rosp Corunna

Rosp Corunna é unha empresa galega adicada á xestión de participacións empresariais principalmente ligadas a Inditex fundada por Rosalía Mera. A empresa xestiona a participación que Sandra Ortega ten en Inditex. Xestiona un patrimonio valorado en 2015 en 5 454 millóns de euros.

Rosp Corunna xestiona 19 compañías inmobiliarias e as participacións en Room Mate (30%), Milou Films (25%), Inusual Comunicación Innovadora (45%), Inditex (5%) e Pharma Mar (5%).

Stradivarius (Inditex)

Stradivarius era unha marca de roupa propiedade da familia Triquet. En 1999 Inditex merca o 90,05% da empresa por 18.000 millóns de pesetas e en 1995 o 9,95% restante por 15 millóns de euros. Ten 699 tendas en 47 países. A súa roupa está dirixida a mulleres novas de entre 15 e 30 anos.

En 2011 Stradivarius foi acusada de plaxiar os deseños nas súas camisetas de 'bloggers' de moda, como Louise Ebel (Miss Pandora) ou Michèle Krüsi (Beware of my heels).

En 2012 Stradivarius abriu unha tenda chamada for&from en Manresa atendida por persoas con trastorno mental severo para a venda de roupa e calzado de campañas anteriores a prezo reducido.

Tabigal

Tabigal é unha empresa galega especializada en acabados interiores de reformas e construción. Traballa principalmente para Inditex e as súas marcas.

Forman parte do grupo Placas Norte, Metal Yeso, Metal Gips e Disc Acustic.

Tempe

Tempe é unha empresa do grupo Inditex, adicada á produción e distribución de calzado. A empresa fornece calzado de home, muller e nenos ás oito marcas de Inditex. O 50% da empresa é propiedade do empresario alicantino Vicente García Torres.

Uterqüe

Uterqüe é unha empresa catalá pertencente ao grupo Inditex, especializada en accesorios para muller. En 2012 tiña 92 establecementos en 18 países. A imaxe da marca Uterqüe (en latín "ambos" e "o un e o outro") foi feita pola axencia de publicidade Maxan da Coruña.

Zara

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

Zara Home

Zara Home é unha cadea de tendas de téxtil para o fogar do grupo Inditex. As súas oficinas centrais atópanse en Arteixo (provincia da Coruña). Vende produtos para a cama, baño, mesa, salón... Esta dirixida por Eva Cárdenas Botas.

Expansión internacional Inditex
Data Países
1988 Portugal (Porto)
1989 Estados Unidos (Nova York)
1990 Francia (París)
1991 -
1992 México
1993 Grecia
1994 Bélxica e Suecia
1995 Malta
1996 Chipre
1997 Noruega e Israel
1998 Xapón, Turquía, Reino Unido, Arxentina, Venezuela, Líbano, Emiratos Árabes Unidos e Kuwait
1999 Alemaña, Países Baixos, Polonia, Brasil, Chile, Uruguai, Arabia Saudita, Bahrain e Canadá
2000 Australia, Qatar, Dinamarca e Andorra
2001 Irlanda, Islandia, Luxemburgo, República Checa, Puerto Rico, Xordania e Italia
2002 Finlandia, Suíza, O Salvador, República Dominicana e Singapur
2003 Eslovenia, Rusia, Eslovaquia e Malasia
2004 Marrocos, Hong Kong, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Romanía e Panamá
2005 Mónaco, Costa Rica, Indonesia, Filipinas e Tailandia
2006 Serbia, China e Tunisia
2007 Colombia, Croacia, Guatemala, Omán...
Fonte: Inditex
Empresas do grupo Inditex
Empresas de Inditex:
Empresas ligadas a Inditex:
Accionistas de Inditex:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.