Indicación Xeográfica Protexida

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos.

Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.

Vinos de la Tierra de España
Viños da Terra é a denominacións das IXP para os viños en España.

Exemplos de indicacións xeográficas

Mapa IXP Pataca de Galicia
Distribución das zonas de produción da IXP Pataca de Galicia      Subzona de Bergantiños      Subzona da Terra Chá-A Mariña      Subzona de Lemos      Subzona da Limia

Estes signos son aplicables a unha ampla gama de produtos. Por exemplo, pódese mencionar ao "Roquefort" empregado para designar a un queixo producido en Francia.

Con todo, non se limita só aos produtos agrícolas, xa que pode servir para destacar as calidades particulares dun produto que sexan consecuencia de factores humanos propios do lugar de orixe. Cítase como exemplo disto último á indicación xeográfica "Swiss" (suízo), protexida en numerosos países e empregada para designar produtos fabricados en Suíza.

En Galicia, é destacable a Identificación Xeográfica Protexida (I.X.P) no pemento, unha certificación avalada pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é designar a denominación do pemento cuxa produción, transformación e elaboración posúe unha orixe xeográfica determinada, e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar. Este selo (I.X.P.) é moi importante e na actualidade existen diferentes denominacións de orixe en Galicia para este produto: pemento de Padrón (O Sar), pemento do Couto (Ferrolterra) e o pemento de Arnoia (O Ribeiro). Trátase dun distintivo que verifica que os produtos co selo de Identificación Xeográfica Protexida atópanse dentro da lista de produtos agroalimentarios de orixe, calidade e calidade certificada, protexidos polas normas da Unión Europea. Cada vez máis, os consumidores reclaman unha maior transparencia sobre os produtos que adquiren ou consomen, de aí a necesidade de contar con figuras de protección que recoñezan e certifiquen a súa procedencia, calidade, así como outros aspectos relativos ao control, a transformación e a seguridade alimentaria.

Regulacións

Unión Europea

De acordo coa normativa da Unión Europea, protéxese a Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) se o vencello do medio xeográfico co nome do produto segue presente en polo menos unha das etapas da produción, da transformación ou da elaboración. Ademais, o produto pode beneficiarse da boa reputación da rexión xeográfica.

Produtos galegos con Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albariño

O albariño (alvarinho en portugués) é unha variedade de uva branca de Galicia e norte de Portugal, e os viños elaborados con esta variedade de uva, en especial nos viños de Denominación de Orixe Rías Baixas e Viño da Terra de Barbanza e Iria. Tamén emprega esta variedade o Vinho Verde portugués.

Botelo

O botelo ou butelo é un embutido, curado e afumado, feito con carne de porco, pemento e algúns outros condimentos, con que se enche tradicionalmente a tripa grosa ou ben o estómago do mesmo animal. Hai distintas variantes de preparación segundo zonas.

Carn-i-xulla

A carn-i-xulla (literalmente “carne e touciño”) é un embutido cru e curado elaborado a partir de carne magra e touciño moído, condimentado con sal e especias diversas. Para o seu embutido, utilízanse tripas de porco.

Posiblemente sexa un dos embutidos máis antigos de Menorca, remontándose á época do Imperio romano, ao cal se lle atribúen xa preparados de diversos alimentos moídos e embutidos en tripas.

O preludio dos embutidos da cultura culinaria menorquina, e en particular da carnixulla, pódese atopar nunhas tripas de porco recheas que preparaban os romanos a partir dunha mestura heteroxénea de diversos tipos de alimentos, convenientemente triturados e condimentados.

Actualmente estase traballando para conseguir o distintivo de Indicación Xeográfica Protexida para este produto.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Festa do pemento de Oímbra

A feira do pemento de Oímbra celébrase no municipio galego de Oímbra, situado na provincia de Ourense.

O seu produto central é o pemento de Oímbra cultivado na zona de produción, que se colleita verde, nun estado de maduración intermedia. Estes pementos están amparados pola Indicación Xeográfica Protexida.[Cómpre referencia] As características deste pemento son peculiares: teñen un sabor doce, non pican pola ausencia de capsaicina e o seu olor é de intensidade media.

A feira tivo a súa primeira celebración no ano 1997 e dende entón celébrase anualmente o primeiro domingo de agosto. Comezou sendo unha festa popular ata chegar a ter unha media de 4000 visitantes. A festa celébrase na Carballeira, situada ao carón da Casa do Concello, alí ofrecese dende música folclórica en directo ata unha feira agrícola.

A feira reserva un espazo destinado ao público infantil, cunha oferta de xogos de lecer. Tamén se acostuma ofrecer unha degustación de viño e dos propios pementos.

O maior atractivo da festa é a comida popular, nunha carpa. Nesta comida pódese degustar o pemento de diversas formas, xa sexa recheo por exemplo ou de forma tradicional frito. Na comida non só triunfa o pemento, tamén podemos desfrutar de carnes e polbo. Esta comida está amenizada cun acompañamento de música tradicional en directo (gaiteiros, pandeireteiros etc.)

Outro dos momentos máis significativos da feira é o concurso. Nel particípase cun prato onde o ingrediente principal é o pemento. Os pratos expóñense ó público para poder observar a creatividade de cada un deles. Ó final do día exponse o gañador.

É unha festa que atrae miles de visitantes e está recoñecida como festa de interese turístico galego.[Cómpre referencia]

Lacón

O lacón (do latín lacca) é un dos produtos derivados do porco. Procede das extremidades dianteiras do animal e, principalmente, comercialízase o das razas Celta, Large White, Landrace e Duroc.

O porco sacrifícase con seis meses de idade como mínimo e non menos de 90 quilos de peso.

As patas dianteiras son sometidas a un proceso de elaboración semellante ó que se aplica ó xamón curado pero algo máis curto, concretamente duns 35 días de duración, que consta das seguintes etapas: salgadura da peza, lavado para eliminar os restos de sal, asentado e secado ou madurado. Na obtención dos lacóns no está permitido aplicar procesos de afumadura, xa que se perderían as características organolépticas propias do produto.

Medina-Sidonia

Medina-Sidonia é unha cidade e concello español situado no centro da provincia de Cádiz, Andalucía. Pertence á comarca de La Janda, senda que é a súa capital.

Mel

O mel é un líquido viscoso e azucrado producido polas abellas a partir do néctar recollido de flores e procesado polos enzimas dixestivos deses insectos, sendo almacenado en favos (ou panais) nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.

É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.

Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.

Mel de Galicia

O Mel de Galicia é unha Indicación Xeográfica Protexida baixo a cal preténdese destacar a excelencia do mel producido en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre os requisitos de produción, procesado e envasado.

Este mel prodúcese en colmeas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. Preséntase en estado líquido, cristalizado ou cremoso, podendo conter ademais, no primeiro dos casos, froitos secos. Tamén pode presentar en panais ou seccións.Dende 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 620 toneladas (169 toneladas no ano 2000).

Pan de Cea

O pan de Cea é un tipo de pan con Indicación Xeográfica Protexida que se fai en panadarías do concello de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. A característica deste pan é a fariña, elaborada con trigo da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de xullo.

Pasty

O pasty (en córnico pasti) é un pastel forneado de orixe británica, variedade tradicional dos condados de Cornualles e Devon. Está considerado o alimento máis representativo de Cornualles, e desde 2012 ten o recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida da Unión Europea.

Pataca de Galicia

A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos neste.

O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada "Kennebec", destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unha superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo.

O terceiro domingo do mes de setembro, celébrase a festa da pataca no concello coruñés de Coristanco.

Pemento de Arnoia

O pemento de Arnoia é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria do concello ourensán da Arnoia e cultivada principalmente ao longo da comarca do Ribeiro. Unha cooperativa comezou a comercializalos no ano 1969, e aproveitando a concentración da oferta, celébrase dende entón a festa do pemento da Arnoia, declarada de interese turístico, a primeiro fin de semana (de xoves a domingo) do mes de agosto.

Pemento de Padrón

O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).

Pemento do Couto

O pemento do Couto é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da comarca coruñesa de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto (Narón), lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos.O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello de Narón a Festa do Pemento do Couto.

Ternera Gallega

"Ternera Gallega" (denominación oficial no DOG) é unha Indicación Xeográfica Protexida relativa á carne de vacún galega. É un produto con tradición e historia xa que ten percorrido de máis de 3.700 anos. Comezou a controlarse e promoverse en 1989, sendo recoñecida pola Unión Europea sete anos despois.

O certificado refírese exclusivamente a carne de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia e que teñen que pasar un rigoroso control de calidade. Este control incide no nacemento dos tenreiros, crianza, alimentación, coidados sanitarios, sacrificio e presentación da carne nos establecementos para a posta á venda segundo a lexislación vixente. A alimentación adecuada para estes tenreiros baséase en leite materno, forraxes e concentrados vexetais (millo, patacas, nabos...) exentos de produtos animais ou substancias prohibidas.

Os tenreiros deben sacrificarse antes de cumpriren os 10 meses. A súa carne é característica pola súa cor rosa clara ou vermella suave, infiltración graxa de cor branca, aspecto magro, textura suave e agradable sabor. Esta carne chega aos consumidores perfectamente identificada polos correspondentes certificados de calidade e contraetiquetas.

Torta de Santiago

A torta de Santiago (nome oficial "Tarta de Santiago") é unha sobremesa tradicional e Indicación Xeográfica Protexida da cociña galega (orixinaria da capital, Santiago de Compostela) que pode atoparse en case todo o territorio español. Os ingredientes principais desta torta son a améndoa e os ovos.

Viño da Terra de Betanzos

O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación Xeográfica Protexida galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de Abegondo, Oza-Cesuras e Sada.Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2000, constituíndo unha entidade para a comarca vitivinícola recoñecida e que está máis ao norte da comunidade galega. Esta indicación pretende recuperar o prestixio do viño dunha zona historicamente vitivinícola desde o medievo.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.