Incendio da catedral de Notre-Dame de París

O 15 de abril de 2019, pouco antes das 18:50 CEST, un lume comezou no teito da catedral de Notre-Dame en París, Francia, causando danos significativos na construción. O chapitel e o tellado da catedral colapsaron, e producíronse danos considerables no interior, muros superiores e fiestras, así como numerosas obras de arte.[1][2] Porén, a bóveda de pedra do teito impediu que o lume se espallase polo interior dos baixos da catedral. O presidente francés Emmanuel Macron anunciou a creación dunha campaña nacional de recollida de fondos para restaurar Notre-Dame.[3][4]

Coordenadas: 48°51′11″N 2°20′59″L / 48.8530, 2.3498

Incendie Notre Dame de Paris
Incendio do 15 de abril de 2019.

Contexto

A construción da catedral de Notre-Dame de París comezou no século XII, usando cachotaría de pedra para os muros e a bóveda, e madeira para o tellado principal e o icónico chapitel. O chapitel foi unha recreación do século XIX, en carballo recuberto con chumbo, xa que o chapitel orixinal fora eliminado en 1786.[5]

Notre-Dame en feu, 20h06
A catedral estaba baixo traballos de restauración no momento do lume, como se pode ver polos andamios que rodeaban o chapitel.

Nos anos anteriores ó incendio, a catedral comezara a amosar unha deterioración significativa, xa que algúns dos elementos de pedra caeran. Philippe Villeneuve, arquitecto en xefe de Monumetos Históricos en Francia, declarou en xullo de 2017 que a "polución era o principal culpable".[6] En 2014, o Ministerio de Cultura estimou o custo dos traballos de renovación en 150 millóns de euros.[7]

En 2016, a arquidiocese de París fixo un chamamento para recadar 100 millóns de euros ó longo dos seguinte cinco a dez anos para asumir os custos de mantemento e restauración.[6] No momento do lume, estábanse a realizar renovacións no chapitel, cun custo estimado de 6 millóns de euros.[8][9] Para iso, erixíronse andamios de ferro no tellado e arredor do chapitel. As estatuas de pedra, cobre e bronce, incluíndo estatuas dos doce apóstolos que rodeaban a base do chapitel, foran retirados do sitio días antes do incendio como parte das renovacións.[10][11]

Lume

Notre-Dame-de-Paris, les dernières minutes de la flèche
O colapso do chapitel, arredor das 19:45 CEST.

Crese que o lume comezou no ático da catedral,[12] arredor das 18:50 CEST, preto do remate do día, cando a catedral estaba aberta a turistas. Estaba programada unha misa sobre esa hora, entre as 18:15 e as 19:00.[13] Segundo testemuñas na escena, as portas da catedral pecháronse abruptamente cando tentaron entrar, e un fume branco comezou a extenderse dende o teito.[14] O fume converteuse en negro, indicando que estaba a ocorrer un lume máis grande.[14] A policía e outras forzas de seguridade evacuaron axiña Île de la Cité, e a cidade pechou o acceso á illa.[14][15][16] A xente reuníuse arredor das beiras do Sena e nos edificios achegados para ver.[14]

Traballos de extinción

Un voceiro da brigada de bombeiros de París anunciou que arredor de catrocentos bombeiros estiveron involucrados na extinción.[17][18][12][14][19][20] A posibilidade de extinción aérea foi rexeitada, xa que o peso da auga e a intensidade da caída a baixa altura poderían debilitar a estrutura da catedral.[21] O persoal de emerxencia tratou de salvar a arte e os artefactos relixiosos gardados na catedral. Segundo un voceiro da catedral, algunhas das obras de arte xa se retiraran antes das renovacións e a maioría das reliquias sagradas estaban gardadas na sancristía.[5] Descoñécese se as reliquias que non foron trasladadas sobreviviron ó incendio.[12] A policía de París declarou que non houbo ningunha vítima mortal,[1][12] mais un dos bombeiros e dous axentes de policía saíron feridos.[22][12]

Notas

  1. 1,0 1,1 El-Bawab, Nadine (15 de abril de 2019). "Paris’ Notre Dame ‘saved from total destruction,’ French fire official says, after blaze ravages cathedral". CNBC. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  2. Le Monde, ed. (15 de abril de 2019). "La cathédrale Notre-Dame ravagée par les flammes" (en francés). Consultado o 15 de abril de 2019.
  3. "The Latest: French leader vows to rebuild damaged Notre Dame". AP News. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  4. Chrisafis, Angelique; Henley, Jon (16 de abril de 2019). The Guardian, ed. "Notre Dame fire: Macron pledges to rebuild devastated Paris cathedral". ISSN 0261-3077. Consultado o 16 de abril de 2019.
  5. 5,0 5,1 McAuley, James; Whitt, Griff (15 de abril de 2019). The Washington Post, ed. "Notre Dame Cathedral spire collapses as Paris monument is consumed by fire". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  6. 6,0 6,1 Walt, Vivienne (27 de xullo de 2017). "Notre Dame Cathedral Is Crumbling. Who Will Help Save It?". Time. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  7. Horgan, Rob (15 de abril de 2019). "Notre-Dame fire: Blaze breaks out amid renovations at 12th century cathedral". New Civil Engineer. Consultado o 16 de abril de 2019.
  8. "Fire breaks out at top of Notre Dame Cathedral in Paris". independent.ie. 15 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
  9. "Notre Dame was undergoing $6.8 million renovation when massive fire broke out". CBS News. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  10. "Notre-Dame Cathedral spire in Paris collapses, engulfed in flames". CBC News. Thomson Reuters. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  11. Buncombe, Andrew (15 de abril de 2019). The Independent, ed. "Notre Dame's historic statues safe after being removed just days before massive fire". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 The New York Times, ed. (15 de abril de 2019). "What We Know and Don’t Know About the Notre-Dame Fire". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  13. "Événements pour avril 2019". Notre Dame de Paris. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Nossiter, Adam; Breeden, Aurelien (15 de abril de 2019). The New York Times, ed. "Notre-Dame Cathedral in Paris Catches Fire". ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  15. "Notre-Dame: Massive fire ravages Paris cathedral". BBC News. 15 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
  16. El País, ed. (15 de abril de 2019). "La catedral de Notre Dame de París sufre un importante incendio" (en castelán). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  17. Berlinger, Joshua (16 de abril de 2019). "Why the Notre Dame fire was so hard to put out". CNN. Consultado o 16 de abril de 2019.
  18. "Notre Dame Cathedral engulfed by fire". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  19. "400 firefighters mobilized for Notre Dame blaze". CNN. 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  20. "Fire at Notre Dame Cathedral under control; firefighters have saved cathedral's towers". NewsChannel5 Nashville. CNN. 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
  21. The Guardian (ed.). "Cathedral fire under control after spire and roof destroyed – as it happened". Consultado o 16 de abril de 2019.
  22. "Notre-Dame fire: Macron pledges to reconstruct cathedral". BBC News. 16 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Catedral de Notre-Dame de París

Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París.A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país. Esta obra mestra, un dos símbolos da capital francesa, sitúase no extremo leste da Île de la Cité (Illa da Cidade), centro histórico da capital, á beira do Sena. A súa fachada occidental domina a praza de Notre-Dame, rebautizada Praza de Xoán Paulo II. Unha placa de bronce incrustada no chan serve de punto cero a tódalas distancias das estradas que saen de París.

É unha das máis antigas catedrais francesas de estilo gótico. A súa construción iniciouse no ano 1163, e está dedicada a María, nai de Xesús Cristo (de aí o nome de Notre-Dame – Nosa Señora).

Durante traballos de mantemento e restauración, a catedral incendiouse o 15 de abril de 2019, sufrindo danos significativos que provocaron a destrución de dous terzos do tellado e o chapitel. Ámbalas torres estaban seguras, malia a dúbida inicial de que a torre norte non se puidese salvar. Debido á renovación en curso, as estatuas de cobre que normalmente estaban no chapitel derrubado foran retiradas do edificio unha semana antes. Un dos bombeiros sufriu feridas graves durante o incendio. A Île de la Cité foi completamente evacuada por medo a que o lume se espallase máis. Moitos artefactos foron salvados antes de que o lume se estendese a outras partes da catedral. O presidente francés Emmanuel Macron anunciou que a catedral de Notre-Dame sería reconstruída, declarando "É parte do destino, o destino de Francia e do noso proxecto común nos próximos anos. E estou comprometido con iso."

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.