Imre Schlosser

Imre Schlosser-Lakatos (24 de xaneiro de 1889 - 19 de xullo de 1959) foi un futbolista húngaro. É o máximo anotador da historia da liga húngara.

Imre Schlosser
Imre Schlosser-Lakatos
Información persoal
Nome completo Imre Schlosser-Lakatos
Nacemento 24 de xaneiro de 1889
  Budapest
Falecemento 19 de xullo de 1959
  Budapest
Nacionalidade Hungría
Posición Dianteiro Centro
Información de club
Club actual falecido

Traxectoria

Schlosser debutou coa camisola nacional o 7 de outubro de 1906, cando só tiña 17 anos e 256 días, nun encontro contra Bohemia, que rematou cun 4-4. Este foi o comezo dunha carreira na selección que duraría máis de vinte anos. Neste tempo xogou 68 encontros con Hungría, anotando 59 goles.

En canto aos clubs nos que xogou, foron o Ferencvárosi TC e o MTK Hungária, nos que anotou un total de 417 goles en liga, o que o fai o sexto mellor goleador de tódolos tempos [1](enlace en inglés).

Foi catro veces máximo anotador europeo, o que máis tarde se deu en chamar Bota de Ouro, entre as tempadas 1910-11 e 1913-14.

Bota de Ouro

A Bota de Ouro Europea (en inglés: European Golden Boot) é un trofeo futbolístico, que se entrega ao máximo goleador de toda Europa da división máis alta de cada país. Vense facendo dende a tempada 1967/68.

Nos últimos tempos, o gañador xa non é necesariamente o que máis goles anota, senón que segundo a liga na que xogue dáse un valor maior ou menor aos goles anotados. Por exemplo un xogador con 25 goles na liga suíza obterá menos puntos que outro cos mesmos goles na liga italiana.

Selección de fútbol de Hungría

A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro"

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.