Imperio Persa

O Imperio Persa é o nome usado para referirse a un número de dinastías históricas que controlaron a Persia, rexión do actual Irán.

Imperio Aqueménida
Imperio Persa

 

 

-550-330

Escudo de Imperio Persa

Escudo

Localización de Imperio Persa
Capital Persépole, Susa, Pasargada e Ecbatana
Lingua Nas inscricións reais preferíase o persa antigo, o acadio aqueménida e o elamita. Para a administración, o arameo e o elamita.
Relixión Zoroastrismo
Goberno Monarquía
Período histórico Antigüidade clásica
 • Establecido -550

Historia

Imperio persa no ano 490 a. C.

O imperio persa iniciouse co reinado de Ciro I (550 a 529 a.C.) que uniu as tribos persas contra os medos. Ciro I, despois de conquistar a Media, conquistou toda a rexión do Oriente Medio nun imperio que ía dos límites do Irán actual até a Turquía. O seu fillo, Cambises II (529 a 522 a.C.), conquistou o Exipto e a Libia, porén o final do seu reinado marcouse por diversas revoltas. Cambises morreu no 522 a.C. O seu sucesor foi Darío I (-521 o 486 a.C.), que dilatou as fronteiras do imperio máis aínda coa anexión do río Indo e doutras rexións na Asia. Foi neste reinado cando ocorreu a primeira guerra médica, nas que se enfrontaron gregos e persas. Estas guerras remataron coa expansión persa no 490 a,C. trala derrota en Maratón.

A primeira guerra médica tivo lugar durante o goberno de Darío I, aínda que foi feita unha reforma na administración do Imperio coa creación das Satrapías (gobernadas polos Sátrapas) e tamén se construíu a Estrada Real, que ía de Susa (no Irán) até Sardes (na Turquía). Despois disto, o imperio foi gobernado por Xerxes I (do 485 o 465 a.C.). No seu reinado tivo lugar a segunda guerra médica contra os gregos, na que os persas foran derrotados novamente. Tras Xerxes houbo outros emperadores que soportaron diversas revoltas que apuntaban á decadencia do Imperio Persa e que foi finalmente derrotado e anexado por Alexandre o Grande no 331 a.C..

Economía

A Economía Persa baseouse en comercio predominantemente terrestre. Cun extenso territorio, a construción de estradas acabou por beneficiar o comercio, así como a padronización de pesos e medidas realizada co intento de facilitar a cobranza de impostos. A pesar de contaren coa frota fenicia e con bos portos, o comercio marítimo foi pouco explorado. A cuñaxe de moedas comezou efectivamente no reinado de Darío I, porén os soberanos preferían acumular metais a cuñar moedas.

Relixión

A relixión persa, ao principio, era politeísta. Por volta de -1200, coas predicacións de Zoroastro, a relixión tornouse dualista. O ben era representado por Ahura Mazda, e o mal era representado por Ahri Man. Non existían templos nin cultos, a representación do deus estaba simbolizada co fogo eterno, que se acendía en torres e colocábase no cume de torres dos mortos. Non existía rituais de enterramento, construíanse torres e nelas ficaban os corpos até pereceren.

Véxase tamén

Outros artigos

Darío I

Darío I o Grande (en persa antigo Dārayawuš, "aquel que apoia firmemente o Ben", en persa moderno داریوش Dâriûsh, en grego clásico Δαρεῖος Dareîos) (circa 549-485 a.C.), rei aqueménida de Persia (521-485 a.C).

Dinastía

Unha dinastía é unha serie de gobernantes dun o de varios estados relacionados entre si, ou provenientes todos dunha mesma liñaxe. Por extensión o termo aplícase a toda unha familia que acumula grandes cantidades de poder económico, político ou social durante diversas xeracións. A dinastía é a forma de sucesión da monarquía, na que o herdeiro da liñaxe sucede o monarca que morreu (ou se se produciu unha abdicación). Normalmente o herdeiro é o fillo pero pode designarse especificamente outro grao de parentesco.

Dinastía aqueménida

A dinastía Aqueménida foi unha dinastía que gobernou o Imperio Persa, fundada por Ciro II o Grande, tras vencer ao último rei medo (550 a.C) e estender o seu dominio pola meseta central de Irán e gran parte de Mesopotamia. Os seus sucesores Cambises II e Darío I o Grande continuaron a súa obra, e este último reorganizou o imperio en satrapías, alcanzando o cénit do seu poder. Porén, os sucesivos fracasos ao intentar someter as cidades gregas (Guerras Médicas) na primeira metade do século V a.C., debilitaron o imperio, e aínda o habían facer máis as tendencias secesionistas dalgunhas provincias, ata que a conquista de Alexandre Magno (331 a.C.) puxo fin ao imperio aqueménida.

Heródoto

Heródoto (en grego Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς [Hēródotos Halikarnāsseús]; en latín, Hērŏdŏtus Hălĭcarnassensis) nado en Halicarnaso (actual Bodrum, en Turquía) no 485 a. C. e finado en Turios no 425 a. C. foi un historiador e xeógrafo grego, considerado o pai da historiografía.

Hunos

Os hunos eran un dos pobos bárbaros máis violentos e ávidos da guerras e pillaxes. Eran nómades (non tiñan vivenda fixa e vivían percorrendo campos e bosques) e eran excelentes criadores de cabalos. Como non construían casas, vivían nos seus carros e tamén en barracas que armaban nos camiños que percorrían. A principal fonte de renda dos hunos era a práctica do saqueo dos pobos dominados. Cando chegaban nunha rexión, espallaban o medo, pois eran extremadamente violentos e crueis cos inimigos. O principal líder deste pobo foi Atila, o líder huno responsábel de diversas conquistas, guerras e batallas.

Desde que foron criados os primeiros cabalos fortes dabondo para seren montados, a historia da Asia e da Europa foi interrompida, periodicamente, por conquistadores bárbaros, cabalgando pola planicie e criando imperios.

Imperio

Un Imperio (do latín: imperium), é un Estado con dominio sobre extensos territorios gobernado por un emperador etnicamente e/ou culturalmente diversos sendo alén dun poder hexemónico en certa área de influencia. Tamén se denomina Imperio ao conxunto dos territorios que rexe un estado imperial. Por extensión, "Imperio" pode referirse tamén á etapa histórica onde un país tomou esta política ou ben a potencia que exerce unha forte influencia política, económica e cultural.

Imperio Alemán

O Imperio Alemán (en alemán: Deutsches Reich, chamado por algúns historiadores alemáns Kaiserlich Deutsches Reich ou simplemente Kaiserreich), foi a forma de Estado que existiu en Alemaña desde a súa unificación e a proclamación de Guillerme I como emperador, o 18 de xaneiro de 1871, ata 1918, cando se converteu nunha república logo da derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación de Guillerme II (9 de novembro de 1918). O término de Deutsches Reich mantívose como nome oficial de Alemaña durante a República de Weimar e a maior parte do período nazi ata 1943, cando foi cambiado a Großdeutsches Reich («Grande Imperio Alemán»).

Durante os seus 47 anos de existencia, o Imperio alemán xurdiu como unha das economías industriais máis poderosas da Terra e unha gran potencia, ata que se derrubou logo da súa derrota militar na Primeira Guerra Mundial e a Revolución de Novembro. Os Estados fronteirizos máis importantes foron o Imperio ruso no leste, Francia no oeste e o Imperio austrohúngaro situado no sur.

Imperio Austrohúngaro

O Imperio Austrohúngaro, Austro-húngaro ou Austria-Hungría (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Imperio Romano de Occidente

O Imperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu á parte occidental do Imperio Romano despois da súa división por Diocleciano no ano 286. Tivo unha existencia política separada tras a morte de Teodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio a Honorio.

O Imperio Romano de Occidente finalizou oficialmente coa abdicación de Rómulo Augústulo o 4 de setembro de 476 polas presións do xefe xermánico Odoacro.

Imperio do Brasil

O Imperio do Brasil foi o Estado brasileiro existente entre 1822 e 1889, sendo o seu sistema político unha monarquía constitucional parlamentarista rexido pola constitución do Imperio do Brasil de 1824, a primeira do país. A cabeza do goberno era o Emperador, pertencente á coñecida como Casa Imperial do Brasil, unha ramificación da Casa de Bragança.

Imperio do Xapón

O Imperio do Xapón (大日本帝国, Dai-Nippon/-Nihon Teikoku) refírese comunmente a Xapón desde a Restauración Meiji en 1868, pero non foi oficial ata 1895 cando comezaron as guerras chino-xaponesa e ruso-xaponesa ata a fin da Segunda Guerra Mundial e a nova constitución do Xapón de 1947.

Liga de Delos

A Confederación de Delos ou Liga de Delos foi unha agrupación dos cidadáns atenienses cos habitantes das illas do mar Exeo e os gregos das costas de Asia Menor, as cidades-estado da antiga Grecia (que chegaron a ser máis de 200). A súa sede atopábase na illa de Delos.

Lingua elamita

O elamita é unha lingua morta, que se falou no reino do mesmo nome. É unha lingua aglutinante que nunca puido ser relacionada coas linguas semíticas veciñas, ou ás linguas indoeuropeas. Algúns lingüistas tentaron aproximar o elamita e o sumerio, sen chegar a convencer aos seus colegas. Outros puxérono en relación coas linguas dravídicas aínda faladas na India. O elamita foi a lingua oficial do imperio persa do século -VI ata o -IV, e os últimos testemuños escritos do seu uso remontan á época da conquista de Alexandre o Grande.

Persia

Persia é o nome dado ao territorio ocupado polo Imperio Persa que se desenvolveu no Medio Oriente (na rexión dos Montes Zagros), entre os séculos VII e IV a.C.. Tamén é o nome dado á rexión actual do Irán; a cultura e o pobo iraniano tamén son descritos co adxectivo persa.

O nome, usado no Occidente, foi unha herdanza do nome grego para o Irán, Persis, centro do imperio, aínda que o mesmo teña se estendido a lugares actuais como Turquía, noroeste da India e Exipto.

Persa é tamén unha etnia; os persas descenden dos arianos, un pobo indoeuropeo que migrou para a rexión da Persia a partir da Asia Central, no inicio do primeiro milenio a.C. A súa lingua chámase persa, ou farsi. De acordo con fontes do goberno estadounidense, 51% da poboación actual do Irán é da etnia persa. Outras estimativas chegan a colocar esa parcela en 70%. Existen minorías persas tamén no Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Moitas outras etnias existen no Irán, incluíndo grupos arianos non-persas, como os g; as etnias de ascendencia turca, como os acerbaixanos, curdos, e turcománs; árabes e algunhas outras minorías. Vexa Demografía do Irán para máis detalles.

Para informacións sobre a moderna historia do Irán, vexa Historia do Irán.

O antigo país de Persia foi ocupado sucesivamente por unha serie de pobos e imperios:

Gutis.

Imperio Elamita

Media.

Imperio Persa.

Reino Parto.

Imperio Sasánida.

Califato Omeia.

Califato Abasida.

Il-Khanes.

Imperio Safavida.

Irán.

Reino de Macedonia

Macedonia (en grego: Μακεδονία Makedonía) é unha rexión xeográfica e histórica do sueste de Europa na península Balcánica, cunha área de aproximadamente 67.000 km2 e unha poboación de preto de 4,65 millóns de habitantes.

A historia de Macedonia está moi vinculada á Grecia clásica. Alexandre o Grande naceu e foi rei desta rexión.

Século -VI

século VII a. C. < Século VI a. C. > século V a. C.

Século III

século II < século III > século IV

Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.

Acontecementos importantes

O Imperio Romano enfróntase a un período de tentativas bárbaras de invasión. Tamén, no leste, o Imperio Persa ameaza as provincias de Siria e Asia Menor. Isto é debido á falta de liderado e ós enfrontamentos entre xenerais polo poder imperial que segue á morte de Marco Aurelio (180). Ademais, os maiores gastos militares farán aumenta-los impostos xa que o tempo das conquistas pasou: o Imperio chegou a súa máxima expansión territorial con Marco Aurelio. Tras un largo período de enfrontamentos internos e externos, agravados pola crise económica, o Imperio rexurdiría parte do seu esplendor no século seguinte, pero as fendas xa estaban abertas, os xermanos eran unha realidade e ningunha nova campaña de conquista víase factible.

258, as provincias de Galia, Britania, Vienensis e Hispania conforman o Imperio Galo.

260, Siria, Palestina e Exipto forman o Imperio de Palmira.

268-270, Claudio II o Gótico comeza o proceso de reunificación, reconquistando Hispania. Aureliano, man dereita de Claudio II continúa o proceso de restauración da autoridade imperial. En 274 o Imperio recuperaba as súas fronteiras orixinais.Personaxes destacadas

Aureliano, emperador romano (270-275), o primeiro en chamarse dominus et deus (señor e deus), defendeu o culto ó Sol.

Diocleciano, emperador romano (284-305). Organizou o territorio de forma que o gobernasen catro persoas (tetrarquía), estableceu dúas capitais: Milán e Nicomedia.

Xustiniano I

Flavius Petrus Sabbatius Iustinianus ou Xustiniano I, nado o 11 de maio de 483 e finado o 13/14 de novembro de 565, foi emperador de Oriente desde o 1 de agosto de 527 ata a súa morte. Un dos principais gobernantes do Imperio Bizantino, destaca especialmente pola súa reforma e compilación de leis e pola expansión militar do territorio imperial que tivo lugar baixo o seu reinado, sobre todo grazas ás campañas de Belisario. Tamén é coñecido como "O último emperador romano". A Igrexa Ortodoxa venérao como santo o día 14 de novembro.

Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.