Imperio Novo de Exipto

O Imperio Novo de Exipto foron os séculos entre 1550 e 1070 cando Exipto atinxiu o seu maior esplendor.

Entre 1580 e 1200 Exipto atinxiu e superou o esplendor dos imperios antigo e medio. É a Idade de Ouro do Antigo Exipto, cando se converteu no imperio máis poderoso da Antigüidade. Durante a loita contra os hicsos formárase un auténtico exército profisional, baixo o mando dunha aristocracia renovada e o afortalamento do sacerdocio de Amón, que se convertera nunha casta moi poderosa co emparentamento con Ra para crear o deus Amón-Ra, rei dos deusesl.

A XVIII dinastía comezou con Ahmosis (1580-1558), que iniciou unha política expansiva dende Siria até a Nubia (onde case chegou á terceira catarata). Amenofis I (1557-1530), Thutmose I (1530-1520) e Thutmose II (1520-1505) proseguiron as conquistas e anexións territoriais até chegar ao Éufrates. Na verdade, non se trataba de conquistas de ocupación, senón que o que se procuraba era un botín. Esta política detívose brevemente durante a rexencia de Hatshepsut (1505-1484), pero Thutmose III chegou aínda máis lonxe e elevou o poderío de Exipto, que os faraóns seguintes mantiveron. Amenofis I fundou tamén Deir-el Medina, dende onde se traballou no Val dos Reis. Os faraóns seguintes naceron de esposas secundarias do rei que ascendían ao trono grazas ao seu ingreso, sempre mediante o matrimonio, na liña sucesoria feminina.

Thutmose II foi seguido da súa esposa e medio irmá Hatshepsut, a raíña máis coñecida de Exipto. Thutmose III chegou até Asia Menor e o Éufrates. O seu fillo, Amenofis II creou o reino que tan sabiamente administou o que, posibelmente, foi o máis grande de todos os faraóns, Amenofis III, chamado de o Magnífico.

Pharaoh Akhenaten
Busto de Amenofis IV/Akhenatón

O seu fillo, Amenofis IV levou a cabo unha reforma relixiosa radical. Impulsou o culto de Ra e enfrontouse ao clero ao cerrar os seus templos e facer de Atón, o disco solar, a divindade oficial. Tomou o nome de Akhenatón e creou unha capital de nova planta en [[Akhetaton[[ (actual Tell al-Amarna). O nome e a imaxe de Amón foron borrados dos edificios públicos. Para todo isto contou co apoio da súa esposa, Nefertiti. Na arte desenvolveuse un "realismo" que incluía elementos da vida cotiá e retratos non idealizados.

Á súa morte (o sucesor designado, Smenkhare só viviu dous anos), Tutankhamón ordenou o retorno á situación anterior e regresou a Tebas. Horemheb. Foi o último faraón desta dinastía, e tívose que dedicar a recuperar a estabilidade interna; o seu xeneral Horemheb (que reinaría máis tarde), tivo nisto unha importancia fundamental. Deu paso á XIX dinastía ao designar como sucesor a Rameses I, cuxo fillo, Seti I, recuperou o prestixio exterior e consolidou a monarquía reconquistando Tiros e ocupando de novo Palestina e parte de Fenicia e Siria, combatendo contra os hititas en Qadesh. A súa tumba, construída no Val dos Reis foi a maior das das dinastías XVIII e XIX.

Abu Simbel, Ramesses Temple, corridor statue, Egypt, Oct 2004
Estatua de Rameses II no corredor principal do seu templo en Abu Simbel

Rameses II (1298-1235), de fama bíblica, enfrontouse á primeira invasión dos "pobos do mar". Durante o seu reinado, de 66 anos, construíronse edificios colosais, como o Gran Templo de Abu Simbel.

A debilidade das dúas dinastías seguintes, acosadas por invasores dende o leste e o oeste e a maior autonomía que adquiren os nomos, algúns dos cales mesmo designan reis, conduce á división do reino e ao fin do Imperio Novo.

A forma dos caixóns funerarios mudou da forma retangular do Imperio Médio para a familiar forma de momia, con cabeza e ombros arredondados. A principio, eran decorados con penas esculpidas ou pintadas, mais máis tarde pasaron a ser pintados cunha representación do falecido. Tamén eran sobrepostos como bonecas rusas: un caixón externo de grandes dimensións contiña un outro máis pequeno, que por súa vez contiña un terceiro case moldado ao corpo. Cada un dos caixóns interiores era decorado de forma máis elaborada que o imediatamente exterior. Datan desta época a maioría das momias que chegaron ata nós.

As técnicas de momificación foron sendo gradualmente aperfeizoadas co uso de natrán cristalino. Todos os tecidos moles, como o cerebro e os órgaos internos, eran removidos, despois de o que as cavidades eran lavadas e enchidas con natrán, e o corpo enterrado nunha pilla de natrán. Os intestinos, pulmóns, fígado e estomago eran preservados separadamente e armacenados en "vasos canopos" protexido cada un por un dos "catro fillos de Horus": Duamutef (estomago), Qebhsenuef (intestinos), Hapy (pulmións) e Imsety (fígado).

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Egypte louvre 284
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
Akhenatón

Neferjeperura Amenhotep, Neferjeperura Akhenatón, foi o décimo faraón da dinastía XVIII de Exipto. O seu reinado está datado ao redor de c. 1353/2 a 1338/6 adC. e pertence ao período denominado Imperio Novo de Exipto.

Tamén é coñecido como Akhenatón, Ecnatón, Ijnatón, Amenhotep IV, ou Amenofis IV, nome helenizado. A transcrición dos xeroglíficos do seu primeiro nome de Trono e de nacemento é Nefer-Jeperu-Ra Amen-Hotep.

Foi fillo de Amenhotep III e da raíña Tiy. Sucedeu ao seu pai tras a prematura morte do príncipe Thutmose, sucesor por orde de primoxenitura, practicamente á vez que a de Amenhotep. De feito, non figura como herdeiro en ningún documento nin monumento da época do seu pai.

Antigo Exipto

O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte de Sudán. A civilización constituíse cara a 3150 a.C. coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios ata a época romana.

Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vindos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.

A súa historia divídese nunha serie de períodos estables ("imperios"), separados por períodos de relativa inestabilidade ("períodos intermedios"). Tralo fin do último imperio, o Imperio Novo, a civilización do antigo Exipto entrou nun período dun lento e constante declive, durante o cal Exipto foi conquistado por unha sucesión de poderes estranxeiros. O dominio dos faraóns acabouse o ano 31 a.C. cando o entón recente Imperio Romano liderado por Pompeu conquistou o Exipto tolemaico e incorporou o territorio como unha provincia romana.A civilización do antigo Exipto prosperou adaptándose ás condicións da val do río Nilo. Os antigos exipcios controlaron a irrigación dun val fértil que, ao producir excedente de colleitas, impulsou un gran desenvolvemento social e cultural. Cos recursos aforrados, a administración investiu na explotación mineral da zona, desenvolveuse un sistema de escritura, realizáronse construcións colectivas e proxectos agrícolas, impulsouse o comercio coas rexións veciñas, e formouse un poderoso exército que consolidou o dominio exipcio. Exercendo o control destas actividades había unha burocracia de escribas de elite, líderes relixiosos e administradores baixo a xerarquía do divino faraón, que garantía a cooperación e a unidade dos exipcios a través dun elaborado sistema de crenzas relixiosas.Entre a gran cantidade de progresos conseguidos pódense destacar a creación dun sistema matemático, do traballo na pedra, das técnicas de enxeñaría e arquitectura que facilitaron a construción de pirámides monumentais, templos e obeliscos, así como o desenvolvemento dunha actividade artesanal de faienza e vidro, un sistema sanitario práctico e efectivo, novas formas de literatura, sistemas de irrigación, técnicas de produción agrícolas e o tratado de paz máis antigo.Exipto deixou un legado duradeiro. A arte e a arquitectura foron imitados por outros pobos, e as ruínas monumentais que sobreviviron durante séculos inspiraron a imaxinación de turistas e escritores. O descubrimento das antigüidades e varias escavacións realizadas desde os inicios da Idade Moderna dirixiron a atención científica cara á civilización exipcia e espertou un grande interese en todo o mundo.

Cidade vella de Damasco

A Cidade Antiga de Damasco é o centro histórico de Damasco (Siria). A cidade antiga que é unha das cidades habitadas máis antigas no mundo, contén numerosos sitios arqueolóxicos, incluíndo algunhas igrexas e mesquitas históricas. Moitas culturas deixaron a súa marca, especialmente helenísticas, romanas, bizantinas e islámicas. En 1979, o centro histórico da cidade, rodeado de murallas da era romana, declararouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. En xuño de 2013, a UNESCO incluíu todos os sitios sirios na lista de Patrimonio Mundial en perigo para avisar dos riscos aos que están expostos debido á Guerra civil siria.

Historia do antigo Exipto

A historia do antigo Exipto iníciase a finais do IV milenio a.C. e remata cando Exipto é conquistado por Alexandre Magno, momento no que perde definitivamente a independencia.

Os tres milenios que durou esta civilización divídense tradicionalmente de acordo coas dinastías reinantes. As datas son discutidas e pode haber diferenzas de tres séculos. As dinastías agrúpanse en "períodos", se ben existen diferenzas entre os estudosos á hora de asignar algunha dinastía a un período ou a outro.

Período predinástico (antes do 3100 a.C.)

Período protodinástico (dinastías I e II)

Imperio Antigo (dinastías II-VI)

Primeiro Período Intermedio (dinastías VII-XI)

Imperio Medio (dinastías XII-XIII)

Segundo Período Intermedio (dinastías XIV-XVII)

Imperio Novo (dinastías XVIII-XX)

Terceiro Período Intermedio (dinastías XXI-XXV)

Período Tardío (dinastías XXVI-XXI)

Menfis

Menfis (árabe: مَنْف Manf, copto: ⲙⲉⲙϥⲓ; grego: Μέμφις) foi a antiga capital de Aneb-Hetch, o primeiro nome do Baixo Exipto. As súas ruínas localízanse preto da cidade de Mit Rahina, 20 km ao sur de Giza.

Segundo a lenda relatada por Manetho, a cidade foi fundada polo faraón Menés co nome de Muros Brancos. A cidade foi a Capital de Exipto durante o Reino Antigo, permaneceu como unha cidade importante ao longo da Historia do antigo Exipto. Ocupou unha posición estratéxica na desembocadura do Delta do Nilo e acollía unha actividade febril. O seu porto principal, Peru-nefer, albergaba unha alta densidade de talleres, fábricas e almacéns que distribuían comida e mercadorías ao longo do antigo reino. Durante a súa idade de ouro, Menfis prosperou como centro rexional de comercio, negocios e relixión.

Menfis creuse baixo a protección do deus Ptah, o patrón dos artesáns. O seu gran templo, Hut-ka-Ptah (que significa "Recinto da ka de Ptah"), foi unha das estruturas máis destacadas na cidade. O nome deste templo, traducido ao grego como Aί-γυ-πτoς (Ai-gy-ptos) polo historiador Manetho, crese que é a orixe etimolóxica do nome galego moderno Exipto.

A historia de Memfis está intimamente ligada á do propio país. Menfis permaneceu como a maior cidade autenticamente exipcia durante as dominacións estranxeiras. A fundación de Alexandría e a de Fustat (o vello Cairo) despois da invasión dos árabes marcaron a súa decadencia.

A súa importancia relixiosa tamén diminuíu despois do abandono da relixión do antigo Exipto despois do Edicto de Tesalónica.

Hoxe, as ruínas da antiga capital ofrecen probas fragmentadas do seu pasado. Conservóuse, xunto co complexo das pirámides de Gizeh, como Patrimonio da Humanidade desde 1979. O sitio está aberto ao público como museo ao aire libre. Á cabeza das súas marabillas arquitectónicas e culturais figuran o Coloso de Ramsés II, con 13 metros de longo e un peso de 120 toneladas, e a Esfinxe en alabastro, datada da XIX Dinastía.

Século -XI

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Dinastías do antigo Exipto
Protodinástico
Antigo Reino
I Período Intermedio
Reino Medio
II Período Intermedio
Reino Novo
III Período Intermedio
Época tardía
Época grega e romana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.