Impacto ambiental

O impacto ambiental é o efecto que produce unha determinada acción humana sobre o ambiente nos seus distintos aspectos. O concepto pode estenderse aos efectos dun fenómeno natural catastrófico. Tecnicamente, é a alteración da liña de base (ambiente) debido a acción antrópica ou eventos naturais.

Tipos de efectos

En función do tipo de actuación poden distinguirse varios tipos de de efectos:

A avaliación dos impactos ambientais

Os impactos ambientais son considerados obxectos de estudio, tanto desde o campo científico como xurídico-administrativo. Desenvolvéronse metodoloxías de traballo e lexislación ó respecto, para a súa identificación, avaliación e regulación. Calquera intervención humana sobre o medio ambiental que leve consigo planificación ou programación, anteproxecto e proxecto de actuación, control de seguimento da actividade, debe sufrir en función das súas repercusións ambientais, unha avaliación de impacto ambiental (EIA). Isto realizase de acordo coa normativa vixente en cada nación, de cara súa aceptación (total ou con medidas correctoras) ou rexeitamento.

A EIA é unha actividade prescrita tanto por directivas da UE (“Avaliación dos impactos sobre o medio ambiente de certas obras públicas e privadas ) como pola lexislación do noso pais.

Identificación, descrición e avaliación dos impactos ambientais

Nunha avaliación dos impactos ambientais é necesario, primeiramente, realizar unha identificación das actividades ou accións que se realizarán durante as distintas fases de execución do proxecto, susceptibles de provocar impactos, os cales son resumidos, para a confección da matriz de identificación e avaliación de impactos.

Exemplo destas actividades ou accións por fases do proxecto temos:

  • Fase de Instalación
    • Movemento de terra.
    • Montaxe da obra.
  • Fase de Operación
    • Recepción e trituración do mineral
  • Fase de Abandono
    • Rehabilitación da área

Seguidamente procédese a identificar os impactos ambientais que son provocados polo proxecto en cada un dos factores ambientais afectados.

Adoita suceder que durante a avaliación algunhas compoñentes non sexan analizadas porque non existe afectación, debido á deterioración que poida existir ou que a área é industrial e estea afectada polo transcurso de longos anos de explotación da fábrica etc.

Matriz de identificación e descrición de impactos

Unha vez identificados os impactos por compoñentes ambientais procédese a elaborar a 'matriz de identificación e descrición e avaliación de impactos ambientais. A matriz deséñase de modo que integre as actividades do proxecto nos impactos identificados. Desta forma pódese determinar cales son accións que contribúen a producir o impacto, e polo tanto débese intervir en devanditas actividades e modificalas, se é posible, para neutralizar ou minimizar o impacto.

A matriz de identificación e avaliación de impactos ambientais componse de dous sectores:

  • No primeiro sector relaciónanse as actividades relevantes do proxecto cos impactos identificados en cada compoñente ambiental.
  • No segundo sector desenvólvese a valoración do impacto. Descríbense e analizan os impactos ambientais identificados, mediante métodos cualitativos e cuantitativos

No primeiro sector, na columna inicial relaciónanse todas as compoñentes ambientais estudadas en devandita Avaliación de Impacto Ambiental (EIA), seguidamente (a partir da segunda columna) indícanse as actividades avaliadas no proxecto, este terá columnas cantas actividades foron establecidas, xeralmente non menos de tres correspondentes ás fases de movemento de terra, instalación do equipamento, operación da instalación e abandono. Na próxima columna, logo das accións, corresponde relacionar todos os impactos ambientais detectados e avaliados, ordenados por compoñentes ambientais, esta columna constitúe o enlace entre o primeiro e o segundo sector da matriz, porque se utiliza en ambos. Unha vez relacionados todos os impactos ambientais procédese a sinalar (pode ser cunha X) en cal ou cales das actividades ten lugar o impacto.

No segundo sector relaciónanse e avalíanse os 9 criterios avaliación os cales relacionamos a continuación:

  • natureza
  • reversibilidade
  • tipo
  • magnitude
  • duración
  • tempo en aparecer
  • importancia
  • certeza
  • considerado no proxecto

Valoración dos criterios de avaliación

A valoración dos criterios preséntase a continuación: A Natureza do impacto pode ser:

  • (+) positivo
  • (-) negativo
  • (N) neutro, se o impacto non produce efecto significativo na compoñente.
  • (X) previsible, pero difícil de cuantificar sen estudos previos.

Certeza do impacto

A Certeza do impacto pode ser:

  • (C) certo, impacto ocorrerá cunha probabilidade > 75 %
  • (D) probable, impacto ocorrerá cunha probabilidade entre 50 e 75 %.
  • (I) improbable, requírese de estudos específicos para avaliar a certeza do impacto.

Tipos de impacto

Para Tipo utilizáronse as seguintes ponderacións:

  • (Pr) primario, o impacto é consecuencia directa da construción do proxecto, da súa operación.
  • (Sc) secundario, o impacto é consecuencia indirecta da construción ou operación do proxecto.
  • (Ac) acumulativo, impactos individuais repetitivos dan lugar a outros de maior impacto.

Tempo de ocorrencia do impacto

Para Tempo en Aparecer utilizáronse as seguintes ponderacións:

  • (C) curto prazo, aparece inmediatamente ou dentro dos seis meses posteriores á construción.
  • (M) mediano prazo, aparece entre 6 meses e cinco anos logo da construción.
  • (L) longo prazo, maniféstase 5 ou máis anos logo da construción.

Inclusión do impacto no deseño do proxecto

No que respecta a se o impacto foi considerado no deseño e operación do proxecto, utilizouse:

  • (S) se o impacto foi considerado no proxecto
  • (N) o impacto non foi considerado no proxecto.

Criterios de natureza valorativa cuantificable

Magnitude (Intensidade e Área)

  • (1) baixa intensidade, a área afectada é inferior a 1 ha ou non afecta significativamente a liña base.
  • (2) moderada intensidade, a área afectada comprende entre 1 e 10 ha pero pode ser atenuada ata niveis insignificantes
  • (3) alta intensidade, a área afectada polo impacto é maior de 10 hectáreas.

Importancia

  • (0) sen importancia
  • (1) menor importancia
  • (2) moderada importancia
  • (3) importante

Reversibilidade

  • (1) reversible
  • (2) non reversible

Duración

  • (1) curto prazo, se o impacto permanece menos de 1 ano
  • (2) mediano prazo, se o impacto permanece entre 1 e 10 anos
  • (4) longo prazo, se o impacto permanece por máis de 10 anos.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Ameixa asiática

A ameixa asiática é unha variedade de molusco, semellante a unha ameixa, propia de augas doces. Identifícase como Corbicula fluminea e considérase como especie invasora dos ecosistemas nos que se instala.

Avaliación de impacto ambiental

A avaliación de impacto ambiental (AIA) é un proceso técnico e administrativo que se aplica ós proxectos con impactos ambientais significativos. Permite identificar e avaliar, antes da aprobación dun proxecto, o impacto ambiental que pode derivar a partir da implantación de infraestruturas ou instalacións previstas e/ou do seu funcionamento posterior. En consecuencia, o obxectivo da AIA é garantir que as decisións dos órganos competentes para a aprobación destes tipos de proxectos tomen en consideración as súas repercusións medioambientais potenciais. A consulta co público é un elemento chave dos procedementos de avaliación ambiental e, en particular, da AIA.Esta técnica presenta, polo tanto, a variable ambiental na toma de decisións en proxectos cun grande impacto sobre o medio ambiente e demostrou ser o xeito máis eficaz para evitar agresións á natureza. Ofrece máis fiabilidade e confianza tendo en conta as decisións que se teñen que adoptar, xa que permite elixir, entre as diferentes alternativas posibles, a que mellor respecte o interese xeral dende a perspectiva global e integrada, e tendo en conta todos os efectos derivados da actividade prevista.

Central térmica

Unha central térmica ou central termoeléctrica é unha instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor, normalmente mediante a combustión dalgún combustible fósil como petróleo, gas natural ou carbón. Esta calor é empregado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. Doutra banda, tamén existen centrais termoeléctricas que empregan fisión nuclear do uranio para producir electricidade, estas instalacións reciben o nome de centrais nucleares.

Contaminación

A contaminación é a introdución de substancias ou outros elementos físicos nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, nese medio. Ese medio pode ser desde un ecosistema, ata un hábitat ou un ser vivo. O contaminante pode ser unha substancia química ou enerxía (como son, calor, luz ou radioactividade).

É sempre unha alteración negativa do estado natural do ambiente, e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de impacto ambiental.

A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos no ambiente ou nos ecosistemas. Ademais existen moitos contaminantes gaseosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de choiva ácida, o enfraquecemento da capa de ozono, e o cambio climático.

Hai moitas formas de combater a contaminación, e lexislacións internacionais que regulan as emisións contaminantes dos países que adhiren estas políticas. A contaminación está xeralmente ligada ao desenvolvemento económico e social. Actualmente moitas organizacións internacionais como a ONU sitúan ao desenvolvemento sustentable como unha das formas de protexer aos ecosistemas e preservalos para as actuais e futuras xeracións.

En 2015, a contaminación matou máis de 9 millóns de persoas.[Cómpre referencia]

Estrada

Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada

Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.

Unha das grandes impulsoras da evolución viaria foi a civilización romana, deixando ata hoxe (e aínda en boas condicións) unha vasta rede de estradas.

Infraestrutura

Denomínase infraestrutura a aquela realización humana deseñada e dirixida por profesionais da arquitectura, enxeñaría civil, urbanismo etc., que serven de soporte para o desenvolvemento doutras actividades e o seu funcionamento, necesario para a organización estrutural das cidades, territorios e empresas.Este termo é utilizado habitualmente como sinónimo de obra pública por ser case sempre o Estado o encargado da súa construción e mantemento en razón da súa utilidade pública e dos custos de execución, xeralmente elevados.

Megasa

Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa galega siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia ao fondo da ría de Ferrol. Adícase á laminación de redondos para construción nun forno eléctrico empregando chatarra ou barras de aceiro. Ten unha capacidade de produción de tres millóns de toneladas.

Ministerio de Medio Ambiente de España

O Ministerio de Medio Ambiente de España era un antigo órgano de goberno da Administración Xeral do Estado creado trala chegada de Jose María Aznar á presidencia do Goberno no ano 1996, coa división en dous do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. Estivo encargado até 2008 da proposta e execución da política do Goberno en materia de conservación da natureza, desenvolvemento sostible, impacto ambiental e ordenación da flora, a fauna, os hábitats e os ecosistemas naturais, así como da colaboración coas Comunidades Autónomas para a realización das actuacións correspondentes nestas materias, a xestión e custodia do dominio público marítimo e terrestre e de todas as súas competencias actuais.

O MMA tamén se encargou da xestión das reservas hidráulicas e do Servizo Meteorolóxico Nacional. En 2008 as competencias deste ministerio pasan a ser asumidas polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Pirelli

Pirelli & C. SPA é unha empresa multinacional con sede en Milán, Italia. A compañía, o quinto fabricante maior do mundo de pneumáticos, está presente en máis de 160 países, conta con 20 plantas de fabricación en todo o mundo e unha rede de ao redor de 10.000 distribuidores e comerciantes polo miúdo.

Fundada en Milán en 1872, Pirelli é hoxe o quinto operador no mundo no sector dos pneumáticos en termos de vendas e líder na modalidade "Premium" do sector cun alto nivel de contido tecnolóxico.

A compañía cotiza na Bolsa de Milán desde 1922, distínguese por unha longa tradición industrial e tamén se asocia coa capacidade de innovación, a calidade do produto e a fortaleza da marca. Hoxe en día hai 19 plantas de Pneumáticos Pirelli no mundo en catro continentes e o grupo opera en máis de 160 países e ten preto de 30.000 persoas empregadas en todo o mundo. En 2010, os ingresos, dos que o 90% xéranse fóra de Italia, ascenderon ao redor de 4 800 millóns de euros.

A empresa produce pneumáticos para coches, motos e vehículos industriais, combinando a tecnoloxía coas súas estratexias de prestacións verdes que leva á empresa a conseguir un alto rendemento e seguridade, reducindo o impacto ambiental. Entre os pneumáticos de máis éxito lanzados por Pirelli nos últimos anos están o "Cinturato" para coches, o "Diablo" pneumáticos para motos e a serie 01 para camións.

Pirelli é hoxe unha das marcas máis coñecidas no mundo. A súa reputación viuse reforzada cando gañou o contrato en exclusiva para a Fórmula 1 para os tres anos 2011-2013, ademais da presenza do grupo no automobilismo é o único provedor de Superbike. Comprometida co mundo do deporte, Pirelli foi desde 1995 o principal patrocinador do FC Internazionale Football Club e este ano converteuse en patrocinador oficial da Copa de Rusia de Fútbol 2011-2012.

Desde 1964, o nome de Pirelli estivo inseparablemente vinculado co calendario Pirelli, que se converteu nun obxecto de culto exclusivo que cada ano ofrece retratos fotográficos, executado polos fotógrafos máis famosos do mundo, dalgunhas das actrices e modelos máis belas no mundo a nivel internacional. Para fortalecer aínda máis a marca Pirelli, púxose en marcha Pzero a marca de moda de alta tecnoloxía, con liñas de roupa e accesorios innovadores.

No ano 2009, para salvagardar e valorizar o patrimonio cultural e histórico de Pirelli, e a promoción da cultura empresarial como unha parte do amplo patrimonio cultural dun país, Pirelli creou a Fundación Pirelli, que coida o vasto arquivo da empresa e promove iniciativas que representan a cultura corporativa da empresa. A Fundación foi aberta ao público desde 2010 e atópase na sede de Pirelli en Milán.

Ponte Vasco da Gama

A Ponte Vasco da Gama é unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, a ponte é a máis longa de Europa e a cuarta máis extensa do mundo, cos seus 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de constituír unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa.

Durante a súa construción foi necesario tomar especiais coidados co impacto ambiental, visto que atravesa o Parque Natural do Esteiro do Texo, unha importante área a escala europea de alimentación e aniñadoiro de aves acuáticas. Foi tamén necesario proceder ao realoxamento de 300 familias.

O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.

É unha das máis altas construcións de Portugal, con 148 metros de altura.

Protestas polo oleoduto Dakota Access

As protestas polo oleoduto Dakota Access, tamén coñecidas polo cancelo #NoDAPL, foron movementos grassroots que comezaron na primavera de 2016 por mor da aprobación da construción do oleoduto Dakota Access por Energy Transfer Partners no norte dos Estados Unidos de América. O oleoduto foi proposto para percorrer dende os campos de petróleo de Bakken Formation no oeste de Dacota do Norte até o sur de Illinois, cruzando o río Missouri e o río Mississippi, así como por baixo do lago Oahe preto da reserva india de Standing Rock. Moitos dos membros das tribos de Standing Rock consideraron o oleoduto unha ameaza para a auga limpa da rexión e dos seus antigos campos de enterramento. En abril, a líder síux de Standing Rock, LaDonna Brave Bull Allard, estabeleceu un campamento como centro de resistencia espiritual e preservación cultural cara o oleoduto; no verán o campamento albergaba a milleiros de persoas.

Gran parte do oleoduto fora completado a finais de 2016, polo que o cruzamento do río Missouri fixo medrar a súa controversia. O Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos de América realizou unha revisión limitada da ruta e non atopou ningún impacto a ter en conta. En marzo e abril de 2016, a Axencia de Protección Ambiental, o Departmento do Interior e o Consello Asesor na Preservación Histórica pediron ó Corpo de Enxeñeiros que levasen a cabo unha avaliación de impacto ambiental e emitisen unha Declaración de Impacto Ambiental. A tribo de Standing Rock presentou unha demanda contra o Corpo de Enxeñeiros en xullo, pero a moción foi denegada en setembro de 2016.

As protestas captaron a atención internacional e foron consideradas unha "remodelación das conversas nacionais para calquera proxecto ambiental que cruzase a terra dos nativos americanos", pero a cobertura destes acontecementos nos principais medios de comunicación dos Estados Unidos foi limitada até comezos de setembro. O 3 de setembro, traballadores da construción arrasaron unha sección de terra que a tribo identificou como terreo sagrado, nunha emenda ó mandato federal un día antes. Cando os protestantes entraron na área, os traballadores de seguridade empregaron cans de ataque, trabando a varios dos protestantes e un cabalo. O incidente foi gravado e visto por millóns de persoas en YouTube e outras redes sociais. A finais de outubro, soldados armados e policías con equipo antidisturbios e equipo militar despexaron un campamento que estaba directamente no camiño do oleoduto proposto.

A finais de novembro, moitos novos participantes uníronse á protesta; flutuando o número de protestantes en varios milleiros. O tempo empeorou coa caída das neves e as temperaturas baixo cero. A policía empregou canóns de auga contra eles, acaparando a atención dos medios. O 4 de decembro, baixo a administración do Presidente Barack Obama, o Corpo de Enxeñeiros rexeitou a construción do oleoduto por debaixo do río Missouri. Unha avaliación de impacto ambiental tamén será levada a cabo polo Corpo do Exército. Moitos protestantes continúan acampados no lugar, xa que consideran que a disputa aínda non está pechada.

Richard Dawkins

Clinton Richard Dawkins, nado en nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doctorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión sóense tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Río Louro

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui.

Río Mero

O Río Mero está na provincia da Coruña

Terioloxía

A terioloxía, tamén chamada mastoloxía, mastozooloxía e mamiferoloxía, é a parte da zooloxía que estuda os mamíferos.

Estes vocábulos, especialmente o primeiro e o terceiro, utilízanse adoito en contextos como a clasificación a descrición e a diferenciación das especies de mamíferos.

Os científicos que traballan neste campo reciben o nome de teriólogos ou mastozoólogos.

Turbo

Para a novela de Miguel Suárez Abel véxase Turbo (1988).

Un turbocompresor ou turbo (expresión coloquial), do grego "τύρβη" ("raíz"), (tamén do latín "turbo" ("trompo"),) é unha turbina accionada por un dispositivo de indución forzada que aumenta a eficiencia dun motor e a súa potencia forzando a entrada de aire extra na cámara de combustión. Esta mellora sobre a aspiración natural do motor é debida a que a turbina pode forzar máis aire, e proporcionalmente máis mestura explosiva, na cámara de combustión que a que se obtería coa simple presión atmosférica.

Os turbocompresores eran coñecidos orixinalmente como turbosupercompresores cando todos os dispositivos de indución forzados foron clasificados como supercompresores. Hoxe en día o término "supercompresor" só se aplííca aos dispositivos de indución forzada impulsados mecanicamente. A diferéncia clave entre un turbocompresor e un supercompresor convencional é que o convencional é accionado mecanicamente polo motor, a miúdo a través dunha correa conectada ao veo de manivelas, mentres que un turbocompresor é alimentado por unha turbina accionada polos gases de escape do motor. En comparación cun compresor accionado mecanicamente, os turbocompresores tenden a ser máis eficientes, pero menos sensibles. Twincharger refírese a un motor tanto con un compresor e un turbocompresor.

Os turbocompresores son comunmente utilizados nos motores de camións, automóbiles, trens, avións e equipos de construción. Son os máis utilizados en motores de combustión interna de ciclo Otto e ciclo Diesel. Tamén son útiles en pilas de combustible para automoción.

V-18

O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

Veganismo

O veganismo é un estilo de vida caracterizado polo rexeitamento do consumo e utilización de produtos de orixe animal tanto na alimentación ou no vestiario coma en calquera outra faceta da existencia. A maior parte das motivacións que levan as persoas ao veganismo adoitan ser principalmente postulados éticos e morais sobre os dereitos animais, mais tamén sobre a defensa do ambiente, a saúde e cuestións de tipo espiritual ou relixioso. Os veganos acostuman dirixir boa parte das súas críticas contra os modelos contemporáneos de granxas industrializadas, nas que, segundo estes colectivos, se trata brutalmente aos animais, e as probas de diverso tipo sobre animais (por parte das industrias químicas dedicadas por exemplo á cosmética ou á industria farmacéutica).

Inda que se coñece que as dietas omnívoras poden ter un maior impacto ambiental (en puntos como maior pegada do carbono) que as veganas, non existen diferenzas no emprego dunha dieta ovo-lacto-vegana ou vegana estrita. O impacto ambiental desas dietas aseméllase ao das dietas mediterráneas. De feito, demostrouse que depende como se xestione cada vegano (en tipo ou cantidade de alimento que consuma), o seu impacto ambiental pode ser maior que o de calquera outra persoa omnívora.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.