Ilustración escocesa

A Ilustración escocesa (en inglés Scottish Enlightenment, en escocés Scots Enlichtenment e en gaélico escocés Soilleireachadh na h-Alba) foi un período na historia escocesa do século XVIII caracterizado por unha onda de logros intelectuais e científicos. Daquela, Escocia tiña unha rede de escolas parroquiais nas Lowlands e cinco universidades. A cultura foi orientada cara os libros,[1] e diariamente tiñan lugar intensos debates en lugares intelectuais de Edimburgo como "The Select Society", e, posteriormente, "The Poker Club", así como nas universidades de Glasgow, Edimburgo e Aberdeen.

Ademais de compartir a visión humanista e racionalista da ilustración europea do mesmo período, os pensadores escoceses facían fincapé na grande importancia da razón humana combinada co rexeitamento de calquera autoridade que non estivese xustificada coa razón. Asemade, mantiveron unha crenza optimista na habilidade humana de crear cambios positivos para a mellora da sociedade e da natureza, guiados só pola razón. Esta último característica deulle á Ilustración escocesa a súa personalidade especial, distinguídoa da contraparte do continente europeo. En Escocia, a Ilustración caracterizouse polo empirismo e a práctica, virtudes eran mellora, onde as virtudes convertíanse en beneficios prácticos para o individuo e a sociedade no seu conxunto.

Os campos que avanzaron axiña son a filosofía, a economía, a enxeñería, a arquitectura, a medicina, a xeoloxía, a arqueoloxía, o dereito, a agricultura, a química e a socioloxía. Entre os pensadores e científicos escoceses deste período atopamos a Francis Hutcheson, David Hume, Adam Smith, Dugald Stewart, Thomas Reid, Robert Burns, Adam Ferguson, John Playfair, Joseph Black and James Hutton.

A Ilustración escocesa tivo efectos alén das fronteiras de Escocia, non só por mor da súa relevancia, senón tamén porque as ideas foron levadas a través do mundo pola diáspora escocesa, e por estudantes americanos que estudaron en Escocia.

David Hume and Adam Smith statues, Edinburgh
David Hume e Adam Smith na Galería Nacional Escocesa do Retrato.

Notas

  1. Mark R. M. Towsey, Reading the Scottish Enlightenment: Books and Their Readers in Provincial Scotland, 1750-1820 (2010)

Véxase tamén

Bibliografía

  • David Allan. Virtue, Learning and the Scottish Enlightenment: Ideas of Scholarship in Early Modern History. · Edinburgh University Press, 1993. ISBN 978-0-7486-0438-8.
  • Broadie, Alexander. The Scottish Enlightenment: The Historical Age of the Historical Nation. Birlinn 2002. Paperback: ISBN 1-84158-151-8, ISBN 978-1-84158-151-4.
  • Broadie, Alexander, ed. The Cambridge Companion to the Scottish Enlightenment. (Cambridge Companions to Philosophy) Cambridge University Press, 2003. ISBN 978-0-521-00323-0.
  • Bruce, Duncan A. The Mark of the Scots: Their Astonishing Contributions to History, Science, Democracy, Literature, and the Arts. 1996. Hardcover: ISBN 1-55972-356-4, ISBN 978-1-55972-356-5. Citadel, Kensington Books, 2000. Paperback: ISBN 0-8065-2060-4, ISBN 978-0-8065-2060-5.
  • Buchan, James Crowded With Genius: Edinburgh's Moment of the Mind. (Harper Perennial, 2004). ISBN 978-0-06-055889-5.
  • Campbell, R. H. and Andrew S. Skinner, eds. The Origins and Nature of the Scottish Enlightenment (1982), 12 essays by scholars, esp. on history of science
  • Daiches, David, Peter Jones and Jean Jones. A Hotbed of Genius: The Scottish Enlightenment, 1730-1790 (1986), 170pp; well-illustrated introduction
  • Derry, J. F. Darwin in Scotland: Edinburgh, Evolution and Enlightenment. · Whittles Publishing, 2009. Paperback: ISBN 1-904445-57-8.
  • Daiches, David, Peter Jones, Jean Jones (eds). A Hotbed of Genius: The Scottish Enlightenment 1731-1790. (Edinburgh University Press, 1986); ISBN 0-85411-069-0
  • Goldie, Mark. "The Scottish Catholic Enlightenment," The Journal of British Studies Vol. 30, No. 1 (Jan., 1991), pp. 20–62 in JSTOR
  • Graham, Gordon. "Morality and Feeling in the Scottish Enlightenment," Philosophy Vol. 76, No. 296 (Apr., 2001), pp. 271–282 in JSTOR
  • Herman, Arthur. How the Scots Invented the Modern World: The true story of how western Europe's poorest nation created our world & everything in it. Arthur Herman. (Crown Publishing Group, 2001); ISBN 0-609-80999-7.
  • Israel, Jonathan "Scottish Enlightenment and Man's 'Progress'" ch 9 in Democratic Enlightenment: Philosophy, Revolution, and Human Rights 1750-1790 (2011) pp 233–69 excerpt and text search
  • Lenman, Bruce P. Enlightenment and Change: Scotland 1746-1832 (2nd ed. The New History of Scotland Series. Edinburgh University Press, 2009). 280 pp. ISBN 978-0-7486-2515-4; 1st edition also published under the titles Integration, Enlightenment, and Industrialization: Scotland, 1746-1832 (1981) and Integration and Enlightenment: Scotland, 1746-1832 (1992); general survey
  • C J Berry, Social Theory Of The Scottish Enlightenment, Edinburgh University Press 1997, ISBN 0 7486 0864 8
  • Swingewood, Alan. "Origins of Sociology: The Case of the Scottish Enlightenment," The British Journal of Sociology, Vol. 21, No. 2 (Jun., 1970), pp. 164–180 in JSTOR
  • Towsey, Mark R. M. Reading the Scottish Enlightenment: Books and Their Readers in Provincial Scotland, 1750-1820 (2010)
Adam Smith

Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista e filósofo escocés, considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica.

Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.

David Hume

David Hume, nado en Edimburgo o 7 de maio de 1711 e falecido na mesma cidade o 25 de agosto de 1776, foi un filósofo e historiador escocés. Xuntamente con Adam Smith e Thomas Reid, foi unha das figuras máis importantes da chamada ilustración escocesa.

Edimburgo

Edimburgo (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia.

A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante a Era de Ilustración, grazas á Universidade de Edimburgo. Os distritos, The Old Town e New Town, os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1995. De acordo co censo do 2001, Edimburgo posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.

Edimburgo é famosa polo seu Festival, o maior conxunto de eventos en vivo do mundo. Durante o mes de agosto, cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do Reino Unido despois de Londres con 13 millóns de visitantes ao ano.

Escocia

Escocia (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta. A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707. En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area. Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.

Glasgow

Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Historia de Glasgow

Na historia urbana de Glasgow, o último vao do río Clyde antes da súa desembocadura semella ter sido decisivo para que dende tempos prehistóricos se asentasen na área grupos de poboadores que vivían da pesca. Tamén para que, xa en tempos históricos, os celtas bretóns de Strathclyde tivesen alí un baluarte defensivo, que, en tempos da ocupación romana de Britania, dese lugar a un asentamento na ladeira norte do río, a salvo de crecidas e a carón do arroio Molendinar (Molendinar Burn), que chamaban Cathures (segundo algúns autores de cathair ou caer, forte). Na beira oriental do arroio, o outeiro do posterior Fir Park (actual Necrópole, cemiterio vitoriano) seica puido haber acubillado os ritos dos sacerdotes druídas.

Cando no ano 142 da nosa era os romanos decidiron ampliar as fronteiras da súa ocupación, construíron a Muralla de Antonino uns cinco quilómetros ao norte de Cathures (que era xa un posto comercial de fronteira) ante os ataques dos pictos das Highlands (abandono do muro apenas dúas décadas despois).

Os séculos posteriores foron os do mito do rei Artur e a cristianización progresiva deses confíns do mundo coñecido (St. Ninian consagra un cemiterio en 397).

James Hutton

James Hutton, nado en Edimburgo o 14 de xuño de 1726 e finado na mesma cidade o 26 de marzo de 1797, foi un xeólogo, médico, naturalista, químico e granxeiro experimental escocés, o primeiro formulador das ideas que conducirían á corrente científica chamada uniformista (ou teoría actualista) e do plutonismo, nas que incluíu as súas teorías da xeoloxía e do tempo xeolóxico, e a súa escala, tamén chamado tempo profundo. Está considerado o fundador da xeoloxía moderna. Compartiu espazo e época con grandes pensadores e científicos formando canda eles a que foi chamada a Ilustración escocesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.