Illas do Exeo

As illas do Exeo son un numeroso e disperso grupo dunhas 5000 illas e illotes situadas no mar Exeo e do que pouco máis de 100 están habitadas. A gran maioría destas illas pertencen a Grecia, e só unhas poucas son parte de Turquía.

Mar Egeo
Situación do Mar Exeo.

Arquipélagos do Exeo

Aegean Sea with island groups labeled
Arquipélagos do mar Exeo

O conxunto das illas do Exeo pódese dividir en:

Eubea

Artigo principal: Eubea.

O seu nome significa rica en gando. Polo seu tamaño, é a segunda illa grega, logo de Creta. Trátase dunha illa longa, estreita e montañosa. Está separada de Grecia continental pola canle Evvoikos (estreito de Euripo). Polo menos desde o ano -411 estivo unida ao continente por unha ponte próxima á cidade de Calcis.

Espóradas do norte

Artigo principal: Espóradas.

Destacan catro illas principais neste arquipélago: Esciro, Skiathos, Skópelos e Alonissos. A primeira pertence á prefectura de Eubea. As demais, á de Magnesia.

Illas do golfo Sarónico

Saronic Gulf map-fr
As illas do golfo Sarónico.
Artigo principal: Illas Sarónicas.

Están moi próximas a Atenas. Delas, Exina e Salamina son as maiores. Exina chegou a ser rival de Atenas na época de Grecia clásica. Salamina é considerada pola tradición como a patria de Áiax o Grande, heroe que combateu na guerra de Troia.

Cícladas

Pregnant Cycladic figurine Staatliche Antikensammlungen
Figurilla cicládica do terceiro milenio adC. Staatliche Antikensammlungen, Munich, Alemaña.
Artigo principal: Cícladas.

As Cícladas comprenden unhas 220 illas. Deben o seu nome á aparente forma de círculo ao redor da illa de Delos que ten o arquipélago.

Este arquipélago posúe un gran número de illas de importancia histórica, mitológica e turística. Nel floreceu entre o ano 3000 e o 1000 a. C. a denominada civilización Cicládica.

  • Naxos, é a maior. Unha tradición situaba nesta illa o lugar no que Teseo abandonou a Ariadna e onde posteriormente Dioniso namorouse dela.
  • Ios é a illa onde a tradición situaba a tumba de Homero.
  • Santorini, ou Thera, é famosa polo seu cráter volcánico. A erupción que se produciu no 1645 a.C., século XVII a. C., interpretouse como unha das causas do declive da civilización minoica.
  • Miconos é unha illa que experimentou un maior auxe turístico desde as décadas de 1980 e 1990.
  • Delos é unha illa sacra que a tradición sitúa como o lugar de nacemento dos deuses Apolo e Artemisa.
  • Paros é unha illa cuxo mármore era famoso na antigüidade. Con mármore de Paros están realizadas estatuas soadas como a Venus de Milo e a Vitoria de Samotracia.
  • Milo é a illa onde foi atopada unha famosa estatua de Afrodita ou Venus chamada por iso Venus de Milo.
  • Siros é a illa onde se atopa a capital administrativa das Cícladas, na cidade de Ermoupoli.
  • Sifnos era famosa pola riqueza do seu subsolo. Os habitantes desta illa erixiron un rico monumento en Delfos no século VI a. C..

Outras illas que se atopan entre as de maior tamaño deste arquipélago son Andros, Tinos, Amorgos e Serifos.

Dodecaneso

Artigo principal: Dodecaneso.
GreeceDodecanese
Situación do Dodecaneso.

O seu significado é doce illas, pero o arquipélago componse de moitas máis. As doce principais son Rodas, Kárpatos, Cos, Nísiros, Tilos, Kálimnos, Symi, Patmos, Astipalea, Kasos, Leros e Kastellorizo.

Rodas é a capital e a illa de maior relevancia tanto en mitoloxía como arte e historia.

Illas do norte e do leste do Exeo

Adóitanse agrupar baixo esta denominación a un grupo de illas próximas á costa de Anatolia que non forman un arquipélago por si soas. Nalgunhas fontes denomínanse Espóradas meridionais ás illas máis meridionais deste grupo e ás máis setentrionais do Dodecaneso.

Samos 26.80174E 37.72709N
Imaxe por satélite da illa de Samos.
  • Samos é a illa onde tradicionalmente se sitúa o nacemento da deusa Hera.
  • Quíos é un dos lugares que se disputaban a honra de ser o lugar de nacemento de Homero.
  • Lesbos é soado por ser o lugar de nacemento da poetisa Safo, datada entre 610 e 580 a.C.
  • Lemnos era considerada como o lugar no que o deus Hefesto tiña o seu fragua.
  • Imbros (en turco, Gökçeada) e Ténedos (en turco, Bozcaada) son algunhas das illas do Exeo que pertencen a Turquía.
  • Samotracia foi unha enigmática illa por mor da celebración nela dos misterios de Samotracia.
  • Thasos está situada próxima á costa de Tracia. Na antigüidade era disputada polos seus xacementos minerais. Tivo un porto moi relevante na época romana.

Creta

Palazzo Minosse7
O palacio minoico de Cnosos.
Artigo principal: illa de Creta.
Artigo principal: Civilización minoica.

É a maior das illas do Exeo e berce da civilización minoica que tivo o seu esplendor e dominou o mar Mediterráneo oriental durante gran parte da idade de bronce. O seu capital é Heraklion. Acháronse importantes restos arqueolóxicos da idade de bronce en numerosos lugares da illa, principalmente en Cnosos, Gortina, A Canea e Festos.

As illas do Exeo nas epopeas da antiga Grecia

Catálogo de naves

Algunhas das illas do Exeo son mencionadas no catálogo de naves d' A Ilíada como parte dos exércitos pertencentes á coalición dos aqueos contra Troia.

Entre as citadas atópanse Creta, gran parte das illas do Dodecaneso (Rodas, Sime, Karpathos, Cos, as illas Calidnas), as do golfo Sarónico e Eubea. Con todo, no catálogo de naves ignóranse as Cícladas e as illas do norte e leste do Exeo.

Lugares do nacemento dos deuses olímpicos

A mitoloxía grega adoita situar o nacemento dalgúns dos deuses olímpicos nas illas do Exeo:

Deuses Lugar de nacemento
Zeus Creta (no monte Dite ou no Ida)
Hera Samos
Apolo Delos
Ártemis Delos

Ademais, Hefesto, Poseidón e Dioniso aparecen fortemente asociados coas illas de Lemnos, Rodas e Naxos, respectivamente.

Viaxe dos argonautas

Durante a expedición dos argonautas en busca do vélaro de ouro, os argonautas tiveron que atravesar o Mar Exeo. No seu traxecto, estiveron na illa de Lemnos, que atoparon habitada só por mulleres, pois estas mataran a todos os homes. Os argonautas permaneceron en Lemnos durante un tempo que se uniron coas lemnias e tiveron numerosa descendencia.

Segundo algunhas fontes, os argonautas tamén estiveron na illa de Samotracia onde, a instancias de Orfeo, iniciáronse nas súas misterios.

Mitoloxía de Creta

A mitoloxía grega recolle un gran conxunto de lendas relativas á illa de Creta que se centran nas relacións entre Atenas e Creta, onde reinaba o lendario Minos. O heroe ateniense Teseo logrou matar ao Minotauro no labirinto de Creta e na súa fuxida coa filla do rei, Ariadna, desembarcou nunha illa onde deixou a Ariadna. As tradicións difiren sobre se a illa mencionada era Naxos, nas Cícladas; ou Día, situada moi próxima á costa de Creta.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mike Gerrard. National Geographic. Grecia. 2002. ISBN 84-8298-282-6.
  • Atenas e islas griegas. Colección Trotamundos. Madrid, 2006. ISBN 84-345-0449-9.
  • Antonio Ruiz de Elvira. Mitología clásica. Madrid, Gredos, 1982. ISBN 84-249-0204-1.
  • Pierre Grimal. Diccionario de mitología griega y romana. Barcelona, Paidós, 1981. ISBN 84-7509-166-0.

Outros artigos

Amorgos

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 126´346 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.973 habitantes en 2011. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Ceos

Ceos, tamén coñecida como Kea e Gia (grego Κέα Τζια), Tzia, Zea, Keos (grego antigo Κέως, Keōs), ou en latín Ceos, de onde a forma galega, é unha illa do arquipélago das Cícladas, no Mar Exeo, en Grecia.

Trátase da illa máis próxima ao Ática de todo o conglomerado das Cícladas (aproximadamente, unha hora en barco desde Laurión; dista 20 km do Cabo Sunión e 60 km de Atenas cara ao sueste. O seu clima é árido e o terreo está infestado de outeiros.

Cos, Grecia

Cos (grego antigo Κῶς,grego moderno: Κως; Turco: İstanköy; Italiano: Coo) é unha illa grega do Dodecaneso, no mar Exeo, o que se separa do Golfo de Kos. Mide 40 km por 8 km, e está a só 4 km da costa de Bodrum en Turquía. A illa ten chairas fértiles e montañas estériles. A súa poboación é de 30.500 habitantes.

Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Dodecaneso

O Dodecaneso (en lingua grega Δωδεκάνησα, que significa "doce illas") é un grupo de illas gregas na extremidade leste do Mar Exeo, xunto á costa suroeste da Turquía. Teñen unha rica historia e mesmo parte das illas máis pequenas e deshabitadas ostentan varias igrexas bizantinas e castelos medievais.

A rexión administrativa do Dodecaneso consiste en 163 illas, das que 26 están permanentemente habitadas. As doce maiores, que dan ao grupo o seu nome, están resaltadas.

Agathonisi

Alimia

Arkoi

Astipalea

Halki

Giali

Halki

Kálimnos

Karpathos

Kasos

Kastellorizo

Kinaros

Kos

Leros

Leipsoí

Nísiros

Patmos

Psérimos

Rodas

Symi

Syrna

Telendos

TilosEstas illas forman parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros, mais cunha dependencia en Rodas.

Eubea

Eubea (en grego Εύβοια, antiga Negroponte) é unha illa no Mar Exeo ao leste de Grecia que forma unha prefectura. Ten unha superficie de 3900 km², e unha poboación de 210.000 habitantes. A súa capital é Calcis.

Foi coñecida tamén co nome de Negroponte. Xuntamente coa illa de Esciro forma o nomos de Eubea.

Ios

Ios (grego: Ίος, localmente Νιός - Nios) é unha illa grega nas Cícladas no Mar Exeo. Ios é unha illa montañosa con cantís cara ao mar na maioría das súas partes, situada a medio camiño entre as illas de Naxos e Santorini. Ten 18 km de longo e 10 km de ancho, cunha superficie de 109 km². A poboación era de 2024 habitantes en 2011 (fronte a 3 500 no século XIX). Ios é parte da unidade rexional de Thira.

Karpathos

Karpathos é unha illa grega pertencente ao arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo situada entre Creta e Rodas.

Lesbos

Lesbos é un illa de Grecia, tamén chamada de Mitilene. Localízase no mar Exeo, próximo a Turquía. En grego moderno, o nome da illa é Lesvos, e os seus habitantes son chamados de lesvianos ou lesvianotas. As principais cidades da illa son Mitilíni, Kalloni, Mithyma, Plomarion, Axiasos e Petra, e localízase no concello grego do mesmo nome.

A illa leva sido habitada desde a Idade de Bronce. A primeira mención a ela é feita en rexistros hititas como Lazpa. Outros nomes antigos son Lassia, Imerti, Aegira, Isa, Mythonis e Les-Ba.

Lesbos foi o centro dunha civilización no VI século a.C, tendo sido o lar dos poetas Safo e Alceo. En 428 a.C., Lesbos xuntouse á Liga de Delos nunha revolta sen éxito contra Atenas. Aristóteles e Epicuro tamén moraron aquí.

Na mitoloxía grega, Lesbos tamén era o nome do deus padroeiro da illa. Lesbos era fillo de Lafita e casou con Metima.

A palabra lésbica vén do nome desta illa. A súa orixe está nos poemas de Safo de Lesbos, onde se describe o amor entre mulleres. Debido a isto, Lesbos é frecuentemente destino turístico de cruceiros e outros paseos para lesbianas. Mentres, as autoridades lesbovitas non aproban enteiramente isto, e a algúns navíos de cruceiro xa lles foi negado o permiso para atracaren na illa.

Lista de illas de Grecia

Esta é unha lista dalgunhas das 6.000 illas e illotes de Grecia, das que 227 están habitadas. Apenas 78 illas teñen máis de 100 habitantes.

A illa grega máis grande por superficie é Creta, que se atopa no extremo sur do Mar Exeo. A segunda illa máis grande é Eubea, que está separada do continente polo Estreito de Euripo de 60 m. de ancho, e adminístrase como parte da perifieria de Grecia Central. Despois están a terceira e cuarta illas gregas, Lesbos e Rodas, o resto das illas son as dúas terceiras partes da superficie de Rodas, ou máis pequenas.

As illas gregas están tradicionalmente agrupadas nos seguintes grupos: As illas Argo-Sarónico no golfo Sarónico preto de Atenas, as Cícladas, unha gran pero densa colección, ocupando a parte central do mar Exeo, as Illas do Exeo Norte, unha agrupación da costa oeste de Turquía, o Dodecaneso, outro conxunto disperso no sueste entre Creta e Turquía, as Espóradas, un grupo moi pequeno fronte ás costas de Eubea, e as Illas Xónicas, situadas ao oeste da península no Mar Xónico (unha destas illas, Citerea, está na punta sur da Península do Peloponeso e forma parte da periferia Ática, pero se consideran parte das illas Xónicas, principalmente debido a razóns históricas). Tamén hai moitas illas, illotes e rocas que rodean a costa de Creta.

Mar Exeo

O Mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do Mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao Mar de Mármara e a o Mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.

O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.

Mar de Creta

O mar de Creta (grego: Κρητικό Πέλαγος, "Kritiko Pelagos") é un mar, parte do Mar Exeo, situado na súa extremidade sur. O mar esténdese ao norte da illa de Creta, ao leste das illas de Citerea e Antikythira, ao sur das Cícladas e ao oeste das illas do Dodecaneso de Rodas, Karpathos e Kasos. O mar contiguo cara ao oeste é o Mar Xónico. Ao Noroeste está o Mar de Myrtoan, unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e Peloponeso. Ao Leste-SE é o resto do Mar Mediterráneo, ás veces acreditado como o mar Levantino. Ao outro lado da illa de Creta, ná beira oposta comenza o mar Mar de Libia. As rutas de transbordador cara a e desde O Pireo e Heraklion, así como ás illas do Exeo e o Dodecaneso do Sur, pasan por esta área. Xusto ao longo da costa nordés de Creta, o mar alcanza unha profundidade máxima próxima aos 3.294 m. [Cómpre referencia] Outras fontes (mapas) mostran unha profundidade máxima de 2.591 m..

Míconos

Míconos (en grego: Μύκονος) é unha illa de Grecia pertencente ás Cícladas, situada entre Tinos (ao noroeste), Siros (ao oeste), Paros (ao sueste) e Naxos (ao sur). Ten unha superficie de 86 Km² e unha altitude máxima de 364 m. A illa ten un chan maioritariamente granítico e unha importante escaseza de auga que fai imprescindible a súa obtención mediante desalación. Conta con 6.200 habitantes. A poboación principal é Miconos (Chora), situada na parte occidental da illa.

Naxos

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.

A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.

Paros

Paros (grego Πάρος, latín Parus) é unha pequena illa grega situada no mar Exeo, ao sur de Delos e ao oeste de Naxos, da que está separada por unha canle. Pertencente ao conxunto das Cícladas, é a terceira en tamaño con 207 Km² de extensión e 118 km de praias. É unha illa sen apenas vexetación, montañosa e con grandes extensións chairas aptas para o cultivo. Posúe dous grandes golfos naturais, o de Naussa e o de Parikia. Ten unha poboación de 15.000 habitantes, coñecidos polo xentilicio de parios.

Quíos

Quíos (grego: Χίος, turco: Sakız Adası traducións alternativas Quío, Khios, Chiou, Chíos ou Híos) é a quinta illa grega máis grande, situada no Mar Exeo está separada polo estreito de Cesme a sete quilómetros da costa de Anatolia en Turquía. Quíos é famosa polas súas exportacións de goma de masilla, as olivas, os figos e o viño. O seu alcume é A illa da masilla. É un coñecido punto turístico pola súa historia, paisaxes e bo clima. As atraccións turísticas inclúen os seus pobos medievais e o mosteiro de Nea Moni do século XI, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Administrativamente, a illa forma un municipio independente dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da periferia do Exeo Setentrional. A cidade principal da illa e sede do concello é a cidade de Quíos. Os residentes locais refírense á cidade de Quíos como "Chora" ("Χώρα" significa literalmente, terra ou país, pero polo xeral refírese á capital ou asentamento no punto máis alto dunha illa grega).

Ten unha superficie de 910 km², incluíndo illotes, con 51.930 habitantes (2011).

Samotracia

Samotracia (en grego, Σαμοθράκη ou Samothraki) é unha illa de Grecia no norte do mar Exeo. Sitúase no distrito de Evros, na provincia de Macedonia Oriental e Tracia. Está uns poucos quilómetros ao oeste da fronteira marítima entre Grecia e Turquía. A extensión da illa é 178 quilómetros cadrados, e a súa poboación de aproximadamente 2.800 habitantes. Depende da pesca e o turismo.

O nome da illa é coñecido pola escultura chamada Vitoria de Samotracia que se atopa no museo do Louvre.

Thasos

Thasos (grego, Θάσος) é unha illa grega situada na parte máis setentrional do mar Exeo próxima á costa tracia en cuxa colonización participou o poeta Arquíloco como mercenario. Estivo habitada por tracios, e os gregos fundaron unha cidade na parte setentrional da illa e próxima á costa.

Os colonos proviñan das illa de Paros, aburados pola pobreza e mandados por Telesicles, pai do poeta lírico Arquiloco. A fundación foi cara ao 680 a.C.

De forma redondeada, cunha superficie de 398 km², está a 8 km da costa tracia. Atravesada de sueste a noroeste por unha cordilleira, con 5 alturas por encima dos 1.000 metros. O seu punto máis elevado é o monte antigamente coñecido com Ipsario, de 1.028 m..

A capital actual é Limina. A cidade de Thasos estaba situada ao norte da illa, e tiña dous portos.

É parte da rexión de Macedonia e do nomos de Kavala.

Tinos

Tinos (en grego: Τήνος) é unha illa grega no mar Exeo. É parte das Cícladas entre Andros e Delos. A súa superficie é duns 350 km². Ten unha poboación ao redor de 8.000 habitantes e unha densidade de 40 a 50 hab./km².

De 1207 a 1715 era un protectorado Veneciano antes de estar baixo dominación do imperio otomán ata 1821 cando integro o novo estado de Grecia.

A antiga cidade de Tinos atopábase ao suroeste da illa o lugar onde hoxe esta Aios Nikólaos, a capital actual. Nos seus arredores atopábase un templo dedicado a Poseidón, situado nunha cova, no que se celebraban festivais aos que asistían case todos os habitantes da illa. Poseidón aparece nas moedas de Tinos. Outra cidade da illa foi Eríston, no interior, onde agora está o pobo de Komi. Unha curiosidade de Tenos era unha fonte de auga da que non se podía mesturar co viño, que era e é o produto principal da illa, onde destaca a malvasía, orixinalmente xurdido en Monemvasia , no Peloponeso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.