Illas de Galicia

Esta é unha lista coas illas de Galicia.

Illa de arousa01
Illa de Arousa vista dende A Curota (A Pobra do Caramiñal).

Lista das illas

Illa Provincia Concello Extensión (ha)
Arousa Pontevedra Illa de Arousa 632
Cíes Pontevedra Vigo 434
Ons Pontevedra Bueu 414
Sálvora A Coruña Ribeira 188
A Toxa Pontevedra O Grove 110
Sisargas A Coruña Malpica de Bergantiños 68
Cortegada Pontevedra Vilagarcía de Arousa 54
Onza Pontevedra Bueu 32
Tambo Pontevedra Poio 28
Estelas Pontevedra Nigrán 19
Coelleira Lugo O Vicedo 16
Tourís Novo Pontevedra O Grove 15
San Pedro A Coruña A Coruña 15
Sagres A Coruña Ribeira 13,5
Vionta A Coruña Ribeira 11,5
Toralla Pontevedra Vigo 10,6
Marma Pontevedra Sanxenxo 10
A Toxa Pequena Pontevedra O Grove 10
Ansarón Lugo Xove 10
Guidoiro Areoso Pontevedra Illa de Arousa 9
A Creba A Coruña Muros 7,5
Lobeiras A Coruña Carnota 7
Centoleiras A Coruña Ribeira 6,5
Beiro Pontevedra Cambados 6
Farallóns Lugo Cervo 6
Guidoiro Pedregoso Pontevedra Illa de Arousa 5,6
Malveiras Pontevedra Vilagarcía de Arousa 5,5
Os Forcados A Coruña Carnota 5
Santa Comba A Coruña Ferrol 5
Noro A Coruña Ribeira 4
Briñas Pontevedra Vilagarcía de Arousa 4
A Rúa A Coruña Ribeira 4
San Simón Pontevedra Redondela 3
Area Lugo Viveiro 3
Pombeiro Pontevedra O Grove 2
Santa Cruz A Coruña Oleiros 1,9
Penedo da Ínsua Lugo Ribadeo 1,9
Illa Herbosa A Coruña Ribeira 1,6
San Clemente Pontevedra Marín 1,4
San Vicente A Coruña Ortigueira 1,3
San Antón (Redondela) Pontevedra Redondela 1,2
San Antón (A Coruña) A Coruña A Coruña 1,1
Pancha Lugo Ribadeo 1,1
Gavoteira A Coruña Ribeira 1,1

     Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia [1]

Notas

  1. "Lei 15/2002" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de decembro de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2011.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Illa de Arousa

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2015 tiña 4956 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana.

Illa

Unha illa ou insua é unha extensión de terra rodeada de auga por todas partes, tanto sexa nun mar, nun lago ou mesmo nun río.

Illa Guidoiro Areoso

A Illa do Guidoiro Areoso é un illote galego situado no interior da Ría de Arousa a 1,4 quilómetros ao oeste da Illa de Arousa, illa e concello da Provincia de Pontevedra, á que pertence. É o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Os Guidoiros (O Areoso e O Pedregoso) a pesar de que apenas ten 600 m de longo de norte a sur por 200 m no seu punto máis largo e só acada 9 m sobre o nivel do mar no seu punto máis alto.

É un illote de case 9 hectáreas, baixo e constituído case completamente de area. A metade norte está ocupada por unha duna activa, mentres que na sur se mesturan afloramentos graníticos cunha duna vexetada. Toda a illa está rodeada de arrecifes á flor de auga, ata naquelas partes con máis presenza de area emerxida.

Illa Pancha

A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Rúa

A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence.

É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.

É unha bonita illa para visitar, onde atoparemos moitas gaivotas, e un pozo de auga, sendo unha das poucas illas co súa propia subministración de auga.

Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Cortegada

A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.

É case unha illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.

Illa de Noro

A Illa de Noro (Illa de Ñoro) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao leste da

Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. É unha mole de 4 hectáreas de superficie conformada por bolos graníticos que se elevan ata os 42 metros de altitude, polo que a illa ten unha destacada forma de peñón resquebraxado. A parte sur é chaira e cuberta de pradería, e na norte álzase o peñón. É lugar de nidificación tanto de aves mariñas como terrestres. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa de Pombeiro

A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.

Illa de San Clemente

A Illa de San Clemente (Illa de San Clemente, Illa de San Cremenzo, Illa do Santo do Mar) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada no litoral do sur do concello de Marín.

Illa de San Martiño, O Vicedo

A illa (ou insua) de San Martiño sitúase na foz do río Sor, na ría do Barqueiro. Pertence á parroquia de Negradas, no concello do Vicedo.

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Illa de Tambo

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0´28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.

Illa de Vionta

A Illa de Vionta (A Vionta) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a un quilómetro e medio desa illa. É alongada e baixa, conformándose como unha das illas máis senlleiras de Galicia debido á gran praia que se forma en toda a metade Sur do seu pequeno territorio insular (11,5 hectáreas). Esta praia achega areas que cobren case toda a illa, agás a súa parte norte, que é rochosa, creando dunas que superan os 10 metros de altura. Na illa cría un importante número de aves mariñas. Abundan as ratas e as lagartas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Farallóns

As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como "Trileucos" no século II a. C. polos gregos.

Illas Lobeiras

As Illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

Illas de Galicia

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.