Illas Sisargas

As illas Sisargas son un arquipélago galego sito no océano Atlántico en fronte a Malpica en plena Costa da Morte formado por tres illas, Sisarga Grande, Sisarga Chica e Malante, que pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande -a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro-, a illa Sisarga Chica -a máis próxima á costa- e a illa Malante, situada entre as dúas.

Coordenadas: 43°21′33″N 8°50′17″O / 43.35903, -8.83808

Illas Sisargas
Illas Sisargas
Illas Sisargas.
Illas Sisargas en A Coruña

Illas Sisargas
Illas Sisargas
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGalicia Galicia
ProvinciaA Coruña
ArquipélagoIllas Sisargas
MarAtlántico
Coordenadas43°21′33.111″N 8°50′30.345″O / 43.35919750, -8.84176250
Xeografía
Superficie0,8 km²
Longura máxima1,6 km
Largura máxima1,1 km
Perímetro5,4 km
Punto máis alto92 msnm, Sisarga Grande
Distancia a terra0,75 km
Demografía
CapitalMalpica de Bergantiños
Poboación0
Densidade0 hab./km²

Xeografía

Illas Sisargas, Malpica de Bergantiños, Galiza
Illas Sisargas, Malpica de Bergantiños.

Están situadas preto da costa, con 750 m de distancia entre a illa Sisarga Chica e o cabo de Santo Hadrián. Están a 3 km da vila de Malpica e a uns 35 km ao oeste da cidade da Coruña. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xiradoː a illa Sisarga Grande é a máis occidental e setentrional, Malante ocupa a posición central e angular, e a illa Sisarga Chica -tamén denominada Atalaxeiro- ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (Canal de Estádiga entre as dúas primeiras; Canal de Esteirón, entre a Malante e a Chica). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 92 m sobre o nivel do mar.

Fauna

A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), garrucho (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

Toponimia

O padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, propuxo a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen cara ao ano 60 a. C., chegou á Gallaecia, e someteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría coas súas naves, polo que se someterían decontado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, develando o estadio lingüístico actual a influencia seseante.

En relación con isto, Rodríguez Bordallo e Ríos Graña sosteñen que aquí estivo localizado un dos grupos das Aras Sestianas, en concreto os citados por Tolomeo como "Sestíou bomoí": "tres altares de Sestíos".

Con todo, o máis coherente e aceptado hoxe en día, é que proveñan dunha raíz hidronímica indoeuropea *eis- 'fluir', en grao cero *is-, dunha forma *Illas Isargas (de *Insulas Isáricas)[Cómpre referencia]. O S- non sería máis que a deglutinación do -s final de Illas. Da mesma produtiva raíz veñen tamén o nome do río Ézaro (de *Ísarus) e moitos outros hidrónimos galegos e europeos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das illas Sisargas.
Santo Hadrian coas sisargas

Santo Hadrián e as Illas Sisargas.

Illas Sisargas

Illas Sisargas.

Ilhas Sisargas
Faro de Illa Sisarga - panoramio

Faro.

Sisargas - panoramio (2)
Manifiesto de la canal que media entre la Ysla Sisarga y la costa, su dimensión, sonda y bajos LOC 91683635

Mapa americano de principios do século XVIII da canle entre as illas e a costa.

Lugares e parroquias

Parroquias de Malpica de Bergantiños

Véxase tamén

Bibliografía

  • Otero Pedrayo, Ramón, Guía de Galicia. Galaxia. Vigo. 1954.
  • Rodríguez Bordallo, Ramón e Ríos Graña, Ana María, El simbolismo, la localización y el número de las Aras Sestianas, in Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto. I volumen. Xunta de Galicia. Santiago. 1984
  • Sarmiento, Martín, Onomástico etimológico de la Lengua Gallega, 1757. Edic. de J. L. Pensado Tomé, vol.I. Salamanca. 1998.

Outros artigos

Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame poético organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños e a Editorial Caldeirón desde o ano 2006. Conta cunha dotación de mil euros á mellor obra inédita presentada en lingua galega; é o referente da poesía erótica en Galiza.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Faro das Illas Sisargas

O faro das Illas Sisargas atópase na Illa Grande, nas Illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte. Depende da Autoridade Portuaria da Coruña.

Galería de imaxes de Malpica de Bergantiños

Galería de imaxes do concello de Malpica de Bergantiños na provincia da Coruña.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte.

Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «malpicán».

O'Bahía

O O'Bahía foi unha embarcación cerqueira galega que afundiu nas costas das Illas Sisargas o 2 de xuño de 2004. O accidente produciuse a unhas catro millas ao suroeste das Illas Sisargas, na Costa da Morte, cando o barco volvía de recollida logo de faenar ao bocarte nas costas de Euskadi. A situación climatolóxica era moi mala.

Segundo o informe oficial emitido polo Ministerio de Fomento, a causa foi

Faleceron todos os seus dez tripulantes, de Cesantes, Redondela, Nigrán, de Chapela e de Cangas. Só se atoparon os corpos de seis.

Razo, Carballo

San Martiño de Razo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños, o cal ocupa un pequeno val á beira do mar. Segundo o IGE en 2013 tiña 812 habitantes (422 mulleres e 390 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 887 habitantes, aínda que os turistas, atraídos pola coñecida praia e polo surf, multiplican a súa veciñanza durante a tempada estival. Estes ocupan moitas das novas construcións situadas preto do areal que se estende ata Baldaio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.