Illas Ryukyu

As Illas Ryukyu (琉球諸島 Ryūkyū-shotō),[1] coñecidas en xaponés como Illas Nansei (南西諸島 Nansei-shotō, lit. "Illas do sueste") e tamén coñecidas como Arco Ryukyu (琉球弧 Ryūkyū-ko), son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyūshū ata Taiwán. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.

Coordenadas: 26°30′N 128°0′L / 26.500, -128.000

Illas Ryukyu
琉球列島
Ryukyu orthographic
EstadoFlag of Japan.svg Xapón
Forma de gobernoOkinawa
Prefectura de Kagoshima
Gobernador
Keiichi Inamine
SuperficiePosto 3º
 • Total4.642,11 km² km²
 • Total1 550 161 (2005) hab.
 • Densidaden/d
Código ISOn/d

Historia

Jp ryukyu1950
Proposta de bandeira nacional do goberno de Ryukyu de 1950

Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente a Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a Segunda Guerra Mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente de acordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.

Notas

  1. Tsuneyoshi, Ukita (1993). Nihon-dai-chizuchō (Grand Atlas Japan). Heibonsha. ISBN 4-582-43402-9.

Véxase tmaén

Outros artigos

Arquipélago xaponés

O Arquipélago xaponés (日本列島, Nihon Rettō) é un grupo de 6.852 illas qur forman o Xapón. Esténdese sobre 3000 km. desde o Mar de Okhotsk ao nordés ata o Mar de Filipinas ao sur ao longo da costa nororiental do continente de Eurasia. Está formado por illas desde o arco das illa de Sakhalin, o arco nordés do Xapón ata as illas Ryukyu e as Illas Nanpō.

O termo "Home Islands" foi usado ao final da Segunda Guerra Mundial para definir a área de Xapón á que se restrinxiría a súa soberanía e ao dominio constitucional do Emperador do Xapón. O término tamén é usado habitualmente hoxe para distinguir o arquipélago das colonias do Xapón e outros territorios na primeira metade do século XX.

Chega de Bois

A chega de touros, designada loita de touros na Terra Fría Trasmontana ou coñecida coma chega de bois na Terra Quente Trasmontana en Portugal e tamén en Galicia, consiste no enfrontamento entre dous touros para determinar cal deles é o máis forte. De orixes ancestrais, as chegas de touros foron impulsadas nas últimas décadas como incentivo á cría das razas autóctonas de vacún, principalmente as razas mirandesa e barrosã.

Este espectáculo é unha parte importante na actividade dos criadores de gando vacún da Terra Quente de Trasmontana. Anualmente na época de verán celebrase o Campeonato Nacional de Chega de Bois da Raça Barrosã en Montalegre e o Campeonato Nacional de Chega de Touros da Raça Mirandesa en Vinhais.

En Galicia celebráronse chegas de bois no concello ourensán de Muíños, porén despois de facer fronte a varias sancións nos últimos anos de distintas administracións e a pesar de que no ano 2007 a fiscalía de Ourense arquivou a denuncia presentada por un grupo de ecoloxistas o ano anterior, o concello decidiu suspender a chega definitivamente. Celebrouse no ano 2006 a última chega de bois en Muíños.

O Tōgyū (闘牛), que xurdíu no Xapón ou o Combat de reines, tradicional do cantón de Valais en Suíza, son eventos similares á chega de bois nos que se enfrontan bóvidos do mesmo xeito que se dá na loita de touros.

Chinés clásico

O chinés clásico, tamén chamado chinés literario é a lingua da literatura clásica dende das primaveras e outonos até o fin da dinastía Han, unha forma escrita do chinés antigo. O chinés clásico é un estilo tradicional de escrita chinesa que evolucionou dende a lingua clásica, diferenciándoo das formas modernas de chinés. O chinés literario foi empregado en practicamente tódalos escritos formais da China até comezos do século XX, e tamén, durante varios períodos, no Xapón, en Corea e en Vietnam. Entre os falantes chineses, o chinés clásico foi substituído pola escrita vernácula chinesa, un estilo de escrita que é semellante ó mandarín falado.

O chinés literario é coñecido como kanbun (漢文) en xaponés, hanmun en coreano e cổ văn (古文) ou văn ngôn (文言) en vietnamita.

Imperio do Xapón

O Imperio do Xapón (大日本帝国, Dai-Nippon/-Nihon Teikoku) refírese comunmente a Xapón desde a Restauración Meiji en 1868, pero non foi oficial ata 1895 cando comezaron as guerras chino-xaponesa e ruso-xaponesa ata a fin da Segunda Guerra Mundial e a nova constitución do Xapón de 1947.

Lingua xaponesa

O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo 日本語.

O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji. O rōmaji refírese ao uso do alfabeto latino (para transliteracións). Xa a escrita común xaponesa mestura os tres outros sistemas: o katakana e o hiragana son silabarios, e o kanji é unha adaptación dos logogramas da escrita chinesa.

É unha lingua aglutinante e caracterízase por un sistema complexo de construcións honoríficas, que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabularios particulares que varían de acordo co status relativo entre interlocutores. O repertorio de fonemas da lingua xaponesa é relativamente pequeno, e ten diferenciación léxica baseada nun sistema de entoación.

A lingua xaponesa sufriu influencia importante da lingua chinesa por un mínimo de 1.500 anos. Moito do vocabulario importouse da lingua chinesa ou foi creado baseándose en modelos chineses.

Linguas ryukyuanas

As linguas ryukyuanas (琉球語派, Ryūkyū-goha) son as linguas indíxenas das illas Ryukyu faladas polo pobo ryukyu, que se atopan na zona máis meridional do arquipélago xaponés. Xunto coa lingua xaponesa, conforman a familia de linguas xapónicas. Malia que as linguas ryukyuanas foron consideradas dialectos do xaponés, non son mutuamente intelixíbles co xaponés ou mesmo entre elas. Non se coñece cantos falantes hai destas linguas, mais a substitución cara ó uso do xaponés estándar e dialectos como o xaponés de Okinawa fixeron que estas linguas estean en perigo; a UNESCO identifica catro destas linguas "definitivamente en perigo", e dúas outras "gravemente en perigo".

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mauremys mutica

A Mauremys mutica é unha especie de tartaruga de tamaño medio (arredor de 19,5 cm), e semiacuática da familia Geoemydidae. Esta especie ten unha característica franxa amarela ancha que se estende detrás do ollo e no pescozo; a súa cuncha varía de cor dende o marrón a marrón agrisado e o plastrón é amarelo ou laranxa con manchas negras ó longo dos bordos exteriores. Habita en Asia, e o seu hábitat esténdese polo Vietnam central cara ó norte pasando polas provincias do sur e o centro da China. Ademais, existen poboacións insulares en Taiwán, Hainan, nas illas Ryukyu e o Xapón. Crese que as poboacións xaponesas poden ser debidas a introducións da especie dende Taiwán.

Mitsubishi Ki-67

O Mitsubishi Ki-67 Hiryu (飛龍, dragón voador) foi un bombardeiro peado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Foi deseñado en 1941 para substituír ao Ki-49 e voou por primeira vez en decembro de 1942. Foi o mellor bombardeiro pesado do Exercito Imperial do Xapón, pero só estivo en servizo os últimos 11 meses de guerra, entregándose 698 exemplares. Os aliados alcumárono "Peggy".

Oceanía

Oceanía ( pronunciación ) é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australia, as grandes illas de Papúa-Nova Guinea e Nova Zelandia, así como por unha cantidade enorme de illas máis pequenas, normalmente coralinas e volcánicas, distribuídas polo océano Pacífico.

Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia) e ó leste con América. Ó norte co océano Glaciar Ártico e ó sur coa Antártida.

Okinawa Honto

A Illa de Okinawa (沖縄本島 Okinawa-hontō) é a maior das illas Ryūkyū cunha superficie de 1201´03 km², onde se sitúa a cidade de Naha, capital da prefectura de Okinawa. Na illa localízanse as ruínas de seis Gusuku, fortalezas típicas da cultura de Okinawa, que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Peixe mandarín

O peixe mandarín, de nome científico Synchiropus splendidus, é un pequeno peixe de cores brillantes pertencente á familia dos calinonímidos, que é moi popular nos acuarios de auga salgada. O peixe mandarín é oriúndo do océano Pacífico, habitando aproximadamente dende as Illas Ryukyu até o sur de Australia.

Pobo ryukyu

O pobo ryukyu ou pobo lewchewan (琉球民族, Ryūkyū minzoku, ryukyu: Ruuchuu minzuku) son os poboadores indíxenas das Illas Ryukyu, arquipélago situado entre Kyūshū e Taiwán. Os subgrupos do pobo ryukyu son os Amami, os de Okinawa, os Miyako, os Yaeyama, e os Yonaguni. Xeográficamente, viven nas rexións de Okinawa e Kagoshima. A súas linguas, como a Uchinaaguchi, comprenden as familia de linguas ryukyu, unha das dúas pólas nas que se divide a familia de linguas xaponesas. A outra póla é a que forman o xaponés e os seus dialectos.

Reino de Ryukyu

O Reino de Ryukyu (en xaponés: 琉球王国, Ryūkyū Ōkoku, en okinawano: 琉球國 Ruuchuu-kuku) foi un reino independente que existiu entre os séculos XV e XIX e exerceu soberanía nas illas Ryukyu. Os reis de Ryukyu unificaron a illa de Okinawa e estenderon o seu reino nas illas Amami, na actual prefectura de Kagoshima, e nas illas Sakishima, preto de Taiwán. Malia o seu pequeno tamaño, o reino xogou un papel central nas redes comerciais marítimas no Oriente e Sueste asiático medieval.

Rexións do Xapón

As rexións do Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:

Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade.

Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshu. Sendai é a principal cidade.

Kanto - No leste da illa de Honshu. Toquio e Iocoama son as principais cidades.

Rexión de Chūbu - No centro de Honshu. Nagoia é a principal cidade.

Rexión de Kinki - No sur de Honshu. Osaca, Kobe e Quioto son as principais cidades.

Rexión de Chūgoku - No extremo oeste do sur de Honshu. Hiroxima é a principal cidade.

Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade.

Kyūshū - Composta pola illa de Kyūshū e polas illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.

Ryukyu

As Illas Ryukyu son un arquipélago volcánico.

Ryukyu tamén pode facer referencia a:

Reino de Ryukyu, un antigo reino anexionado polo Imperio Xaponés

Linguas ryukyuanas

Pobo ryukyu

Xapón

O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".

O país nipón é un arquipélago estratovolcánico composto por 6 852 illas. As catro máis grandes e principais illas son Honshu, Hokkaido, Kyūshū e Shikoku, que en conxunto constitúen aproximadamente o 97% da superficie terrestre nacional. O Xapón é ademais o décimo país máis poboado do mundo, con máis de 127 millóns de habitantes. Na súa capital Toquio residen máis de 9 millóns de persoas, sendo a sexta cidade con maior poboación do mundo, e a súa área metropolitana é a concentración urbana máis grande do mundo con máis de 36 millóns de habitantes.Investigacións arqueolóxicas indican que as illas estaban habitadas xa no Paleolítico superior, aínda que non hai ningunha referencia escrita que fale do Xapón até o século I. A historia do Xapón caracterízase pola influencia doutras rexións, principalmente a China e posteriormente a Europa occidental. Dende o século XII até o ano 1868 o Xapón foi gobernado por sucesivas ditaduras militares feudais (shogunatos) en nome do emperador. Este longo período de illamento no que estaba somerxido non terminou até o ano 1853 cando unha frota dos Estados Unidos exerceu a presión para forzar a apertura do país a Occidente. Logo de case dúas décadas de conflito interno e insurrección, o emperador Meiji foi restituído como xefe de Estado en 1868. Este proclamou o Imperio do Xapón e converteuse no símbolo divino da nación. A finais do século XIX e comezos do XX, unha serie de vitorias na primeira guerra sino-xaponesa, na guerra ruso-xaponesa e na primeira guerra mundial permitiron ampliar o territorio do Imperio durante un período de crecente militarismo. A segunda guerra sino-xaponesa de 1937 espallouse ata formar parte da segunda guerra mundial no 1941, rematando no 1945 tralo bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Dende a adopción da Constitución revisada de 1947, o Xapón mantén unha monarquía constitucional unitaria, cun emperador (Tennō) e un parlamento democrático chamado Kokkai, no sistema coñecido como Dieta do Xapón.

Xapón é membro das Nacións Unidas, do G7, do G8 e do G20, e está considerado unha das principais potencias mundiais. No 2015 era o terceiro país do mundo por PIB nominal e o cuarto por PIB de paridade de poder adquisitivo, así como o cuarto maior exportador e importador mundial. Aínda que o Xapón renunciou oficialmente ao seu dereito a declarar a guerra, mantén unha forza militar moderna usada para funcións de autodefensa e mantemento da paz, cuns dos maiores orzamentos mundiais. É un país desenvolvido cun alto nivel de vida e un Índice de Desenvolvemento Humano alto, coa maior esperanza de vida e a terceira menor mortalidade infantil do mundo, na primeira posición en canto a número de premiados co Nobel de Asia. É o primeiro país no Global Competitiveness Report de 2015-2016 e o primeiro país asiático no Índice Global de Paz. Foi tamén o primeiro país de Asia anfitrión duns Xogos Olímpicos de verán e inverno.

Yonaguni

Yonaguni (en xaponés: 与那国島 (よなぐにじま/Yonaguni-jima)), que fica nas Illas Ryukyu, é a illa máis occidental do Xapón. Ten unha área de 28.88 km² e unha poboación de 1.745 habitantes. Yonaguni é famoso polas ruínas submarinas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.