Illas Ons

Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

Coordenadas: 42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333

Illas Ons
Isla de Ons NWW
Imaxe das illas Ons dende o espazo.
Mapa das Illas Ons
Illas Ons
Situación
PaísGalicia Galiza
ProvinciaFlag Pontevedra Province.svg Pontevedra
ArquipélagoIllas Ons
MarAtlántico
Coordenadas42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333
Xeografía
Superficie4,458 km²
Longura máxima6,0 km (N-S)
Largura máxima1,5 km (L-O)
Punto máis alto128 msnm, Alto do Cucorno
Distancia a terra3,8 km
Demografía
CapitalBueu
Poboación80 (2010)

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego.[1][2] O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra.[1] A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.[1]

Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce.[3] Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba.[4][5] Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe.[6] As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.[4][5]

O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marexada, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas.[2] Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Xeografía

O arquipélago das illas Ons está formado por dúas grandes illas e varios illotes:

  • Illa de Ons, de 5,5 km de lonxitude e 800 metros de largura.
  • Illa de Onza, de 32 hectáreas con forma rectangular.
  • A Freitosa, o maior illote, moi preto da costa suroeste da illa.
  • A Freitosa de Terra, illote xemelgo da Freitosa.
  • O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma. Trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
  • O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. É un farallón rochoso cunha característica forma de dente canino como indica o seu nome.
  • A Laxe do Abade, preto do peirao. Ten valor histórico por posuír no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
  • A Pedra do Fedorento, ao sur do arquipélago.
  • Illa do Xuvenco, ao norte do arquipélago.
  • O Con dos Galos e outros de menor tamaño e importancia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da illa de Ons.
Illa de Ons e de Onza. Galicia (Spain)

Illas Ons.

Illa de Ons Curro 7

Peirao de Ons

Illa de Ons Curro 16

O Curro

Illa de Ons Curro Centro de visitantes 2

Centro de visitantes da Illa de Ons.

Illa de Ons Curro San Xaquincinho da Illa 1

Igrexa de San Xaquinciño da Illa.

Illa de Ons Canexol a Pereiró 14

Horreo en Canexol.

Illa de Ons Canexol a Pereiró 15

Hórreo en Canexol, coa capela de San Xaquín atrás súa.

Illa de Ons Punta do Castelo 8

Praia de Melide vista dende a punta do Castelo.

Illa de Ons Espaduada e Illa de Onza 4

Illa de Onza vista desde o monte da Espaduada e Fedorentos.

Illa de Ons Enseada de Fedorentos 3

Enseada de Fedorentos e Punta do Rabo da Egua.

Illa de Ons Buraco do Inferno 4

Buraco do Inferno.

Illa de Ons Enseada das Caniveliñas 3

Enseada das Caniveliñas.

Illa de Ons Faro 5

Faro de Ons.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Ballesteros-Arias, Paula; Sánchez-Carretero, Cristina (12/9/2014). Ons: unha illa habitada. ISBN 978-84-616-8787-9.
  2. 2,0 2,1 Ana Vilas Paz (Medio marino), Beatriz Gamallo Liste (Vegetación), Jesús Framil Barreiro (Fauna), José Antonio Fernández Bouzas (Gestión), Katya Sanz Ochoa (UP y Visita al PN; El entorno del PN), Marta Lois Silva (Aproximación al PN, Medio Físico), Mónica Toubes Porto (Historia y etnografía), Vicente Piorno González (Gestión) (2014). Organismo Autónomo Parques Nacionales Catálogo de publicaciones de la Administración General del Estado, eds. Guía de visita Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (PDF). ISBN 978-84-8014-867-2.
  3. Ballesteros-Arias, Paula; Seoane-Veiga, Yolanda (5/2012). Asociación Cultural-Gastronómica Pineirons, eds. "Gravados rupestres na Illa de Ons". Revista Aunios 60: 57–60.
  4. 4,0 4,1 Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "Historia de las islas Atlánticas" (PDF).
  5. 5,0 5,1 J.M.Reyero. Ministerio para la Transición Ecológica, eds. "Islas Atlánticas de Galicia: Historia".
  6. "Ballesteros-Arias, Paula (5/2008). ""O xacementos romano do Cantil de Canexol (Illa de Ons, Bueu). O esquecemento do recurso mariño". Aunios (13).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Amargas han sido las horas

Amargas han sido las horas. Las aventuras del pirata Edgar Allan Poe é unha novela de aventuras en lingua castelá, escrita por Alberto Fortes e publicada en 1992 por Editorial Novo Século.

Bueu

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016), unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.

Castro da Lanzada

O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C.

Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada.

O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Ermida da Nosa Señora da Lanzada

A ermida da Nosa Señora da Lanzada é unha pequena capela situada na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, construída no século XII en estilo románico tardío. Aséntase sobre o extremo máis occidental dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada e á beira do castro da Lanzada.

Estirpe

Estirpe é un libro de poesía escrito por Xosé Luís Méndez Ferrín en lingua galega, e publicado por Edicións Xerais en 1994 acompañado de debuxos de Gonzalo Araúxo. Gañou o Premio da Crítica de poesía galega en 1994 e mailo Premio Losada Diéguez de creación poética de 1995.

Galería de imaxes da illa de Ons

A illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. Pertence ó concello de Bueu.

Galería de imaxes de illas de Galicia

Galería de imaxes de illas de Galicia.

Illa de Ons

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.

Ons conforma, xunto coas Cíes, Sálvora e Cortegada, o primeiro Parque Nacional de Galiza. Cabe destacar a súa arquitectura popular mariñeira e a súa gastronomía.[Cómpre referencia]

Illa de Onza

A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.

Monte da Curota

A Curota é un monte de 512 m de altitude situado no suroeste da serra do Barbanza, no concello de Ribeira. Ás veces chámaselle A Curotiña, inda que esa denominación non é a máis empregada nin tradicional.

Naufraxios de pesqueiros galegos

Ao longo do tempo producíronse numerosos naufraxios de pesqueiros onde se viron implicados buques e tripulacións galegas. Nesta lista aparecen algúns dos acontecidos desde mediados do século XX, dos que existe maior documentación.

Ons

O topónimo Ons pode facer referencia a:

As Illas Ons, arquipélago situado á saída da ría de Pontevedra;

A Illa de Ons, illa principal do arquipélago;

A Illa de Ons, parroquia do concello de Bueu, á que pertencen ditas illas;

Ons, lugar de dita parroquia;

Ons, parroquia do concello de Brión;

Ons, lugar de dita parroquia;

Fonte de Ons, lugar da parroquia de Noalla no concello de Sanxenxo.

Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Pontecesures

Pontecesures é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo datos do IGE en 2015 tiña 3062 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurés».

Praia de Lapamán

A praia de Lapamán é un areal da beira sur da ría de Pontevedra, situado entre os concellos de Marín e Bueu. Ten 800 m de lonxitude, con area fina e branca.

Está situada entre a praia de Covelo (ao sur) e a praia da Coviña. Separada por unhas rochas, está unha parte da praia coñecida como Muíño Vello. Desde ela chégase á illa de San Clemente, e desde ela vese Sanxenxo, Portonovo e as illas Ons.

Accédese a ela a través dunhas escaleiras. Está situada á beira da estrada N-552. Serve de pista de aterraxe para usuarios de parapente que engalan en Chans, no alto da parroquia de Cela.

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

A Ruta do Mar de Arousa e Ulla ou Ruta Marítima Xacobea conmemora a chegada por mar do corpo do apóstolo Santiago a Galicia, logo do seu martirio en Xerusalén; ordenou Herodes Agripa I a súa decapitación no ano 44.

A antiga lenda xacobea, recollida nos textos medievais, relata que tralo martirio algúns discípulos de Santiago recolleron o seu corpo decapitado e trasladárono a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica ata Iria Flavia. A travesía fixérona na célebre "barca de pedra"; a tradición conta que foi no Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno, onde se amarrou a barca do Apóstolo logo da longa viaxe.

Os dous discípulos que acompañaron o corpo de Santiago ata Galicia, Teodoro e Atanasio, tiveron que andar espelidos para se enfrontar á obstinación da raíña Lupa e a furia dos lexionarios romanos acantoados na cidade de Dugium (preto de Fisterra). No carro de bois que portaba o corpo do Apóstolo, vencidos os perigos, seguiron o seu camiño ata soterraren os seus restos no monte Libredón (Santiago de Compostela).

A conmemoración anual da Translatio Xacobea a través da ría de Arousa, promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, celébrase a finais de xullo ou principios de agosto. Non se lle outorga ó peregrino a Compostela trala realización do percorrido, no canto obtense o Diploma Traslatio Xacobea.

Ría de Pontevedra

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.