Illas Farallóns

As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como "Trileucos" no século II a. C. polos gregos.

Farallóns
Trileucos
Farallóns en Lugo

Farallóns
Farallóns
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaLugo
MarMar Cantábrico
Coordenadas43°42′57.47″N 7°26′28.37″O / 43.7159639, -7.4412139Coordenadas: 43°42′57.47″N 7°26′28.37″O / 43.7159639, -7.4412139
Xeografía
Superficie0´06 km²
Demografía
Poboacióndeshabitadas

Xeografía

Está situado a unha milla en fronte da vila de San Cibrao (concello de Cervo). As tres illas (A Sombriaza, A Baixa e O Pé) que o conforman suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3'5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.

Historia

As illas son un tradicional punto de naufraxio de barcos: o vapor María del Carmen F, afundido en 1931; o cargueiro Castillo Moncada, que quedou sentado na canle que separa as illas en 1945, o pesqueiro Maryfran en 1957 e o cargueiro Carebeka VIII, afundido en 1982.

Na Illa dá Sombriza, na cova de "Xan Vello" garda "A Maruxaina" a súa morada, todos os segundos sábados de agosto celébrase a festa desta máxica lenda.

Véxase tamén

Bibliografía

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Carebeka VIII

O Carebeka VIII foi un cargueiro holandés afundido o 23 de decembro 1982 a unha milla do porto de San Cibrao, ao embicar nas Illas Farallóns. Construído en 1976, medía 81 metros de eslora, 14 de manga e rexistraba 3000 TRB.

Castillo Moncada

O Castillo Moncada foi un barco español afundido nas Illas Farallóns o 11 de marzo de 1945.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Pombeiro

A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Maruxaina

A Maruxaina é unha serea de cabelo louro, metade peixe, metade muller, que vive na cova de Xan Vello, nas illas Farallóns.

Maryfran

O Maryfran era un barco pesqueiro da Coruña afundido o 20 de setembro de 1957 nas illas Farallóns de San Cibrao.

María del Carmen F

O María del Carmen F foi un barco a vapor galego afundido nas illas Farallóns o 12 de marzo de 1931.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.