Illas Estelas

Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas.

As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]

Coordenadas: 42°08′58″N 08°51′26″O / 42.14944, -8.85722

Illas Estelas
As Estelas dende Monteferro, o fondo Cabo Silleiro.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 713.12 ha. (98 % de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Nigrán
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía e xeoloxía

O arquipélago está formado por dúas illas principais: a Estela de Dentro, de 29 metros de altitude e 9,6 hectáreas, e a Estela de Fóra con 20 metros de altitude e 7 hectáreas. Hai ademais un grupo de illotes chamados As Serralleiras, outros illotes menores e varios penedos. As dúas illas maiores son de aparencia achanzada

Fauna e flora

Flora

As illas están rodeadas de arrecife. As illas son de rochedos con cubertas de breixos do litoral. Teñen algúns arbustos e árbores baixas de bosques mixtos.[1]

Fauna

Nelas están presentes aves de interese como Sterna sandvicensis, Sterna hirundo, Chlidonias niger, e aves migratorias como Phalacrocorax carbo, Phalacrocorax carbo sinensis, a gaivota patiamarela Larus cachinnans.[1]

Arredor delas hai un banco marisqueiro.

Galería de imaxes

Illas Estelas desde Monteferro - Galiza

Illas Estelas desde Monteferro.

Unha das illas Estelas desde Monteferro - Galiza

Illas Estelas desde Monteferro.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Illas Estelas".
Galería de imaxes de Nigrán

Galería de imaxes do concello de Nigrán na provincia de Pontevedra.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Pombeiro

A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Monteferro, Panxón, Nigrán

Monteferro é un lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.

Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.