Illas Caimán

As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.

Historia

As illas descrubiunas Cristóbal Colón o 10 de maio de 1503 na súa cuarta e última viaxe a América. España cedeunas, xunto coa veciña Xamaica, a Gran Bretaña en 1670 baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata 1963 cando se separaron administrativamente.

Coordenadas: 19°30′N 80°30′O / 19.500, -80.500

Illas Caimán
Cayman Islands
Bandeira das Illas Caimán
Escudo das Illas Caimán
BandeiraEscudo
LocationCaymanIslands
Lema: He hath founded it upon the seas
(galego: Fundouno sobre os mares)
Himno: [["God Save the Queen" (oficial)

Himno local: "Beloved Isle Cayman"]]
Capital
 • Poboación
George Town
Cidade máis poboadaGeorge Town
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoDependencia do Reino Unido
Monarca
Gobernador
Primeiro ministro
Isabel II
Anwar Choudhury
Alden McLaughlin
Independencia de Xamaica1963
SuperficiePosto 216º
 • Total264 km²
 • % auga1,6%
Fronteiras0 km
PoboaciónPosto 212º
 • Total (2019)64 420[1] hab.
 • Densidade244 hab./km²
PIB (nominal)
MoedaDólar das Caimán
IDH0,790 (69º) – Alto
Fuso horarioUTC -5
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.KY
Prefixo telefónico+1-345
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOKY

Xeografía

As Illas Caimán localízanse na parte occidental do mar Caribe, a uns 240 quilómetros ao sur de Cuba e a uns 290 quilómetros ao noroeste de Xamaica. O arquipélago componse principalmente de tres illas: Gran Caimán, Caimán Brac, e Caimán Menor, sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197 km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36 km² e 26 km² respectivamente.

Non salientan accidentes xeográficos nas illas, a excepción do cantil "The Bluff" en Cayman Brac, que se eleva a máis de 40 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto da illa.

Cayman Islands-CIA WFB Map
Mapa das Illas Caimán

Demografía

En xullo de 2000 contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os caucásicos e os descendentes de africanos. A poboación considérase case exclusivamente cristiá, cunha gran porcentaxe de anglicanos e de prebisterianos.

A maior parte dos habitantes das illas reside na illa Gran Caimán, mentres que en Caimán Brac só viven uns 2.000 e en Caimán Menor uns 200. Aproximadamente un cuarto da poboación caimana abandonou o país debido á chegada do furacán Iván.

A capital e cidade máis poboada das illas é George Town, localizada na costa leste de Gran Caimán.

Economía

As Illas Caimán son un paraíso fiscal. Así, moitas empresas teñen a súa sede nas illas, aproveitando a non existencia de impostos directos. A outra actividade económica de importancia é o turismo debido ás paisaxes de súas praias. O nivel de vida de seus habitantes é un dos máis altos do Caribe.

Notas

  1. "The Economics and Statistics Office". Government of the Cayman Islands. Consultado o 3 de abril de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Amazona leucocephala

O Amazona leucocephala é unha especie de ave psitaciforme da familia dos papagaios (Psittacidae). É unha especie autóctona de Cuba e dalgunhas illas achegadas. Existen catro subespecies:

A. l. leucocephala presente en Cuba e a Illa da Juventud.

A. l. bahamensis con dúas poboacións nas Bahamas, unha en Ábaco e outra en Gran Inagua.

A. l. caymanensis presente en Gran Caimán.

A. l. hesterna presente en Caimán Brac, dentro das illas Caimán.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Aruba

Aruba é unha illa das Antillas Menores, a máis occidental do grupo de Sotavento a 25 km ao norte da península de Paraguaná, ao noroeste de Venezuela e ao sur do Mar Caribe, xusto ao oeste da illa de Curação. Formou parte das Antillas Neerlandesas, aínda que na actualidade forma parte do Reino dos Países Baixos de forma separada ás Antillas Neerlandesas. Obtivo a súa autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, o 1 de xaneiro de 1986.

A illa forma parte do Reino dos Países Baixos (Xunto ás Antillas Neerlandesas e os Países Baixos). Aruba e as Antillas Holandesas non forman parte da Unión Europea a semellanza doutros territorios de soberanía europea que comparten este status (como Groenlandia, (Dinamarca), Polinesia francesa, (Francia) e illas Caimán, (Reino Unido). Porén, existen outros territorios exteriores a Europa de soberanía de países da Unión Europea, que se son parte integrante desta (como a Güiana Francesa en Sudamérica).

Caimán Brac

Caimán Brac (en inglés Cayman Brac) é unha illa pertencente ao arquipélago das Illas Caimán situada a 143 km ao nordés da illa principal Gran Caimán sendo a mais oriental do grupo, posúe unha superficie aproximada de 36 km² e unha poboación estimada para 1999 de 1.822 habitantes.

Cristovo Colón chegou á illa e á súa irmá Caimán Menor nunha viaxe que realizaba entre a Illa A Española e Panamá, o bautízoas en 1503 como "Illas Tartarugas", polas tartarugas de terra que encontrou, sendo renomeadas por Sir Francis Drake quen arribou durante unha viaxe entre 1585-1586 o usou a palabra "Caymanas" posto que ese era o nome usado polos caribes para nomear a unha especie de crocodilos.

Caimán Menor

Caimán Menor (En inglés Little Cayman) é as mais pequena das Illas Caimán atópase ao nordés da illa mais grande Gran Caimán ten unha superficie aproximada de 26 km² e unha poblacion de menos de 170 persoas.

Gran parte da illa está a o nivel do mar, e é accesible a traves por aire a través da aeroliña local Cayman Airways e por mar desde Caimán Brac, ten algunhas tendas, restaurantes, o Aeroporto Edward Bodden Airfield, unha oficina postal, unha estación de bombeiros e unha igrexa.

O primeiro rexistro de visitas por parte de Europeos fíxoo o navegante Cristobal Colón que desviado polas forzas dos ventos da súa ruta arribo á illa o 10 de maio de 1503 e chamou o conxunto de illas "As tartarugas" que despois serian renomeadas coa súa denominación actual polos ingleses.

Capromys pilorides

Capromys pilorides é unha especie de roedor endémica de Cuba, aínda que se coñece unha subespecie extinta que viviu nas Illas Caimán. O seu peso rolda os 8,5 kg, e é a meirande especie existente de Capromyidae (os extintos Heptaxodontidae eran moito meirandes).

Cidade de Panamá

A cidade de Panamá (en español Panamá) é a capital administrativa e gobernativa do estado centroamericano de Panamá e a cidade máis importante do país, cunha poboación de máis de 800.000 habitantes, o que representa máis dun cuarto da poboación total de Panamá.

Está situada no sur do territorio, na provincia de Panamá, sobre a costa do Océano Pacífico e na entrada leste do Canal de Panamá. É o centro cultural, político e turístico da nación, e desde un punto de vista económico é, realmente, unha cidade de categoría mundial, pois é seguramente a capital financeira de Latinoamérica. Historicamente é tamén unha das máis antigas do continente de fundación europea, pois foi levantada en 1519.

Crioulo haitiano

O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; kɣejɔl ajisjɛ̃), adoito chamado simplemente Kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, república Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belize, Puerto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Dólar xamaicano

O dólar xamaicano (abreviado JMD) é a moeda de Xamaica desde 1969. A súa abreviatura é o signo do dólar $, ou, J$, JA$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é JMD. A unidade divídese en 100 cents.

O 30 de xaneiro de 1968, a Cámara de Representantes de Xamaica votou a favor da introdución do dólar, que substituiría á libra xamaicana. O novo dólar non foi usado só por Xamaica, senón tamén por Illas Caimán, antiga dependencia xamaicana, até maio de 1972. Nesa data, o territorio británico deixou de utilizar o dólar xamaicano e comezou a utilizar a súa propia moeda, o dólar das Illas Caimán.

Circulan moedas de 1, 10 e 25 céntimos e de 1, 5, 10 e 20 dólares, e billetes de 50, 100, 500 e 1.000 dólares, emitidos polo Banco de Xamaica (Bank of Jamaica).

George Town, Caimán

George Town é unha cidade situada na illa de Gran Caimán nas Illas Caimán. Ademais, é a Capital das Illas Caimán, nas Indias Occidentais Británicas. En 2007, a cidade tiña unha poboación de 28.836, polo que é a segunda cidade máis grande (pola poboación) de todos os Territorios Británicos de Ultramar.

George Town é o corazón industrial e financeiro das Illas Caimán, hai preto de 600 bancos e sociedades fiduciarias nas Illas Caimán. As oficinas do goberno das Illas Caimán atópanse na cidade.

Gran Caimán

Gran Caimán (Grand Cayman en inglés) é a maior das tres illas que formam as Illas Caimán, con 196 km² e localizada en 19°20′N 81°13′O. Gran Caimán alberga a maioría da poboación e da actividade económica deste territorio británico de ultramar. Nela atópase a capital, George Town

As principais actividades económicas son o turismo e a industria financeira internacional. Centenares de bancos, aseguradoras e administradores de fondos de investimentos teñen na illa o seu domicilio fiscal e sede, atraídos pola estrutura legal que permite a existencia dun paraíso fiscal que non penaliza as transaccións económicas con taxas e impostos como na maioría dos países.

ISO 3166-1

O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias.

É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet.

AD Andorra

AE Emiratos Árabes Unidos

AF Afganistán

AG Antiga e Barbuda

AI Anguila

AL Albania

AM Armenia

AN Antillas Neerlandesas

AO Angola

AQ Antártida

AR Arxentina

AS Samoa Americana

AT Austria

AU Australia

AW Aruba

AZ Acerbaixán

BA Bosnia e Hercegovina

BB Barbados

BD Bangladesh

BE Bélxica

BF Burkina Faso

BG Bulgaria

BH Bahrein

BI Burundi

BJ Benín

BM Bermudas

BN Brunei

BO Bolivia

BR Brasil

BS Bahamas

BT Bután

BV Illa Bouvet

BW Botswana

BY Belarús

BZ Belize

CA Canadá

CC Illas Cocos

CF República Centroafricana

CG República do Congo

CI Costa do Marfil

CK Illas Cook

CL Chile

CM Camerún

CN China

CO Columbia

CR Costa Rica

CU Cuba

CV Cabo Verde

CX Illa de Nadal

CY Chipre

CZ Chequia

DE Alemaña

DJ Djibuti

DK Dinamarca

DM Dominica

DO República Dominicana

DZ Alxeria

EC Ecuador

EE Estonia

EG Exipto

EH Sahara Occidental

ER Eritrea

ES España

ET Etiopía

FI Finlandia

FJ Fidxi

FK Illas Malvinas

FM Micronesia

FO Illas Feroe

FR Francia

GA Gabón

GB Reino Unido

GD Granada

GE Xeorxia

GF Güiana Francesa

GG Guernsey

GH Ghana

GI Xibraltar

GL Groenlandia

GM Gambia

GN Guinea

GP Guadalupe

GQ Guinea Ecuatorial

GR Grecia

GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

GT Guatemala

GU Guam

GW Guinea-Bissau

GY Güiana

HK Hong Kong

HM Illa Heard e Illas McDonald

HN Honduras

HR Croacia

HT Haití

HU Hungría

CH Suíza

ID Indonesia

IE Irlanda

IL Israel

IM Illa de Man

IN India

IO Territorio Británico do Océano Índico

IQ Iraq

IR Irán

IS Islandia

IT Italia

JE Jersey

JM Xamaica

JO Xordania

JP Xapón

KE Quenia

KG Kirguizistán

KH Camboxa

KI Quiribati

KM Comores

KN Saint Kitts e Nevis

KO Kosovo

KP Corea do Norte

KR Corea do Sur

KW Kuwait

KY Illas Caimán

KZ Casaquistán

LA Laos

LB Líbano

LC Santa Lucía

LI Liechtenstein

LK Sri Lanka

LR Liberia

LS Lesoto

LT Lituania

LU Luxemburgo

LV Letonia

LY Libia

MA Marrocos

MC Mónaco

MD Moldavia

ME Montenegro

MG Madagascar

MH Illas Marshall

MK Macedonia do Norte

ML Malí

MM Myanmar

MN Mongolia

MO Macau

MP Illas Marianas do Norte

MQ Martinica

MR Mauritania

MS Montserrat

MT Malta

MU Mauricio

MV Maldivas

MW Malaui

MX México

MY Malaisia

MZ Mozambique

NA Namibia

NC Nova Caledonia

NE Níxer

NF Illa Norfolk

NG Nixeria

NI Nicaragua

NL Países Baixos

NO Noruega

NP Nepal

NR Nauru

NU Niue

NZ Nova Zelandia

OM Omán

PA Panamá

PE Perú

PF Polinesia francesa

PG Papúa Nova Guinea

PH Filipinas

PK Paquistán

PL Polonia

PM Saint-Pierre-et-Miquelon

PN Illa de Pitcairn

PR Porto Rico

PT Portugal

PW Palau

PY Paraguai

QA Qatar

RE Reunión

RO Romanía

RS Serbia

RU Rusia

RW Ruanda

SA Arabia Saudita

SB Illas Salomón

SC Seychelles

SD Sudán

SE Suecia

SG Singapur

SH Santa Helena

SI Eslovenia

SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen )

SK Eslovaquia

SL Serra Leona

SM San Marino

SN Senegal

SO Somalia

SR Suriname

ST San Tomé e Príncipe

SV Salvador

SY Siria

SZ Suacilandia

TB Tibet

TC Turks e Caicos

TD Chad

TF Territorios Austrais Franceses

TG Togo

TH Tailandia

TJ Taxiquistán

TK Tokelau

TL Timor Leste

TM Turkmenistán

TN Tunisia

TO Tonga

TR Turquía

TT Trinidad e Tobago

TV Tuvalu

TW Taiwán

TZ Tanzania

UA Ucraína

UG Uganda

UM Illas Ultramarinas de Estados Unidos

US Estados Unidos de América

UY Uruguai

UZ Uzbekistán

VA Vaticano

VC San Vicente e as Granadinas

VE Venezuela

VG Illas Virxes Británicas

VI Illas Virxes Estadounidenses

VN Vietnam

VU Vanuatu

WF Wallis e Futuna

WS Samoa Occidental

YE Iemen

YT Mayotte

ZA Suráfrica

ZM Zambia

ZR Zaire

ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son:

ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias;

ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos;

ISO 4217, códigos para unidades monetarias;

ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras;

ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.

Lista alfabética de códigos telefónicos por país

Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164.

O símbolo '+' diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional. Este prefixo a marcar depende do país dende o que fagamos a chamada. A UIT aprobou o 00 coma o estándar a seguir, que xa foi implantado pola maioría dos países. Por exemplo, chamando dende un teléfono localizado en Galicia, substituiriamos o símbolo '+' por '00'; para chamar ao Perú (que ten código +51) marcariamos un número do tipo ' 0051########## '. Nos teléfonos móbiles si que é posible introducir directamente o símbolo '+', no lugar do prefixo de chamada internacional.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Territorio dependente

Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias.

Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos). Polo xeral gozan de menores dereitos administrativos e políticos que unha subunidade nacional (autonomía ou goberno local). Este tipo de administración varía segundo o nivel de dependencia do territorio. Así existen territorios completamente deshabitados.

A maioría destes estados dependentes corresponden a illas de baixa poboación que non poden soster un goberno autónomo.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.