Illas Baleares

As Illas Baleares[1] (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Illas Baleares
Illes Balears
Bandeira das Illas Baleares
Escudo das Illas Baleares
BandeiraEscudo
Islas Baleares in Spain (plus Canarias)
EstadoEspaña España
CapitalPalma
 • Poboación396.570 (2008)
Cidade máis poboadaPalma
Lingua oficialCatalán e castelán
Forma de gobernoGovern de les Illes Balears
Presidenta
Francina Armengol (PSIB-PSOE)
Fundación
Conquista
Reino de Mallorca
Castela
España
Estatuto
1229
1276
1716
1833
1983 (Reformado 2007)
SuperficiePosto 17º
 • Total4.992 km²
Fronteiras0 km
Costas1.427 km
PoboaciónPosto 14º
 • Total1 071 221 (2008) hab.
 • Densidade214,58 hab./km²
Xentiliciobalear
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.es
Prefixo telefónico971
Código ISOES-IB (Autonómico)
ES-PM (Provincial)

Historia

Prehistoria e historia antiga

Taula Torralba 01
Taula de Torralba

As illas estiveron poboadas desde tempos remotos. As primeiras aparicións de poboadores remóntanse ao III milenio a.C. Aínda que hai vestixios dunha presenza humana en Eivisa e Formentera durante a Idade de Bronce, posteriormente durante varios séculos estas illas atopáronse despoboadas, mentres que Mallorca e Menorca estaban habitadas por un pobo mal coñecido, cuxa cultura característica era a cultura talaiótica.

Posteriormente, producíronse colonizacións de gregos, fenicios e cartaxineses. Eivisa e Formentera non volveron ter unha presenza humana estable ata as colonizacións fenicias no século VII a.C., sendo a súa nova poboación moi probablemente de orixe semítico (de fenicios e púnicos). Máis tarde os romanos conquistaron o conxunto das illas no ano 123 a. C., unificando por primeira vez todo o arquipélago baixo unha mesma administración e unha mesma cultura (pois había unha dicotomía do fondo étnico entre as Pitiusas, poboadas por semitas, e as Gimnesias, con xentes pertencentes á cultura talaiótica), aínda que esta colonización foi pouco intensa. Incorporadas en principio á Hispania Citerior e posteriormente á Tarraconense, as illas formaron parte da provincia Carthaginense durante o Baixo Imperio, chegando a finais do século IV a constituírse en provincia independente, Balearica.

Alta Idade Media

No ano 455, os vándalos ocuparon as Illas Baleares. Pouco despois, no ano 534, foron conquistadas polas tropas de Xustiniano e integradas ao imperio Bizantino ata principios do século VIII. A crise económica e demográfica do arquipélago, ao longo dos séculos VII ao IX, expúxolles de forma crecente aos ataques exteriores. Logo dunha etapa de incursións, o emirato de Córdoba ocupounas no 903. Posteriormente, dependeron da taifa de Dénia (1013-1067), do imperio almorábide (1120-1203) e dos almohades (do 1203 ata a conquista aragonesa).

Conquista cristiá

A Coroa de Aragón experimentou durante os séculos XII e XIII unha forte expansión cara ao Mediterráneo, que a levou até as Baleares. Xaime I de Aragón capitaneou unha frota que desembarcou en Mallorca a finais do verán de 1229. Logo de longos combates que se prolongaron durante meses, o rei entrou vitorioso na cidade o 31 de decembro dese mesmo ano. O asalto foi seguido dunha matanza indiscriminada que ocasionou un verdadeiro xenocidio da poboación mallorquina, tanto é así que os miles de cadáveres que non puideron ser enterrados provocaron unha epidemia entre os conquistadores que causou numerosas baixas. Como consecuencia, os nobres quixeron quedar con todo o botín en lugar de sortealo entre a tropa. Isto provocou a revolta de peóns e cabaleiros. Finalmente produciuse a repartición do botín que durou ata o 30 de abril de 1230.

Bellver SW
Castelo de Bellver

Grazas a todo isto, os musulmáns sobreviventes tiveron tempo de organizar diversos focos de resistencia nas montañas, o que prolongou un par de anos as loitas contra os musulmáns de Mallorca que, finalmente, terminaron convertidos en escravos ou semi-escravos.

Toda esta destrución debilitou tamén ao exército de Xaime I ata o punto de que, cando Menorca pediu a vasalaxe da Coroa, séndolle concedida. Así, Menorca converteuse nunha Taifa autónoma, onde a relixión e a cultura árabe mantivéronse durante medio século máis. Mais en xaneiro de 1287, a frota de Afonso II, o Franco, chegou ao porto de Maó. Pactouse a capitulación da illa de forma que os caudillos e nobres puideron escapar dos cataláns a cambio de entregar ao resto da poboación para que se lles escravizara. Polo que respecta a Eivissa, tamén foi conquistada por Xaime I, mais en agosto de 1236 os seus habitantes foron tamén escravizados e os seus bens repartidos entre os magnates.

Xaime I de Aragón deu ás illas unha estrutura administrativa bastante autónoma dentro da Coroa de Aragón ao formar estas o Reino de Mallorca, que chegou a ser completamente independente uns anos. Tras a unión dinástica dos Reis Católicos, as illas foron obrigadas a integrarse, do mesmo xeito que os demais reinos da península, na nova unidade dinástica. Máis tarde, aplicouse un decreto español prohibindo o catalán e obrigando a españolizar as illas (1718).

Idade Moderna e Contemporánea

BalearesAgost1936
Baleares en agosto de 1936, así manterá durante case toda a guerra

A illa de Menorca estivo ocupada entre 1708 e 1802 por tropas inglesas, por mor da guerra de sucesión. Durante a II República (1931-1939) proxectouse sen éxito un Estatuto de Autonomía para as Illas Baleares.

En 1936, co inicio da guerra civil española, o arquipélago queda dividido en dúas zonas: a parte central e oeste (Formentera, Eivisa, Mallorca) quedan dentro do area dominada polos militares alzados contra a Segunda República Española, mentres en Menorca fracasa a insurrección. Nos primeiros meses do conflito, desenvolverase desde Cataluña principalmente, unha operación para tomar Mallorca, o chamado Desembarco de Mallorca, que se desenvolvería entre agosto e setembro de 1936 e que finalmente sería rexeitado polo exército franquista, volvendo quedar as cousas igual que antes. A illa de Menorca non será ocupada ata o final da guerra.

Tras a transición regresan os ánimos autonomistas e en 1983 finalmente é aprobado un Estatuto de Autonomía.

Demografía

As illas

Na seguinte táboa pódense ver as principais illas das Baleares as súas características.

CapPinar
Mallorca
Mapa Fotografía Bandeira Nome Poboación (2008) Superficie (km²) Densidade (hab./km²)
Localització de Mallorca Mallorca Flag of Mallorca Mallorca 846.210 3.625,75 233,39
Localització de Menorca Menorca Bandera de Menorca Menorca 92.434 694,39 133,12
Localització d'Eivissa Ibiza Ibiza flag Eivissa 125.053 569,60 219,55
Localització de Formentera Ibiza Bandera de Formentera Formentera 9.147 83,24 109,89
Localització de Cabrera Archipiélago de Cabrera Cabrera 0 15,69 0

O arquipélago sufriu un gran crecemento demográfico tras o boom turístico dos anos 60: no período 1970-2005, este foi do 76,10%, fronte ao 29,90% da media española. No ano 2005, a poboación total das illas ascendía a 983.131 persoas.

Cidades máis poboadas

Listaxe Cidade Illa Pob. Listaxe Cidade Illa Pob.
Palma de Mallorca-cathedral

Palma
ELTORO-Mallorca-rafax

Calvià
ForbysIbizaTown 02

Eivissa
1 Palma Mallorca 404.681 11 Sant Josep de sa Talaia Eivissa 22.871
2 Calvià Mallorca 51.462 12 Sant Antoni de Portmany Eivissa 22.136
3 Eivissa Eivissa 49.516 13 Alcúdia Mallorca 19.112
4 Manacor Mallorca 40.859 14 Felanitx Mallorca 18.225
5 Llucmajor Mallorca 36.681 15 Pollença Mallorca 16.981
6 Marratxí Mallorca 33.883 16 Sóller Mallorca 14.075
7 Santa Eulària des Riu Eivissa 32.637 17 Sa Pobla Mallorca 12.831
8 Inca Mallorca 29.321 18 Santanyí Mallorca 12.823
9 Ciutadella de Menorca Menorca 29.247 19 Son Servera Mallorca 12.286
10 Maó Menorca 29.050 20 Capdepera Mallorca 11.929
Censo 2010[2]

Poboación por anos

 Evolución demográfica de Baleares 
Ano Poboación % España
1857 262.893 1,70%
1900 311.649 1,67%
1910 326.023 1,63%
1920 338.894 1,58%
1930 365.512 1,54%
1940 407.497 1,57%
1950 422.089 1,50%
1960 443.327 1,45%
1970 558.287 1,64%
1981 685.088 1,82%
1991 745.944 1,89%
2001 878.627 2,14%
2008 1 071 221 2,20%

A poboación balear medra a un ritmo vertixinoso, principalmente pola inmigración, que supón o 15,75% de poboación, sendo a primeira Comunidade Autónoma e a segunda provincia (tras Alacant) de España con maior número de residentes foráneos. Un 39,66% dos estranxeiros proveñen da Unión Europea, destacando os alemáns (14,59% do total), os británicos (9,58%), os italianos (5,46%) e os franceses (3,60%). Un 34,34% vén de Iberoamérica, destacando polo seu número os ecuatorianos (10,32%), os arxentinos (7,62%), os colombianos (5,95%) e os uruguaios (2,39%). Un 11,02% vén de África do Norte, principalmente de Marrocos, e un 7,54% provén de Europa do Leste, sobre todo de Romanía e Bulgaria.

Lingua

As Baleares son actualmente bilingües no dialecto balear do catalán, xa que foron repoboadas maioritariamente por payeses do Rosellón, Xirona e Barcelona durante a Reconquista, e o castelán. Ademais, nas zonas turísticas, fálanse o inglés e alemán. A pesar da cooficialidade existente, a maioría de carteis municipais e rexionais e demais documentos están en só en catalán, como resultado dunha vontade para conservar a lingua autóctona.

A situación sociolingüística das Illas desembocou nun bilingüismo unidireccional favorable ao castelán, de tal xeito que, aínda que a maioría de habitantes entenden as dúas linguas, o bilingüismo activo (é dicir, falar as dúas linguas) é practicado case exclusivamente polos catalansfalantes, sendo os castelán-falantes maioritariamente monolingües no plano verbal.

Política e administración

Goberno

Palma de Mallorca
Palma, capital das Illas.
Flag of the Balearic Islands
Bandeira das Illas Baleares.

A capital das Illas Baleares e da illa de Mallorca é a cidade de Palma, tamén chamada Ciutat en Mallorca. Aí está a sede do Goberno das Illas Baleares (Govern) e do Consello Insular de Mallorca.

Á marxe do goberno autonómico, as illas están divididas en catro Consellos Insulares (consells insulars en catalán): o de Mallorca, Menorca, Eivissa e o recentemente creado na reforma do Estatut de 2007 de Formentera. Cabe indicar que nas eleccións habidas en maio de 2007, por primeira vez votouse aos Consellos insulares directamente. Dende as eleccións de 2007 vótase separadamente para o goberno dos Consellos Insulares, cuxos membros anteriormente coincidían cos deputados de cada illa elixidos para o Parlamento das Illas Baleares (Parlament).

Símbolos

Os símbolos das Illas Baleares están integrados na bandeira. Estes símbolos son distintivos e lexitimados historicamente: as catro barras horizontais sobre un fondo amarelo, e o cuarto de fondo morado cun castelo branco de cinco torres en medio. Cada illa tamén pode ter a súa propia bandeira.

Aínda así, foise cuestionando[3], dende a súa oficialización o uso desta bandeira e a súa lexitimación histórica, xa que moitas veces só é considerada unha modificación da bandeira de Mallorca, que de feito tamén está inspirada escudo de Palma.

O outro símbolo das Illas Baleares, é o Día das Illas Baleares, festexado o 1 de marzo, data na que entrou en vigor o Estatuto de Autonomía de 1983.

Etimoloxía

Balearic Slinger
Fondeiro balear

A pesar que durante moito tempo creuse que "Baleares" proviña da palabra grega ballein que significa "lanzar", ultimamente cambiouse de opinión e parece que se descarta a orixe helénico. O certo é que os gregos utilizaron a palabra Gimnesias para referirse ás illas de Menorca e Mallorca. En cambio, cartaxineses e romanos preferiron a denominación "Baleares" para Menorca e Mallorca. Todos eles chamaron a Eivissa e Formentera Pitiusas.

A orixe do nome "Baleares" non é grego senón fenicio. Provén do plural "ba' lé yaroh". O substantivo "ba' lé" significa "os que exercitan o oficio de" e actúa como suxeito do verbo "yaroh" que significa "tirar pedras". O significado final sería algo así como "os mestres do lanzamento". E estes mestres do lanzamento son os fondeiros das illas. Así pois, Baleares significa "fondeiros". Autores clásicos como Plinio ou Diodoro falaron moito deles. Pero é a narración de Licofronte de Calcis, no seu poema hermético Alexandra (versos 633-641), cando fala dos fuxitivos da guerra de Troia que chegan ás Baleares, ás que o chama Gimnesias, onde se dá esta descrición:

Esta fama e probablemente un exceso de poboación deu lugar a que moitos destes fondeiros das illas terminasen nutrindo aos exércitos cartaxinés e, máis tarde, romano. Parece ser que o costume de utilizar a fonda nas illas non se abandonou entre os campesiños ata ben entrado o século XX. En Menorca, ata non fai moitos anos, existía a tradición que, para entrar en determinados gremios, o aspirante tiña que acertar cunha pedra, e sen errar ningún tiro, oito espazos baleiros entre dúas barras.

Historia natural

Baleares-rotulado
Mapa das Illas Baleares.
SerraTramuntana2
Serra Tramuntana

Paleoxeografía

Gimnesias e Pitiusas tiveron unha historia xeográfica diferente. Durante as glaciacións do Cuaternario, debido á acumulación de auga en forma de xeo nos casquetes polares e nas grandes serras, mares e océanos baixaron de nivel. Isto provocou que se unisen Menorca e Mallorca por unha banda e Eivissa e Formentera polo outro. Todas as faunas e floras mesturáronse, pero entre a Gran Gimnesia e a Gran Pitiusa non foi así xa que permaneceu unha canle mariña de máis de 70 km, infranqueable pola fauna terrestre. A menor medida da Gran Gimnesia (2.000 km²) e un clima máis árido provocou a extinción da fauna terrestre e a falta de vexetais arbóreos notables.

Flora

No pasado, Gimnesias e Pitiusas tiveron ecosistemas distintos. As Gimnesias tiñan bosques de aciñeiras no interior e nos chairos costeiros grandes bosques de buxo balear (buxus balearica), planta que aínda se pode atopar de forma residual en Mallorca. As Pitiusas estaban practicamente espidas de vexetación arbórea e predominaban as herbas nitrófilas produto do efecto das dexeccións da gran cantidade de colonias de aves que tiñan.

Fauna

No pasado, a fauna das Gimnesias e das Pitiusas era moi distinta. Parece ser que, fóra das especies voadoras (aves, morcegos e insectos voadores) non compartían case ningunha especie terrestre: diferentes comunidades vexetais, diferentes herbívoros, diferentes carnívoros.

Economía

IbizaStadt3
Rúa de Eivissa, importante núcleo turístico

O PIB por habitante das illes é un dos máis altos do Estado Español. O elemento socioeconómico máis determinante das últimas décadas da economía balear é o turismo, porén, o comportamento turístico é diferente segundo a illa. As illas de Mallorca e Eivissa teñen un fluxo turístico máis intenso, recibindo turistas principalmente alemás e ingleses, aínda que tamén moitos italianos sobre todo en Eivissa. Con todo, Menorca entrou máis tarde na industria do turismo, recibindo agora moitos turistas ingleses. No caso de Formentera a illa estivo apartada dos efectos desta industria, entre outras cousas polo seu pequeno tamaño e a falta de auga potable, mais ten recibido turistas principalmente italianos.

En tódalas illas o turismo do resto do estado español non representa máis dun cuarto do total, sendo en Eivissa onde é máis marcado (principalmente mozos atraídos pola fama das súas discotecas).

Este fenómeno do turismo modificou pois o tipo de economía das illas, traballando agora máis dun 70% da poboación no sector servizos. Ademais cómpre destacar a industria do téxtil, o coiro e o calzado.

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  2. INE 2010.
  3. Heráldica e Vexilografía das Illas Baleares

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alaior

Alaior é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 110 km² onde no ano 2017 vivían 9.097 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado da illa.

As súas principais actividades son o turismo, a industria de calzado, os queixos e os materiais de construción. En Alaior atópase tamén o campus menorquino da Universidade das Illas Baleares.

Andratx

Andratx é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 81.45 km² onde no ano 2007 vivían 10.939 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca e inclúe Dragonera.

Artà

Artà é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 139.79 km² onde no ano 2007 vivían 6802 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Binissalem

Binissalem é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 29.8 km² onde no ano 2007 vivían 6773 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Capdepera

Capdepera é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 59,42 km² onde no ano 2007 vivían 10.885 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Es Castell

Es Castell é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 11.66 km² onde no ano 2007 vivían 7.629 habitantes.

Es Mercadal

Es Mercadal é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 136.93 km² onde no ano 2007 vivían 4.838 habitantes.

Felanitx

Felanitx é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 169.57 km² onde no ano 2007 vivían 17443 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Ferreries

Ferreries é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 66 km² onde no ano 2007 vivían 4.563 habitantes.

Formentera

Formentera é unha illa mediterránea e concello español que forma parte das Illas Pitiusas, no arquipélago Balear. Cunha superficie de 77 km² é a illa habitada de menor extensión das Illas Baleares. Ocupa a posición máis meridional, separada da illa de Eivisa por un estreito paso de auga e de illotes chamado Es Freus, de 7 km de lonxitude.

Llucmajor

Llucmajor é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 327.05 km² onde no ano 2007 vivían 33.222 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Manacor

Manacor é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 260 km² onde no ano 2007 vivían 37.963 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca. Neste concello naceu o tenista Rafael Nadal.

Marratxí

Marratxí é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 54 km² onde no ano 2007 vivían 31.120 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca. Esta a tan só 5 km da capital.

Menorca

Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a península itálica e a Península Ibérica.

Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Maó. O seu nome provén de Minorica, que se debe a que é máis pequena que a illa de Mallorca.

Muro, Illas Baleares

Muro é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 58.55 km² onde no ano 2007 vivían 6.741 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Palma

Palma, tamén coñecida como Palma de Mallorca ou localmente como Ciutat, é unha cidade insular española, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares e da illa de Mallorca.

Sitúase a beiras do mar Mediterráneo, a uns 13 metros de altura sobre o nivel do mar. Cunha poboación de 401.270 habitantes e unha superfície de 208,63 km² (INE 2009) é a maior cidade do arquipélago e a oitava de España en número de habitantes. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 509.116 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88 km².

Pollença

Pollença é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 151.65 km² onde no ano 2007 vivían 16.570 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Sa Pobla

Sa Pobla é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 48.59 km² onde no ano 2007 vivían 12.141 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Illas Baleares Illas Baleares  · Concellos das Illas Baleares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.