Illa de Toralla

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres).

Illa de Toralla
Illa de Toralla
Illa de Toralla na costa de Vigo.
Illa de Toralla en Pontevedra

Illa de Toralla
Illa de Toralla
Illa de Toralla (Pontevedra)
Situación
PaísGalicia Galicia
ConcelloVigo
ProvinciaFlag Pontevedra Province.svg Pontevedra
MarOcéano Atlántico
Coordenadas42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800Coordenadas: 42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800
Xeografía
Superficie0´106 km²
Distancia a terra200 m.
Demografía
Poboación142 hab. (2013)

Historia

Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana.

Foi propiedade do industrial da salgadura Enrique Lameiro, que lla vendeu nos anos dez a Martín Echegaray Olañeta. A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público.

En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo [1].

Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar.

Galería de imaxes

Rotores de Portugal.
Rotores de Portugal.[2] 
Solpor.
Solpor. 

Notas

  1. "ECIMAT". Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Universidade de Vigo. Consultado o 30 de agosto de 2016.
  2. Patrulla acrobática no Festival Aéreo Internacional de Vigo 2007, dende a praia de Samil, detrás a Illa de Toralla.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Villa Galaico-Romana de Toralla
Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Canido, Oia, Vigo

Canido é un lugar da parroquia de Oia, do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 250 habitantes (136 homes e 114 mulleres).

Está situada a carón da illa de Toralla e da praia do Vao, xa pertencente á parroquia de Coruxo. Ten un porto deportivo e as praias de Fuchiños e Canido, esta última con Bandeira Azul nos últimos anos.

Coruxo, Vigo

San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Comesaña, Navia, Oia e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e 5.343 veciños (2013).

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Ollos de auga

Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.

Ponte de Toralla

A ponte de Toralla é unha ponte de formigón situada no lugar de Toralla, na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo, que une a Illa de Toralla coa praia do Vao. Está formada por un taboleiro de formigón duns 500 metros de longo cuns 18 pares de piares de formigón armado de 10 metros de altura.

Praia do Vao

A praia do Vao é un areal vigués, situado na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo, pertencente á provincia de Pontevedra. A praia é unha das de maior sona da cidade despois da de Samil, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas. Chégase a través da estrada de Coruxo a Canido. Salienta a súa area branca e moi fina, e por estar unida á illa de Toralla pola ponte do mesmo nome. Nun dos laterais do areal atópase o eido-arboredo Mirambell, onde hai unha escavación-museo (Vila romana de Toralla).

O areal áchase entre as praias de Canido e a caliña nudista de Breadouro ou do Baluarte.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.