Illa de Santa Cruz

Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.

Illa de Santa Cruz
Illa do castelo
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz
Castelo de Santa Cruz
Illa de Santa Cruz en A Coruña

Illa de Santa Cruz
Illa de Santa Cruz
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ConcelloOleiros
ProvinciaProvincia da Coruña
MarOcéano Atlántico
Coordenadas43°20′53″N 8°20′53″O / 43.34806, -8.34806
Xeografía
Superficie0´019 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Historia e características

Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz.

En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillería. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalería, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares.

Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Galería de imaxes

Castelo Santa Cruz.Oleiros.Galicia

O Castelo de Santa Cruz, xunto co castelo de Santo Antón e o de San Diego, foi construído para protexer a ría da Coruña dos ataques marítimos.

Castillo de Santa Cruz2

Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.

Castillo de Santa Cruz

Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.

Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz

Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz.

Porto de Santa Cruz coa marea baixa

Porto de Santa Cruz coa marea baixa.

Christiansted

Christiansted é unha cidade nas Illas Virxes Estadounidenses, na illa de Santa Cruz.

A cidade ten pequenos hoteis e moitos restaurantes. Varias tendas de mergullo operan na cidade, o peirao ten acceso a moitas atraccións de mergullo no lado norte da illa. Un pequeno punto de interese é Protestant Cay, un illote preto de Christiansted.

O botánico Julius von Röhr comezou un xardín botánico en Christiansted no século 18 e produciu unha serie de paisaxes da illa.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Noro

A Illa de Noro (Illa de Ñoro) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao leste da

Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. É unha mole de 4 hectáreas de superficie conformada por bolos graníticos que se elevan ata os 42 metros de altitude, polo que a illa ten unha destacada forma de peñón resquebraxado. A parte sur é chaira e cuberta de pradería, e na norte álzase o peñón. É lugar de nidificación tanto de aves mariñas como terrestres. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa de Pombeiro

A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Santa Cruz

Santa Cruz pode referirse a:

Cruz, símbolo relixioso da cristiandade, que simboliza o método de execución de Xesús Cristo.

Vera Crux, cruz na que segundo o cristianismo foi executado Xesús de Nazaret; no catolicismo é considerada unha reliquia de primeira orde.Festividades

Festa da Invención da Santa Cruz, Cruz de maio ou Festa das Cruces (3 de maio);

Festa da Exaltación da Santa Cruz, (14 de setembro).Como topónimo, Santa Cruz pode referirse a:

En GalizaSanta Cruz, parroquia do concello do Bolo;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz, parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz de Grou, parroquia do concello de Lobeira;

A Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz de Moeche, parroquia do concello de Moeche;

Santa Cruz de Montaos, parroquia do concello de Ordes;

Santa Cruz de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

Santa Cruz da Rabeda, parroquia do concello de San Cibrao das Viñas;

Santa Cruz da Rabeda, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz da Retorta, parroquia do concello de Guntín;

Santa Cruz de Ribadulla, parroquia do concello de Vedra;

Santa Cruz de Rubiacós, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz do Salto, parroquia do concello de Cabanas;

Santa Cruz de Viana, parroquia do concello de Chantada;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz do Valadouro, parroquia do concello do Valadouro;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Sobrado de Picato, no concello de Baralla;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Covelo, no concello de Covelo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Mondoi, no concello de Oza-Cesuras;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Herbón, no concello de Padrón;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Moscán, no concello do Páramo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Cumiar, no concello de Ponteareas;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Xeve, no concello de Pontevedra;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Vilardá, no concello de San Xoán de Río;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Vilelos, no concello do Saviñao;

Santa Cruz do Oural, lugar da parroquia de Vila de Mouros, no concello do Incio;

Porto de Santa Cruz, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

A illa de Santa Cruz, no concello de Oleiros, onde se levanta o Castelo de Santa Cruz.En EspañaA cidade de Santa Cruz de Tenerife, na illa de Tenerife.

A provincia de Santa Cruz de Tenerife.

O municipio de Santa Cruz de la Palma, na illa de La Palma.

A pedanía de Santa Cruz, no concello de Murcia.Outros lugaresA provincia de Santa Cruz, na Arxentina;

O Departamento de Santa Cruz, en Bolivia;

Santa Cruz, concello Cabo Verde;

Santa Cruz, cantón en Ecuador;

Santa Cruz, cidade en California, EUA;

Santa Cruz, cidade no Departamento de Lempira, en Honduras.

Santa Cruz, nas Illas Virxes Estadounidenses;

Illas Santa Cruz, arquipélago pertencente ás Illas Salomón;

Santa Cruz, no arquipélago das Illas Galápagos, en Ecuador.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.