Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999[1].

Illa de San Simón
Arquipélago de San Simón 2
O arquipélago de San Simón está formado polas illas de San Simón e Santo Antón, ámbalas dúas unidas por unha ponte.
Illa de San Simón en Pontevedra

Illa de San Simón
Illa de San Simón
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaFlag Pontevedra Province.svg Pontevedra
MarOcéano Atlántico
CoordenadasCoordenadas: 42°18′27.56″N 8°37′42.43″O / 42.3076556, -8.6284528
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Mapa do arquipélado de San Simón
Mapa do arquipélago de San Simón.

Historia

Idade Media

Estatua dos xograres
Estatua adicada a Mendinho, Johan de Cangas e Martín Codax.
1590 or later Marcus Gheeraerts, Sir Francis Drake Buckland Abbey, Devon
Francis Drake ou Francisco Dráguez, como era chamado polos veciños do lugar, esnaquizou e destruíu a igrexa e as imaxes de San Simón antes de queimar a illa.

A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media. Proba disto é o seu escrito, o único que se coñece do autor, e que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a Johan de Cangas e a Martín Codax.

Cquote1.svgSediam'eu na ermida de San Simón
e cercaronm'as ondas, que grandes son,
eu atendend'o meu amigo,
eu atendendo'o meu amigo...Cquote2.svg

Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos templarios e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en 1307 esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa.

Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de Tui, que até o momento posuía o control político da illa, cédella a Isabel a Católica, nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade.[2]

En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake.

Século XVIII ata a guerra civil española

Bakhuizen, Battle of Vigo Bay
A batalla da baía de Vigo, 23 de outubro de 1702, de Ludolf Bakhuizen (ao redor de 1702).
Cesantesillasansimon
Vista frontal da Illa de San Simón dende Cesantes

Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos[Cómpre referencia]. Os galeóns pertencentes á Coroa de Castela e escoltados por unha escuadra francesa que proviñan de América, e que se saldou coa derrota das forzas franco-castelás. Unha gran parte do contido dos galeóns (que se cre que era ouro, prata, diamantes, especias coma o cacao e tamén madeiras nobres e tabaco) foron saqueados polos navíos ingleses da raíña de Inglaterra (Ana I de Estuardo), mais o intento de frustrar as expectativas de roubo, unha gran parte das riquezas dos barcos foron baleiradas ao mar, e unha gran porcentaxe do ouro e prata pertencente á coroa de Castela xa fora descargado en bois ata Madrid semanas antes do combate[Cómpre referencia]. Posteriormente, os integrantes das frotas anglosaxoas asaltaron as aldeas circundantes á Ría de Vigo, con especiais efectos devastadores en aldeas coma, Cangas, Redondela, Vigo, Soutomaior e Arcade; ás que queimaron e asolaron. A illa de San Simón tamén sufriu as consecuencias das tropas inglesas. A ermida de San Pedro quedou case totalmente derruída, ata a súa posterior restauración no século XIX. As elucubracións e testemuños elaborados sobre o paradeiro das riquezas dende o suceso son confusos, e numerosas inmersión realizadas en diferentes anos posteriores ao afundimento dos navíos revelaron a inexistencia de ouro e outros materiais preciosos nos arredores da illa.

En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na guerra da independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións.

A continua ocupación por ordes monásticas debíase á súa boa situación xeográfica, xa que estaba illada, nun lugar tranquilo, e preto do mosteiro de Poio, un dos máis importantes da época[3].

Todo este contexto de invasións e saqueos por parte de piratas e almirantes estranxeiros provoca un estado de inestabilidade na illa e na comarca en xeral. Ademais, simultaneamente sucedía un conflito a nivel galego, as guerras irmandiñas. O arquipélago de San Simón foi tamén testemuña destes conflitos, e o representante de Soutomaior Fernando Andrade resulta ferido de gravidade.

Dende mediados do século XVII a illa permaneceu abandonada. Posteriormente, por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1838, e da man do comerciante rioxano Norberto Velázquez Moreno, procedeuse a habilitar e acondicionar a illa para convertela nunha leprosería ou lazareto. Na illa de Santo Antón estaban os enfermos sen cura, mentres que na de San Simón albergábase ó resto. Dadas as frecuentes corentenas ás que estaban sometidos os navíos da ruta americana, viña ser un elemento indispensable para todo porto que quixese entrar nas vías marítimas de percorrido longo, o cal foi un feito diferencial e vital para a expansión do porto de Vigo e o establecemento das conserveiras catalás que trouxeron consigo novas técnicas de organización empresarial e de manufacturas. Así, as numerosas epidemias de cólera e lepra procedentes do exterior eran freadas. Construíuse tamén a ponte que a une á illa de Santo Antón, xa que ata entón a único medio de comunicación entre as dúas illas era o marítimo. A leprosería clausurouse en 1927.

Guerra civil

Antigo cárcere da illa
Antigo cárcere da illa visto dende o peirao.

A partir de 1936, coa chegada da guerra civil española os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime ditatorial e autoritario, na súa maioría provenientes das zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa[4], aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias, León ou do País Vasco. Estímanse que ao redor de 6.000 persoas foron encarceradas durante a guerra civil e a posguerra.[5] Foi cualificada polos franquistas como colonia penitenciaria, aínda que a realidade era a dun campo de exterminio onde os presos políticos comunistas, republicanos ou socialistas eran asasinados. Mantívose en funcionamento ata o ano 1943.[Cómpre referencia]

Antigo lazareto
Antigo lazareto e posterior residencia dos militares.

A antiga leprosería quedou relegada a albergar aos militares que vixiaban a illa, así coma o persoal complementario (administrativos, intendencia ou enfermería). Construíronse ademais torres de vixilancia, melloráronse os muros e os accesos.[Cómpre referencia] As condicións ás que estaban sometidos os presos eran inhumanas e crueis, as condicións sanitarias eran deficientes e o amoreamento de presos era considerable. Estaban distribuídos en diferentes pavillóns ao longo da illa, e a miúdo producíanse fusilamentos masivos. Crese que centos de persoas morreron a causa dos seus ideais, a mans dos falanxistas. A illa era considerada un dos centros penitenciarios franquistas máis temibles.[Cómpre referencia]

A illa de San Simón foi escenario do final do filme O lapis do carpinteiro, onde trasladaban a Da Barca, un preso político, á Illa, un dos cárceres dos que se dicía que era case imposible saír vivo.[Cómpre referencia]

Posguerra

Foi en 1943 cando o arquipélago deixou de funcionar coma cárcere, sufrindo un paulatino abandono, só interrompido nas épocas estivais polos membros da Garda de Franco, co nome de Colonia de Educación e Descanso, que pasaban alí as súas vacacións. O 22 de agosto de 1950 sucedeu un tráxico incidente. Uns cincuenta pasaxeiros da Guardia de Franco volvían da illa cara a terra nunha embarcación, "A Monchiña", cando debido ás malas condicións do tempo e as correntes habituais da zona, a embarcación afundiu. Case ningún dos pasaxeiros sabía nadar, e corenta e tres tripulantes perderon a vida no accidente. Na illa de San Norberto, na cara sur do arquipélago, construíuse un pequeno cruceiro na honra dos falecidos no accidente d'A Monchiña.

A illa foi clausurada debido á traxedia mais reabriuse para ser empregada como Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros, que funcionou entre 1955 e 1963.

Actualidade

Ponte de San Simón
Ponte que une a illa de San Simón coa de Santo Antón

No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural e comezou a reconstruírse procurando alcanzar unha harmonía entre a natureza (rescatando os xardíns ou o centenario Paseo dos buxos) e a remodelación dos edificios xa existentes sen deteriorar a contorna.

Na actualidade, a Illa de San Simón foi remodelada e convertida pola man de César Portela[6] consonte a súa declaración como centro de recuperación da memoria histórica, rehabilitada coma un espazo protexido, cunha completa rexeneración dos xardíns e das especies arbóreas. Ademais foi tamén redirixida cara a unha función cultural da man da Fundación Illa de San Simón, xa que conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, hotel, e restaurante. Entre as diferentes actividades culturais realizadas no lugar destaca a celebración de entrega dos Premios Xerais da lingua galega e do Premio Merlín.

No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.

Dende o ano 2011 celébrase na illa o festival Sinsal Audio.

Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende os peiraos de Cesantes e Santo Adrán.[7]

Acceso

Catamarán da Illa de San Simón
Peirao e catamarán que realiza diariamente as visitas guiadas á illa

Edificios e instalacións

Instalacións

  • Residencia Stella Maris.
  • Casa dos Oficios do Mar e Escola de Vela.
  • Acuario.
  • Museo e Biblioteca.
  • Edificio Multiusos.

Monumentos

Sam simom3
Paseo dos buxos

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da illa de San Simón.
Capela de San Simón

Capela de San Pedro na illa de San Simón.

Antiga central eléctrica

Central de abastacemento eléctrico da illa reconvertida en aseos.

Cesantes Redondela Galicia

Homeaxe a Jules Verne.

San Simón 08 053

Vista de Cesantes dende a illa de Santo Antón.

Praia de Cesantes atardecer

Notas

  1. BOE do 29 de setembro de 1999.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2008.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2005. Consultado o 29 de abril de 2008.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2008.
  5. Varela ‘perde’ a memoria histórica en San Simón Arquivado 01 de xuño de 2010 en Wayback Machine. 29/05/10
  6. "Remake" de San Simón
  7. "Illa de San Simón, un espazo para a creación". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 28 de xuño de 2010.

Véxase tamén

Bibliografía

Illa do amor, illa da morte
Para Álvaro Xil Varela

Empréstame, Meendinho, tua voce meioeval,
aquela que o de Cangas e Martín tamén tiñan.
A voz que na cantiga de San Simón illeiro,
como cisne migrado do seu niñal luciras.
[...]
Pousa Nova do Mar, 1976.
Valentín Paz-Andrade,
Cen chaves de sombra, 1979
  • Gran Enciclopedia Gallega, tomo 27. Editor: Silverio Cañada; Santiago. ISBN 84-7286-215-1
  • Amoedo López, Gonzalo e Gil Moure, Roberto (2007). Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-604-4.
  • Caeiro, Antonio, González, Juan A. e de Saá, Clara Mª (1995). A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-178-5.
  • Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7.
  • Varios (1997). Estudio da Ensenada de San Simón. Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-22-7.
  • Varios (2002). Redondela. Enseada de San Simón / Val do Verdugo / Val do Oitavén. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3191-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Lugares e parroquias

Ateneo Republicano de Galicia

O Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) é unha asociación política fundada en 1998 na Coruña, que avoga pola implantación da III República en España.

A actividade do ateneo concéntrase na promoción de debates, tertulias e exposicións que propaguen e difundan os valores éticos da tradición liberal republicana. Entre outras campañas, o Ateneo Republicano de Galicia dirixiuse ás consellerías de Cultura e Presidencia da Xunta de Galicia para solicitar que se redacte unha lei que regule a supresión dos símbolos franquistas de Galicia, e propuxo que o Centro da Memoria Histórica de Galicia situado na illa de San Simón, se movese a Ferrol.

Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Enseada de San Simón

A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que vai desde o estreito da Ponte de Rande ata as enseadas de San Simón e enseada de Vilaboa, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.

Festival Sinsal Audio

O Festival Sin Sal Audio, coñecido popularmente coma Sinsal, é un festival de música celebrado na Illa de San Simón, na parroquia de Cesantes, en Redondela. A súa característica máis peculiar é que non ten programación coñecida de antemán, pois as bandas que actúan no festival non se coñecen por adiantado, senón unha vez os asistentes estean no lugar.

Dende a súa primeira edición reuniu a bandas da talle de Alt-J, Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Maïa Vidal, Jane Joyd, Alela Diane, Christian Kjellvander, Nite Jewel, Múm ou Das Kapital, entre outros.

Galería de imaxes da illa de San Simón

Galería de imaxes da illa de San Simón.

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela.

IES Illa de San Simón

O Instituto de Ensinanza Secundaria Illa de San Simón, tamén coñecido coma Illa, é un centro de ensinanza secundaria e bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Redondela.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Santo Antón

Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña.

A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.

Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían.

O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista.

No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural.No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.

Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.

Illa de Tambo

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0´28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Lazareto

Para consultar o artigo sobre a illa grega, vexa Lazareto

Un lazareto é un hospital ou instalación similar, máis ou menos illada, onde se tratan enfermidades infecciosas. Historicamente utilizáronse para enfermidades pouco ou nada infecciosas, como a lepra ou a tuberculose e algunhas destas instalacións eran máis ben de reclusión, sen ningún tipo de coidados médicos nin salubridade.

Mendinho

Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV.

Monte da Peneda

Este artigo trata dun monte galego, para o monte portugués véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.

O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado na parroquia redondelá do Viso. Dende o seu cumio pódese observar a Ría de Vigo, as illas Cíes e mesmo a Praia de Cesantes e a Illa de San Simón.

Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Santiago Durán y Lira

Santiago Durán y Lira, nado na illa de San Simón (Redondela) en 1818 e finado en Manila (Filipinas) en 1881, foi un militar e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.