Illa de Cabo Bretón

A illa de Cabo Bretón (inglés Cape Breton Island, francés Île du Cap-Breton) é unha grande illa da Nova Escocia, na costa do Océano Atlántico de Canadá. Os primeiros habitantes de Cabo Bretón foron os indios micmac. Giovanni Caboto foi talvez foi o primeiro explorador europeo en visitar Cape Breton, pero historiadores non se poñen de acordo. Francia colonizou Cabo Bretón e formou parte como Île Royale da colonia francesa de Acadia. En 1763 Cape Breton pasou a formar parte do Imperio Británico. Arredor de 1800 os inmigrantes de Escocia e da cultura gaélica dominaban a illa.

Illa de Cabo Bretón
'Únamakika (micmac)

Ceap Bhreatainn (Gaélico canadense)

Cap-Breton (en francés)
Wfm cape breton island pseudocolour
Vista da illa
Cape Breton Island
Situación
PaísFlag of Canada.svg Canadá
Provincias e territorios do CanadáNova Escocia
MarOcéano Atlántico
Coordenadas46°10′N 60°45′O / 46.167, -60.750
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie10.311 km²
Longura máxima180 km.
Largura máxima114 km.
Punto máis alto532 m. White Hill
Demografía
CapitalSydney
Poboación132.010 hab.[1] (2016)
Densidade12´7 hab./km²

Notas

  1. Table from Statistics Canada (Census Profile, 2011 Census)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Elizabeth May

Elizabeth May, nada en Harford o 9 de xuño de 1954, é unha avogada, escritora e política canadense, líder do Partido Verde do Canadá.

Explosión de Halifax

A explosión de Halifax foi un desastre marítimo en Halifax, Nova Escocia, Canadá, sucedido na mañá do 6 de decembro de 1917. O navío noruegués SS Imo colidiu co SS Mont-Blanc, un buque de carga francés cargado de explosivos, no estreito de Narrows que conecta a baía de Halifax coa enseada de Bedford. O lume provocado na borda do navío francés prendeu os explosivos da súa carga, provocando unha grande explosión que devastou o distrito de Richmond de Halifax. Aproximadamente unhas 2 000 persoas faleceron a causa da explosión, dos escombros, dos lumes ou dos edificios caídos, e segundo as estimacións outras 9 000 persoas quedaron feridas. Esta foi a maior explosión provocada polo home da historia antes do desenvolvemento das armas nucleares, liberando unha enerxía equivalente a uns 2,9 quilotoneladas de TNT (12 000 GJ).O Mont-Blanc tiña ordes do goberno francés de levar a súa carga de explosivos dende Nova York ata Bordeos pasando por Halifax. Ás 8:45 AM colidiu a baixa velocidade, a aproximadamente un nó de velocidade (1,9 km/h), co naquel momento baleiro Imo, fretado pola Comisión de Axuda a Bélxica para recoller un cargamento de subministracións de socorro en Nova York con destino a Bélxica. O lume resultante no navío francés pasou a estar fóra de control rapidamente, e aproximadamente uns 20 minutos despois ás 9:04:35 AM o Mont-Blanc estoupou.

Case tódalas estruturas a un radio de 800 metros quedaron arrasadas, incluíndo a comunidade de Richmond. Unha onda de presión partiu árbores, dobrou raís de ferro, demoleu edificios, deixou varados a varios navíos (incluíndo o Imo) e espallou fragmentos do Mont-Blanc ata varios quilómetros de distancia. En Dartmouth, ó outro lado da baía, tamén se produciron danos xeneralizados. Un tsunami xerado pola explosión arrasou a comunidade da primeira nación micmac que vivira na zona de Tufts Cove durante xeracións.

Os traballos de recuperación comezaron case de inmediato, e os hospitais enchéronse de feridos en pouco tempo. O mesmo día da explosión comezaron a chegar trens de rescate dende Nova Escocia e Novo Brunswick, mentres que outros trens enviados dende Canadá central e dende o nordeste dos Estados Unidos de América non puideron chegar por mor das nevaradas, e ó pouco tempo comezouse a construír refuxios temporais para as persoas que quedaran sen fogar. A investigación xudicial inicial determinou que o Mont-Blanc fora o responsable do desastre, mais unha apelación posterior determinou que ámbolos dous navíos tiñan a culpa do sucedido. No barrio de North End de Halifax erixíronse varios memoriais polas vítimas da explosión.

Golfo de San Lourenzo

O golfo de San Lourenzo (en francés, golfe du Saint-Laurent; en inglés, Gulf of Saint Lawrence) é un vasto golfo do leste do Canadá que comunica co océano Atlántico. Este golfo drena unha gran conca fluvial que comprende os Grandes Lagos norteamericanos. O río San Lourenzo aflúe neste golfo, a través do estuario máis grande do mundo.

Guerra dos Sete Anos

A Guerra dos Sete Anos foi unha serie de conflitos internacionais desenvolvidos entre 1756 e 1763 para establecer o control sobre Silesia e pola supremacía colonial en América do Norte e a India. Tomaron parte por unha banda Prusia, Hannover e Gran Bretaña, xunto ás súas colonias americanas e o seu aliado Portugal tempo máis tarde; e por outra banda Saxonia, Austria, Francia, Rusia, Suecia e España, esta última a partir de 1761. Producíase un cambio de coalicións con respecto á Guerra de Sucesión Austríaca aínda que o conflito de Silesia e a pugna francobritánica seguen sendo as claves.

Historia do sal

A historia do sal trata do uso e comercio que se lle deu durante séculos á única «rocha» comestible polo ser humano.

O seu uso está xeneralizado en todas as gastronomías do mundo, ben sexa como condimento, ben como conservante específico dalgúns alimentos, como é o caso das salgaduras de carne e peixe.Foi a causante de grandes repercusións económicas e crise na civilización.A súa historia está moi unida ás transaccións económicas da historia da humanidade, actividade que deixou nomes como salario, ou de vías tales como a prehistórica Route du Sel (en Francia), a Via Salaria (na Antiga Roma), a localidade Salinas de Léniz en España.

Ademais atribúenselle simbolismos como a fertilidade.

O sal afecta o sentido do gusto debido a que o organismo humano ten sensores especializados na lingua capaces de detectar especificamente o sabor salgado dos alimentos. O seu uso culinario é normalmente o de reforzador dos sabores dos diversos alimentos. O sal extraeuse principalmente da evaporación da auga mariña e da extracción mineira de rochas con cloruro sódico (halita).

Hoxe en día o sal é un ingrediente común máis na comida. A cantidade diaria da súa inxesta contrólase e vixíase desde comezos do século XX na poboación mundial de hipertensos, e nalgúns lugares do mundo é parte dos alimentos funcionais e sérvese iodada para evitar a aparición do bocio (hipotiroidismo).A grande importancia económica que se lle deu ó sal no pasado xa non é a mesma que se lle dá no presente desde finais do século XIX, en parte debido á aparición de diversos medios alternativos e moi efectivos de conservación dos alimentos dentro da industria alimentaria moderna, así como unha gran mellora técnica dos modernos métodos de extracción e elaboración do sal. Estes efectos combinados fan que a demanda mundial do sal decrecese; no entanto, é xa un ingrediente moi común, sendo un elemento imprescindible en calquera cociña.

Illa do Príncipe Eduardo

A Illa do Príncipe Eduardo (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas do Canadá. É unha illa rodeada polo Océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.

É a provincia máis pequena do Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.

Lista de illas por poboación

Esta é unha lista de illas ordenada pola súa poboación. Inclúense nesta lista tódalas illas do mundo cunha poboación maior de 100 000 habitantes. A poboación das illas do mundo é de máis de 730 millóns de habitantes, aproximadamente o 11% da poboación total do mundo. Deles, só Xava e Honshu son o fogar de máis do 1% da poboación do planeta.

Nova Escocia

Nova Escocia (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en gaélico escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes, faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

A economía de Nova Escocia ten estado tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes tense diversificado. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terranova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.

Novo Brunswick

Novo Brunswick (en inglés: New Brunswick; en francés: Nouveau-Brunswick) é unha das dez provincias do Canadá, parte das Provincias Marítimas e das Provincias Atlánticas. Novo Brunswick, é a única provincia canadense que posúe o inglés e o francés como linguas oficiais.A maior parte de Novo Brunswick está cuberto por bosques. A silvicultura é unha das principais fontes de renda da provincia. Novo Brunswick é unha das maiores produtoras de madeira do Canadá, así como a maior produtora de papel de periódico do país. As fontes de renda mais importantes de Novo Brunswick son a manufactura, o turismo, a silvicultura, a minería e a pesca.

Novo Brunswick foi orixinalmente colonizada polos franceses, e formou parte da colonia francesa de Acadia, parte de Nova Francia. En 1763, baixo os termos do Tratado de París, os franceses cederon a rexión da actual Novo Brunswick aos británicos. Estes puxeron á rexión o seu nome actual, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido —descendente da familia real británica Brunswick-Lüneburg. Novo Brunswick estaba entón relativamente pouco poboada por colonos europeos —principalmente franceses— ata finais da década de 1770. A Revolución americana de 1776 fixo que preto de 14 mil habitantes das Trece Colonias, leais á coroa británica —e por isto, denominados loyalists (lealistas)—, emigraran á rexión, dando a Novo Brunswick o alcume de The Loyalist Province (A Provincia Lealista).

O 1 de xullo de 1867, Novo Brunswick, xuntamente con Nova Escocia e a provincia do Canadá (actuais provincias de Ontario e Quebec), independizouse do Reino Unido. Xuntamente con Nova Escocia, Ontario e Quebec, Novo Brunswick é unha das catro provincias orixinais da Confederación Canadense.

Tratado de París (1763)

O Tratado de París foi asinado o 10 de febreiro de 1763 polo duque Choiseul, o marqués de Grimaldi e o duque de Bedford, poñendo así fin á guerra dos Sete Anos.

William Pepperrell

William Pepperrell, nado o 27 de xuño de 1696 e finado o 6 de xullo de 1759, foi un comerciante e militar no Massachusetts colonial, coñecido por organizar, financiar e dirixir a expedición que capturou a gornición francesa de Fortaleza de Louisbourg durante a Guerra do Rei Xurxo.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.