Illa das Esculturas

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha insua situada preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Coordenadas: 42°26′24″N 08°38′02″O / 42.44000, -8.63389

Eucaliptos illa das Esculturas
Eucaliptal.

Historia e características

Recentemente a comunidade de montes de Lérez levou a cabo unha talla da maioría dos eucaliptos que había, substituíndoos por árbores autóctonas. A illa é utilizada por moitas aves como lugar de cría. Situada ó carón do campus universitario, é utilizada por bastante xente como lugar de paseo ou adestramento deportivo.

En 1999 levouse a cabo o proxecto de recuperación deste espazo, coa creación de obras de arte contemporánea interrelacionadas coa paisaxe por parte de 12 autores. O proxecto inaugurouse oficialmente o 29 de xullo de 1999.

Obras

  • Cielo acortado, de Giovanni Anselmo.
  • Lamed Vav / Os 36 xustos, de Fernando Casás.
  • sen título, de José Pedro Croft.
  • Pyramid, de Dan Graham.
  • Petrarca, de Ian Hamilton Finlay.
  • sen título, de Jenny Holzer.
  • Saavedra, de Francisco Leiro.
  • Línea de Pontevedra, de Richard Long.
  • Labirinto de Pontevedra, de Robert Morris. Recrea a Pedra do Labirinto, dos petróglifos de Mogor.
  • Una Folie o Pequeño Paraiso para Pontevedra, de Anne e Patrick Poirier.
  • sen título, de Ulrich Rückriem.
  • Xaminorio xunquemenes abay, de Enrique Velasco.

Galería de imaxes

Sen título, obra en granito de Ulrich Rückriem.
Sen título, obra en granito de Ulrich Rückriem
Labirinto de Pontevedra, de Robert Morris.
Labirinto de Pontevedra, de Robert Morris. 
Pyramid, de Dan Graham.
Pyramid, de Dan Graham. 
Saavedra, de Francisco Leiro.
Saavedra, de Francisco Leiro
Femia de cisne aniñando.
Femia de cisne aniñando. 
Lamed Vav / Os 36 xustos, de Fernando Casás.
Lamed Vav / Os 36 xustos, de Fernando Casás

Véxase tamén

Bibliografía

Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.

Casa das Campás

A Casa das Campás é unha das tres construcións máis antigas que se conservan da cidade de Pontevedra, e posiblemente a máis vella das civís. Localízase na rúa Don Filiberto, 11, no casco histórico.

Casa dos Fonseca

A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón na cidade de Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra.

Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra

O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto.

Cisne

Un cisne (Cygnus olor) é unha ave palmípede da familia dos anátidos, de plumaxe branca (tamén pode ser doutras cores), cabeza pequena, caracterizada por un pescozo moi longo que lle dá elegancia.

Convento de San Francisco de Pontevedra

O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades.

Eucalipto

Eucalipto é a denominación dada ás especies vexetais do xénero Eucalyptus (do grego eu (εὖ), ben, e kalyptos (καλυπτός), cuberto; en alusión ás súas flores: ben cubertas, ben protexidas polo opérculo). O xénero inclúe máis de 600 especies autóctonas de Australia que forman parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies propias dos territorios veciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece na Oceanía cos eucaliptos.

A especie do xénero eucalipto máis espallada ao longo do país é o eucalipto azul (Eucalyptus globulus Labill.). A FAO, nunha reclasificación da sistemática desta especie, utiliza a forma E. globulus Labill. subsp. globulus. J. S. Labillardiere foi quen identificou esta especie, en 1792, a partir de mostras recollidas en Tasmania.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Hospital Provincial de Pontevedra

O Hospital Provincial de Pontevedra, de titularidade pública, que entrou en servizo no ano 1897, pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e está situado no barrio da Eiriña.

Isabel Aguirre

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

Labirinto

Un labirinto (do latín labyrinthus, e á súa vez do grego λαβύρινθος labýrinzos) é un lugar formado por camiños ou corredores e encrucilladas, intencionadamente complexo para dificultar a orientación e saída a quen se interne nel.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Niño

Un niño é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia. Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.

Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies. En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.

Palacete das Mendoza

O Palacete das Mendoza é un edificio histórico situado na zona vella da vila de Pontevedra, entre a avenida de Santa María e a rúa Arcebispo Malvar. É a sede do Padroado de Turismo Rías Baixas.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Praza da Ferrería

A praza da Ferrería é un enclave da cidade de Pontevedra situado no límite da zona vella da cidade. Ten unha superficie duns 2.000 m².

Ulrich Rückriem

Ulrich Rückriem, nado en Düsseldorf o 30 de setembro de 1938, é un escultor alemán.

De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.