Illa da Toxa

A illa da Toxa é unha pequena illa situada na ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.

Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.

A Toxa
Illa da Toxa, O Grove, Galicia (Spain)
Illa da Toxa
Illa da Toxa en España

Illa da Toxa
Illa da Toxa
Illa da Toxa en Pontevedra

Illa da Toxa
Illa da Toxa
Localización da illa da Toxa
Situación
PaísGalicia Galicia
ConcelloO Grove
ProvinciaPontevedra
MarOcéano Atlántico
Coordenadas42°29′6.87″N 8°51′0.57″O / 42.4852417, -8.8501583Coordenadas: 42°29′6.87″N 8°51′0.57″O / 42.4852417, -8.8501583
Xeografía
Superficie1´1 km²
Demografía
Poboación29 hab (2016)

Historia

Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar estas atractivos, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións.

Centro termal

Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos (La Toja), hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado Monte central. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).

Ermida

Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián,[1] cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de vieira nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.

Dentro da ermida venérase a imaxe de San Caralampio.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da illa da Toxa
A Toxa 040516 54

Capela da illa da Toxa, recuberta de cunchas de vieira.

A Toxa Galicia

Detalle da capela.

Campo de Golf da Toxa. Punta Cabreira. O Grove

Campo de golf.

Ponte da toxa 1-2

Ponte da Toxa.

A Toxa, Riestra 03-02b

Busto do Marqués de Riestra na Illa da Toxa.

Lugares e parroquias

Parroquias do Grove

Notas

  1. Boletín de la Real Academia de la Historia volume 59, 1969 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Galería de imaxes do Grove

Galería de imaxes do concello do Grove na provincia de Pontevedra.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa da Marma

A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó este da península do Grove.

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa da Toxa Pequena

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Illa de Beiro

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa de Noro

A Illa de Noro (Illa de Ñoro) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao leste da

Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. É unha mole de 4 hectáreas de superficie conformada por bolos graníticos que se elevan ata os 42 metros de altitude, polo que a illa ten unha destacada forma de peñón resquebraxado. A parte sur é chaira e cuberta de pradería, e na norte álzase o peñón. É lugar de nidificación tanto de aves mariñas como terrestres. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa de Pombeiro

A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

Raimundo Riestra Calderón

Raimundo Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1882 e finado na illa da Toxa o 10 de agosto de 1967, foi un avogado, banqueiro e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.