Illa Ínsua

A Ínsua é unha insua portuguesa, que se atopa na desembocadura do río Miño, na fronteira norte entre Portugal e España, na praia de Moledo no condado de Caminha distrito de Viana do Castelo.

É unha illa de granito cunha área de aproximadamente 400 metros de norte a sur. Está situada máis precisamente no lado sur da desembocadura do río Miño, a 3´2 km (O.SO.) de Caminha e a 350 metros da costa. Periodicamente é posible pasar a pé á Ínsua desde a beira portuguesa.

A Ínsua estivo repetidamente unida a terra, datando de 1575 a primeira conexión documentada, repetida en 1582, 1629, 1708, 1895 e 1947.

Ocupando a maior parte, nela atópase o Forte da Ínsua, clasificado polo IPPAR como Monumento Nacional. Dentro da fortaleza, había varias fontes e existe un pozo de auga doce.

Coordenadas: 41°51′32″N 8°52′30″O / 41.85889, -8.87500

Forte da Ínsua 01
Forte da Ínsua
Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.