Il Canto degli Italiani

Il Canto degli Italiani (O canto dos italianos en italiano) é o himno nacional de Italia, cuxa letra foi escrita por Goffredo Mameli, e cuxa música foi composta por Michele Novaro. O Himno é coñecido popularmente coma Fratelli d'Italia (Irmáns de Italia) o seu primeiro verso, ou Inno di Mameli.

Il Canto degli Italiani
En galego: O canto dos italianos
Fratelli d'Italia
Himno deItalia Italia
LetraGoffredo Mameli
1847
MúsicaMichele Novaro
1847
Adoptado12 de outubro de 1946 (de facto)
17 de novembro de 2005 (de iure)
Mostra da música
Inno di Mameli (Instrumental)
Goffredo mameli
Goffredo Mameli
Michele novaro
Michele Novaro

Historia

Durante a ditadura de Benito Mussolini, este himno foi usado polas organizacións antifascistas en contraposición da Marcha Real e a Giovenezza, debido ao seu contido nidiamente liberal e republicano.

Non foi o himno oficial até 2005, aínda que a falta dun definitivo adoitaba ser tocado nos actos oficiais.

O himno

Letra

Orixinal en italiano

Fratelli d'Italia
L'Italia s'è desta
Dell'elmo di Scipio
S'è cinta la testa
Dov'è la vittoria?
Le porga la chioma,
Ché schiava di Roma
Iddio la creò
Stringiamci a coorte
Siam pronti alla morte
L'Italia chiamò
Noi fummo da secoli
Calpesti, derisi,
Perché non siam popolo,
Perché siam divisi.
Raccolgaci un'unica
Bandiera, una speme:
Di fonderci insieme
Già l'ora suonò.
Stringiamci a coorte
Siam pronti alla morte
L'Italia chiamò.
Uniamoci, amiamoci,
l'Unione, e l'amore
Rivelano ai Popoli
Le vie del Signore;
Giuriamo far libero
Il suolo natìo:
Uniti per Dio
Chi vincer ci può?
Stringiamci a coorte
Siam pronti alla morte
L'Italia chiamò.
Dall'Alpi a Sicilia
Dovunque è Legnano,
Ogn'uom di Ferruccio
Ha il core, ha la mano,
I bimbi d'Italia
Si chiaman Balilla,
Il suon d'ogni squilla
I Vespri suonò.
Stringiamci a coorte
Siam pronti alla morte
L'Italia chiamò.
Son giunchi che piegano
Le spade vendute:
Già l'Aquila d'Austria
Le penne ha perdute.
Il sangue d'Italia,
Il sangue Polacco,
Bevé, col cosacco,
Ma il cor le bruciò.
Stringiamci a coorte
Siam pronti alla morte
L'Italia chiamò

Tradución ao galego

Irmáns de Italia,
Italia esperta,
o helmo de Escipión
cínguese á testa.
Onde está a Vitoria?
Ofreza esta a cabeleira,
que escrava de Roma
Deus a creou.
Estreitémonos en cohorte,
preparados para a morte;
Italia chamou.
Nos dende fai séculos
pisados, humillados estamos,
porque non somos un pobo,
porque estamos divididos.
Unha única bandeira nos axunte,
unha Esperanza:
de unirnos
xa a hora soou.
Estreitémonos en cohorte,
preparados para a morte;
Italia chamou.
Unámonos, amémonos,
a unión e o amor
revelan aos pobos
as vías do Señor.
Xuramos ceibar
o chan natal:
unidos por Deus,
quen nos pode vencer?
Estreitémonos en cohorte,
preparados para a morte;
Italia chamou.
Dende os Alpes a Sicilia,
Onde se queira que haxa un Legnano,
Todo home de Ferruccio
ten o corazón, ten a man.
Os nenos de Italia
Chámanse Balilla
O son das trompetas chamou
ás Vésperas.
Estreitémonos en cohorte,
preparados para a morte;
Italia chamou.
Xuncos dobrados son
as espadas vendidas.
Xa a aguia de Austria
as plumas perdeu;
O sangue de Italia,
o sangre polaca,
bebeu co cosaco,
mais o corazón lle queimaron.
Estreitémonos en cohorte,
preparados para a morte;
Italia chamou.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.