Igrexa de Santiago de Bembrive

A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive.[2] É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo, sendo as outras dúas a igrexa de Santa María de Castrelos e a igrexa de San Salvador de Coruxo.[3]

Igrexa de Santiago de Bembrive
Iglesia de Santiago de Bembrive 2
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónBembrive, Vigo
Coordenadas42°12′14″N 8°41′12″O / 42.20395, -8.68672222Coordenadas: 42°12′14″N 8°41′12″O / 42.20395, -8.68672222
CatalogaciónBIC (incoado expediente en 1980) [1]
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculos XII-XIII
EstiloRománico
Santiago de Bembrive en Pontevedra

Santiago de Bembrive
Santiago de Bembrive
Localización de Santiago de Bembrive.

Construción

Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223.[2] A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.[4]

Elementos

Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.[2]

Devoción

O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.[3]

Galería de imaxes

Bembrive Santiago 39
Iglesia de Santiago de Bembrive 4
 
Bembrive Santiago 40
 
Bembrive Santiago 45
 
Bembrive Santiago 42
 

Notas

  1. Resolución do 10 de marzo de 1980 BOE nº 94 do 18 de abril de 1980.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Igrexa de Santiago de Bembrive". Turgalicia. Consultado o 19/8/2015.
  3. 3,0 3,1 "Iglesia de Santiago de Bembrive" (en castelán). Galicia Máxica. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 19/8/2015.
  4. "Igrexa Románica de Bembrive". Concello de Vigo. Consultado o 19/8/2015.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Arquitectura románica en Galicia

A arquitectura románica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións erixidas en Galicia durante os primeiros séculos da baixa Idade Media. Sen dúbida, a obra fundamental do Románico galego é a Catedral de Santiago de Compostela, modelo de igrexa de peregrinación, con conxuntos escultóricos (Pórtico da Gloria) de entre os máis senlleiros da Europa occidental.

Bembrive, Vigo

Santiago de Bembrive (do latín bene vivere que significa 'lugar bo para vivir') é unha entidade local menor e parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.