Igrexa de San Martiño de Rebordelo

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Coordenadas: 42°27′57″N 08°29′23″O / 42.46583, -8.48972

Rebordelo

Arquitectura

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha seteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].

Notas

  1. "Un raio esnaquiza o campanario da igrexa de Reboredo, en Cotobade", artigo no Diario de Pontevedra, 31 de outubro de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Rebordelo, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Rebordelo é unha parroquia que se localiza centro do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 145 habitantes (66 homes e 79 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó 2005 cando tiña 167.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.