Igrexa de Inglaterra

A Igrexa de Inglaterra é unha igrexa cristiá anglicana, que ten a condición de relixión de estado de Inglaterra e é igrexa nai da Comuñón Anglicana. A cabeza espiritual da Igrexa é o arcebispo de Canterbury que o é tamén da Comuñón Anglicana. O monarca británico ten o título constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra. O Sínodo Xeral é o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as súas medidas teñen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o plácet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdición sobre a Illa de Man, Illas da Canle, algunhas parroquias de Flintshire (Gales) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e conta con 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considérase dentro da tradición reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou á separación dos protestantes e en non recoñecer a autoridade do Papa, e tamén dentro da tradición católica (mais non católica romana) xa que se considera continuadora da tradición apostólica. Establece a Biblia como única fonte de fe, admite a súa libre interpretación e afirma o carácter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquía de subordinar os intereses eclesiásticos aos políticos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII. María I de Inglaterra retornou á obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecución contra os non católicos, a situación deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.

Igrexa de Inglaterra
Church of England
Canterbury Cathedral - Portal Nave Cross-spire.jpeg
Historia
Fundación1534
MotivoO Rei Henrique VIII separou a Igrexa da Santa Sé logo dunha disputa pola negativa da anulación do seu casamento con Catarina de Aragón
Separada deIgrexa católica latina
EscisiónsIgrexa en Gales
Parte deComuñón Anglicana
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
Gobernadora SupremaIsabel II
PrimadoJustin Welby
EstruturaDividida en 44 dioceses
AgrupaciónsComuñón de Porvoo
Clasificación
GrupoAnglicanismo
OrientaciónCristianismo occidental
Demografía e cultura
Fieis27 000 000
PaísesInglaterra, Illa de Man, Illas da Canle, Xibraltar, Europa Continental
Linguas litúrxicasInglés
Outros datos
Sede centralLondres
Páxina webchurchofengland.org
23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

Arcebispo de Canterbury

O arcebispo de Canterbury é o bispo primado da Igrexa de Inglaterra e da Comuñón Anglicana. A súa sé episcopal é a diocese de Canterbury. Funciona tamén como metropolitano da provincia de Canterbury. Considerado un dos cinco grandes, co arcebispo de York e os bispos de Londres, Durham e Winchester. A súa diocese cobre o leste de Kent. O arcebispo de Canterbury é, ex officio, membro da Cámara dos Lores. O actual arcebispo de Canterbury é Justin Welby.

Canterbury

Canterbury é unha pequena cidade do sueste de Inglaterra, non lonxe de Londres, sobre o río Stour, pertencente ao condado de Kent. Tiña 55 240 habitantes no 2011.

Carlos II de Inglaterra

Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II.

A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento. Foi durante o seu reinado cando se desenvolveron os partidos Whig (liberal) e Tory (conservador). Fíxose soado polos seus numerosos fillos ilexítimos, dos que recoñeceu a catorce. Coñecido como o Alegre Monarca, Carlos II favoreceu as artes e foi menos restritivo que os seus predecesores. Ao abrazar o catolicismo no seu leito de morte, Carlos II converteuse no primeiro católico romano que reinaba en Inglaterra desde a morte de María I en 1558, e en Escocia desde a deposición de María I de Escocia, en 1567.

Catedral de Canterbury

A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a catedral do arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é o foco da Relixión Anglicana. O seu título formal en inglés é Cathedral and Metropolitical Church of Christ at Canterbury.

Foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988, xunto á abadía de San Agostiño e igrexa de San Martiño, tamén en Canterbury.

Catedral de San Paulo de Londres

A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.

A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.

Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra e foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileo das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.

Comuñón anglicana

O termo anglicano e o seu derivado anglicanismo, proveñen do latín medieval ecclesia anglicana, que significa igrexa inglesa, utilízase para describir as persoas, as institucións e as igrexas, como así mesmo ás tradicións litúrxicas e conceptos teolóxicos desenvolvidos tanto pola Igrexa de Inglaterra, no particular, como polas provincias eclesiásticas da comuñón anglicana. Tamén se utiliza no referente ás igrexas anglicanas sen comuñón co Arcebispo de Canterbury, como as partícipes do Movemento Anglicano de Continuación e moitas outras completamente independentes.

Diocese anglicana de Canterbury

A diocese de Canterbury é unha diocese da Igrexa de Inglaterra (Comuñón Anglicana) que abarca o territorio oriental do condado de Kent, Inglaterra. Reclámase herdeira daquela fundada por Agostiño de Canterbury no 597, a arquidiocese de Canterbury, hoxe suprimida. Ten a súa sé na Catedral de Canterbury, e trátase da sé máis antiga da Igrexa de Inglaterra.

Excomuñón

A excomuñón (do latín eclesiástico ex-communicare, "botar da comunidade") é unha censura relixiosa usada para privar, suspender ou limitar a filiación nunha comunidade relixiosa ou para restrinxir certos dereitos dentro dela. O termo aplícase polo xeral a algunha igrexa ou comunidade cristiá, mais hai castigos semellantes noutras relixións. Nalgunhas relixións, a excomuñón inclúe unha condenación espiritual do membro do grupo. Tamén pode implicar o exilio e a vergoña comunitaria da persoa excomungada.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Metodismo

O metodismo ou movemento metodista é o nome que se dá habitualmente a un grupo numeroso e diverso de denominacións cristiás do cristianismo. Historicamente, o metodismo orixinouse na Gran Bretaña do século XVIII e grazas á vigorosa actividade misioneira que foi despregada, estendeuse axiña polos dominios do Imperio británico, os Estados Unidos e máis aló. Orixinalmente convocou especialmente a traballadores, granxeiros pobres e escravos. A súa teoloxía é claramente arminiana cunha énfase no feito de que a salvación é para todo aquel que a acepte. A súa liturxia é moi sinxela e clasifícase, segundo a tradición anglicana, como propia da Igrexa baixa. Calcúlanse 80 millóns de membros a redor de todo o mundo.

Oxford University Press

Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press.

Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.

Esta editora publica varias obras de referencia, entre elas o Oxford English Dictionary, o Oxford Dictionary of English Etymology, o Oxford Advanced Learner's Dictionary, o Concise Oxford Dictionary, os Oxford Worl'd Classics e o Dictionary of National Biography.

Parlamento do Reino Unido

O Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é a institución lexislativa suprema no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar (os cales só teñen Soberanía parlamentaria). Á cabeza está o Soberano. É bicameral, incluíndo unha Cámara alta, chamada Cámara dos Lores, e unha Cámara baixa, chamada Cámara dos Comúns do Reino Unido.

A Cámara dos Lores inclúe dous diferentes tipos de membros: Os Lores Espirituais (os clérigos sénior da Igrexa de Inglaterra) e os Lores Temporais (membros da nobreza). Os membros desta cámara son elixidos pola nobreza, antes eran herditarios, pero na actualidade só dous postos son herditarios. Doutra banda, os membros da Cámara dos Comúns son elixidos democraticamente. A Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns reúnense en Salóns separados no Palacio de Westminster (comunmente coñecido como as Cámaras do Parlamento), en Londres a capital británica (máis precisamente, no municipio; e cidade;coñecida como Cidade de Westminster). Por convención constitucional, todos os ministros de goberno, incluíndo ao Primeiro Ministro son elixidos dende a Cámara dos Comúns ou da Cámara dos Lores.

O Parlamento desenvolveuse a partir do antigo concilio que aconsellaba ao Soberano. En teoría,

o poder non é do Parlamento senón da Raíña "Queen-in-Parliament" ou do Rei ("King-in-Parliament"). A miúdo dise que a Raíña ten autoridade soberana, con todo esta posición é debatible. Nos tempos modernos, o poder real

está nas eleccións democráticas das Cámara dos Comúns. O Soberano actúa só como unha figura decorativa e os poderes da Cámara dos Lores están amplamente limitados.

O Parlamento Británico é a miúdo chamado a "Nai dos Parlamentos", dado que os poderes lexislativos de moitas nacións; os máis destacados, son os membros da Commonwealth; adoptaron este modelo. Con todo, esta é unha frase de John Bright, quen remarcou o 18 de xaneiro de 1865 que "Inglaterra é a Nai dos Parlamentos" no contexto de apoiar as demandas para os dereitos ao voto nun país que iniciara o goberno parlamentario.

Parroquia eclesiástica

A parroquia —do latín eclesiástico parochĭa, e este do grego antigo παροικία paroikía, 'habitar cerca'— é unha división territorial das igrexas cristiás.

En particular, a parroquia encóntrase nas Igrexas Católica, Ortodoxa, Anglicana (Igrexa de Inglaterra), de Escocia, de Suecia, Metodista Unida e Presbiterianas.

O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.

Protestantismo

O protestantismo abrangue o conxunto das igrexas e comunidades cristiás xurdidas no século XVI en Europa Occidental, separadas da Igrexa católica a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño Martiño Lutero, iniciador do luteranismo.

Puritanismo

O puritanismo, unha parte radical do protestantismo, tivo a súa orixe na Inglaterra posterior á Reforma en Inglaterra, durante o reinado de Isabel I de Inglaterra.

Reforma protestante

A Reforma protestante, ou simplemente a Reforma, foi un movemento de reforma cristiá no Sacro Imperio Romano Xermánico que xeralmente se considera que comeza a partir da publicación das 95 Teses de Martiño Lutero, en 1517, aínda que existen unha serie de precursores como Jan Hus anteriores a este evento. Como período histórico, a Reforma considérase que termina coa Paz de Westfalia en 1648 dando fin ás guerras de relixión en Europa; con todo, moitas das denominacións que se produciron durante este período seguen existindo e o protestantismo constitúe unha das ramas máis importantes do cristianismo hoxe en día. Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar a Igrexa católica, os movementos acabaron coa escisión dos grupos reformistas e co establecemento de novas institucións, principalmente, o luteranismo, o calvinismo e o anabaptismo.

Moitos católicos de Occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda de indulxencias. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa (simonía), considerada naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición do Papa.

A Reforma en xeral considérase que comeza o 31 de outubro de 1517, na actual rexión alemá de Saxonia, cando Martiño Lutero cravou unha copia das súas noventa e cinco teses na porta da igrexa do castelo de Wittenberg, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da igrexa referente ao purgatorio. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes como John Wycliffe e Jan Hus. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, como Huldrych Zwingli e Jean Calvin, seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da igrexa atacadas polos reformistas incluían o purgatorio, o xuízo particular ás almas, a devoción pola Virxe María, a intercesión dos santos, a meirande parte dos sacramentos, o celibato que debían gardar os sacerdotes e os monxes, e maila autoridade do Papa.

O movemento de reforma pronto se dividiu en diferentes liñas doutrinais. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciron á aparición das igrexas protestantes rivais. As denominacións cristiás máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron os luteranos, os reformados/calvinistas/presbiterianos e os anabaptistas. A Reforma protestante tamén é coñecida como a Reforma xermánica, a Revolución protestante, a Revolta protestante e, en Alemaña, a Reforma luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos de Inglaterra, que levarían á formación da Igrexa anglicana. Alí, o período de reforma coñécese como a Reforma inglesa. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso de Contrarreforma na Igrexa católica. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos

Dioceses da Igrexa de Inglaterra
Provincia de Canterbury:
Provincia de York:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.