Igrexa da Nosa Señora da Escravitude

A Nosa Señora da Escravitude é unha igrexa mariana enclavado na Escravitude, aldea da parroquia de Santa María de Cruces, Padrón. A carón do templo pasa o camiño portugués do Camiño de Santiago.

Coordenadas: 42°47′02″N 08°38′59″O / 42.78389, -8.64972

Fachada da igrexa de A Escravitude (tríptico)

Orixe

Patio da Igrexa da Escravitude (díptico)

A tradición recolle dous feitos que determinaron a construción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore. Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi situada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa.

O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropisía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara o Hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade. A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, doou o carro e os bois. Ó espallarse a nova, a fonte comezou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns.

O tren ao seu paso por A Escravitude
O tren que vai de Vigo á Coruña, visto dende o patio da igrexa.

Historia do edificio

Con estas achegas construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa. O documento notarial da pintura do retablo maior data a finalización das obras no 1743. No ano 1885, grazas ao financiamento dun galego enriquecido en América, construíuse unha segunda torre simétrica á que xa tiña o templo no 1743, sendo ese o aspecto do edificio que chegou aos nosos días.

Véxase tamén

Bibliografía

Cruces, Padrón

San María de Cruces é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.144 habitantes (569 homes e 575 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.325 habitantes.

Galería de imaxes de Padrón

Galería de imaxes do concello de Padrón na provincia da Coruña.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.