Ignacio de Loiola

Santo Ignacio de Loiola, nado en Azpeitia en 1491 e fiando en Roma o 31 de xullo de 1556, foi un relixioso vasco, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os xesuítas, unha compañía relixiosa católica establecida co fin de fortalecer á Igrexa, inicialmente contra o protestantismo.

Santo Ignacio de Loiola
Ignatius Loyola
Retrato de Santo Ignacio
Biografía
Nacemento1491 en Azpeitia
Pasamento31 de xullo de 1556 en Roma
Proceso de canonización
Beatificación27 de xullo de 1609 por Paulo V
Canonización22 de maio de 1622 por Gregorio XV
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Comuñón Anglicana
Festividade31 de xullo
Calendario litúrxico31 de xullo, Memoria
Patrón/a deDiocese de San Sebastián

Traxectoria

Nacido posibelmente a 24 de decembro de 1491, recibiu o nome de Íñigo López na localidade de Loiola (en castelán Loyola), no actual municipio de Azpeitia, a preto de vinte quilómetros ao suroeste de Donostia no País Vasco.

Ignacio foi o máis novo de trece irmáns. O seu pai faleceu cando tiña apenas sete anos de idade. En 1506, tornouse paxe dun familiar, Juan Velázquez de Cuellar, tesoureiro (contador mayor) do reino de Castela. Como cortesán, levou vida liviá.

En 1517, Ignacio tornouse militar. Gravemente ferido nunha batalla en Pamplona o (20 de maio de 1521), pasou meses impedido, no castelo do seu pai.

Aspiración relixiosa

Durante o seu período de recuperación leu numerosos textos relixiosos sobre a vida de Xesuscristo e dos santos da Igrexa. Colleu teima coa idea ascética dunha vida de auto-abnegación, emulando os feitos heroicos de Francisco de Asís e outros líderes monásticos. Decidiu dedicar a súa vida á conversión dos infieis en Terra Santa.

Durante ese período, Ignacio desenvolveu os primeiros planos dos exercicios espirituais (Ejercicios espirituales), que chegarían a adquirir unha grande influencia na mudanza dos métodos de propaganda da Igrexa; "o muíño para onde todos os xesuítas son arrastrados; eles emerxen con caracteres e talentos diversos, mais as marcas impresas permanecerán indelébeis" (Cretineau-Joly).

Após ter recuperado a saúde, visitou o mosteiro dominico de Montserrat (25 de marzo de 1522), onde pendurou o seu equipamento militar perante unha imaxe da Nosa Señora. En breve entrou no mosteiro de Manresa (apenas morou nunha cela do mosteiro como hóspede, mais non era monxe), en Cataluña, onde practicou o máis rigoroso ascetismo

Dise que tivo visións. A Virxe viróuselle en obxecto dunha devoción cabaleiresca. Imaxes militares tomaron grande importancia na súa contemplación relixiosa.

Estudos en París

En 1528 entrou para a Universidade de París, onde ficou sete anos e estendeu a súa educación literaria e teolóxica, tentando captar o interese dos outros estudantes para os seus exercicios espirituais. En 1534 tiña seis seguidores — Pedro Faber, Francisco Xabier, Alfonso Salmeron, Jacó Laines e Nicolau Bobedilla, dos diferentes reinos españois, e Simão Rodrigues, portugués.

Fundación da Compañía de Xesús

En 15 de agosto de 1534 el e os outros seis fundaron a Compañía de Xesús na igrexa de Santa María, en Montmartre, "para efectuar traballo misioneiro e de apoio hospitalario en Xerusalén, ou para ir onde o Papa quixer, sen cuestionar". En 1537 eles viaxan a Italia para procurar a aprobación papal da súa compañía. O Papa Paulo III concedeulles unha recomendación e permitiu que fosen ordenados padres. Foron ordenados en Venecia polo bispo de Arbe (24 de xuño).

Dedicáronse inicialmente a pregar e a facer obras de caridade en Italia. A guerra re-encirrada entre o emperador, Venecia, o Papa e os turcos otománs, impedía calquera viaxe até Xerusalén ou cando menos facíaas pouco aconsellábeis.

Na compaña de Faber e Lainez, Ignacio viaxou a Roma en Outubro de 1538, para pedirlle ao Papa a aprobación da nova compañía. A congregación de cardinais, deu unha opinión positiva á constitución presentada, e en 27 de Setembro de 1540, o Papa Paulo III confirmou a compañía mediante a Bula "Regimini militantis Ecclesiae", que integra a "Fórmula do Instituto" onde está contida a lexislación substancial da nova compañía. O número dos seus membros foi, no entanto, limitado a 60. Esta limitación foi porén posteriormente abolida pola bula "Injunctum nobis" de 14 de marzo de 1543.

Superior Xeneral Xesuíta

Ignacio foi escollido como o primeiro Superior Xeneral da Compañía de Xesús. Enviou os seus compañeiros como misioneiros para criaren escolas, liceos e seminarios por Europa toda.

En 1538 foran impresos os Exercicios espirituais, obxecto de inspección pola Inquisición romana, tendo sido no entanto autorizados.

Ignacio escribiu as Constitucións Xesuítas, adoptadas en 1554, que criaran unha organización xerarquicamente ríxida, enfatizando a absoluta auto-abnegación e a obediencia ao Papa e aos superiores xerárquicos (perinde ac cadaver, disciplinado como un cadáver, en palabras do mesmo Ignacio). O seu grande principio tornouse o lema dos xesuítas: Ad Majorem Dei Gloriam (Pola maior gloria de Deus).

Os xesuítas foron un gran factor no éxito da Contra-Reforma.

Morreu en Roma e foi canonizado a 12 de marzo de 1622 polo Papa Gregorio XV. Festéxase o seu día o 31 de xullo.

31 de xullo

O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

3 de setembro

O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.

Anima Christi

Anima Christi (en galego Alma de Cristo), é unha pregraria da tradición católica dedicada a Xesús crucificado, que se recita durante a comuñón eucarística.

Azpeitia

Azpeitia é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, en Euskadi. Forma parte da comarca de Urola Kosta.

O seu termo municipal ten unha extensión de 69,39 km². Limita ao norte con Deba e Zestoa, ao oeste con Azkoitia, ao sur con Ezkio-Itsaso, Zumarraga e Beasain e ao leste con Errezil e Beizama. Tiña en 2015 unha poboación de 14.675 habitantes.

No seu termo municipal atópase Loiola, berce de San Ignacio de Loiola, onde se sitúa, arredor da súa casa natal, un complexo monumental e relixioso.

Clero

Clero é o nome colectivo que engloba de forma xeral aos homes que foron ordenados para o servizo relixioso, sacerdotes e diáconos. O nome individual é crego.

Na maior parte das relixións o clero actúa dentro e, en ocasións, fóra dos lugares de culto: hospitais, escolas, misións e incluso no exército (clero castrense).

Hai unha diferenza importante entre o clero e os teólogos. Os primeiros ocúpanse da práctica do culto, mentres que os teólogos son os estudosos da relixión e a teoloxía, e non son necesariamente clérigos (nin sequera necesariamente crentes).

O clero, en moitos países, está protexido por leis especiais (foro eclesiástico) e, en moitos casos, financiado (ou cofinanciado) polo Estado, aínda que os seus recursos proveñen en gran parte das doazóns dos seus fieis. A confesionalidade do Estado ou a total separación Igrexa-Estado poden ter moi distintas situacións intermedias.

A oposición terminolóxica entre os ámbitos relixioso (vida consagrada) e clerical (ordes sagradas) dáse entre dous termos que teñen unha gran parte do campo semántico en común, no uso habitual e en literatura. Aínda máis confusión ou equivocidade tería a terna crego/eclesiástico/relixioso. A distinción entre os tria genera hominu: praelati, continentes e conjugati (clero secular, clero regular —ou vida consagrada— e laicos) víñase explicitando desde a Antigüidade Tardía e os primeiros séculos medievais por autores como Santo Agostiño e San Gregorio o Grande.

Collegium Canisianum

O Collegium Canisianum, ou simplemente Canisianum de Innsbruck, é un seminario internacional de Teoloxía da Igrexa Católica, dirixido pola Compañía de Xesús, e é un dos máis importantes de Austria.

Compañía de Xesús

A Compañía de Xesús (en latín Societas Iesu, S.I.) é unha orde relixiosa católica fundada por Ignacio de Loiola, que despois foi canonizado como Santo Ignacio de Loiola.

Diocese católica latina de Bilbao

A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.

Diocese católica latina de Donostia

A diocese de Donostia é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Arantzazu e de Loiola. O bispo actual é José Ignacio Munilla.

Filipe Neri

Filipe Neri (1515-1595). Denominado apóstolo de Roma nun momento de grande desprestixio da relixión católica en Europa, está considerado Patrón dos humoristas.

Francisco Xabier

Francisco Xabier, nado o 7 de abril de 1506 e falecido o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

Ignacio

Ignacio (pronuncia: iɡˈnaθjo̝, iˈnaθjo̝ ou iˈnasjo̝) é un antropónimo de varón en lingua galega. O seu feminino é Ignacia. Existen varias hipóteses sobre a súa orixe etimolóxica, existindo concordancia en que era un nome existente xa no século I en Antioquía. En galego non se adoita pronunciar o g, respectado por etimoloxía, por este mesmo motivo en portugués adóitase grafar de Inácio. Con todo, non foi un nome común en Galiza; de feito ningunha parroquia ten a Santo Ignacio coma padroeiro.

Plaça d'Espanya

A Plaça d'Espanya (en galego: Praza de España) de Barcelona é unha das prazas máis significativas da capital catalá. Foi construída durante a Exposición Internacional de 1929, segundo un proxecto elaborado por Josep Puig i Cadafalch e Guillem Busquets e finalizado por Antoni Darder.

Con 34.000 metros cadrados é a segunda maior praza de España, tras a Praza de España de Madrid, e por diante da Plaça de Catalunya de Barcelona.

É un importante centro do tránsito da cidade, ao confluír nela a Gran Via de les Corts Catalanes, a Avenida do Paral·lel, a rúa Tarragona, a rúa Creu Coberta e a Avenida María Cristina, a través da que se accede á zona de Montjuïc, e onde se sitúa a Feira de Mostras e o Museo Nacional de Arte de Cataluña. Outros edificios importantes da praza son o Centro Comercial Les Arenes (antiga praza de touros, obra de estilo neomudéxar de August Font i Carreras) e o Hotel Plaça, así como as chamadas Torres Venecianas, obra de Ramon Reventós, construídas para a Exposición de 1929. Tamén se atopan o Instituto Municipal de Educación e unha comisaría dos Mossos d'Esquadra.

A nivel de transportes, atópase a Estación de Plaça Espanya das liñas 1 e 3 do Metro de Barcelona, e outra homónima dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya.

Pobo vasco

O pobo vasco (en éuscaro: Euskaldunak) é un grupo étnico que habita na área tradicionamente coñecida como País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por ter uha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.

Pontificia Universidade Gregoriana

A Pontificia Universidade Gregoriana (en latín: Pontificia Universitas Gregoriana, PUG) é unha universidade pontificia situada en Roma. Ten orixe no Collegio Romano fundado por santo Ignacio de Loiola en 1551. O seu nome actual ven do papa Gregorio XIII.

Santuario de Loiola

O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.

Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña. Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción. Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.

Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515, e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.