Iemen

O Iemen[1] é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudita, ao leste co Omán, ao sur co mar de Arabia e mailo golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.

Coordenadas: 15°N 48°L / 15, -48

República do Iemen
الجمهوريّة اليمنية
Al-Ŷumhūriyya al-Yamaniyya
Bandeira do Iemen
Emblema do Iemen
BandeiraEmblema
Yemen (orthographic projection)
Lema: Allah, al-Watan, at-Thawra
(árabe: «Deus, a Patria, a Revolución»)
Capital
 • Poboación
Saná
1 303 000 (2000)
Cidade máis poboadaSaná
Lingua oficialÁrabe
Forma de gobernoRepública parlamentaria
Mahdi al-Mashat
Abdel-Aziz bin Habtour
Unificación22 de maio de 1990
SuperficiePosto 48º
 • Total527 968 km²
 • % auga-
Fronteiras1 746 km
Costas1 906 km
PoboaciónPosto 50º
 • Total (2005)20 727 063 hab.
 • Densidade37 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 112º
 • Total (2005)19 324 millóns US$
 • per cápita745 US$
MoedaRial iemení (YER)
IDH (2007)0,508 (153º) – medio
Xentilicioiemení ou iemenita
Fuso horarioUTC+3
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ye
Prefixo telefónico+967
Prefixo radiofónico7OA-7OZ
Código ISO887 / YEM / YE
Membro de: ONU, Liga de Estados Árabes

Historia

Iemen é un dos centros máis antigos de civilización do Oriente Próximo. A súa terra, relativamente fértil nalgúns vales e seu clima húmido permitiron o desenvolvemento dunha poboación estable. Os seus habitantes, nómades, dedicáronse durante toda a época antiga á gandería e á cría de aves.

Política

Abdul Qadir Bajamal do Congreso Xeral Popular foi primeiro ministro dende o 31 de marzo de 2001 até o 7 de abril de 2007.

Xeografía

Algo maior que España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e por tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.

Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha faixa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, Saná, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o océano Índico e o mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara o leste, na zona fronteiriza con Arabia Saudita e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de lonxitude.

O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.

O país sofre os efectos da desertización e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeis da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.

Economía

Artigo principal: Economía do Iemen.

É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de illamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que volver ao país expulsados en represalia.

Cifras económicas xerais

O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servizos un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servizos. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servizos de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.

Mapas e imaxes

Yemen pol 2002

Mapa

Situationsplan von Aden

Aden (1988)

Yemen-map

Mapa

Yemen governorates english

Divisións administrativas

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.
.ye

.ye é o dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) para Iemen.

2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

22 de maio

O 22 de maio é o 142º día do ano do calendario gregoriano e o 143º nos anos bisestos. Quedan 223 días para finalizar o ano.

Adén

Adén ou Aden (árabe: عدن ʿAdan) é a cidade do Iemen. Situada no Golfo de Adén, 530 000 habitantes (2003)

Construído sobre un antigo lugar volcánico nos tempos do reino de Awsan entre o século V e VII a.C.

A cidade foi visitada por Marco Polo e Ibn Baluta nos séculos XI e XII respectivamente.

O seu porto, situado nunha zona estratéxica na ruta marítima entre a India e Europa fixo da cidade un botín desexable para as potencias marítimas. O 19 de xaneiro de 1839 a Compañía Británica das Indias Orientais atacou Adén para poñer fin aos ataques de piratas contra navíos británicos en ruta cara a India. Adén permaneceu baixo control británico ata 1967, gobernada como parte da India ata 1937 no que se converteu nunha Colonia da coroa británica.

Despois da perda da Canle de Suez en 1956 Adén converteuse na principal base británica na rexión.

O 18 de xaneiro de 1963 Adén incorpórase á Federación de Arabia do Sur. Foi a capital da República Democrática Popular do Iemen ata a unificación do Iemen do Norte e do Sur en 1990, nese ano a cidade foi declarada zona de libre comercio.

Aguia

Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila

A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuido a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.

Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.

As aguias son tamén símbolos utilizados en varios contextos e culturas:

Como símbolo das lexións romanas

Como animal nacional dos Estados Unidos de América

Como símbolo de poder nos pobos maias, aztecas e exipcios. Amón-Ra, a máis grande deidade dos antigos exipcios, era representado coma un home coa testa dunha aguia.

Arabia Saudita

Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000km2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico.

Antes do establecemento do Reino de Arabia Saudita, o estado moderno estaba formado por catro rexións distintas: Hejaz, Najd e partes de Arabia Oriental (Al-Hasa) e Arabia Meridional ('Asir). O Reino de Arabia Saudita foi fundado en 1932 por Ibn Saud; el uniu os catro reinos nun só estado nunha serie de conquistas que comezaron en 1902 coa captura de Riad, o fogar ancestral da súa familia, a Casa de Saud. Dende entón, o estado é unha monarquía absoluta de liñas islámicas, principalmente baixo a influencia do wahhabismo. Arabia Saudita é chamada "a Terra das Dúas Mesquitas Sagradas", en referencia a Al-Masjid al-Haram (na Meca), e Al-Masjid an-Nabawi (en Medina), os dous lugares máis sagrados do Islam. O Reino ten unha poboación de 28,7 millóns, dos cales 20 millóns son sauditas e 8 millóns son estranxeiros.Arabia Saudita é o maior produtor e exportador de petróleo do mundo, e controla a segunda maior reserva de hidrocarburos. Debido ós seus recursos enerxéticos, o reino caracterízase pola súa economía de gran crecemento e por ser o único país árabe que forma parte das economías G20. Tamén é destacable que a súa economía é a menos diversificada do GCC. O país ten un alto Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Está gobernado por un "réxime autoritario" e está clasificado como "Non Libre" pola Freedom House. É o cuarto país do mundo en gasto militar.

É membro activo da Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo, da Organización para a Cooperación Islámica e da OPEP.

Bandeira do Iemen

A bandeira do Iemen (en árabe: علم اليمن‎‎) foi adoptada o 22 de maio de 1990, día da unificación de Iemen do Norte e Iemen do Sur.

Decapitación

A decapitación (do latín caput, capitis, que significa testa) é un xeito de execución que consiste en separar a cabeza do corpo. O resultado é a morte instantánea, xa que cercenar a testa priva a tódolos órganos das súas funcións involuntarias que son esenciais para o corpo, mentres que o cerebro é privado de sangue osixenado.

A decapitación realízase xeralmente cun coitelo, espada, sabre, machado ou guillotina e durante moito tempo foi unha forma normal de aplicala pena de morte. A decapitación accidental pode ser o resultado dunha explosión, accidente de coche ou industrial, a execución errada por enforcamento ou outra ferida violenta. O suicidio por decapitación é raro pero non descoñecido. É unha pena de morte legal en Arabia Saudita, Qatar e Iemen, pero só se aplica no primeiro país.

Golfo de Adén

O golfo de Adén ou Aden atópase no Océano Índico, entre Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.

A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardera e Bosaso, en Somalia.

Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.

Iemen do Sur

A República Democrática Popular do Iemen, ou simplemente Iemen do Sur, foi un estado nacido en 1967, na rexión de Adén, antigo dominio británico, cunha orientación marxista, converténdose no primeiro estado socialista árabe.

O 22 de maio de 1990 creouse a República do Iemen, proxecto comezado en 1981 cando se acorda unha Constitución, unindo a República Árabe do Iemen (Iemen do Norte) e a República Democrática do Iemen. A República Árabe independizárase do Imperio Otomán en 1918, e a República Democrática independizouse do Reino Unido o 30 de novembro de 1967.

Liga Árabe

A Liga Árabe (en árabe:الجامعة العربية al-Jāmiʻa al-ʻArabiya), oficialmente chamada Liga de Estados Árabes (جامعة الدول العربية Jāmiʻat ad-Duwal al-ʻArabiya), é unha organización política internacional de estados árabes da África do Norte, o Corno de África e Asia Occidental.

Foi fundada no Cairo o 22 de marzo de 1945 por seis estados, Exipto, Iraq, Transxordania (renomeada posteriormente como Xordania), Líbano, Arabia Saudita e Siria. O Iemen uniríase o día 5 de maio de 1945. Na actualidade ten 22 membros (incluíndo Siria, aínda que a súa participación quedou en suspenso en novembro de 2011 como consecuencia da represión do goberno durante a insurrección en curso e a guerra civil.) e catro observadores.

O seu obxectivo principal é:

Servir ao ben común de tódolos países árabes, asegurar mellores condicións para tódolos países árabes, garantir o futuro de tódolos países árabes e cumprir os desexos e expectativas de tódolos países árabes.A través de institucións como a Organización da Liga Árabe para a Educación, a Cultura e a Ciencia (ALESCO do inglés Arab League Educational, Cultural and Scientific Organization) e o Consello Económico e Social do Consello da Unidade Económica Árabe (CUEA do inglés Council of Arab Economic Unity), a Liga Árabe facilita programas políticos, económicos, culturais, científicos e sociais destinados a promover os intereses dos países árabes. A organización serviu aos Estados membros como un foro para coordinar as súas posicións políticas, para deliberar sobre asuntos de interese común, para resolver algúns conflitos árabes e para limitar outras, como a crise do Líbano de 1958. A Liga serviu como plataforma para a elaboración de documentos históricos promovendo a integración económica. Un exemplo é a Carta Árabe de Acción Económica Conxunta, que establece os principios para as actividades económicas na rexión.

Cada estado membro ten un voto no Consello da Liga, mentres que as decisións só obrigan a aqueles estados que votaron a favor. Os obxectivos da Liga en 1945 eran reforzar e coordinar os programas políticos, culturais, económicos e sociais dos seus membros, e mediar nas disputas entre eles ou con terceiras partes. Ademais, a sinatura dun acordo sobre cooperación mutua en defensa e economía o 13 de abril de 1950, comprometeu aos asinantes a tomar medidas de coordinación en defensa militar. En marzo de 2015, o Secretario Xeral da Liga Árabe anunciou o establecemento dunha Forza Militar Conxunta co obxectivo de contrarrestar o extremismo e outras ameazas nos estados árabes. A decisión tomouse mentres a Operación Tormenta Decisiva estaba intensificándose no Iemen. A participación no proxecto é voluntaria e o exército intervén só a petición dun dos estados membros. A crecente militarización da rexión e o incremento dos movementos terroristas son as razóns detrás das cales está a creación desta forza militar conxunta, ou JAF (do nome en inglés: Joint Arab Force), financiada polos países ricos do Golfo Pérsico.

Nos primeiros anos da década dos setenta do século xx, o Consello Económico da Liga dos Estados Árabes suxeriu a creación de Cámaras de Comercio conxuntas árabes e europeas. Isto levou, baixo o decreto K1175/D52/G da Liga de Estados Árabes, á decisión dos gobernos árabes de establecer a Cámara de Comercio Anglo Árabe co mandato de "promover, impulsar e facilitar o comercio bilateral" entre o mundo árabe e o seu maior socio comercial, o Reino Unido.

A Liga Árabe xogou un rol similar no deseño de currículos escolares, no avance do papel da muller nas sociedades árabes, promovendo a saúde infantil, fomentando programas para a mocidade e deportivos, preservando o legado cultural árabe e impulsando intercambios entre os estados membros[Cómpre referencia]. Establecéronse campañas de alfabetización, producíronse obras intelectuais e a moderna terminoloxía técnica trasladouse aos estados membros. A Liga fomenta medidas contra o crime e o abuso das drogas, e implícase en temas laborais, especialmente entre os traballadores árabes emigrantes[Cómpre referencia].

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Magreb

O Magreb, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".

Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en día, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Magreb.

Mar Arábigo

O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do Océano Índico, entre a Península Arábiga e a India.

A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur da India. O río Indo é o único río de grande envergadura que flúe cara a este mar.

No noroeste, estréitase para formar o Golfo de Omán que se conecta co Golfo Pérsico no estreito de Ormuz.

Teñen costa sobre o Már Arábigo a India, Irán, Omán, Paquistán, Iemen, os Emiratos Árabes Unidos, Somalia e as Illas Maldivas.

Entre as súas principais cidades costeiras están Bombai na India e Karachi en Paquistán.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Saná

Saná (en árabe: صنعاء, Ṣanʿāʾ), antes xa capital de Iemen do Norte, é desde 1990 capital do Iemen reunificado. En 2007 a súa poboación era de 2.000.000 de habitantes.

Situada no centro dun vasto altiplano, está cercada de murallas, das que sobresaen os típicos pazos iemenís. É o centro comercial, cultural e económico do País. Interiormente está dividida por muros en tres barrios (árabe, turco e hebreo).

Somalia

Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado a norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, a leste e a sur polo Océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e a oeste polo Quenia e pola Etiopía. Capital: Mogadiscio. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.

Tawakkul Karman

Tawakkul Abdel-Salam Karman (en árabe: توكل عبد السلام خالد كرمان Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul, Tawakel), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005. Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís. En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz, sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe, e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar. Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.Un cable saudí de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudí, estaba organizando reunións secretas cos saudís para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos saudís por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.

Países
Países con parte asiática
Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.