Idade dos Metais

A Idade dos Metais[1] é unha das dúas grandes etapas tecnolóxicas nas que tradicionalmente subdividiuse a Prehistoria euroasiática. Por definición, é o período que seguiu á Idade de Pedra e durante o cal o home comezou a fabricar obxectos de metal[2] fundido. A existencia de procesos metalúrxicos é indispensable para establecer a adscrición dunha cultura arqueolóxica a esta etapa, xa que os metais nativos eran traballados por marteleado dende as fases iniciais do Neolítico.[3] Seguindo este criterio, a Idade dos Metais comezaría coas primeiras evidencias de fundición do cobre, que son do VI milenio a. C. (na Anatolia e os montes Zagros) e acabaría coa progresiva entrada na Historia de cada rexión (en Europa isto produciuse durante o I milenio a. C.). En Mesopotamia e Exipto coincide xa co desenvolvemento da escritura e polo tanto a metalurxia alí é plenamente histórica.[4][5]

Or de Varna - Nécropole
Sepultura 43 da Necrópole de Varna, o primeiro ouro traballado do mundo.[6]

Os primeiros indicios de metalurxia en Europa proceden da área dos Balcáns, a mediados do V milenio a.C. e son de orixe autóctona. Para o resto do continente as evidencias aparecen durante a segunda metade do IV milenio a.C., aínda que a súa xeralización e o consecuente abandono da pedra como elemento básico para a fabricación de artefactos só se produciu coa chegada do ferro. Aínda que no Exipto faraónico, pola escaseza de materia prima, esta substitución nunca se produciu.[3]

Dado que non existen rupturas no desenvolvemento das tecnoloxías metalúrxicas entre a Prehistoria, a Protohistoria e a Historia, neste artigo inclúense procesos que se deron en períodos claramente históricos.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Idade.
  2. Real Academia Española (ed.). "Idade".
  3. 3,0 3,1 Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana (primeira ed.). Barcelona: Ed. UOC. p. 172. ISBN 84-9788-153-2.
  4. Heliodoro Núñez e Antonio Paniagua (2001). "La edad de los metales: cronología y períodos". Instituto de Tecnologías Educativas. Consultado o 17 de setembro de 2012.
  5. Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana. pp. 184–185.
  6. "A Caixa saca dun longo esquecemento ao enigmático pobo tracio" (en español). Terra. Arquivado dende o orixinal o 2012-06-28. Consultado o 17 de setembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Arte de Cataluña

A arte de Cataluña tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de forma diversa as múltiples tendencies que produciron no contexto da historia da arte occidental. A arte foi, dende sempre, un dos principais medios de expresión do ser humano, a través do cal expresa as súas ideas e sentimentos, e a forma pola que se relaciona co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica até a máis ornamental, pode ter un contido relixioso ou sinxelamente estético, e pode ser duradeiro ou efémero.

Ó longo da historia, Cataluña acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto da arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir do tempo. Dende aquí xorden os estilos artísticos, que poden ter unha orixe xeográfica ou temporal, ou mesmo reducirse á obra dun artista en concreto, sempre que se producisen unhas formas artísticas claramente definitorias.

A arte catalá é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o territorio: ós primeiros poboadores prehistoricos sucedéronos os outros pobos (celtas e iberos) chegados na Idade dos Metais; estes conviviron máis tarde cos primeiros colonizadores procedentes das civilizacións mediterráneas, os gregos; a continuación chegaron os romanos, que converteron o territorio nunha provincia máis do seu imperio; despois da caída deste, Cataluña formou parte do reino visigodo, e pouco despois do islámico. A Idade Media foi o comezo da cultura catalá como unha entidade propia e definida, cunha lingua de seu, herdeira do latín. Foi unha época de apoxeo para a arte catalá, sendo o románico e o gótico períodos moi produtivos para o desenvolvemento artístico do Principado. Durante a Idade Moderna, o vencellamento con España e a sucesión de varias crises económicas e culturais, a art comeza a esmorecer, sendo o Renacemento e o Barroco estilos non especialmente sobranceiros para a historia da arte catalá. Dende o século XIX, coa revitalización económica e cultural, volve florear a arte; e o modernismo é un dos períodos máis esplendorosos da arte catalá. Malia isto, o século XX supoxo a posta ó día dos estilos producidos polos artistas cataláns, que conectan coas correntes internacionais, xurdindo figuras de primeira orde a escala mundial como Salvador Dalí, Joan Miró e Antoni Tàpies.

Arte móbel

A locución arte móbel, arte moble e tamén, ás veces, arte mobiliar, emprégase dentro do campo de estudo da arte prehistórica para designar a calquera obra de arte (en sentido amplo) realizada sobre un obxecto de dimensións limitadas e manexábeis, é dicir, que poden ser transportadas polo ser humano.

Cangas

Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2017 tiña 26.490 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Fósil

Os fósiles (do latín: fossus, "desenterrado") son os restos ou sinais da actividade de organismos pretéritos. Devanditos restos, conservados nas rocas sedimentarias, poden sufrir transformacións na súa composición (por diaxénese) ou deformacións (por metamorfismo dinámico) máis ou menos intensas. A ciencia que se ocupa do estudo dos fósiles é a Paleontoloxía. Dentro da paleontoloxía están a paleobioloxía, que estuda os organismos das pasado —entidades paleobiolóxicas, que coñecemos só polos seus restos fósiles—, a biocronoloxía, que estuda cando viviron devanditos organismos e a tafonomía, que se ocupa dos procesos de fosilización.

Godella

Godella é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 12.835 habitantes (2008).

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Historia de Birmingham

A historia urbana de Birmingham ten como antecedentes destacables un asentamento da idade de pedra (8400 a.C.) descuberto a carón do centro da cidade e un forte romano ó suroeste (Metchley Fort, a uns 4 km ) que existiu cun pequeno vicus acaroado entre o ano 43 e o 120 da nosa era.

Durante o século VII a colonización das Midlands polos anglosaxóns dá por segura a fundación neste tempo de moitos asentamentos na área da metrópole actual (tribos Beormingas cun líder, talvez ancestral, Beorma), incluíndo o da propia Birmingham pouco despois do 600 como máis tarde, pero aínda non se atoparon achados da súa localización ou disposición concretas (aldeas, granxas dispersas ou unha posesión extensa cun centro de poder).

Historiografía

A historiografía é o rexistro escrito da Historia, é dicir, a memoria fixada pola propia humanidade coa escritura do seu propio pasado.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Monte Neme

Monte Neme é un lugar situado como límite entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. O monte ten 387 metros de altura. Preto do cumio había un crómlech que foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba.

Ourivaría

A ourivería ou ourivaría é o traballo artístico realizado sobre utensilios ou adornos de metais preciosos, ou aliaxes deles para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto. Procede do latín auri ‘ouro’ e faber ‘fabricador’. Os metais que constitúen os obxectos de ourivaría propiamente devanditos son eminentemente a prata e o ouro ou unha mestura de ambos que na antiguedade adoitava chamarse Electró.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Protohistoria

A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Talla lítica

A talla lítica é a labra intencionada da pedra por medio da percusión, ben sexa directa ou indirecta, ou da presión. Escúlpese a materia prima e dáselle forma, aproveitando a fractura concoide, co obxecto de fabricar útiles nucleares, ou para extraer lascas que se poden usar en bruto, ou servir de soporte para ferramentas, retocándoas logo da súa extracción. A talla lítica é o proceso de fabricación de manufacturas máis coñecido da Idade da Pedra e que seguiu sendo moi importante durante a Idade dos Metais, e mesmo seguiu practicándose en tempos históricos. Os obxectos de pedra tallada adrede polos humanos diferéncianse das rompeduras naturais ou accidentais, grazas a que aparecen localizadas en contextos arqueolóxicos ben definidos, e a que os golpes da talla deixan negativos de lascado que seguen certa tendencia, certa orde imposible de atribuír á natureza. O repertorio de xestos de talla organizada vaise coñecendo cada vez mellor e permite establecer diagnósticos cada vez máis seguros, así como un repertorio de pautas morfolóxicas, técnicas e funcionais que son as que permiten establecer a tipoloxía lítica, é dicir, a clasificación, análise e comparación dos artefactos de pedra tallada. A talla lítica non é, en calquera caso, máis que unha das fases da vida dun artefacto lítico ou, por expresalo en términos científicos máis precisos, só é unha porción relativamente curta da cadea operativa. Esta nace coa necesidade ou a idea que estimula ao ser humano a iniciar a súa actividade produtiva, segue coa procura da materia prima pétrea, a súa transformación mediante a talla, ata conseguir os útiles necesarios. Despois está a súa utilización, incluíndo varias fases de mantemento da funcionalidade mediante aguzados sucesivos e, cando a ferramenta é xa inservible, o seu abandono ou a súa reciclaxe noutra peza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.