Idade de Pedra

A Idade de Pedra[1] é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra
Harpons et bâtons sculptés
Arpóns e paus da Idade de Pedra

África

África é o berce da humanidade e actualmente o continente con máis pobos primitivos superviventes, disto dedúcese que a Prehistoria de África é a máis longa e complexa de todo o globo.

A diferenza de Eurasia e, incluso, de América, os cambios climáticos ocorridos durante a Prehistoria no continente africano non foron glaciacións, senón períodos de maior humidade, chamados pluviais, alternados con outros de máis aridez, interpluviais, aínda que a súa determinación e cronoloxía son bastante difíciles de delimitar (para algúns os episodios pluviais correspóndense coas glaciacións, para outros, cos interglaciares):[2]

  • Kagueriense: sería o pluvial coñecido de maior antigüidade, identificado no val do río Kaguera (Uganda) e coetáneo coa glaciación Günz centroeuropea.
  • Kamasiense: ou segundo episodio pluvial, coetáneo coa glaciación Mindel europea. A súa duración e as súas fases son tema de forte controversia.
    • Kanjeriense: ou terceiro pluvial, recibe o seu nome dunha pequena localidade de Kenya coñecida como Kanjera, que se atopa á beira do lago Vitoria, onde ademais se localizaron algúns asentamentos olduvaienses. Aínda que o Kanjeriense sería contemporáneo do Riss centroeuropeo, hai quen o considera un estadio subsidiario do Kamasiense.
  • Gambliense: Existe unha dúbida sobre se consideralo o terceiro ou o cuarto pluvial africano (dependendo da categoría que se lle dea ao Kanjeriense). En calquera caso, adoita asociarse á última glaciación, o Würm centroeuropeo. Identificouse por primeira vez nos sedimentos da cova de Gamble (Gamble's cave), na localidade de Elmenteita (Kenya), onde Louis Leakey o asociou co Stillbaiense.
    • Makaliense: este episodio non é pluvial, senón unha fase húmida; demostrouse a súa existencia nos sedimentos do río Makalia (Kenya). Sucedeu a un período árido coñecido coma Postgambliense e ambos os dous parecen ser contemporáneos do período posglacial europeo. Aparentemente, o Makaliense asóciase estreitamente ao desenvolvemento da cultura Wilton no sur do continente.

Norte de África

Norte de África

A África Mediterránea ten durante a Idade de Pedra, unha periodización esencialmente paralela á europea,[3] cando menos ata o Neolítico, pero despois, a influencia da civilización exipcia e a chegada de colonizadores fenicios acelera o ritmo evolutivo en relación a Europa.[4]

O Paleolítico

As culturas máis antigas pódense inserir no Olduvaiense, localizado en sitios arqueolóxicos coma Sidi Abderramán en Casablanca (Marrocos), estudado polo profesor Pierre Biberson e datado en preto dun millón de anos, o que puido establecer unha transición gradual desde unha cultura na que predominan os croios tallados, ata outra na que o biface é o fósil director. As industrias de Sidi Abderramán poderían vincularse ao tipo humano atopado por Camille Arambourg en Ternifine (Alxeria), o denominado Atlanthropus mauritanicus (en realidade unha variedade de Homo heidelbergensis).[5]

Atlanthropus mauritanicus
Mandíbula de Ternifine (Atlanthropus mauritanicus)

O Achelense[6] é moi antigo e moi abundante nesta zona; destacan, entre outros, sitios arqueolóxicos coma Sidi Zin (Tunisia), Ain Fritissa (Marrocos), Arka, Erg Tihodaine, Tachengit e Tabelbalá (todos en Alxeria); Abbassieh, Kharga e Gurnah (estes en Exipto). Só en Alxeria foi posible establecer unha secuencia completa do Achelense norteafricano (entre 800.000 e 100.000 anos de antigüidade), especialmente rico en fendedores, amais de bifaces.

O Paleolítico medio norteafricano nace coa chegada dos neandertais, probablemente procedentes de Europa, portando a súa cultura Musteriense. Recentemente reavivouse a controversia sobre o itinerario que seguiron os neandertais entre África e Europa, xa que, aínda que se chegara ao consenso de que foi a través do Próximo Oriente, recentes descubertas parecen demostrar que polo menos houbo comunicación a través do estreito de Xibraltar, probablemente en ambos os dous sentidos.[Cómpre referencia] Porén, o Paleolítico medio norteafricano, tan similar ao europeo ata hai pouco máis de 50.000 anos, inicia un período ocupado por unha industria sen paralelo, denominada cultura Ateriense, que recibe o nome do sitio arqueolóxico de Bir el-Ater, en Alxeria. O Ateriense é moi similar ao musteriense e, de feito, algúns sosteñen que deriva deste, pero se distingue del porque a maior parte dos útiles son pedunculados (raspadeiras, puntas, raedeiras etc.) e pezas foliáceas con retoque cubrinte. Asóciase ao tipo humano de Jebel Irhoud (Marrocos). O Ateriense é moi abundante durante uns 20.000 anos (Bir el-Ater, Taforalt, Temara, Dar-es-Soltan...), pero hai 30.000 anos comeza o seu declinio, aínda que perdura marxinalmente deica o Holoceno, hai 12.000 anos. O Ateriense asóciase a condicións climáticas secas, polo que a súa máxima expansión coincide con períodos de aridez. De feito, sospéitase que as súas raigañas se afunden ata o ano 70.000 a.C.; en troques, o seu ocaso é froito dun clima máis benigno no Sáhara, o que provocou a chegada de pobos máis avanzados, humanos modernos con culturas laminares, fundamentalmente a Iberomaurisiense e outras que se citan a continuación. De todos os xeitos, durante varias decenas de miles de anos as industrias aterienses conviven coas industrias laminares, ocupando nichos ecolóxicos diferentes.

Jebel-Irhoud
Cranio de Jebel Ihroud (Marrocos)
Ateriense Punta foliácea
Punta foliácea propia do Ateriense
Ateriense punta
Punta pedunculada típica do Ateriense
Ateriense raspador
Raspadeira pedunculada característica do Ateriense

O Paleolítico superior tampouco é igual ao europeo, pois o conxunto de culturas que se dan no norte de África é diferente. A máis coñecida é a Iberomaurisiense ou Oraniense, unha facies cultural propia do Magreb que nace algo antes do 30.000 a.C. e mantén unha extensa lonxevidade, pois aínda permanece presente ao comezo do Mesolítico, desaparecendo hai uns 8.000 anos. A súa orixe e características son aínda tema de debate, e de feito teñen sido obxecto de todo tipo de especulacións sobre as súa raigaña ateriense, para uns, traída por inmigrantes da península Ibérica, segundo os que lle deron o seu nome, e de procedencia oriental (chegada de primitivos modernos) segundo a maioría. É unha cultura leptolítica, isto é, laminar: na que as follas líticas xa son esenciais como soportes para todo tipo de trebellos, obtidos por medio de retoque abrupto, e que co tempo tende á microlitización, documentándose, incluso a técnica do microburil. Asóciase a restos humanos de aspecto cromanoide europeo, coma os de Mecha el-Arbi e Afalou Bou Rummel;[7] pero tamén ten moitas semellanzas con industrias de zonas situadas máis ao leste, sen que se puidese pescudar cal delas é a máis antiga. Isto refírese a culturas coma a Dabbaniense (Libia), a Mochambiense, a Qadense e outras culturas do val do Nilo, dunha antigüidade mínima de 40.000 anos, con numerosas raspadeiras, raedeiras, burís e follas de bordo abatido. O microlitismo aparece moi cedo, contra a 14.000 anos de antigüidade; estas culturas variadas e, ao tempo, semellantes, enlazan co Capsiense epipaleolítico.

Mechta el-Arbi
Cranio tipo Mechta el-Arbi, con avulsión de incisivos
Iberomaurisiense-Capsiense
Principais asentamentos do Iberomaurisiense e do Capsiense no Magreb
Capsien burial (Tunisia)
Inhumación Capsiense en posición fetal
Bouteille en œuf d'autruche (Capsien)
Ovo de avestruz preparado como botella
Microburil 4
Técnica do golpe de microburil
Pastoreo en Ksar Amar (Sahara)
Escena de pastoreo gravada en Ksar Amar, Marrocos
Egyptiskgrav
Inhumación geerzense con momificación natural
Vase with gazelles-E 28023- Egypte louvre 316
Cerámica pintada do período Predinástico Primitivo
Fish-shaped kohol palette-E 22731-Egypte louvre 311
Paleta de xisto con forma de peixe
Egypte louvre 314
Estatuíña feminina de marfil de época Amratiense
Africa Subsahariana
Human evolution scheme
Evolución humana

A ferramenta máis coñecida do Achelense é o biface, pero a variedade tipolóxica se multiplica, aparecendo fendedores, triedros, bolas poliédricas e todo tipo de trebellos sobre lascas retocadas. O Achelense africano tamén é lonxevo, xa que perdura ata hai uns 200.000 anos e, a miúdo é común referirse a el coma Fauresmithiense na zona oriental ou Stellenbosch na zona meridional. Posiblemente a expansión do Achelense fóra de África sería consecuencia dunha segunda vaga colonizadora que desta volta, pola contra, non acadou as lindes de Asia.

Pieza foliacea bifacial-2
Peza foliácea

Oriente Medio

Oriente Medio
Dmanisi D-2282

Cranio de Dmanisi

Chopper of Dmanisi

Croio tallado de Dmanisi

Handaxe-of-Um-Qatafa

Biface de Um Qatafa

Cleaver-flake from Tabun

Fendedor de Tabun

Levallois Núcleo Tabuniense

Núcleo Levallois típico

Raedera lateral Tabuniense

Raedeira lateral sobre lasca

Punta Levallois laminar

Buril sobre folla de sílex

Qafzeh skull-11

Primitivo moderno infantil de Qafzeh (Israel), cunha data de 90.000 a.C.

Skhül skull-5

Primitivo moderno adulto de Skhül (Israel), de uns 80.000 a.C.

Neanderthal-burial

Tumba neandertal de Kebara (Israel), datada en 60.000 a.C.

Amud skull

Neandertal de Amud (Israel), 50.000 a.C. (véxase o espazo retromolar)

Endscraper

Raspador sobre folla

Buril diedro

Buril diedro

El-Wad point

Punta de El-Wad

Microlame 0.225.4

Microlito laminar

Grattoir caréné

Raspador carenado

Burin caréné

Buril en fouciño

Flechette Gavaudun 231-3 (3)

Folliña Dufour

Azagaia biapuntada

Natufian-Burial-ElWad
Inhumación Natufiense de Nahal Me'arot, Israel
Mapa do Crecente Fertil en galego
O Crecente Fértil.
Neolitico-agricultura
Neolitico-ganaderia

América

Clovis Point
Punta de lanza tipo Clovis
en Novo México Estados Unidos
Hand Hopewell mica
Man recortada en mica Cultura Hopewell Estados Unidos
Cabeza Colosal nº1 del Museo Xalapa
Cabeza olmeca xigante procedente de San Lorenzo de Tenochtitlán
PeruCaral01
Panorama do sitio Precerámico de El Caral (Perú).
PanamaPrecolPolychrome
Figuriña de tradición chibcha

Europa

Neolítico en Europa
O Neolítico en Europa.
Menhir in Saint-Macaire-en-Mauges
Menhir de
Saint-Macaire (Francia).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para idade.
  2. Huzayyin, S. A. (1936). Revista «Man», número 36, ed. Glacial and Pluvial Episodes of the Diluvium of the Old World: A Review and Tentative Correlation. ISSN: 0025-1496.
  3. Gragueb, Abdelrrazak y Mtimet, Alí (1989). Les Guides Alif Editions de la Mediterranée, Tunis, ed. La Préhistoire de Tunisie et au Maghreb. ISBN 9973-716-10-8.
  4. Tarradell, Miquel (1979). "Prehistoria del Sáhara". En editor Montaner, Barcelona. La Prehistoria, nacimiento y primeras fases de la civilización. pp. 110–121. ISBN 84-7368-022-7.
  5. Arambourg, Camille (1957). "Récentes découvertes de paléontologie humaine réalisées en Afrique du Nord française (L'Atlanthropus de Ternifine - L'Hominien de Casablanca)". Third Panafrican Congress on Prehistory, Livingstone 1955. London, Chatto & Windus (Clark, J.D. et Cole, S., Eds.): 186–194. }}
  6. Alimen, Marie-Henriette, avec la collaboration de José Zuate y Zuber (1978). CNRS, Meudon, Francia, ed. L'Evolution de l'Achuléen au Sahara Nord-Occidental (Saoura - Ougarta - Tabelbala).
  7. En moitos dos restos tense comprobado que os incisivos eran extirpados voluntariamente (como ocorre con algunhas tribos primitivas actuais; é o que se denomina avulsión de incisivos).
  8. Tixier, Jacques (1976). Paris, Éditions du CREP, ed. Le campement préhistorique de Bordj Mellala, Ouargla, Algérie.
  9. Chapa Brunet, Teresa y Delibes de Castro, Germán (1983). "El Neolítico". En editor Nájera, Madrid. Manual de Historia Universal. Tomo I. Prehistoria. pp. 272–274. ISBN 84-85432-06-1.
  10. As primeiras escavacións permitiron estudar as características raciais dos esqueletos badarienses exipcios, chegando á conclusión de que se trataba dun pobo mestizo, medio africano, medio asiático, o que levou a pensar nunha neolitización causada pola chegada de inmigrantes. Pola contra, os recentes estudos do profesor Eugen Strouhal transformaron por completo a visión do asunto; este antropólogo mantén que os badarienses son negros auténticos, procedentes do corazón de África, de xeito que a orixe do neolítico exipcio segue a ser tema de controversia: Strouhal, Eugen (1992). University of Oklahoma Press, ed. Life of the Ancient Egyptans. ISBN 0-8061-2475-X.
  11. Roche, Hélène (1982). "Hadar et les industries préacheuléennes d'Afrique orientale". Bulletin de la Société Préhistorique Française. Tomo 79  (número 6). ISSN 0249-7638.
  12. 12,0 12,1 Leakey, Richard (1981). Ediciones Orbis, S.A., Barcelona., ed. La formación de la humanidade (volumen I). ISBN 84-7634-174-1.
  13. Smith, Tanya M.; Tafforeau, Paul; Reid, Donald J.; Grün, Rainer; Eggins, Stephen; Boutakiout, Mohamed y Hublin, Jean-Jacques (2007). "Earliest evidence of modern human life history in North African early Homo sapiens". Proceedings of the National Academy of Sciences. PNAS  (Marzo). doi 10.1073/pnas.0700747104.
  14. Leroi-Gourhan, André (1980). "El Paleolítico Medio: África oriental y del sur". En editor Labor S.A., Barcelona. La Prehistoria. ISBN 84-335-9309-9.
  15. Tarradell, Miquel, et alter (1979). "Culturas paleolíticas y Mesolíticas en el África subsahariana". En editor Montaner, Barcelona. La Prehistoria, nacimiento y primeras fases de la Civilización. ISBN 84-7368-022-7.
  16. Thackeray, Anne I. (1992). "The Middle Stone Age South of the Limpopo River". Journal or World Prehistory. Vol. 6  (No. 4). doi 10.1007/BF00975633.
  17. Mitchell, Peter (1988). "The Late Pleistocene Early Microlithic Assemblages of Southern Africa". World Archaeology. Vol. 20  (No. 1). ISSN 0043-8243.
  18. Estas datas marcan o evento paleomagnético de Olduvai-Gisla, xa que baixo dos fósiles máis antigos, xacía unha colada basáltica (chamada superficie de Mashavera, de polaridade normal con 1 850 000 anos de antigüidade, sobre a que descansaba o estrato cos restos humanos, líticos e paleontolóxicos. Por riba dos estratos fosilíferos a polaridade xa era negativa, o que indica o fin do evento: Geología de Dmanisi Arquivado 13 de outubro de 2006 en Wayback Machine.
  19. "La industria lítica de Dmanisi". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 12 de maio de 2013.
  20. Leroi-Gourhan, André (1980). "El Paleolítico Medio". En editor Labor SA (Barcelona). La Prehistoria. ISBN 84-335-9309-9 (páxinas 27-34).
  21. de la Torre Sáinz, Ignacio y Domínguez-Rodrigo, Manuel (2000). "El Paleolítico Medio en el Próximo Oriente. Una síntesis regional." (PDF). En Universidad Complutense. Complutum 11. Madrid. pp. 9–27. ISSN 1131-6993.
  22. Orígenes de los Humanos Modernos: ¿Multiregional o Fuera de África?, por Donald Johanson
  23. Holton, Nathan E. (2002). "Tabun C2, The late migration hypothesis and Circum-Mediterranean Gene flow". En Department of Anthropology of the Northern Illinois University. The Tabun C2 mandible: an assessment of mandibular ramus and retromolar space morphology. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 12 de maio de 2013.
  24. Nazareth y Palestina hace 100.000 anos, por Juan Luis Arsuaga
  25. Neanderthals and Modern Humans in Western Asia
  26. Lithic Use-Wear Analysis of Early Ahmarian el-Wad Points: an Example from Southern Jordan Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine., por John K. Williams
  27. Levantine Aurignacian Technology and Subsistence Arquivado 01 de decembro de 2005 en Wayback Machine., por John K. Williams
  28. Tradicionalmente considérase que Europa occidental é o núcleo orixinario do Auriñaciense, pero ultimamente este aspecto estase a cuestionar. O certo é que non se sabe onde xurdiu o Auriñaciense, nin como se estendeu cara a Oriente Medio. Belfer-Cohen, Anna y Bar-Yosef, Ofer (2006). "The geography and chronology of carinated core chaîne opératoire". En 71° Annual Meeting of the Society for American Archaeology, San Juan (Puerto Rico). Core Reduction, Chaîne Opératoire, and Other Methods: The Epistemologies of Different Approaches to Lithic Analysisst. Páxinas 3 y 4.
  29. Se hace camino al andar (sobre a expansión dos seres humanos modernos) por Juan Luis Arsuaga
Arqueoloxía

A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego ἀρχαιολογία (transliteración: archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".

A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos fixeron énfase en aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".

Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.

A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Na actualidade, os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como arqueoloxía industrial.

Sendo a un tempo tanto humanística como científica, a arqueoloxía é unha disciplina académica realmente interdisciplinar. Entre as técnicas analíticas empregadas destacan aquelas que buscan datar os restos do pasado, como a datación por Carbono-14 ou a datación por termoluminiscencia.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Epipaleolítico

Epipaleolítico, que quere dicir Por Encima do Paleolítico, é un vocábulo acuñado a principios do século XX para definir unha fase da Idade de Pedra que ata entón se denominou Mesolítico. Este novo termo intentaba remarcar a continuidade cultural que se demostrou que existía entre ambos os períodos, moi afastada da percepción de ruptura e decadencia que ata entón se tivo desta época.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Neolítico

O Neolítico, Nova Idade de Pedra, (do grego néos "novo" e lithos "pedra"), por contraposición a Paleolítico ou Vella Idade de Pedra, é un dos períodos en que se considera dividida a Prehistoria. Inicialmente déuselle este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra puída que parecían acompañar ó desenvolvemento e expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da agricultura ou da gandaría. Normalmente, pero non necesariamente, vai acompañado polo traballo da olería.

Obsidiana

A obsidiana é unha rocha ígnea cunha composición química de silicatos alumínicos e unha grande porcentaxe (máis do 70%) de óxidos silicios. A súa composición é parella ao do granito e á da riolita. A obsidiana non é cristalina, senón un vidro, un vidro volcánico, e aínda que non é un mineral, ás veces clasifícase como un mineraloide. A súa dureza na escala de Mohs é de 5-5'5 e a súa densidade é de aproximadamente 2'6.

A súa cor é negra, podendo variar segundo a composición das impurezas da verde moi escura á clara, á arrubiada, e posuír vetas en branco, negro e vermello. O ferro e o magnesio coloréana de verde escuro a marrón escuro. Como todos os vidros e algúns outros tipos de rochas, a obsidiana creba con fractura concoidal.

A obsidiana é usada como ornamento. En certas culturas da Idade de Pedra, era moi valorada, porque con ela se podían facer coitelas moi afiadas. Pode golpearse con pedras máis duras para modificar a súa forma. A obsidiana tamén se pode puír para crear espellos rústicos.

As culturas mesoamericanas usaron amplamente a obsidiana para crear ferramentas e adornos. Tamén a usaron para crear armas, como o maqualhuitl ou macana e puntas de lanzas e frechas; porque ao ser moi filosa perforaba e cortaba a pel e a carne con facilidade. Incluso se descubriron instrumentos cirúrxicos precolombianos feitos deste material. Actualmente, utilízanse coitelas de obsidiana nas cirurxías cardíacas e oculares, pois o seu fío é moito máis delgado que o dos escalpelos de aceiro.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.