Idade de Bronce

A Idade de Bronce[1] é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra
Sword bronze age
Espada da Idade de Bronce

O Bronce no Exeo

Bronce antigo

A metalurxia do bronce apareceu no neolítico recente, polo que se produce unha continuidade co período anterior.

Ocúpanse promontorios costeiros e zonas rochosas, abandonando os asentamentos da etapa anterior. Hai grandes asentamentos con sólidos bastións e fortificacións.

Os enxovais nos enterramentos son valiosos. Hai principalmente dous tipos de tumbas en Creta:

  • Tumbas de planta rectilínea.
  • Tumbas de planta circular.

Aparecen tamén os tholoi, que son construcións de planta circular cubertas por unha bóveda ou unha falsa cúpula.

Nas illas Cícladas úsanse cistas de forma trapezoidal, con inhumación individual. Na Grecia continental, o rito funerario é o da inhumación colectiva en tumbas de cámara.

Con respecto á cerámica, nas illas Cícladas hai un predominio das decoracións impresas e incisas, mentres que en Creta a decoración máis frecuente é a pintada. Na Grecia continental, a cerámica leva un recubrimento arxiloso vermello.

A base da economía é a agricultura e a gandaría, amais da caza e a pesca. Introdúcese o cultivo da oliveira e a vide. A gandaría máis importante é a da cabra e a ovella.

No mar Exeo establécese unha área de intenso comercio do metal en Chipre, onde existían minas de cobre; o estaño traíase incluso das illas británicas.

Bronce medio

No Exeo subdivídese en tres zonas:

A navegación foi desenvolvida por aquel entón polo interese do comercio, xa que se intensifican os contactos e intercambios.

O imperio minoico apareceu grazas a este comercio e foi substituído máis tarde polo micénico no bronce recente.

Bronce recente

Hai unha transición do Heládico ao Micénico na Grecia continental, cun incremento da riqueza material, maior centralización do poder, política e economía, aínda que aparecen novas estruturas políticas e sociais.

Hai metais preciosos nos enxovais das tumbas. Estes enxovais nos falan dunha elite pouco numerosa, que acumulaba a riqueza nas súas mans e, posibelmente, foi a clase dominante. A sociedade micénica estaba moi xerarquizada, cunha clara diferenciación nas sepulturas de soberanos, aristocracia, traballadores e artesáns.

Aparecen palacios, no caso de Tirinto, Pilos e Micenas. Deberon ser centros administrativos e de almacenamento. Os núcleos urbanos creceron en torno a estes palacios. Os restos de asentamentos sitúanse na súa maioría en outeiros ou promontorios facilmente defendíbeis.

O estilo micénico de cerámica caracterízase por pintura brillante de cores vermella ou negra, sobre fondo claro.

O bronce en Europa

Bronze age weapons Romania
Obxectos de Romanía pertencentes á Idade de Bronce

Divídese en Bronce Antigo, Bronce Medio e Bronce Final ou tardío.

Bronce antigo

Aínda non se xeneralizou o bronce propiamente dito. Gran parte do comercio desenvólvese en canoas que remontan os cursos fluviais, preferentemente para distribuír cobre. As rexións do norte de Europa e a Península Ibérica relaciónanse por este comercio. A agricultura e a gandaría seguiron sendo a base económica dominante, cunha produción que aumentou co uso do carro e do arado.

Os asentamentos acostuman ser de dous tipos, segundo a localización xeográfica:

  • No leste son hábitats situados estratexicamente, con sistemas defensivos ás veces.
  • No oeste acostuman ser poboados moi pequenos e sen defensas; posibelmente son poboados estacionais.

Europa Central

Esta idade introduciuse cara ao ano (1800 a.C. - 1600 a.C.), seguida do período do bronce medio (1600 a.C. - 1200 a.C.), caracterizado polos enterramento en túmulos, que demostran un alto grao de estratificación social. Destacan dúas culturas:

  • Unetice ou Aunxetitz: Esta cultura controla as rutas comerciais europeas, sendo a intermediaria entre o Báltico, a Grecia Micénica e as Illas Británicas. Explotan as minas de cobre, e a súa economía é gandeira, complementada cos cereais. As sepulturas son de inhumación individual xeralmente en foxas e cistas.
  • Otomani: Trátase de pobos de carácter guerreiro, de gran mobilidade, grazas sobre todo ao uso do cabalo como montura. A súa economía baséase na cría de bois, cabalos e cochos, e tamén no cultivo de cereal.

Europa Mediterránea

Hai poucas evolucións, sen cambios importantes. Varía moito dunha zona a outra, pois algunhas áreas seguen con modelos calcolíticos, e outras xa se inician no bronce.

Europa Atlántica

Esta é unha zona rica en minerais. Destacan as culturas de:

Túmulos armoricanos, en Francia, coas seguintes características:

  • As sepulturas son de inhumación individual.
  • Os seus asentamentos desprázanse desde a costa cara ao interior.
  • Os útiles domésticos fabrícanse en sílex e pedra pulida.
  • A aristocracia guerreira domina aos indíxenas

Wessex, en Inglaterra, cos seguintes trazos:

  • Desenvólvese no sur de Inglaterra.
  • A aristocracia guerreira domina aos indíxenas.
  • Entre 1600 a.C. e 1400 a.C predomina o rito da incineración.

Bronce medio

Hai un predominio do bronce sobre o cobre, e un aumento na elaboración de adornos, armas e utensilios. Este metal relaciónase xa con actividades cotiás.

Europa Central

Caracterízase pola Cultura dos Túmulos. Esta cultura esténdese desde o Rin até os Cárpatos occidentais, e desde os Alpes ao mar Báltico. Chámase así polas sepulturas de inhumación individual con túmulos. Os túmulos son montículos de terra, xeralmente circulares ou ovalados, construídos sobre sepulturas, tanto individuais coma colectivas. É frecuente o depósito de restos óseos de animais nos enterramentos, ao igual que a existencia de enterramentos dobres.

Xeneralízase o uso do bronce, con producións en serie, realizadas con moldes de pedra. A base económica fundamental foi a metalurxia, xa que permitía a aparición de melloras no armamento e nos útiles domésticos. Proliferan os adornos en metal.

Os lugares de habitación non son moi grandes e están situados en zonas altas, con defensas naturais, ás veces rodeados de murallas de madeira e terra, cun ou máis fosos. As vivendas son de planta rectangular ou trapezoidal, construídas con madeira e materiais perecedoiros.

Europa Nórdica

  • A explotación do ámbar permitiu conseguir o cobre e o estaño.
  • Existen talleres locais de fundición, sendo un foco metalúrxico de categoría.
  • Reciben influencias funerarias da Cultura dos Túmulos.

As sepulturas son tumularias, agrupadas en necrópoles, ás veces ao longo de vías naturais de comunicación. Os enxovais son ricos, sobre todo constituídos por armas.

Europa Mediterránea

Danse principalmente dúas culturas, ambas dúas na Península Itálica:

  • No norte da península itálica orixínase a Cultura das Terramaras, que presenta as seguintes características:
    • Éun pobo de pastores e agricultores, cunha pequena metalurxia local.
    • A súa cerámica é de cor negra, decorada.
  • No centro da península itálica desenvólvese a cultura Apenínica, a cal presenta estes trazos:
    • É unha sociedade pastoril, con asentamentos en covas ou en abrigos.
    • A súa economía está baseada na agricultura e a gandaría transhumante.
    • A súa cerámica está gravada con motivos xeométricos.
    • Ten contactos co Exeo

Europa Atlántica

Desenvólvese unha industria do bronce moi activa. Os enxovais son máis pobres que en épocas precedentes.

  • Francia:
    • Ten unha produción metalúrxica de pouca entidade.
    • Destaca a fabricación de machadas.
  • Illas Británicas:
    • O rito funerario é a incineración en urnas.
    • Son escasos os metais nos enxovais.
    • Relacións intensas co continente.

Bronce final ou tardío

O Bronce tardío desenvólvese cara a 1300 a.C. - 700 a.C. e caracterizase pola incineración dos cadáveres, práctica que continúa en Polonia até o ano 500 a.C. dentro xa da Idade de Ferro no período cultural Hallstatt, (700 a.C. - 450 a.C.).

Europa Central

Dáse a Cultura dos Campos de Urnas, caracterizada polas súas necrópoles de incineración e a grande expansión que levaron a cabo no século XIII a.C.

Os pobos indoeuropeos occidentais afincados ao norte dos Alpes compartían unha cultura común desde o século XV a.C. (Cultura dos Túmulos). No século XIII estendérase o costume da incineración e o depósito das cinzas nas características urnas. Coincidindo con este fenómeno cultural, estes pobos, entre os que se encontran os celtas, itálicos e ilirios, inician unha rápida expansión que os leva a conquistar gran parte dos Balcáns e porcións menores de Europa occidental. Tamén destruíron o Imperio Hitita, apoderándose do segredo da metalurxia do ferro. Posteriormente (s. XII) proseguiron as súas campañas por mar, atacando Exipto e colonizando Filistea. Case con seguridade, estes centroeuropeos, xa helenizados, constitúen a misteriosa orixe dos dorios que invadirían Grecia no século I, destruíndo a civilización micénica (véxase Micenas).

Hábitat:

Acostuman ter defensas artificiais ou naturais, e en ocasións ambas. As casas constrúense maioritariamente con madeira e barro, en forma rectangular e trapezoidal.

Enterramentos:

O común é o rito da incineración. Hai tamén outras variantes:

  • Furado escavado na terra, no que se deposita a urna.
  • Sen urna, directamente no buraco.
  • Urnas cubertas por círculos de pedras, cistas etc.
  • Túmulos planos rodeando a foxa.
  • Foxas grandes.

No enxoval acostuma haber cerámica e metais. Ás veces as necrópoles están delimitadas por recintos rituais, xeralmente foxos, de planta circular ou cuadrangular.

Economía:

Hai abundancia de muíños de pedra, brosas de bronce e fouciños, e tamén hai existencia de celeiros. Hai proliferación de oficios e especialización artesanal. Con respecto ao comercio, intensifícanse as relacións comerciais. Melloran os transportes co uso do carro e do cabalo como animal de tiro. Nace o comercio do sal e iníciase a produción de vidro. A cerámica e a ourivaría experimentan un auxe, multiplicándose tamén os centros metalúrxicos.

Europa Nórdica

Dáse a Cultura de Montelius, a cal presenta as seguintes características:

  • Hai unha continuación da etapa anterior.
  • Os poboados sitúanse ás veces en zonas defensivas, sendo casas de barro ou madeira, de planta oval ou rectangular.
  • Os enterramentos son agrupados en grandes necrópoles, e vaise xeneralizando o rito da incineración.
  • Producen vasos e obxectos de ouro.

Europa Atlántica

Hai diferenzas rexionais, aínda que se acentúa a influencia da Cultura dos Campos de Urnas, sobre todo nas armas, e influencias fenicias. A economía é agrícola, e os cabalos úsanse, tanto para tiro coma elemento de prestixio.

Europa Mediterránea

No sur da península itálica dáse un importante comercio con Grecia e co norte da propia península. Hai necrópoles de incineración, con cremacións individuais. Os asentamentos acostuman situarse en lugares elevados, e fortifícanse con murallas. A cerámica faise á man.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para idade.

Véxase tamén

Outros artigos

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Anatomía

A anatomía (do grego anatomē, ‘disección’) é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da fisioloxía, que ás veces recibe o nome de anatomía funcional. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina e con outras ramas da bioloxía.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Arte celta

A Arte celta é a arte asociada cos pobos coñecidos como celtas; aqueles que falaban linguas celtas en Europa dende o período da prehistoria ata a idade moderna, así como a arte de pobos antigos, cuxa lingua é incerta, pero que teñen semellanzas culturais e de estilo cos falantes de linguas celtas.

A arte celta é un termo difícil de definir, abarcando unha extensión enorme dende o punto de vista da xeografía, do tempo e das culturas. Comeza coa continuidade artística en Europa a partir da Idade de Bronce, e de feito a anterior etapa do Neolítico. Con todo, os arqueólogos xeralmente usan a denominación "celta" para referirse á cultura do Idade de Ferro a partir do ano -1000 en diante, até a conquista polo Imperio Romano da maior parte do territorio en cuestión, e os historiadores de arte tipicamente comezan a falar sobre "arte celta" só a partir do período de La Tène (entre o século -V e o -I). "Arte celta antiga" é outro termo usado para este período, stretching in Britain to about -150. A arte da Alta Idade Media de Bretaña e Irlanda, que produciu o Libro de Kells e outras obras mestras, é chamado Arte insular na historia da arte.

Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense ou boirés.

Bronce

O bronce é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como zinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Cista

Unha cista (do grego antigo κίστη, cofre ou caixa) é o nome que recibe en arqueoloxía, unha estrutura feita de pedra usada nos tempos antigos para enterramentos. Trátase do tipo máis sinxelo e simple de dolmen, e consta de pedras verticais ou laxes (dúas, tres ou catro) máis outra horizontal que as cobre. As cistas adoitan seren de pequeno tamaño para facer un osario ou algo maiores para conter un cadáver enteiro, normalmente en posición fetal.

Aparecen por toda toda Europa e Oriente Medio, máis tamén en América. A máis antiga data do 4 300 a.C. e apareceu preto de Lausana (Suíza). A aparición de cistas en escavacións arqueolóxicas adoita interpretarse como signo dunha sociedade evolucionada.

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Cuntis

Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cuntense» .

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Idade de Bronce en Galicia

Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a Galiza procedentes de Portugal hai uns 4 000 anos, durante o Calcolítico ou Idade do Cobre.

Na Idade de Bronce (1800-700 a.C.), a metalurxia comezou a evidenciar cambios tanto na forma coma na técnica coa aparición do bronce. A base económica foi a agricultura e a gandería e mailo aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa Europa atlántica e co Mediterráneo peninsular.

Son numerosas as pezas de ourivaría que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a xerarquización desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o tesouro de Caldas de Reis (Caldas de Reis), hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, así como o casco de Leiro (Leiro, Rianxo), no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, na Coruña.

A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, O Hío (Cangas) e Roufeiro (Nocelo da Pena, Sarreaus).

Da Idade de Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados petróglifos. Aparece a finais desta época a Cultura castrexa.

Idade de Ferro

A Idade de Ferro é a época final do sistema de tres idades, precedida polas Idades de Pedra (Neolítico) e de Bronce. É unha era arqueolóxica na Prehistoria e na Protohistoria de Europa e do Oriente Próximo, e por analoxía tamén é usado para noutras partes do Vello Mundo. O sistema de tres idades foi introducido na primeira metade do século XIX para arqueoloxía europea en particular, pero na segunda metade dese século estendeuse tamén á arqueoloxía de Oriente Próximo. Como suxire o seu nome, é o período en que se desenvolveu a produción de ferramentas e armas mediante a metalurxia do ferro. O ferro é superior ao bronce en relación á dureza e abundancia de xacementos.

A duración da Idade de Ferro varía dependendo da rexión en cuestión. Está definida pola convención arqueolóxica, e a mera presenza de ferro fundido ou ferro forxado non é abondo para representar unha cultura da Idade de Ferro; máis ben, o termo implica que a produción de aceiro ao carbono estaba tan perfeccionada que era posible a produción masiva de ferramentas e armas superiores ás equivalentes en bronce. No antigo Oriente Próximo, esta transición prodúcese no chamado colapso da Idade de Bronce, no século -XII. A tecnoloxía espallouse axiña pola rexión do Mediterráneo e o sur de Asia. Tamén o fixo de xeito máis serodio en Asia central, o leste e centro de Europa, e aínda máis tarde na rexión do norte de Europa, arredor do ano -500.

A Idade de Ferro remata, segundo as convecións, co comezo do rexistro historiográfico. Isto non adoita representar unha diferenza clara no rexistro arqueolóxico. No antigo Oriente Medio remata co estabelecemento do Imperio Aqueménida no -550, (considerado histórico en virtude do rexistro de Heródoto) en Europa central e occidental remata coa conquista romana no século -I. A Idade de Ferro Xermánica de Escandinavia remata arredor do ano 800, co comezo da Era viquinga.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Mar de Libia

O mar de Libia (Grego Λιβυκό πέλαγος, Latín Libycum Mare, Árabe البحر الليبي) é a porción do Mar Mediterráneo ao norte da costa de África na costa da antiga Libia, é dicir Cirenaica, e Marmárica

(a costa do que hoxe é o Leste de Libia e o Exipto occidental, entre Tobruk e Alexandría). Esta denominación utilizouse por antigos xeógrafos que describen o sur do Mediterráneo, pero o termo tamén é usado en viaxes modernas por escritores e cartógrafos. A costa meridional de Creta que bordea o Mar de Libia inclúe as Montañas de Asterousia e a Chaira de Mesara, esta área é o lugar dun considerable asentamento da Idade de Bronce, que inclúe os sitios de Kommos, Hagia Triada e Phaistos.Agás Creta, outras illas do Mar de Libia son Gavdos, Gavdopoula, Koufonisi e Chrysi.

Ao leste atópase o Mar Levantino, ao norte o Mar Xónico, e ao oeste o estreito de Sicilia.

Metalurxia

Metalurxia designa un conxunto de procedementos e técnicas para extracción, fabricación, fundición e tratamento dos metais e as súas ligas.

Até a aparición da metalurxia utilizábanse obxectos ornamentais de metais preciosos e de ferro procedente de meteoritos, mais o uso extensivo dos metais non foi posíbel até que se puido reducir os minerais que se encontran na natureza (en forma oxidada) en metal máis ou menos puro por procesos metalúrxicos.

O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.