Idade Moderna

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.
1789, Revolución francesa.

Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe dacabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

  • Consolidación das nacionalidades.
  • Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.
  • A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.
  • Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.
Predecesor:
Idade Media
Idade Moderna
1492-1789
Sucesor:
Idade Contemporánea
Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI
As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Baixa Idade Media

A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Barberà del Vallès

Barberà del Vallès é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Occidental.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Castro Urdiales

Castro Urdiales é un concello costeiro situado no extremo oriental de Cantabria. No ano 2010 tiña 32.258 habitantes, sendo a terceira maior vila de Cantabria.

Diego Sarmiento de Acuña

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Fidalguía

A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.

Filosofía da natureza

A filosofía da natureza, ás veces chamada filosofía natural ou cosmoloxía é o nome que recibiu a rama da ciencia que hoxe coñecemos como física ata mediados do século XIX. Así, o coñecido tratado de Isaac Newton, Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica debería entenderse como Principios Matemáticos da Física.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia na Idade Moderna

A Idade Moderna comezou en Galicia a fins do século XV coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia debe ser considerada a partir de entón dentro do marco da española. Nomeouse un Gobernador ou Capitán Xeral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén Corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendencia asumiu as competencias de facenda e militares, os correxedores as de policía e xustiza, e a Audiencia concentráronse nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta, especie de parlamento sen poder ningún.

Galicia no tempo

Galicia no tempo foi unha exposición realizada en 1991 sobre a arte galega no Mosteiro de San Martiño Pinario. Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Generalitat de Cataluña cun orzamento de 600 millóns de pesetas, e con Xosé Manuel García Iglesias como comisario, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.

A exposición derivou tamén nunha serie de televisión presentada por Eva Veiga e dirixida por Miguel Piñeiro, a primeira documental da CRTVG, e nun disco homónimo de música ambiental interpretado polo grupo Milladoiro.

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Humanismo renacentista

O Humanismo é unha manifestación ideolóxica e artística do Renacemento.

Os homes do Renacemento traballaron arreo no estudo das obras da antigüidade, explorando ruínas, salvando da destrución importantes manuscritos e relendo os exemplares que chegaron a Italia dende Constantinopla trala súa caída. Estes estudosos recibiron a protección de príncipes e Pontífices que estimularon as súas investigacións.

O estudo dunha cultura xurdida con antelación e á marxe da Igrexa fixo que no pensamento renacentista deixara de xirar en torno a Deus, como pasaba na Idade Media, para centrarse no Home e estima-los valores humanos: literatura, arte, ciencia, política. De aí o seu nome: Humanismo.

A exaltación destes valores e os descubrimentos xeográficos (España e Portugal) e técnicos crearon o orgullo e individualismo do home renacentista.

O Humanismo tivo, sobre todo, un carácter literario.

Ilustración

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.

La Bañeza

La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, aos pés da Serra do Teleno, é tamén cabeza de partido xudicial.

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como os Entroidos, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales celébrase unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Natación

A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico, xa que nel se moven de forma coordinada tódolos grupos musculares e está comprobado que serve para mellora-la resistencia física.[Cómpre referencia]A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo unha práctica recreativa e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe a natación asociada ao traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e os científicos que investigan a fauna e flora marítimas.

Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Os seus usos principais son o baño, o mergullo, a pesca submarina, salvamento acuático, actividade lúdica, exercicio e deporte.

Nobreza

A nobreza constitúe un grupo social exclusivo comunmente de carácter hereditario cun status privilexiado recoñecido pola autoridade. Na Europa preindustrial era un dos tres estamentos medievais e do Antigo Réxime, xunto co clero e o terceiro estado e como estamento privilexiado da sociedade baseaba eses privilexios nunha suposta superioridade moral ou racial.

No estado feudal, nobre era que posuía un feudo, e que estaba unido aos seus servos por relacións de vasalaxe, mas na Idade Moderna os reis adxudicaron numerosos títulos sen terras ou dominios asociados. O instauración da nobreza supuxo a imposición nas sociedades romanizadas da antiga división social indoeuropea longo tempo desaparecida, mas que se conservou polos pobos xermánicos. Esta división estruturaba a sociedade en tres grupos hereditarios de guerreiros, sacerdotes e traballadores. Tanto a sociedade romana como moitas das anteriores sobre as que se impuxo a súa cultura xa perderan esta estruturación e deran lugar a certa mobilidade social.

Revolución científica

O concepto de Revolución científica da sociedade occidental de medieval en moderna, iniciada no século XVI por Nicolás Copérnico. Esta transformación foi o resultado dun cambio de mentalidade cara á natureza, dun novo pensamento científico. En tempos de Galileo, a física adquiriu o status de modelo de ciencia, modelo que debería seguir todo saber que quixese alcanzar a categoría de coñecemento científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi atopar técnicas precisas para ter o control racional da experiencia e mostrar como conceptos matemáticos pódense utilizar para explicar os fenómenos naturais.

Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á capacidade para combinar as funcións de erudito e artesán. Para iso aceptou as técnicas dos artesáns - as lentes, o astrolabio, as bombas - e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos gregos e a escolástica medieval. A partir de datos repetibles, ordenados baixo principios matemáticos Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis de movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un razoamento indutivo.

Salou

Salou é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès. Está localizada na Costa Daurada, a 10 km da cidade de Tarragona. É considerada a capital da Costa Dourada, ao ser o destino turistico máis importante. Nas proximidades da localidade atópase o parque temático Port Aventura.

Fundada polos gregos o século VI aC, a cidade constituíu un destacado porto comercial durante a Idade Media e a Idade Moderna. Ao longo do século XX, Salou converteuse nun importante centro turístico, condición que mantén na actualidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.