Idade Media

A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América,[1] no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.

A 2015, os historiadores do período prefiren matizar esta ruptura entre Antigüidade e Idade Media de maneira que entre os séculos III e VIII adóitase falar de Antigüidade Tardía, que fora unha gran etapa de transición en todos os ámbitos: no económico, para a substitución do modo de produción escravista polo modo de produción feudal; no social, para a desaparición do concepto de cidadanía romana e a definición dos estamentos medievais, no político para a descomposición das estruturas centralizadas do Imperio romano que deu paso a unha dispersión do poder; e no ideolóxico e cultural para a absorción e substitución da cultura clásica polas teocéntricas culturas cristiá e islámica (en cadanseus espazos).[2]

Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a Plena Idade Media (do século XI ao XIII), e os dous últimos séculos, ou Idade Media Tardía, que presenciaron a Crise da Idade Media ou do século XIV.

Se ben hai algúns exemplos de utilización previa,[Nota 1] o concepto de Idade Media naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a Cristóbal Cellarius (Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta, Jena, 1688),[3] quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a Idade Antiga identificada coa arte e a cultura da civilización grecorromana da Antigüidade clásica e a renovación cultural da Idade Moderna —na que el se sitúa— que comenza co Renacemento e o Humanismo. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co feudalismo nos seus trazos máis escurantistas, tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o Antigo Réxime). Sería un período dominado polo illamiento, a ignorancia, a teocracia, a superstición e o medo milenarista alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.[Nota 2]

Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha sociedade estamental de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha burguesía que co tempo levarán ao capitalismo.[4] Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con migracións de pobos enteiros, e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da Reconquista na Península Ibérica, ou o Ostsiedlung en Europa Central e Oriental) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles vías romanas decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, peregrinos, mercadores, estudantes, goliardos, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (homo viator).[5]

Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o califato islámico aos poderes universais da cristiandade latina (Pontificado e Imperio), ou o Imperio bizantino e os reinos eslavos integrados na cristiandade oriental (aculturación e evanxelización de Cirilo e Metodio); e, en menor escala, todo tipo de cidades estado, desde as pequeñas cidades episcopais alemás ata repúblicas que mantiveron imperios marítimos como Venecia; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías feudais, que transformadas en monarquías autoritarias prefiguran o estado moderno.

Mausoleo di Teodorico 23
Mausoleo en Rávena de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos. O reino dos ostrogodos sucedeu ao Imperio Romano de Occidente, cuxa desaparición marca o inicio da Idade Media.
Ribadavia-Barrio judío3 (5019235009)
Detalle do barrio xudeu de Ribadavia, que conserva a súa estrutura e aspecto medieval.
THE FALL OF CONSTANTINOPLE, ITALY, PROBABLY VENICE, LATE 15THEARLY 16TH CENTURY. Private coll.
Pintura italiana, probabelmente veneciana, de finais do século XV ou comezos do XVI, que representa a caída de Constantinopla en 1453. Este feito marca, para algúns, a fin da Idade Media.

Definición e caracterización

A Idade Media foi un período de aproximadamente mil anos que se caracterizou polo predominio do Cristianismo en todas as esferas da vida humana na Europa.[6] A este período chámaselle ás veces pexorativamente idade das tebras, pois non tería ningunha creación filosófica ou científica autónoma. Tal idea é criticada por moitos expertos da actual xeración de estudosos da historia da ciencia, que tenden a ver o período de desenvolvemento económico e tecnolóxico que comezou por volta do século XII (permitido por factores como a diminución das invasións bárbaras, mudanzas climáticas etc.), como un importante requisito para o desenvolvemento científico na era moderna.

Aínda que se di que este período abarca desde a caída do Imperio Romano do Occidente ata a Reforma protestante, a ciencia coñeceu un período de preto de mil anos de falta de inspiración en comparación coa produción científica clásica. Vale lembrar que, usando o mesmo criterio, tamén se podería dicir que unha gran "falta de inspiración" tería atinxido o período da Roma Imperial, cuxos descubrimentos en termos de ciencias naturais ficaron moi lonxe das dos gregos (e iso a pesar do longo período de prosperidade proporcionado pola "Pax Romana").

Desafortunadamente, as nocións preconcibidas sobre o status da ciencia na Idade Media foron amplamente propagadas e, aínda hoxe, permanecen mitos como a falsa idea de que os estudosos medievais consideraban que a terra era chá.

Facer unha apreciación clara da Idade Media é complexo: este tipo de avaliación pode tornarse altamente política, pasando a depender moito de susceptibilidades relixiosas. Os católicos acostuman tendenciosamente a ser máis favorables á Idade Media, xa que se identifican coa tradición histórica da relixión cristiá dese tempo. Os protestantes, polo contrario, ven a Idade Media como un período de tebras e dan máis valor á Reforma protestante, que modificou profundamente a práctica relixiosa na Europa (norte) occidental.[7]

Demografía

Até a Revolución industrial, a poboación europea viviu nun precario equilibrio cos recursos alimentarios; así, calquera aumento demográfico que non se correspondese cun incremento das posibilidades agrarias derivaba nunha desnutrición que deixaba sen defensas o corpo humano e vulnerábel ante calquera ataque epidémico. Isto foi constante durante a Idade Media, a excepción do período que vai do século XI ao XIII, durante o cal asistiuse a unha expansión demográfica sostida. O aumento de poboación a partir do ano 1000 foi favorecido por certo interese dos señores a conceder terras para cultivar, de forma que se aumentasen as súas rendas, e á talla dos bosques que comportou a ruptura de novas terras, e polo tanto da produción agrícola. Outros factores que posibilitaron o aumento demográfico foron a mellora climática, que grazas a un pluviometría favorable, fixo máis abondosas as colleitas, o paro das grandes migracións que asolaran Europa (xermánicos, maxiares, normandos, etc.).

A finais do século XIII, a expansión agraria parouse dun golpe logrando o límite ecolóxico (as novas terras eran máis más, o ritmo de produción pola carencia de adobos estabilizárase, a carencia de bosques fixo entrar en crise a gandaría nun momento que era importante polo adobo dos campos deixados ao barbeito). Todo iso incidiu nun aumento dos prezos, agravado por unha serie de malas colleitas que causaron a fame (especialmente virulenta foi a dos anos 1315 a 1317). E para acabar de adobar o, durante os anos 1348-1349, estendeuse a peste negra, enfermidade terriblemente contaxiosa. A peste foi a máis extensa das enfermidades que iniciaron toda unha serie de "maos anos" que paralizaron o crecemento de moitas cidades e vilas rurais. A pesar da recesión, moitas cidades (París, Florencia, Xénova...) creceron en extensión durante os séculos XIV e XV e as perdas humanas debidas ás epidemias recuperáronse rapidamente. Polo tanto, a crise urbana foi unha crise de adaptación e de crecemento.

Arte

Sainte-Chapelle-Rose-window
O colorido e a exaltación da luz na rosácea de Sainte-Chapelle, París.
Artigo principal: Arte medieval.

A arte durante a Idade Media estivo fundamentada no Cristianismo en case todas as súas expresións. Como durante este período a gran maioría dos campesiños era iletrada, as artes visuais eran o principal método para comunicar as ideas relixiosas, xuntamente cos sermóns. A Igrexa católica era unha das poucas institucións ricas dabondo para remunerar o traballo dos artistas, o que fai que a maior parte das obras sexan de natureza relixiosa (arte sacra).

Coa caída do Imperio romano, moitas das técnicas artísticas da Grecia antiga acabaron perdidas. A pintura medieval pasa a ser predominantemente bidimensional: non era usada a noción de perspectiva e as personaxes retratadas eran pintadas maiores ou menores de acordo coa súa importancia. Ao lado da pintura, a tapizaría foi a máis importante forma de arte medieval. Iso decorre en moito pola súa utilidade ao manter a calor interna dos castelos, construídos de pedra, durante o inverno. A máis famosa tapizaría medieval é o ciclo d' A señora e o unicornio.

As dúas principais manifestacións arquitectónicas, principalmente relacionadas coa construción de catedrais, foron o estilo románico e máis tarde o gótico. Destaca tamén a formación das Gremios de oficios, reunindo artesáns.

Filosofía

Principalmente á partir do século V, os pensadores cristiáns viron a necesidade de profundizar nunha fe que estaba madurecendo, co intento de harmonizala coas esixencias do pensamento filosófico. Dese xeito a Filosofía, que ata entón posuía trazos marcadamente clásicos e helenísticos, pasa a recibir influencias da cultura xudaica e cristiá. Algúns temas que antes non formaban parte do universo do pensamento grego, tales como: Providencia e Revelación Divina e Creación a partir da nada pasaron a formar parte de temáticas filosóficas.

Escribano
Escriba medieval.

A partir do século IX desenvólvese a principal liña filosófica do período, que ficou coñecida como escolástica. Esa filosofía gaña acentos notadamente cristiáns, xurdidos da necesidade de responder ás esixencias da fe, ensinada pola Igrexa, considerada entón como a gardiá dos valores espirituais e morais de toda a Cristiandade e, por así dicir, responsable da unidade de Europa, que comungaba da mesma fe. A Escolástica tivo unha constante de natureza neoplatónica, que combinaba elementos do pensamento de Platón con valores de orde espiritual, reinterpretados polo Occidente cristián. No século XIII Tomé de Aquino introduce tamén elementos da filosofía de Aristóteles no pensamento escolástico.

A cuestión chave que vai atravesar todo o pensamento filosófico medieval é a harmonización de dúas esferas; a fe e a razón. O pensamento de Agostiño (século V), recoñecía a importancia do coñecemento, mais defendía unha subordinación maior da razón en relación á fe por crer que esta última restauraría a condición decaída da razón humana. Xa a liña de Tomé de Aquino (século XIII) defende unha maior autonomía da razón na obtención de respostas a pesar de non negar tal subordinación da razón á fe.

Ciencia e Tecnoloxía

Artigo principal: Ciencia e tecnoloxía medieval.
Silos-Claustro
No inicio da era medieval a vida cultural concentrouse nos mosteiros.

Como resultado das migracións bárbaras e da implosión do Imperio Romano do Occidente, a Europa Occidental do inicio da Idade Media era pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e tribos bárbaras. Perdeuse o acceso aos tratados científicos orixinais da antigüidade clásica (en grego), ficaron apenas versións resumidas e ata deturpadas que os romanos traduciran ao latín. A única institución que non se desintegrou xuntamente co falecido imperio, a Igrexa católica, mantén o que resta de forza intelectual, especialmente a través da vida monástica. O home instruído deses séculos era case sempre un crego para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da súa escolaridade. Eses estudosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á fe e tiñan a mente máis centrada na salvación das almas que no cuestionamento de detalles do universo físico.

Nalgúns aspectos, no século IX o retroceso causado polas migracións xa estaba revertido. No século X ocorre a contención das últimas ondas de invasións estranxeiras. E por volta do 1100 ocorre unha revolución que combinou renacemento urbano e comercial, ampliación de culturas e fronteiras agrícolas, crecemento económico, desenvolvemento intelectual e grandes evolucións tecnolóxicas. Comezan a se abrir novas escolas ao longo de todo o continente, inclusive en cidades e vilas menores. Sobre o 1200 fúndanse as primeiras universidades – París, Bologna e Oxford – (en 1500 xa serían máis de 70). Comeza un forte movemento de tradución de documentos árabes e gregos, que tornan o coñecemento do mundo antigo novamente dispoñible aos eruditos europeos. Todo iso posibilitou un gran progreso en coñecementos como a Astronomía, a Matemática, a Bioloxía e a Medicina.

Maciejowski Tower of Babel
O período de 1100 a 1300 xa foi chamado de Revolución Industrial da Idade Media.

Causaban espanto e admiración innovacións como os grandes reloxos mecánicos que transformaron a noción de tempo nas cidades. Presenciáronse descubrimentos como os dos lentes, en 1285, e do imprenta móbil, en 1448. Houbo tamén moitas innovacións na forma de utilizar os medios de produción, coas técnicas de cerrallaría e incisión de pedras, a fundición de ferro, e os avances nas técnicas de construción aplicadas ao estilo gótico. No sector agrícola, temos o desenvolvemento de ferramentas, melloras en carruaxes, arreos para animais de carga, e a utilización de muíños de auga Avances en instrumentos como o compás e mailo astrolabio, na confección de mapas e as carabelas fixeron posible a expansión marítimo-comercial europea na Idade Moderna.

O legado medieval para o progreso científico

A tecnoloxía das grandes navegacións permitirá en séculos futuros o descubrimento dun número extraordinario de novas especies de animais e plantas, alén de novas formacións xeolóxicas e climáticas. Os avances obtidos na óptica xerarían despois aparellos como o microscopio e mailo telescopio, que, xuntamente coa imprenta (outro froito medieval), son vistos como os equipamentos máis importantes xa creados para o avance do coñecemento humano. Mais a herdanza máis importante do período talvez teña sido o nacemento e multiplicación das universidades, xuntamente co xurdimento das primeiras sementes da metodoloxía científica contemporánea.

Guerra e armamento

Middelaldersværd
Espadas do período final da Idade Media.

A Idade Media xorde, en termos bélicos, como un período de grandes desenvolvementos tecnolóxicos, provindo esencialmente de dous grandes laboratorios, o Oriente Medio e a Península Ibérica. As dúas zonas, que desde moi cedo se tornaron palcos de violentas batallas entre musulmáns e cristiáns, fan que a práctica, a filosofía, a tecnoloxía e a propia xénese da guerra evolucionen. Os termos cruzada e xihad xorden nesta época,[Cómpre referencia] e aínda que ambas teñan un significado extremadamente semellante,[Cómpre referencia] son dous paradigmas dunha realidade moi peculiar.

Gastronomía

As Cruzadas, entre os séculos XI e XIII, permitiron aos europeos entrar en contacto con produtos do Oriente, logo incorporados na gastronomía: trigo sarraceno, azucre, anís, comiño, canela, xenxibre, noz moscada, azafrán, cebola e ameixa. Eses novos ingredientes posibilitaron o desenvolvemento dos chourizos e das técnicas de preparación de vinagre, mostaza e mollos especiais.

Datas significativas

Ribadavia medieval cabalo cabaleiro
Recreación dun cabaleiro medieval en Ribadavia.

Transición do Período Clásico á Idade Media

Transición da Idade Media á Era Moderna

Notas

  1. Aínda que o primeiro que sinalou a existencia de unidade no período comprendido entre o século V e o XV foi o humanista Flavio Biondo, a fama de ter utilizado antes ca ninguén o termo Idade Media correspóndelle ao bispo de Alesia, Giovanni Andrea dei Bussi. Nunha carta súa do ano 1469 dise expresamente o seguinte:
    «sed mediae tempestatis tum veteris, tum recentio­res usque ad nostra tempora».
    Esa media tempestas era o bosquexo duns «tempos medios», que servían de ponte entre a gloriosa antigüidade clásica, á que se mitificaba, e os novos tempos, que tornaran os seus ollos cara aquel período de esplendor. Expresións como medium aevum, media tempestas, media aetas, etc., aparecen en historiadores ou filólogos desde comezos do século XVI. Así, por exemplo, utilizáronas Xaquín de Wat, en 1501, ou Xoán de Heerwagen, en 1532. Máis avanzado o século, en 1575, atopámolas en Marco Welser e Adriano Junius. O uso de ditas expresións pode, así mesmo, rastrexarse no decurso do século XVII: Conisius, en 1601; Goldats, en 1604; Vossius, en 1662; etc. Du Cange, no seu célebre Glosario, aparecido en 1678, falou da «mediae et infimae latinitatis». Pode dicirse que o termo Idade Media estaba plenamente admitido, por máis cá súa orixe non fora propiamente obra dos historiadores, senón dos filólogos. Non obstante, no mesmo século XVII producíronse algunhas precisións de gran transcendencia acerca dos «tempos medios». En 1665, Xurxo Horn, nunha obra titulada Arca Noé, chamaba «medium aevum» ao período comprendido entre os anos 300 e 1500. Pouco tempo despois, en 1688, apareceu un libro que ía desempeñar un papel destacado na fixación do concepto de Idade Media. Trátase da Historia medii aevi a temporibus Constantini Magni ad Constantinopolim a Turcis captam, do que era autor Cristóbal Keller, profesor da universidade alemá de Halle. Foi Keller, cuxas precisións cronolóxicas sobre o Medievo son ben significativas, o punto de partida da difusión e xeneralización da expresión Idade Media. Valdeón, op. cit., vol 11 px. 11.
  2. Mesmo na actualidade xúlgase á Idade Media coma unha época mala ou "fea", á vez violenta, escura e ignorante. Agora sabemos que esta imaxe é falsa, aínda que houbo unha Idade Media da violencia, e non unicamente a dos conflitos e as guerras entre grupos e entre países, senón tamén as violencias contra os xudeus, co comezo do antisemitismo, e a represión dos rebeldes á doutrina da Igrexa... Evidentemente, as Cruzadas tamén forman parte do balance negativo. Pero a Idade Media foi igualmente, e penso que incluso ante todo, un gran período creador. Pódese apreciar no terreo da arte, das instituciones, por suposto primordialmente nas cidades (por exemplo coas universidades), ou mesmo do pensamento, no que a filosofía que foi chamada "escolástica" acadou altos cumios do saber... a Idade Media creou "lugares de encontro" comerciais e festivos (as feiras, os mercados e as festas), nos que seguimos inspirándonos. Le Goff, op. cit., pgs. 115-116.
    Nesta época, a noite vívese en ambientes pouco luminosos: en cabanas alumumeadas como moito polo lume da lareira, nas estancias amplísimas de castelos iluminados por fachóns ou na cela dun monxe á débil luz dun candil, e escuras (ademais de inseguras) eran as rúas das vilas e das cidades. Porén, esta é unha característica propia tamén do Renacemiento, do Barroco e -máis tarde aínda- do período que se prolonga polo menos ata o descubrimento da electricidade. En cambio, ao home medieval vémolo -ou, polo menos, podemos atopalo representado en poesía e en pintura- nun ambiente moi luminoso. O que chama a atención nas miniaturas medievais é que, tendo sido realizadas talvez en ambientes escuros apenas iluminados por unha única ventá, están cheas de luz, incluso dunha luminosidade especial, producida pola proximidade de cores puras: vermello, azul, ouro, prata, branco e verde, sen matices nin claroscuros.
    Umberto Eco, Historia da Beleza, px. 99-100

    Le Goff, Héroes, maravillas y leyendas de la Edad Media, Paidós, 2010; Georges Duby La época de las catedrales citados por Guillermo Altares Robin Hood y la actualidad de la Edad Media, El País, 26 de decembro de 2010

Referencias
  1. Edad media 476-1492 (LibraryThing).
  2. Perry Anderson, op. cit.
  3. Riu, Manuel (1978): Prólogo á edición española en La historia del mundo en la Edad Media (The Shorter Cambridge Medieval History, The Later Roman Empire To The Twelfth Century). Madrid, Sopena, tomo I px. XXIV.
  4. Rodney Hilton, op. cit.
  5. Le Goff, op. cit., pg. 63-64
  6. Castillero Mimenza, Oscar (2019). "Edad Media: 18 características, etapas e historia de este período". Consultado o 7 de agosto de 2019.
  7. Vega Carrasco, Miguel. "Breve historia de la Reforma Protestante". Descubrir La Historia. Consultado o 7 de agosto de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Anderson, Perry (1979). Transiciones de la Antigüedad al Feudalismo. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-323-0355-0.
  • Duby, Georges (1976). Guerreros y Campesinos. Desarrollo inicial de la economía europea (500-1200). Trotta. ISBN 84-323-0229-5.
  • Fourquin, Guy (1977). Señorío y feudalismo en la edad media. Madrid: EDAF. ISBN 84-7166-347-3.
  • Gilson, Étienne (2007). La filosofía en la Edad Media: desde los orígenes patrísticos hasta el fin del siglo XIV. Versión espanola de Arsenio Pacios y Salvador Caballero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-2861-2.
  • Le Goff, Jacques (2007). La Edad Media explicada a los jóvenes. Barcelona: Paidos. ISBN 978-844-93-1988-4.
  • Heers, Jacques (2000). La invención de la Edad Media. Trotta. ISBN 978-84-8432-032-6.
  • Hilton, Rodney (ed., artículos de Maurice Dobb, Karl Polanyi, R. H. Tawney, Paul Sweezy, Kohachiro Takahashi, Christopher Hill, Georges Lefebvre, Giuliano Procacci, Eric Hobsbawm y John Merrington) (1976, 1977 en espanol). La transición del feudalismo al capitalismo. Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-017-9.
  • Huizinga, Johan (2006). El otoño de la Edad Media. Torre de Goyanes. ISBN 978-84-95101-36-5.
  • Manchester, William (1993 [1992]). A World Lit Only by Fire. The Medieval Mind and the Renaissance: Portrait of An Age (en inglés) (2.ª ed.). Boston: Little, Brown & Company. p. 322. ISBN 0-316-54556-2.
  • Pernoud, Régine (1986). ¿Qué es la Edad Media?. Magisterio Espanol. ISBN 978-84-265-2512-3.
  • Pirenne, Henri. Mahoma Y Carlomagno. Madrid: Alianza. ISBN 978-84-206-2214-9.
  • Romano, Ruggiero e Tenenti, Alberto (1971). Los fundamentos del mundo moderno. Edad Media tardía, Renacimiento, Reforma. Madrid, Siglo XXI. Depósito Legal M. 23.301-1970.
  • Valdeón Baruque, Julio e García de Cortázar, José Ángel, en Fernández Álvarez, Manuel; Avilés Fernández, Miguel e Espadas Burgos, Manuel (dirs.) (1986). Gran Historia Universal (volumes 11, 12 e 13). Barcelona: Club Internacional del Libro. ISBN 84-7461-654-9.

Outros artigos

Ligazóns externas

Alta Idade Media

A Alta Idade Media ou Idade Media Antiga é o período histórico que vai do ano 476 despois de Xesucristo, cando se produce a Caída do Imperio Romano ata o 1066, cando Guillerme de Normandía conquista Inglaterra e considérase que comeza a Baixa Idade Media.

Aquitania

Aquitania (en éuscaro: Akitania, en francés: Aquitaine, en occitano: Aquitània, en poitevino-santoñés: Aguiéne), antigamente Guyenne ou Guienne (en occitano: Guiana), é unha das 26 rexións de Francia, na parte suroeste da Francia metropolitana, ao longo do Océano Atlántico e os montes Pireneos.

O nome da rexión provén do nome da antiga provincia romana de Aquitania ou "país das augas". Na Idade Media foi un reino e máis tarde un ducado, cunhas fronteiras considerablemente meirandes que os modernas. A súa capital é Bordeos.

Baixa Idade Media

A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Casa do concello

A casa do concello é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Castelo (fortificación)

Un castelo (diminutivo de castro) é un tipo de fortificación permanente medieval, xeralmente erguido en posición dominante no terreo, próximo das vías de comunicación, o que facilitaba o avistamento das tropas inimigas a gran distancia.

Pódese afirmar que un castelo é a estrutura máis emblemática da Idade Media, pois coa localización das estruturas castelares ao longo da súa propia evolución, posuímos datos para estabelecer toda unha perspectiva administrativa e habitacional dun territorio.

Na Idade Media dicíase facer vila para o acto de cercar de murallas unha poboación; aínda hoxe, en Castelo de Vide, distínguense a vila da aldea polo sitio da antiga muralla. Hai en Portugal un castelo no centro da poboación, o Castelo de Évora Monte, mais a súa construción efectuouse en tempo de paz, e dous séculos despois da muralla. A organización defensiva do castelo era semellante á da vila e tiña poder sobre ela debido á posición máis alta e ás murallas máis fortes.

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Escaldo

Os escaldos (do termo skald) son poetas-guerreiros viquingos que pertencían á corte dos reis escandinavos durante a Idade Media.

Servían ós monarcas louvándoos en composicións poéticas como os drápar que principalmente tiñan a función de exaltar a súa xenerosidade ou o heroísmo que amosaron nalgunha batalla. As súas obras constitúen a chamada poesía escáldica, caracterizada polo verso aliterativo e figuras retóricas, unha das cales era o kenning.

Famosos escaldos son protagonistas das sagas como por exemplo, Egill Skallagrímsson, da saga do seu mesmo nome.

O verdadeiro papel dun escaldo non era unicamente de compositor de poemas, na Idade Media tamén eran considerados cronistas, escritores, testemuñas da historia e, en certa medida, o seu perfil era como os xornalistas da actualidade. Olaf II de Noruega menciónao moi claramente pouco antes da batalla de Stiklestad:

El chamou ós seus escaldos e ordenoulles entrar na sala da súa fortaleza. "Vós debedes estar aquí", dixo, "e ser testemuñas de todo o que pasará aquí. Entón non necesitaredes que ninguén vos diga nada, pois poderedes dicilo por vós mesmos e compoñer versos sobre iso máis tarde".

Feudalismo

O termo feudalismo é o sistema político, económico e social creado durante a Idade Media na Europa onde o señor proporcionaba protección aos seus vasalos a cambio de tributos e traballos nas súas terras. Os señores feudais eran nobres ou membros da Igrexa e tiñan unha relación de dependencia máis ou menos forte co rei de cada rexión. O termo foi acuñado por primeira vez polos revolucionarios franceses do século XVIII, como sinónimo das desigualdades xurídico-sociais contra as que loitaban. Así, pasou á Historia relacionado con dereito de pernada, barbarie, séculos escuros... Pero o concepto histórico (non é un sistema político, máis ben un modo de organización social), abrangue moitos máis aspectos dos que nun primeiro momento se pensan.

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Idade Moderna

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.

1789, Revolución francesa.Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe dacabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

Consolidación das nacionalidades.

Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.

A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.

Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.

Lingua occitana

O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en toda a rexión dende o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.

Occidente

Occidente (do latín occĭdens, "lugar da caída do Sol") significa oeste, e en xeral refírese a un conxunto de culturas. Existen distintas acepcións sobre o significado do Mundo Occidental:

Na súa acepción máis restritiva, abrangue a Europa Occidental xurdida durante a Idade Media.

Na súa acepción ampla, inclúe a toda a cultura grecorromana, e incluso as primeiras civilizacións de Mesopotamia, como os sumerios e o Antigo Exipto.O concepto de Occidente adoita contrapoñerse ao concepto das civilizacións de Oriente (leste, en latín).

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web. O obxectivo principal da institución é recoller, clasificar, e facer investigación da arte, especialmente na pintura barroca nos Países Baixos.

Grazas á disposición de bases de datos, o visitante pode investigar a vida de moitos artistas dos séculos pasados. A biblioteca dispón de preto de 450.000 títulos, dos cales preto de 150.000 son catálogos de poxa. Hai ó redor de 3.000 revistas. Aínda que moito do catálogo está en neerlandés, o formato de rexistro estándar inclúe unha ligazón a entradas de biblioteca e imaxes de obras coñecidas, que inclúen títulos tanto en inglés como en neerlandés.

O RKD tamén xestiona a versión neerlandesa de Art & Architecture Thesaurus, unha enciclopedia de termos para a xestión da información en arte e arquitectura. A versión orixinal é unha iniciativa do Museo J. Paul Getty en Malibú (California).

Salou

Salou é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès. Está localizada na Costa Daurada, a 10 km da cidade de Tarragona. É considerada a capital da Costa Dourada, ao ser o destino turistico máis importante. Nas proximidades da localidade atópase o parque temático Port Aventura.

Fundada polos gregos o século VI aC, a cidade constituíu un destacado porto comercial durante a Idade Media e a Idade Moderna. Ao longo do século XX, Salou converteuse nun importante centro turístico, condición que mantén na actualidade.

Século XII

século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Visigodos

O pobo dos godos foi nomeado xa por Tácito, que os chamou Gotones. Entón habitaban o Norte de Xermania, en terras que antes poboaron Boii, Getae e Scythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana e sármata) e dominaron do Theiß (en alemán) ou (Tisza) ao Don e do Ponto ao mar Báltico.

Ábsida

A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.

As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.

Períodos históricos (Occidente)
Prehistoria
Idade Antiga
Idade Media
Idade moderna
Idade contemporánea

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.