Idade Antiga

A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.

O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria é o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.[1]

Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldea neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de grande envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana);[2] nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil.[3] A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos etc.), fóronse conformando os primeiros estados de grande extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.

Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, China, a conca do Mediterráneo, a América precolombiana e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.

Os pobos cronoloxicamente contemporáneos á Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.

A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao século II d. C.) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao século V d. C.). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).[4]

O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.

Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que, a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia pon o acento en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista ao modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde a arte antiga -clásica- cara a arte medieval -paleocristiá e prerrománica-).[5]

As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos.

Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI
Rosetta Stone
Pedra de Rosetta, singularísimo obxecto descuberto en 1799 e cuxo estudo permitiu o comezo do desciframento dos xeroglíficos exipcios, o que abriu o camiño a unha historia antiga desde novos supostos metodolóxicos.

Pobos, culturas e civilizacións na Idade Antiga

Cuneiform script2
Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a. C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa historia mesma.

Próximo Oriente antigo

O Antigo Oriente Próximo ou Antigo Oriente é o termo utilizado para denominar as zonas de Asia occidental e nordeste de África onde xurdiron as civilizacións anteriores á civilización clásica grecorromana, e que actualmente se denomina Oriente Próximo ou Oriente Medio. Para a mesma rexión, Vere Gordon Childe acuñou a denominación Crecente Fértil, ao definila como a zona onde xurdiu primeiro a Revolución neolítica (VIII milenio a. C.) e posteriormente a Revolución urbana (IV milenio a. C.). Son os actuais países de Iraq, parte de Irán, parte de Turquía, Siria, Líbano, Israel, os Territorios palestinos, Xordania, Arabia e Exipto. Cronoloxicamente, enténdese como un período que vai desde o inicio das civilizacións históricas en torno ao IV milenio a. C. (nesta zona a aparición da escrita, as cidades e os templos é simultánea á Idade de Bronce) ata a expansión do Imperio aqueménida no século VI a. C.

Mesopotamia antiga

Artigo principal: Historia de Mesopotamia.

A desembocadura dos ríos Tigris e Éufrates (os dous ríos -pótamos- no medio -meso- dos cales desenvolveuse este espazo de civilización) na Baixa Mesopotamia deu orixe á acumulación de depósitos aluviais na zona de marismas que vai gañando paulatinamente terreo ao mar fronte á costa en retroceso do Golfo Pérsico (actualmente a máis de cen quilómetros do lugar que ocupaba no IV milenio a. C., e cos dous ríos confluíntes -Shatt al-Arab-). A zona foi propicia (coa condición de manter unha gran capacidade de organización social para o traballo colectivo na construción de obras hidráulicas como canalizacións), regadío e drenaxes, para o desenvolvemento das cidades-estado sumerias (Ur, Uruk, Eridu, Lagash). Estas, en competencia entre si e cos pobos nómades de estepas e desertos circundantes (os do sur e oeste englobados pola historiografía no amplo concepto étnico de semitas e os do leste na zona irania onde se foi formando a civilización elamita), así como cos núcleos que se foron formando máis ao norte (Babilonia) e máis ao norte aínda na Alta Mesopotamia (Nínive); foron desenvolvendo as características constitutivas da civilización (sociedade complexa) e o estado (superestrutura político-ideolóxica): templo, clase sacerdotal e relixión organizada, fronteira, guerra territorial, exército, propaganda, impostos, burocracia, monarquía, construcións como murallas e cigurats; e o trazo que marca o inicio da historia: o rexistro da memoria na escritura.

A dinámica do crecemento territorial levou á formación de imperios, que na súa pretensión de monopolizar o poder, describíanse a si mesmos como un continuo espacial "entre o mar pequeno e o mar grande" (o Golfo Pérsico e o Mediterráneo), en enumeracións máis ou menos fiables de pobos anexionados, destruídos, dispersados, rexeitados, sometidos, tributarios, ou simplemente socios comerciais, aliados ou contactos diplomáticos.

Gudea of Lagash Girsu

Estatua sedente do príncipe Gudea, patesi da cidade-estado sumeria de Lagash.

Hanging Gardens of Babylon

Os xardíns colgantes de Babilonia, foron algunha vez unha das sete marabillas do mundo antigo, símbolo do poder do Imperio neobabilónico, hoxe apenas existe evidencia da súa existencia. Cadro do século XIV de Martin van Heemskerck; ao fondo vese a lendaria Torre de Babel.

Persia antiga

Homa
Escultura dun animal fantástico. Persépole.
Artigo principal: Historia de Irán.

Cordilleiras, mesetas, estepas e desertos caracterizan un difícil medio físico entre o Éufrates ao leste, o Golfo Pérsico ao sur, o Indo ao leste e os Montes Elburz, o Mar Negro e o río Oxus ao norte. No entanto, tamén son a vía terrestre que conecta o Próximo Oriente coa Asia Central e a Asia Meridional (máis dificilmente, sendo máis usada a conexión marítima); e a través desas zonas, en última instancia, co Extremo Oriente. A extensa rexión persa ou irania cumpriría un papel clave na teoría indoeuropea, de debatida validez, que supuña a existencia dun grupo ancestral de pobos das estepas portadores de trazos comúns (lingüísticos, étnicos, culturais e ata de estrutura de pensamento), esencialmente gandeiros (outorgaban un gran valor a vacas, cabalos e cans), de estrutura social patriarcal, xerarquizada e triádica (visible mesmo no seu panteón de deuses[6]), que protagonizaron unha xigantesca expansión que incluiría a conquista da India polos arios; a de Europa polos predecesores de gregos, latinos, celtas, xermanos e eslavos; e a de Mesopotamia, Anatolia, Levante e Exipto por medos e persas.

Persian warriors from Berlin Museum

Friso dos inmortais.

Bull capital Apadana Louvre AOD1 (1)

Capitel da apadana do palacio de Darío I en Susa.

Naqsh i Rustam. Investiture d'Ardashir 1

Investidura de Ardashir I (fundador da dinastía sasánida —século III—) polo deus Ahura Mazda. Os seus cabalos pisotean o anterior rei, Artabano IV, e a deidade negativa Ahriman. Naqsh-e Rostam.

Anatolia e Armenia antigas

Silver croeseid protomes CdM
Creseida de prata. Moeda emitida polo rei Creso de Lida (século VI a. C.)

A península de Anatolia, vía terrestre entre Asia e Europa, da que a separa o estreito do Bósforo e as numerosas illas do Exeo, coas que sempre mantivo un continuo intercambio cultural (do que son mostra os aqueos e troianos do mito homérico), estivo no corazón das innovacións da revolución neolítica e a revolución urbana, desenvolvendo estados poderosos que entraron en relación e competencia cos mesopotámicos e ata cos exipcios. Cara ao norte, a costa do Mar Negro (o Ponto para gregos e romanos), acollía mitos como o do vélaro de ouro que se achaba na Cólquida. A cordilleira do Cáucaso pona en contacto coas afastadas chairas eurasiáticas.

Artigo principal: Linguas anatólicas.
Artigo principal: Historia de Armenia.
Artigo principal: Historia de Anatolia.
Véxase tamén: Turquía#Historia pre-turca de Anatolia.
Priam's treasure

O chamado tesouro de Príamo, descuberto por Heinrich Schliemann na súa escavación de Troia.

Yazilikaya B 12erGruppe

Releve con guerreiros hititas, en Hattusa.

Levante mediterráneo antigo

Mazarron-anforas
Ánforas fenicias achadas en Puerto de Mazarrón (sueste de España).

A zona costeira máis oriental do Mediterráneo, pola súa localización entre África e Asia e as súas favorables condicións físicas, actuou como un "corredor" entre o mar e o deserto, moi compartimentado, aínda que con vales fluviais de dirección norte-sur (os do Xordán e o Orontes), que posibilitou as comunicacións terrestres entre África, Asia e Europa. Ese papel cumpriuse desde o Paleolítico e o Neolítico (Xericó), e acentuouse coas primeiras civilizacións. Os grandes imperios de Exipto, Mesopotamia e Anatolia tiveron nesta zona a súa zona de contacto xeoestratéxico. O contexto crítico de finais do II milenio a. C. permitiu que se desenvolvesen potentes civilizacións locais de forte personalidade e influencia no desenvolvemento histórico posterior (trazos como o alfabeto ou o monoteísmo), cunha proxección moi superior á súa extensión xeográfica ou poboación.

Artigo principal: Levante mediterráneo.
Artigo principal: Fenicios.
Artigo principal: Historia do antigo Israel e Xudea.
Artigo principal: Arqueoloxía bíblica.
Artigo principal: Terra Santa.
Храм I

Reconstrución teórica do templo de Salomón en Xerusalén.

Vista general de Masada

Fortaleza de Masada, onde as lexións romanas asediaron unha gornición xudía.

Square weight Tanit Louvre AO2042

Pesa con símbolo da deusa fenicia Tanit. Arwad.

Siria, Xordania e Arabia antigas

Exiting the Siq Petra
Vista de O Tesouro desde o desfiladeiro. Petra.

Entre o Tigris e o Monte Líbano comeza unha vasta zona desértica que se estende cara ao sur ata a península Arábiga. Supón un obstáculo insalvable para o desenvolvemento da agricultura máis aló de pequenas zonas de oasis moi dispersos, excepto na zona do Iemen (Arabia Felix -Arabia Feliz-). As actividades económicas que se desenvolveron e permitiron a formación dunha peculiar civilización foron, xa que logo, a gandería nómade e as lucrativas rutas caravaneiras do comercio a longa distancia que conectaban todas as partes do mundo antigo a través dos portos do Mar Vermello, o golfo de Adén e o Golfo Pérsico (abertos ao océano Índico -navegación ata a India e Indonesia-, ao leste de África -onde a relación con Eritrea e Etiopía foi moi estreita- e á costa oriental de Exipto -Berenice-), e cidades do interior como Damasco, Petra ou Palmira (que conectaban co Levante mediterráneo).

Val do Nilo antigo

Ancient Egypt
Mapa do Antigo Exipto

Exipto é un don do Nilo (Heródoto), pois poucas civilizacións tiveron unha relación tan determinante cun río. A súa crecida anual permite a fertilidade e a altísima densidade de poboación dunha estreita franxa que percorre o despoboado deserto norteafricano (desertizado no período posglacial) desde as cataratas do sur ata o delta do norte. A dualidade entre o Alto Exipto e o Baixo Exipto forxou, sobre unha sociedade campesiña extraordinariamente estable e vinculada polo traballo colectivo nas obras hidráulicas, unhas institucións e unha cultura caracterizadas pola sacralización da figura do faraón, a fortaleza dos templos, unha eficaz burocracia e unha complexa relixión do máis aló. Dentro dunha gran continuidade ao longo de milenios (que ás veces se interpretou como homoxeneidade ou ata estereotipación, con escasísimas excepcións -o período de Amarna-), mantívose unha repetida dialéctica entre a unidade e a disgregación no devir cíclico das fases da historia exipcia, con períodos de esplendor e de crise.

Akhenaten, Nefertiti and their children

Amenofis IV realizou unha reforma relixiosa tendente ao monoteísmo de Atón, redenominándose Akhenatón; os seus cambios implicaron ata unha alteración das convencións de representación artística, no que se denominou «estilo de Tell el Amarna» (mediados do século XIV a.C).

Tuts Tomb Opened

A apertura do sarcófago de Tutankhamon por Howard Carter en 1923, un dos momentos máis espectaculares da arqueoloxía. Era unha tumba intacta, e precisamente a do faraón cuxo breve reinado (1336-1327 a.C.) significou a volta á ortodoxia tradicional da relixión exipcia tras o paréntese herético de Akhenatón.

Jebel barkal sunset

Pirámides de Gebel Barkal, no reino de Napata (ou dos «faraóns negros» ou khusitas), fortemente influenciado pola cultura exipcia. Actual Sudán.

Mediterráneo e Europa antigos

Véxase tamén: Conca do Mediterráneo, Mediterráneo occidental e Mediterráneo oriental.

Grecia antiga

The Parthenon Athens 2
O Partenón, Atenas, século V a.C É o edificio máis representativo da cultura helena, a súa construción foi ordenada polo político grego Pericles, custou aproximadamente trinta millóns de dracmas, o equivalente a unha cifra astronómica de diñeiro, aínda para os estándares modernos. Consiste nunha obra mestra da arte e arquitectura, como tamén da enxeñería: a súa estrutura resistente; os recursos da perspectiva e a súa decoración, utilizados (as) na súa estética, fano merecedor de tal título.
Artigo principal: Antiga Grecia.

Hélade é o concepto xeográfico e cultural que abarcaba na Antigüidade clásica o territorio habitado polos gregos ou helenos, máis amplo que a actual Grecia, e que comprendería o territorio continental europeo que vai desde o Peloponeso o sur ata unha difusa separación con Macedonia, Tracia e Epiro ao norte; ademais das illas do mar Exeo e do mar Xónico e a costa occidental da actual Turquía (Xonia) ata o Helesponto. Tamén se asimilaban ao concepto de Hélade as colonias gregas establecidas por todo o Mediterráneo; e tamén podían entenderse próximos a el os extensos territorios das monarquías helenísticas de Exipto e o Próximo Oriente, que en maior ou menor medida foran helenizados.

Véxase tamén: Atenas, Esparta, Corinto antiga, Megara, Mitilene, Samos, Rodas, Focea, Mileto, Grecia e Halicarnaso.
Véxase tamén: Guerras médicas, Guerra do Peloponeso, Anábase e Guerra na antiga Grecia.
Véxase tamén: Aristocracia, Oligarquía, Tiranía, Democracia ateniense e Democracia grega.
Véxase tamén: Licurgo (lexislador), Clístenes de Atenas, Solón, Pisístrato, Polícrates de Samos, Leónidas I, Temístocles, Pericles, Alcibíades e Demóstenes.
Véxase tamén: Homero, Hesíodo, Esquilo, Sófocles, Eurípides, Aristófanes, Safo, Píndaro, Anacreonte e Esopo.
Véxase tamén: Fidias, Mirón (escultor), Policleto, Praxíteles, Escopas de Paros, Lisipo, Ictinos, Calícrates e Mnesicles.
Véxase tamén: Hipodamo de Mileto, Exequias (pintor) e Apeles.
Véxase tamén: Logógrafo, Heródoto e Tucídides.
Véxase tamén: Sofista, Filosofía grega, Tales de Mileto, Heráclito, Demócrito, Parménides, Sócrates, Platón, Aristóteles e Dióxenes de Sínope.
Véxase tamén: Hipócrates, Pitágoras, Euclides, Plotino e Pseudo Dionisio Areopagita.
Maquette de Knossos

Maqueta da estrutura do palacio de Cnosos. Foi unha asombrosa cidade palatina situada en Creta, de características nunca antes vistas (rede de tubaxes, posición complexa nas bancadas do interior, dimensións moi superiores a outros palacios contemporáneos etc.), polo que se cre que da civilización minoica, os exipcios -non os gregos-, inspiráronse no mito da Atlántida. As teorías arqueolóxicas sobre o catastrófico final da cultura minoica, asociado á chamada «erupción minoica» do volcán que produciu a caldeira actual da illa Santorini (século XVII a.C), tamén permiten a súa asociación con ese mito.

Statue of Zeus

Zeus, pai dos deuses e armado co raio, como corresponde á mitoloxía grega, preside o Oráculo de Olimpia onde na súa honra celebrábanse desde o século VIII a.C os Xogos Olímpicos, fitos que marcaban o calendario e un dos legados máis importantes da civilización clásica. A colosal estatua de ouro e marfil, de 12 metros de altura, debíase a Fidias (século V a.C, e contábase entre as sete marabillas do mundo antigo. Destruída no século V a.C, este gravado é unha recreación de época moderna.

MacedonEmpire

O Imperio macedonio foi o máis vasto do mundo antigo, e tamén o máis efémero: non sobreviviu ao seu fundador, Alexandre o Grande. En plena mocidade, tras suceder ao seu pai Filipo II de Macedonia (que previamente unificara as polis gregas), aplicou a eficaz maquinaria de guerra formada por este á derrota do Imperio persa, o inimigo dos gregos desde as guerras médicas. O seu xesta expandiu a cultura grega por Próximo Oriente e ata a Asia Central e a India, iniciando o período denominado Helenismo.

Stadium afrodisias

O estadio de Afrodisias, un dos poucos vestixios que nos quedan desa cidade grecorromana, coñecida no seu tempo polos seus belos edificios de mármore. O estadio é, de feito, unha mestura entre un coliseo e unha pista grega. A razón diso débese a que celebraban batallas sanguentas e ao mesmo tempo xogos como lanzamento de discos.

Illas do Mediterráneo antigo

Moitos mitos gregos situábanse en costas ou illas situadas nun indefinido «extremo Occidente» (Vulcano -Hefesto-, Traballos de Hércules -Heracles, Columnas de Hércules, Gerion, Atlas-, Atlántida, Xardín das Hespérides, Odisea -Ciclopes, Lestrigones, Sereas, Escila e Caribdis, Ogigia, Lotófagos-); outros situabanse en dirección menos clara, ou máis ben no Mediterráneo oriental (cara ao Mar Negro -a Cólquida das viaxes de Xasón, os Argonautas e o Vélaro de ouro-, o sur do Exeo -a Creta de Minos, Dédalo, Ícaro, e o Minotauro vencido polo ateniense Teseo; ou do rapto de Europa- ou o Chipre do nacemento de Afrodita).

Chipre antigo
  • Historia de Chipre.
Illas do Mediterráneo Occidental antigo
Segesta, Tempio greco
Templo élimo de Segesta, en Sicilia.
  • Historia de Sardeña.
  • Sículos.
  • Sicanos.
  • Élimos.
Véxase tamén: Tiranos de Siracusa, Agatocles, Hermócrates, Filisto e Arquimedes.

África Noroccidental antiga

Véxase tamén: Himilcón, Hannón, Amílcar, Asdrúbal Barca, Aníbal, Masinisa, Xuba I, Xuba II e Iugurta.
Sbeitla capitole

Capitolio de Sbeitla.

Europa Occidental antiga

  • Tartessos.
  • Pobos contemporáneos á conquista romana de Hispania:

Véxase tamén: Britania, Galia, Xermania, Hispania romana, Provincia romana e Linguas paleohispánicas

Tesoro del Carambolo

Tesouro do Carambolo, atribuído á cultura tartésica (suroeste de España).

Toros de Guisando

Touros de Guisando, esculturas prerromanas en Carpetania (centro de España).

Acueducto1 Lou

O Acueduto de Segovia é unha das mostras da profunda romanización de Hispania. Conduce a auga unha distancia superior a 15 km, salvando unha profunda valgada, ata chegar ao outeiro ocupado pola cidade, o que o converte no acueduto romano máis longo conservado.

Italia e Roma antigas

Pompei03
Molde de cadáver humano e obxectos diversos de Pompeia.
Artigo principal: Pobos antigos de Italia.
  • Hirpinos.
  • Taurinos.
  • Lígures.
  • Samnitas.
  • Ecuos.
  • Volscos.
  • Etruscos.
  • Sabinos.
  • Latinos.
Artigo principal: Roma antiga.

O Imperio romano tivo un impacto moi superior á súa propia extensión espacial (case 6 millóns de quilómetros cadrados, xa de seu unha das maiores entre os imperios de todos os tempos)[7]. e á súa duración temporal (do 27 a. C. ao 476 d. C. en Occidente e ata o 1453 en Oriente); por ser a institución política e a formación económico social decisiva para a conformación da civilización occidental, que en boa medida pode considerarse unha pervivencia súa. A través dela perviviron os seus conceptos xurídicos e institucionais (dereito romano, municipio romano, provincia romana, senado romano...), artísticos e culturais (arte e cultura clásica, urbanismo romano, vía romana, teatro romano, termas, acuedutos...) e o propio idioma (o latín). A romanización foi un proceso que tivo moito de sincrético, posto que incorporaba trazos culturais dos pobos conquistados. Moi especialmente identificouse coa civilización grega, á que Roma recoñecía como superior á súa propia, excepto en cuestións políticas e militares (Ex Oriente Lux, Ex Occidente Dux).[8] No seu período final, a achega xudeucristiana foi decisiva.

Véxase tamén: Monarquía romana, República romana, Imperio romano, Alto Imperio romano e Baixo imperio romano.
Véxase tamén: Crise do século III, Anarquía militar, Decadencia do Imperio Romano, Invasións bárbaras, Saqueo de Roma e Caída do Imperio romano.
Véxase tamén: Historia das institucións na Antiga Roma, Senado romano, Asembleas romanas, SPQR, Maxistratura romana, Tribuno da plebe e Ditador romano.
Véxase tamén: Triunvirato, Emperador romano, Lista de emperadores romanos, Principado (Roma), Dominado (Roma) e Tetrarquía.
Véxase tamén: Patricio, Plebeo, Secessio plebis, Cliente (Roma antiga), Equites, Nobiles, Optimates, Populares, Honestiores e Humiliores e Escravitude na Antiga Roma.
Véxase tamén: Cidadanía romana, Cidadanía latina, Ius romanum, Ius latii, Ius gentium, Ius civile, Edicto de Latinidade de Vespasiano, Edicto de Caracalla, Provincia romana e Colonia romana.
Véxase tamén: Reformas dos Gracos, Reformas de Mario, Reformas de Sila, Reformas de César, Reformas de Augusto, Reformas de Claudio, Reformas de Vespasiano, Reformas de Traxano, Reformas de Adriano e Reformas de Diocleciano.
Véxase tamén: Guerras de Veies, Guerras samnitas, Guerras sociais, Guerras púnicas, Guerras Pírricas, Guerras Ilíricas, Guerras Celtiberas, Guerras Mitridáticas, Guerra Romano-Siria e Guerra Cimbria.
Véxase tamén: Guerras cántabras, Conquista de Xermania, Guerras xudeu-romanas, Guerras Párticas, Conquista romana de Britania, Guerra de Iugurta, Guerras Dacias, Guerras Romano-Sasánidas, Historia das campañas militares romanas e Exército romano.
Véxase tamén: Escravitude na Roma Antiga, Latifundios na antiga Roma, Agricultura e gandería na antiga Roma, Industria na antiga Roma, Comercio na Antiga Roma, Medidas e pesos na Antiga Roma, Moeda da Antiga Roma, Collegia, Navicularii e Publicano.
Véxase tamén: Cultura da Antiga Roma, Dereito romano, Cidade romana, Tecnoloxía romana, Ciencia romana, Filosofía romana, Filosofía helenística, Costumes da Antiga Roma e Arte da Antiga Roma.
Véxase tamén: Relixión na Roma antiga, Cristianismo primitivo, Relixión mistérica, Persecucións e Patrística.
Véxase tamén: Latín, Literatura romana, Virxilio, Ovidio, Horacio, Marcial, Quintiliano, Petronio, Apuleio e Terencio.
Véxase tamén: Catón o Vello, Marcus Tullius Cicero, Séneca, Marco Aurelio, Lucrecio, Plinio o Vello, Plinio o Novo e Vitrubio.
Véxase tamén: Historiografía romana, Tito Livio, Suetonio e Publio Cornelio Tácito.
Tarquinia Tomb of the Leopards

Frescos etruscos da «tumba dos leopardos» (Tarquinia), onde se representa un simposion, costume social de clara influencia grega, representado aquí co colorido e a concepción festiva propios da pintura etrusca. Os etruscos desenvolveron unha civilización con características orientalizantes dentro do contexto itálico, do que foron a potencia dominante ata que Roma, a capital latina que estivo sometida a reis etruscos (Monarquía romana), terminouse impondo nos primeiros tempos da República (do século V a.C ao século III a.C).

Gaius Julius Caesar (100-44 BC)

Busto de Xulio César, o último «home forte» da República (outros foron Mario, Sila ou o seu principal rival, Pompeio), e antecesor inmediato do Imperio romano, que deseñou o seu herdeiro Octavio Augusto baixo a forma de principado (finais do século I a.C. A expansión territorial de Roma e as guerras civís republicanas significaron socialmente a superación da oposición inicial entre patricios e plebeos e a constitución dun modo de produción escravista que fixo ascender unha poderosísima aristocracia.

AmphitheatrumFlavium

Planta do Coliseo de Roma ou Anfiteatro Flavio, onde sentaban 5000 espectadores a observar espectáculos sanguentos como batallas entre gladiadores ou con feras salvaxes, e inclusive batallas navais (naumaquias). A expresión panem et circensis ("pan e circo") declaraba a intención demagóxica de halagar e embrutecer ás masas populares á vez que se garantía o seu apoio á figura imperial; de modo similar a como o fixeron os dirixentes da fase final da República romana.

Roman Republic Empire map fast

Fases da expansión territorial de Roma, desde o Lacio inicial ata a máxima extensión en tempos de Traxano (século II), e a posterior división do imperio e caída de Occidente.

Balcáns e Europa Oriental antigos

Istambul cokol2RB
Base do Obelisco de Teodosio en Constantinopla, a Nova Roma creada na antiga colonia grega de Bizancio, nunha localización de excepcional valor estratéxico. Aparece o seu corte imperial presidida por un crismón. Tras a crise do século III que inicia unha secular transición do escravismo ao feudalismo, o Baixo Imperio romano desenvolveu a nova estrutura política do Dominado coas reformas de Diocleciano, se cristianizou a partir do edicto de Milán de Constantino (313) e dividiuse entre un Occidente ruralizado e sometido ás invasións xermánicas do século V e un Oriente que resistiu e prolongouse durante toda a Idade Media convertido en Imperio bizantino.
Reproduction of Thracian tomb 2

Tumba tracia de Kazanlak (en Bulgaria).

Acinaces de ferro escita (século VII o V a. C.).

Eurasia Setentrional antiga

Asia Central e Meridional antigas

Kurukshetra
Representación moderna dunha pasaxe do Mahabharata (Guerra de Kurukshetra), xunto ao texto en sánscrito.

As estepas da Asia Central tiveron historicamente unha estreita relación (dialéctica de pobos nómades e sedentarios) coa chaira do Indostán, e esta co a Península do Decán. A conexión por terra co Oriente Medio a través dos desertos de Irán foi, en cambio, máis comprometida, mentres que a navegación polo mar Arábigo permitiu rutas máis fluídas. No entanto, todas elas foron experimentadas, ás veces no transcurso da mesma expedición, como foi o caso da de Alexandre o Grande (326 a. C).

BMAC, Seated female, 3rd - early 2nd millennium BCE

Muller sentada, terracota pintada da Civilización do Oxus, cara ao 2000 a.C.

6thPillarOfAshoka

Fragmento do sexto decreto do Alicerce de Asoka, cara ao 238 a.C. Procede probablemente do Alicerce Meerut, en Uttar Pradesh (India). Hoxe atópase no Museo Británico.

StandingBuddha
Buda de estilo Gandhara (século I).
AzesICoin

Moeda de Azes I, rei indogrego-escita do século I a.C

Destroyed Statue, July 17, 2005 at 15-53

Ladeira que contiña os Budas de Bamiyán (Afganistán, cara ao século V), destruídos polos talibán en 2005.

Extremo Oriente antigo

Shang dynasty inscribed tortoise plastron
Inscrición antiga en caracteres chineses sobre cuncha de tartaruga.

O illamento xeográfico desta zona está marcado polas máis altas cordilleiras do mundo: o Himalaia, o Altai, o Hindu Kush, o Tian Shan, o Pamir e o Caracorum; e algúns dos máis extensos e secos desertos: o Taklamakan e o Gobi. Ata as comunicacións marítimas entre India e China son dificultosas (exposición aos monzóns, prolongada navegación pola interposición da península de Indochina e a península de Malaca que obriga a cruzar por zonas como o estreito de Sunda ou o estreito de Malaca). Aínda así, existiron contactos, como testemuña a continuidade de rutas comerciais e a difusión de tecnoloxías, alfabetos e relixións (o hinduísmo ao Sueste asiático e o budismo no Tibet, China e Xapón). No entanto, a dificultade dese contacto percibíase como resultado dunha viaxe de dimensións míticas (Viaxe o Oeste).

TERRACOTTA ARMY @ Gdynia 2006 - 01 ubt.jpeg

Carro de guerra do exército de terracota, que custodiaba a impresionante tumba do Qin Shi Huang, primeiro Emperador de China (século III a.C.)

Yan State sword coins

Pezas de bronce en forma de espada usadas como moeda. Estado Yan, Reinos Combatentes, China, século IV a.C. ao século II a.C.

Central Asian Buddhist Monks.jpeg

Fresco chinés do século IX representando a monxes budistas; o da esquerda con trazos Tocarianos. Grutas Bezeklik ou Grutas dos Mil Budas, situadas en Qian Fo Dong, conca do Tarim, Xinjiang, na rexión autónoma dos uigures (China).

Figurine Dogu Jomon Musée Guimet 70608 2
Figura de finais do período Jomon (Xapón, do X milenio a. C. ao século III a. C.).
Prasasti tugu

Prasasti (pedra con inscricións) de éraa de Purnawarman, rei de Tarumanagara (Tugu, Jakarta, illa de Xava, Indonesia, século V a.C.), unha civilización altamente influída pola hindú.

SilverHorseOrdos4-1BCE

Cabalo de prata da cultura dos Ordos, un pobo do Deserto de Ordos (Mongolia Interior, actual China), século IV a.C. ao século I a.C.

YumbuLhakhang

Iumbulagang, fortaleza que se considera a primeira construción edificada no Tibet, e que sería fundada pola seu mitolóxico primeiro rei, Nyatri Tsenpo (cara ao século II a.C.).

Cattien rock crystal linga

Lingam do santuario de Cát Tiên (Vietnam), enigmático sitio arqueolóxico con datacións desde o século IV.

África subsahariana antiga

A man ride a horse,Nok terracotta figurine
Xinete de terracota. Cultura Nok (actual Nixeria).

O deserto do Sahara e as dificultades do curso superior do Nilo supuxeron dúas formidables barreiras xeográficas que provocaron unha descontinuidade cultural moi importante entre o norte de África e a África subsahariana. No entanto, foron o suficientemente permeables como para permitir o contacto mediante rutas caravaneiras coa zona do río Níxer e o golfo da Guinea, e o contacto a través do Mar Vermello con Eritrea e Etiopía, zonas fortemente vinculadas á península Arábiga. O caso especial de Madagascar é consecuencia da procedencia da poboación malgache, relacionada a través do océano Índico con outras poboacións malaio-polinesias.

América antiga

Véxase tamén: Historia de América, Prehistoria de América, América precolombiana, Chegada do home a América, Teoría do poboamento temperán, Teoría do poboamento tardío, Período Formativo de América, Período clásico de América e Linguas indíxenas de América.

Norteamérica e Mesoamérica antigas

Artigo principal: Historia de América do Norte.
Artigo principal: Cronoloxías de Mesoamérica.
Véxase tamén: Norteamérica, Mesoamérica, Aridoamérica e Oasisamérica.
Copan St H

Estela maia, en Copán, Honduras.

Cabeza Colosal nº1 del Museo Xalapa

Cabeza colosal olmeca (Xalapa, México).

Elmiradortigre

Pirámide do Tigre na cidade maia de El Mirador (Petén, Guatemala, preclásico tardío, carao 600 a. C.). Tamén incluía a pirámide La Danta, hoxe en día oculta pola selva, un complexo relixioso máis grande que a Gran Pirámide de Gizeh.

Caribe antigo

Artigo principal: Historia do Caribe.

Suramérica antiga

Artigo principal: Historia de América do Sur.
  • Antigo Perú.
  • Épocas preincaicas.
  • Cultura paracas.
  • Cultura Chavín.
  • Caral.
Zonnepoort tiwanaku

Porta do Sol (Tiahuanaco, Bolivia).

Piquillacta Archaeological site - street

Rúa de Piquillacta (cultura Huari, Perú, século VI a XII d.C.

Tomb of Lord of Sipán 01

Tumba do Señor de Sipán (cultura Lambayeque, Perú, século III).

80 - Machu Picchu - Juin 2009 - downsample

Machu Picchu (cultura Inca, Perú, século XV).

Oceanía antiga

Polynesia-triangle

A extraordinaria extensión da colonización polinesia no Pacífico, nun triángulo cuxos vértices están en Nova Zelandia, Hawai e a Illa de Pascua, e cuxo centro é Tahití. A unidade etnográfica desta cultura obsérvase en características antropolóxicas físicas, lingüísticas, ideolóxicas, sociais e económicas (determinados cultivos e gandos -porcos e aves-).

Ra 2

A expedición de Thor Heyerdahl na Kon-tiki foi un intento imaxinativo de arqueoloxía ou antropoloxía experimental que pretendía comprobar a posibilidade de viaxes entre América do Sur e o Pacífico, baseándose na capacidade de navegación de balsas similares aos «cabaliños de totora» do lago Titicaca. No entanto, a interpretación máis usual das evidencias arqueolóxicas e antropolóxicas mantén que o asentamento orixinal da poboación de América realizouse vía terrestre, e de norte a sur, mentres que a de Oceanía realizouse de oeste a leste.

Maorigodsymbols

Símbolos dos deuses maorís. Tangaroa sería un heroe divinizado cuxa xenealoxía consérvase nos mitos polinesios, mantidos pola tradición oral, e que permiten describir e ata datar sucesivas migracións que comezarían desde algún punto de Indonesia (posiblemente a Illa de Xava, calculouse no século III a.C.) e continuarían por radiación de illa en illa ata alcanzar a máxima expansión no século XII.[10]

Mapas e cronoloxía da Idade Antiga

World in 300 CE
Extensión das distintas civilizacións cara no ano 300.

Formacións históricas en torno ao espazo mediterráneo

Século ou Milenio Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Asia Menor Mesopotamia Irán e Asia Central
V milenio a. C. Neolítico (prehistórico)

Cerámica cardial

Período predinástico de Exipto Período do Obeid
IV milenio a. C. Neolítico

(prehistórico)

Cultura dos sepulcros de fosa

Período protodinástico de Exipto Período de Uruk

Período Yemdet Nasr

Período de Uruk

Período Yemdet Nasr

Civilización proto-elamita
III milenio a. C. Civilización cicládica

Civilización minoica

Cultura do vaso campaniforme

(prehistórica)

Calcolítico (prehistórico)

Cultura do vaso campaniforme

Megalitismo

Los Millares

Período arcaico de Exipto

Imperio Antigo

Primeiro Período Intermedio

Imperio acadio Período Dinástico Arcaico

Cidades sumerias

Imperio acadio

Renacemento sumerio

Civilización proto-elamita

Imperio acadio

Renacemento sumerio

II milenio a. C. Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Anatolia Mesopotamia Irán e Asia Central
século XX a. C. Civilización minoica Idade de Bronce (prehistórica) Imperio Medio Hititas Imperio asirio Elam
Século XIX a. C. Civilización minoica El Argar

(prehistórica, Sueste)

Imperio Medio Imperio asirio Imperio asirio Elam
Século XVIII a. C. Civilización minoica Cultura dos Motillas

(prehistórica, Meseta Sur)

Imperio Medio

Segundo Período Intermedio

Hititas

Hurritas

Alepo

Imperio babilónico Elam
Século XVII a. C. Civilización minoica Cogotas I

(prehistórica, Meseta Norte)

Segundo Período Intermedio

Hicsos

Hititas

Hurritas

Alepo

Imperio babilónico Elam
Século XVI a. C. Civilización minoica Vila Nova (prehistórica, Desembocadura do Teixo) Segundo Período Intermedio

Imperio Novo

Hititas

Mitanni

Mitanni

Kassitas

Elam
Século XV a. C. Civilización minoica

Micénicos

Cultura dos Terramaras

(prehistórica)

Atalaia (prehistórica, Suroeste) Imperio Novo Hititas

Mitanni

Imperio Novo

Mitanni

Kassitas

Elam
Século XIV a. C. Civilización minoica

Micénicos

Cultura dos Terramaras

(prehistórica)

Cultura pretalaiótica (prehistórica, Baleares) Imperio Novo Hititas

Imperio Novo

Imperio medio asirio Elam
Século XIII a. C. Micénicos

Pobos do Mar

Cultura dos Campos de Urnas

Pobos itálicos

(osco-umbros, latino-faletos,

vénetos etc.;

prehistóricos)

Cultura talaiótica (Baleares)

(prehistórica)

Imperio Novo

Pobos do Mar

Hititas

Imperio Novo

Pobos do Mar

Batalla de Qadesh

Imperio medio asirio Elam
século XII a. C. Idade Escura

Dorios

Pobos itálicos

(prehistóricos)

Cultura dos Campos de Urnas

(prehistórica, Noreste)

Imperio Novo Frixia

Lidia

Hititas

Fenicios

Filisteos

Arameos

Imperio medio asirio

Arameos

Elam

Imperio medio asirio

Século XI a. C. Idade Escura

Xonios

Pobos itálicos

(prehistóricos)

Fundación de Cádiz

(protohistoria)

Imperio Novo

Terceiro Período Intermedio de Exipto

Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Arameos

Arameos Elam
I milenio a. C. Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Anatolia Mesopotamia Irán e Asia Central
Século X a. C. Idade escura Pobos itálicos

(prehistóricos)

Idade de Ferro (prehistórica e protohistórica) Terceiro Período Intermedio de Exipto Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Reino de Xudá

Arameos Elam
Século lo IX a. C. Idade Escura Galos

Etruscos

Pobos itálicos

(prehistóricos e protohistóricos)

Preiberos

Celtas

Colonización fenicia

Fundación de Cartago

Tercer Período Intermedio de Exipto Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Reino de Xudá

Imperio novo asirio Imperio novo asirio
Século VIII a. C. Época arcaica

Primeira Olimpiada

Homero

Colonización grega

Liga xonia

Galos

Etruscos

Fundación de Roma

Colonias gregas

Celtas

Colonias gregas

Colonias fenicias

Iberos

Tartessos

Colonización fenicia

Cartago

Terceiro Período Intermedio de Exipto

Imperio novo asirio

Frixia

Lidia

Catividade de Nínive

Imperio novo asirio

Urartu

Imperio novo asirio Elam

Imperio medo

Século VII a. C. Época arcaica

Tiranías

Lexisladores gregos

Etruscos

Monarquía romana

Samnitas

Magna Grecia

Celtas

Colonias gregas

Colonias fenicias

Iberos

Tartessos

Colonias fenicias

Cartago

Terceiro Período Intermedio de Exipto

Imperio novo asirio

Período tardío de Exipto (Saíta)

Frixia

Lidia

Imperio asirio

Imperio neobabilónico

Fenicios

Imperio novo asirio

Imperio neobabilónico

Imperio novo asirio

Imperio neobabilónico

Imperio medo

Século VI a. C. Época arcaica

Tiranías

Democracia ateniense

Imperio aqueménida

Etruscos

Samnitas

Monarquía romana

República romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización grega

Iberos

Tartessos

Imperio cartaxinés

Batalla de Alalia

Imperio cartaxinés

Período tardío de Exipto (Saíta)

Imperio aqueménida

Cativerio de Babilonia

Imperio neobabilónico

Imperio aqueménida

Imperio neobabilónico

Imperio aqueménida

Imperio aqueménida
Século V a. C. Imperio aqueménida

Revolta xonica

Guerras Médicas

Século de Pericles

Liga de Delos

Liga do Peloponeso

Guerra do Peloponeso

Etruscos

Samnitas

República romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización grega

Imperio cartaxinés

Iberos

Imperio cartaxinés Imperio aqueménida Imperio aqueménida Imperio aqueménida Imperio aqueménida
Século IV a. C. Batalla de Queronea

Imperio de Alexandre

Etruscos

Sitio de Veies

Guerras samnitas

República Romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización grega

Imperio cartaxinés

Iberos

Imperio cartaxinés Sitio de Gaza

Imperio de Alexandre

Batalla do Gránico

Batalla de Issos

Sitio de Tiro

Imperio de Alexandre

Batalla de Gaugamela

Imperio de Alexandre

Sitio da Rocha Sogdiana

Imperio de Alexandre

Século III a. C. Reino de Macedonia

Reino de Epiro

Liga Aquea

Liga Etolia

Guerras Pírricas

Imperio cartaxinés

Guerras púnicas

República romana

Pobos prerromanos

Colonias gregas

Imperio cartaxinés

Guerras púnicas

República Romana

Imperio cartaxinés

Guerras púnicas

República romana

Dinastía tolemaica Imperio seléucida

Reino de Pérgamo

Imperio seléucida Imperio seléucida

Partos

Grecobactrianos

Reino indogrego

Século II a. C. Reino de Macedonia

Reino de Epiro

Liga Aquea

Liga Etolia

Guerras Macedónicas

República romana

República romana Celtiberos e Lusitanos

Sitio de Numancia

República romana

Cántabros e Astures

República romana

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Dinastía tolemaica Reino de Pérgamo

Reino de Armenia

Reino do Ponto

Macabeos

Nabateos

Imperio seléucida

Partos

Partos

Grecobactrianos

Reino indogrego

Século I a. C. República romana

Alto Imperio Romano

República romana

Alto Imperio Romano

República romana

Cántabros e Astures

Guerras cántabras

Alto Imperio Romano

República romana

Alto Imperio Romano

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Dinastía tolemaica

Batalla de Actium

Alto Imperio Romano

Guerras Mitridáticas

República romana

Alto Imperio Romano

Nabateos

Partos Partos

Tocarios

Indogregos

I milenio Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante y Anatolia Mesopotamia Irán y Asia Central
Século I Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Alto Imperio romano Alto Imperio romano

Primeira Guerra Xudeu-Romana

Nabateos

Partos Partos

Tocarios

Indogregos

Século II Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Partos

Alto Imperio romano

Partos

Imperio Cuxano

Século III Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Imperio sasánida

Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Imperio sasánida

Imperio Cuxano

Século IV Imperio Romano de Oriente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Oriente Imperio Romano de Oriente Imperio sasánida

Imperio Romano de Oriente

Imperio sasánida

Imperio Cuxano

Século V Imperio Romano de Oriente Caída do Imperio Romano de Occidente

Ostrogodos

Invasións xermánicas

Reino suevo

Reino visigodo de Tolosa

Reino vándalo de África Imperio romano de Oriente Imperio romano de Oriente Imperio sasánida

Imperio romano de Oriente

Imperio sasánida

Heftalita

Mediterráneo Occidental (sometido a Roma tras as Guerras púnicas):      República Romana, coa cidade de Roma, os territorios da península itálica sometidos a diferentes consideracións xurídicas e de cidadanía, e as súas provincias en Sicilia, Sardeña, Córsega, Hispania e Dalmacia     Reino de Mauritania     Reino de Numidia     República Cartaxinesa Mediterráneo oriental: -Grecia:      Reino de Epiro       Reino de Macedonia      Liga Etolia

     Liga Aquea

-Exipto:      Imperio tolemaico -Asia menor e Mar Negro:      Rodas      Reino do Bósforo      Reino de Capadocia      Galatia     Reino de Bitinia      Reino de Pérgamo      Reino de Armenia      Reino do Ponto -Levante, Mesopotamia e Asia Central:

     Imperio Seléucida      Partos      Reino Grecobactriano      Imperio Mauria

Táboa cronolóxica por continentes

Cronoloxía Europa África Asia América Oceanía
Europa Occidental Europa Oriental Norte de África Oriente Próximo Extremo Oriente Norteamérica Sudamérica Australia Pacífico
Imperio persa
Imperio romano Imperio sasánida

Ficción

Literatura

William Shakespeare compuxo varias obras teatrais con ambientación na Antigüidade: The Tragedy of Julius Caesar (A traxedia de Xullo César (en galego)), Antony and Cleopatra (Antonio e Cleopatra), Coriolano, Titus Andrónicus etc. Cervantes fixo o propio en El cerco de Numancia (O cerco de Numancia (en galego)); pero foi máis usual no teatro clásico francés: Pierre Corneille (Horacio, Cinna etc.) e Jean Racine (La Thébaïde -A Tebaida (en galego)-), Andrómaca, Fedra etc.), a partir do cal -e baseándose en modelos clásicos e en textos antigos de Terencio e Plauto- fixáronse as convencións académicas que fixaron o modelo do teatro neoclásico do século XVIII.

A novela histórica xurdida no romanticismo tivo na Idade Media o seu principal escenario (véxase medievalismo), pero tamén se buscou a ambientación en distintas civilizacións da Idade Antiga.

Moitas das novelas adaptáronse ao cine ou a televisión:

O éxito editorial dos temas históricos multiplicou a aparición de best-séllers do xénero, sobre todo os relacionados coa historia militar de Roma.[11]

Cine

A adaptación de mitos da idade antiga deu orixe a un xénero cinematográfico especial: Troia, Clash of the Titans (Furia de titáns (en galego)), Jason and the Argonauts (Xasón e os argonautas (en galego)) etc., así como o cine bíblico: The Ten Commandments (Os dez mandamentos (en galego)) (de Cecil B. DeMille, 1923 e 1956), Solomon and Sheba (Salomón e a raíña de Saba), Samson and Delilah (Sansón e Dalila) etc.

Tamén distintas adaptacións dos evanxeos: (The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada (en galego)), The Robe (A túnica sacra), The Passion of the Christ (A Paixón de Cristo (en galego)) etc.

Co nome de peplum (do grego "πεπλον" -peplo-) desígnase a un subxénero cinematográfico en que a ambientación na Antigüidade é unha simple escusa para unha película de aventuras de baixo orzamento na que os anacronismos e outras incongruencias á historia son abundantes (Hércules, de 1958, e Ercole, Sansone, Maciste e Ursus gli invincibili (Hércules, Sansón, Maciste e Ursus), de 1964). As características do xénero propiciou a realización de numerosas secuelas e parodias.

Artigo principal: Peplum.

Tanto estas como as de maior nivel popularmente recibiron o nome de «películas de romanos» (aínda que fosen ambientadas na época grega ou calquera outra época antiga), e o seu visionado nos «cines de barrio» de sesión continua e dobre programa, ou nos cines de verán tivo un notable papel na educación sentimental da mocidade desde finais dos anos cincuenta ata os setenta, reflectido en obras como as de Terenci Moix (exiptómano e mitómano en concreto de Elizabeth Taylor, actriz que representou a Cleopatra). Joaquín Sabina ten unha canción titulada Una de romanos, caracterizada pola nostalxia da mocidade pasada.

Televisión

  • I, Claudius (Eu, Claudio (en galego)) Yo, Claudio título co que se pasou en España
  • Roma (serie de televisión) Rome no orixinal (en inglés).

Historieta

  • 300 (1998, cómic de Frank Miller), no que está baseada a película.
  • Asterix (tamén adaptado ao cine)
  • El Jabato
  • Fiction set in ancient Rome (en inglés)
  • Fiction set in ancient Greece (en inglés)
Predecesor:
Prehistoria
Idade Antiga
IV milenio a. C.476
Sucesor:
Idade Media

Notas

  1. Un dos principais autores é Luigi Luca Cavalli-Sforza. A divulgación das conclusións de cada un dos estudos adoita dar problemas, ao presentarse con titulares xornalísticos sensacionalistas:La patria se lleva en los genes. Un grupo de investigadores descubre la asombrosa coincidencia del mapa de mutaciones y el geográfico de Europa, El País, 26/11/2008; abusos contra los que suelen advertir los propios genetistas: No hay razas. Desde el punto de vista de la genética, sólo vemos gradientes geográficos (Lluis Quintana-Murci, do Instituto Pasteur de París, citado por Gary Stix Huellas de un pasado lejano, en Investigación y Ciencia, setembro 2008, ISSN 0210136X pax. 19).
  2. Termo acuñado por Gordon Childe, op. cit.
  3. Termo acuñado por James Henry Breasted. Albert Clay The so-called Fertile Crescent and Desert Bay (en inglés)
  4. Perry Anderson, op. cit.
  5. Edward Gibbon, Fustel de Coulanges e Perry Anderson (op. cit.); Henri Pirenne Mahoma e Carlomagno.
  6. Véxase Deidades triplas ou Tríades indoeuropeas e Hipótese trifuncional
  7. (en inglés) Bruce Gordon (2005).
  8. (en castelán) Sven-Tage Teodorsson:EX ORIENTE LUX, EX OCCIDENTE DUX: GREGOS, CARTAGINESES E ROMANOS EN CONTACTO E CONFLITO
    "¡Ex oriente lux!" Dise que con esta exclamación saudaban os romanos ao sol cando se elevaba sobre as montañas samnitas. A expresión fíxose unha frase soada universal, usada se cadra por casualidade en sentido orixinal, pero case sempre simbólicamente para suxerir que a nosa cultura occidental provén no fondo de Oriente.
  9. Véxase tamén Escuela francesa de Extremo Oriente
  10. Historia universal Salvat-El País (tomo 3: «Emigraciones en el Océano Pacífico»), páx. 142, ISBN 84-345-6232-4.
  11. Artigo sobre o asunto en El País, 17 de xaneiro de 2009. Cita tres exemplos de recente aparición: Centurión (de Simon Scarrow. Barcelona: Edhasa, 2008), A aguia da Novena Lexión (de Rosemary Sutcliff. Barcelona: Plataforma, 2008) e César, as cinzas da República (de Gisbert Haefs. Barcelona: Edhasa, 2008).

Véxase tamén

Bibliografia

  • Edward Gibbon (1776). Historia de la decadencia y caída del Imperio romano.
  • Fustel de Coulanges: La Cité antique, 1864.
  • Vere Gordon Childe: Los orígenes de la civilización, 1936.
  • Georges Duby: Atlas histórico mundial [Larouse, 1987]. Barcelona: Debate, 1989. ISBN 84-7444-349-0.
  • Henri Frankfort y otros: El pensamiento prefilosófico, 1946.
  • C. W. Ceram: Dioses, tumbas y sabios, 1949.
  • Ángel Montenegro (coord.): Egipto y los grandes imperios y Antiguos imperios orientales, vols. 4 y 5 de Gran Historia Universal, 1986. Madrid: Nájera.
  • Samuel Noah Kramer: La historia empieza en Sumer, 1965.
  • Chester Starr: Historia del mundo antiguo [1965]. Madrid: Akal, 1974. ISBN 84-7339-032-6.
  • Perry Anderson: Transiciones de la Antigüedad al feudalismo [1974]. Madrid: Siglo XXI, 1986. ISBN 84-323-0355-0.
  • Georg Schwarz: Kulturexperimente im Altertum, Berlin 2010.

Outros artigos

Ligazóns externas

Anatomía

A anatomía (do grego anatomē, ‘disección’) é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da fisioloxía, que ás veces recibe o nome de anatomía funcional. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina e con outras ramas da bioloxía.

Antigüidade tardía

A Antigüidade tardía é o período de transición entre a Idade Antiga e maila Idade Media; as dúas primeiras divisións da periodización tradicional do tempo histórico que se adoitan aplicar á Historia da civilización occidental. Cronoloxicamente abranguería o período que vai dende a crise do século III, que marca o comezo da descomposición da Antigüidade clásica, até a expansión musulmá e a constitución do Imperio Carolinxio (finais do século VIII), procesos que representaron o asentamento definitivo do mundo medieval.

Henri Pirenne (Mahoma e Carlomagno) pode considerarse o creador do concepto, ao pór de manifesto o esencial que para a caracterización definitivo de o medieval significaron dous grandes acontecementos: o Imperio de Carlomagno e a chegada do islam a Europa; e os procesos que carrexaron: a ruptura da unidade da conca do Mediterráneo (no económico e no ideolóxico, unha verdadeira fronteira de civilizacións) e o peche en si mesma da Europa Occidental ou Cristiandade latina (previamente separada da Cristiandade oriental do Imperio Bizantino), onde levarán á súa culminación as formas económicas, sociais, políticas e ideolóxicas do que se veu en chamar feudalismo e que víñanse desenvolvendo dende o comezo deste período, cincocentos anos antes.

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Desde unha concepción máis ampla deste accidente xeográfico, tamén se considera que o Golfo Ártabro abrangue todo o entrante que fai o océano na costa entre o Cabo Prior, en Ferrol, e o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense ou boirés.

Britanos

Este artigo trata dos antigos britanos (Brittons), habitantes de illa de Bretaña, ou Gran Bretaña, e non dos bretóns, habitantes da actual país de Bretaña, en Francia.Os britanos (en latín Britanni) designa ante todo os habitantes da illa de Bretaña (en latín Britannia), ou máis exactamente que habitaban a parte da illa limitada ao Norte polos ríos Clyde e Forth (en Escocia hoxe).

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

Filosofía da natureza

A filosofía da natureza, ás veces chamada filosofía natural ou cosmoloxía é o nome que recibiu a rama da ciencia que hoxe coñecemos como física ata mediados do século XIX. Así, o coñecido tratado de Isaac Newton, Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica debería entenderse como Principios Matemáticos da Física.

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Gándara, Zas

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Melilla

Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.

A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX. Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.

Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.

Moeda celta

A moeda celta foi acuñada polos pobos celtas dende finais do século -IV ata o século -I. A moeda celta estaba moi influída polo comercio e a oferta de mercenarios ós gregos, e inicialmente copiou os deseños gregos, especialmente a moeda do Reino de Macedonia do período de Filipo II de Macedonia e do seu fillo, Alexandre o Grande (os estateros coñecidos como "filipos"). É por este motivo que motivos e letras gregas poden ser atopados nas moedas celtas, especialmente nas acuñadas no sur da Galia.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

Pino del Río

Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).

Primeiro milenio

O primeiro milenio da era común foi o período de tempo que transcorreu de 1 de xaneiro do ano 1 ata 31 de decembro do ano 1000. Durante este período, viuse o fin da Idade Antiga e o comezo da Idade Media e as transformacións económicas, sociais e políticas que tal transición implicou, como a diminución do ritmo de crecemento da poboación mundial e a fragmentación do poder.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.