I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Véxase tamén

Outros artigos

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Caza de bruxas

A caza de bruxas é a procura de bruxos, meigas ou probas de bruxaría, que levaba a acusar a persoa afectada de bruxaría, a un xuízo e finalmente a unha condena. Moitas culturas, tanto antigas como modernas, reaccionaron de forma puntual ás acusacións de bruxaría con medo supersticioso e castigaron, ou mesmo asasinaron, ós presuntos ou presuntas practicantes.

A caza de bruxas como fenómeno xeneralizado é característico da Europa central a comezos da Idade Moderna. A base para a persecución masiva de mulleres (puntualmente tamén menores e homes e mesmo animais) pola Igrexa e sobre todo pola xustiza civil, foi a idea, estendida entre teólogos e xuristas, dunha conspiración do Demo para acabar coa Cristiandade.

As cazas de bruxas aínda ocorren no presente e adoitan clasificarse dentro do chamado pánico moral. De forma xeral, o termo chegou a denotar a persecución dun inimigo percibido (habitualmente un grupo social non conformista) de forma extremadamente nesgada e independente da inocencia ou culpabilidade real.

Ein Gedi

Ein Gedi (en hebreo עין גדי) é un oasis situado en Israel na ribeira oeste do mar Morto, preto de Masada e das covas de Qumrán. A aridez e a calor extremos prevalecen nesta rexión desértica durante a maior parte do ano. Os mananciais perennes de auga potable (ein significa "manancial") que flúen desde os altos riscos do deserto de Xudea fixeron posibles o asentamento e a agricultura desde tempos antigos.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

The Simpsons

The Simpsons (en galego, Os Simpson) é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión americana Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión americanas.

A familia foi concibida por Groening pouco antes de se converter nunha serie de curtametraxes animadas xunto co produtor James L. Brooks. Groening creou unha familia disfuncional e chamou aos personaxes cos nomes de membros da súa propia familia, substituíndo o seu propio nome polo de Bart. As curtas convertéronse en parte de The Tracey Ullman Show o 19 de abril de 1987. Tras unha serie de 48 curtas repartidas en 3 temporadas decidiuse desenvolver con elas un programa de media hora en horario de máxima audiencia. Así a serie converteuse nun éxito para a canle Fox, chegando a ser a primeira serie da Fox que se situaba entre as 30 con maior número de audiencia nunha temporada (1989-1990).

Desde o seu debut, o 17 de decembro de 1989, a serie posúe 491 episodios repartidos en 23 temporadas. The Simpsons Movie, a película baseada na serie, foi estreada nos cines de todo o mundo o 6 e 7 de xullo de 2007, e recadou 527 millóns de dólares en todo o mundo.

The Simpsons ten gañado ducias de premios desde que a serie se puxo en antena. Entre eles destacan 24 premios Emmy, 26 premios Annie e un premio Peabody. No número do día 31 de decembro de 1999 da revista Time dicíase que era a mellor serie de televisión do século XX e o 4 de xaneiro do ano seguinte a familia Simpson foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. The Simpsons é a comedia de situación americana e programa de animación que leva máis anos en antena, e desde o 2008 é, xunto con Gunsmoke, a serie de entretemento americana que máis tempo se leva emitindo en horario de máxima audiencia. O gruñido de anoxo de Homer "D'oh!" foi adoptado no léxico inglés, se ben The Simpsons ten influenciado a moitas comedias de situación animadas orientadas a un público adulto.

En España, comezouse a emitir no mes de abril de 1993 por TVE 2, mais por falta de audiencia foi retirada de emisión. Axiña, Antena 3 mercou os dereitos desta serie, e na emisión nesta canle alcanzou un enorme éxito. Tanto é así que aínda a día de hoxe se seguen a repetir capítulos en horario de mediodía.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.