ITV

Independent Television máis coñecida como ITV é a máis antiga cadea de televisión comercial británica e a terceira de Europa por detrás de TMC Monte Carlo e RTL9. Opera varias redes comerciais no Reino Unido. Foi establecida en 1955 para facer a competencia á BBC. Aínda que o seu nome oficial é Channel 3, establecido pola Lei de Radiofusión de 1990 para diferenciala de BBC One, BBC Two e Channel 4, este nome nunca foi empregado de xeito comercial pola ITV.

YorkshireTVstudiosLeedsJan07
Estudios de Yorkshire Television, Kirkstall Road, Leeds.

Historia

Independent Television foi creada grazas ó Television Act (Lei de televisión) de 1954. ITV comezou a emitir o 22 de setembro de 1955 para a área de Londres, ao longo de 1956 implantouse nas Midlands e no norte de Inglaterra, ao ano seguinte chegou a partes de Escocia e en 1958 a Gales[1].

Servizos

Televisión

  • ITV1
  • ITV2
  • ITV3
  • ITV4
  • CITV Channel
  • Men & Motors

Organización

Ó contrario que o resto de cadeas de televisión do Reino Unido, ITV non é propiedade dunha soa empresa aínda que estivo preto do ser estes anos. Ofcom manexou as licenzas de catro compañías para proporcionar a ITV servizos rexionais. O servizo de ITV alcanza 10 rexións en Inglaterra, Gales e as fronteiras de Escocia e a Illa de Man. En Escocia STV Central Limited ten a licenza para o centro e STV North Limited para o norte incluíndo as illas Hébridas.

Notas

  1. Robert Turnock Television and consumer culture: Britain and the transformation of modernity, p. 1

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arriba e abaixo

Arriba e abaixo (en inglés: Upstairs, Downstairs) é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a Primeira Guerra Mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.

BBC One

BBC One é a máis antiga estación de televisión do Reino Unido e do mundo. É a principal canle da BBC, e comezou a emitir como BBC Television Service o 2 de novembro de 1936, aínda que a BBC emitira experimentalmente en gran variedade de formatos dende que o 30 de setembro de 1929 Baird Televisión emitise utilizando os medios da BBC. O 1 de setembro de 1939 as emisións foron interrompidas ata que de novo o 7 de xuño de 1946 volveu transmitir. A estación tivo o monopolio das transmisións de televisión no Reino Unido ata a aparición da ITV en 1955. En 1964 coa aparición de BBC Two pasou a se denominar BBC One.

BBC Two

BBC Two, tamén chamada BBC2 ata 1997, é a segunda maior cadea de televisión terrestre da BBC, foi posta en marcha en 1964.

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009

O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009 é o campionato anual número 60 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competir dez equipos.

Está programado que conte con 17 Grandes Premios, dando comezo o 29 de marzo co Gran Premio de Australia, estando prevista a finalización para o 1 de novembro co Gran Premio de Abu Dabi no Circuíto de Yas Marina, a cal é incluída por vez primeira no calendario. Os Grandes Premios francés e canadense, que estiveron incluídos na temporada 2008, foron excluídos desta.

Foron introducidas pola FIA, ademais, diversas modificacións nas regras, nun intento de reducir custos debido á crise financeira e para mellorar o espectáculo. Novas normas sobre pneumáticos, aerodinámica e a implantación do sistema KERS (Kinetic Energy Recovery Systems), entre outras, son algúns dos cambios máis significativos que os regulamentos da Fórmula 1 sufriron desde hai décadas. Inicialmente, a FIA declarou que ía haber un cambio na puntuación para o Campionato do mundo de pilotos, dando como vencedor deste ao que gañase máis carreiras. Non obstante, esta decisión foi revertida tras a protesta da Formula One Teams Association (FOTA).

Cosgrove Hall Films

Cosgrove Hall Films é unha compañía de animación británica fundada como Cosgrove Hall Productions en 1976 por Mark Hall e Brian Cosgrove, na práctica era unha filial de Thames Televisión, cando esta perdeu a licenza en 1993, pasou a depender de Anglia Television e mudou de nome para o actual nome xa como propiedade da ITV. Foi un dos maiores produtores de programas infantís do mundo. O 30 de xaneiro de 2009 pechou o estudio de animación e trasladou o persoal restante a unha oficina de Granada Television .

Downton Abbey

Downton Abbey é unha serie de televisión de drama histórico creada por Julian Fellowes e coproducida por Carnival Films e Masterpiece. Foi estreada por ITV no Reino Unido o 26 de setembro de 2010, e por PBS nos Estados Unidos o 9 de xaneiro de 2011 como parte da antoloxía Masterpiece Classic.

Formula One Group

O Formula One Group é o grupo de empresas encargadas da promoción do campionato mundial de Fórmula 1 da FIA e a explotación dos dereitos comerciais deste deporte. O grupo é propiedade en última instancia de Delta Topco, unha empresa con sede en Jersey propiedade do fondo común de investimentos CVC Capital Partners (70%) e JPMorgan (aproximadamente o 20%). O trust formado pola familia de Bernie Ecclestone é a propietaria do resto, aparte de pequenas accións en mans dos asesores financeiros e do mesmo Ecclestone."Formula One group" refírese estritamente a Formula One Management, Formula One Administration e Formula One Licensing BV, que son filiais da sociedade de carteira Formula One Holdings. Con todo, Delta Topco posúe outros negocios na Fórmula Un.

George e Mildred

George e Mildred foi unha comedia de situación británica producida por Thames Television que se emitiu entre 1976 e 1979, foi unha secuela de Man About the House e protagonizábana Brian Murphy e Yootha Joyce como o matrimonio, George e Mildred Roper. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1988, con Tuto Vázquez e María Romero interpretando aos protagonistas.

Gran Premio de Australia de 1997

O Gran Premio de Australia de 1997 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 9 de marzo de 1997 en Melbourne. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un de 1997. Foi o segundo Gran Premio albergado en Melbourne. A carreira de 58 voltas gañouna o piloto de McLaren David Coulthard tras comezar desde a cuarta posición. Michael Schumacher terminou segundo para Ferrari e o seu compañeiro de equipo, Mika Häkkinen, foi o terceiro.

Nicola Larini logrou os seus últimos puntos de campionato mundial nesta carreira.

Gran Premio de Francia

O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard.

O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.

Os primeiros campionatos mundiais organizáronse en 1925 co Gran Premio de Francia, a Gran Premio de Italia, o Gran Premio de Bélxica e as 500 millas de Indianápolis. O Gran Premio de Francia foi parte do campionato de Fórmula Un, desde o seu inicio en 1950 ata o 2008. Designouse como Gran Premio de Europa, catro veces, entre 1924 e 1966, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa.

A carreira celebrouse en diferentes circuítos en toda Francia, como o Autódromo de Montlhéry. Desde 1991 a súa sede permanente foi o Circuíto de Nevers Magny-Cours. O paso a Magny-Cours foi un intento de estimular a economía da zona, pero moita xente dentro da Fórmula Un queixouse da localización do circuíto. As carreiras de 2004 e 2005 estaban en dúbida debido a problemas financeiros e a incorporación de novos circuítos ao calendario da Fórmula Un. Estas carreiras sairon adiante como estaba previsto, pero aínda tiñan un futuro incerto. O 29 de marzo de 2007 foi anunciado pola FFSA, o promotor da carreira, que a partir Gran Premio de Francia de 2008 fariase unha "pausa" indeterminada. Esta suspensión debeuse á situación financeira do circuíto, coñecido por non ser do agrado de moitos en F1 debido á localización do circuíto. O 31 de maio, Bernie Ecclestone, confirmou (nese entón) que o Gran Premio de Francia de 2007 sería o último que se celebraria en Magny-Cours.

Con todo, logo de varias negociacións, o futuro da carreira en Magny-Cours deu un novo xiro, aumentando a especulación de que o Gran Premio de Francia de 2008 volvería, co mesmo Ecclestone dicindo "Imos revivilo por un ano, ou algo así". o 24 de xullo Ecclestone e o primeiro ministro francés reuníronse e acordaron a posibilidade de manter a carreira en Magny Cours en 2008 e 2009. A confirmación foi o 27 de xullo, cando a FIA publicou o calendario para 2008. Cun Gran Premio de Francia programado en Magny-Cours, unha vez máis. A carreira de 2009, foi anulada de novo o 15 de outubro de 2008, no sitio web oficial, citando "razóns económicas" Foi anunciado un enorme cambio de imaxe de Magny-Cours ( "2.0"), pero cancelado ao final. A FFSA promotor da carreira comezou a buscar unha alternativa. Houbo cinco diferentes propostas para un novo circuíto: en Ruán con 3 deseños posibles: un circuíto urbano, na zona do peirao, ou un circuíto permanente cerca do aeroporto, un circuíto urbano situado preto de Disneyland Resort Paris,Versalles, e en Sarcelles (Val de France), pero todos foron cancelados. Unha localización final en Flins-Les Mureaux, preto da fábrica de Renault en Flins estaba sendo considerada con todo, foi cancelada e o 1 de de decembro de 2009. En 2010 e 2011, non houbo Gran Premio de Francia no calendario da Fórmula 1, aínda que o Circuíto Paul Ricard foi candidato para o ano 2012. O Gran Premio de Francia non se incluíu no calendario de 2012.

En decembro de 2016, confirmouse que o Gran Premio de Francia volverá en 2018 no Circuíto Paul Ricard.10 pilotos franceses gañaron o Gran Premio de Francia, 7 antes da Primeira e Segunda Guerra Mundial e 3 no campionato de Fórmula Un. O piloto francés Alain Prost gañou a carreira 6 veces en 3 circuítos diferentes, con todo o piloto alemán Michael Schumacher gañou 8 veces, o piloto que gañou máis veces un mesmo Gran Premio. O piloto monegasco Louis Chiron gañou 5 veces, e o piloto arxentino Juan Manuel Fangio e o piloto británico Nigel Mansell gañaron 4 veces.

ITV1

ITV1 é a primeira e principal canle de televisión privada do Reino Unido, operada pola rede de televisións rexionais privadas Independent Television - ITV, e que comezou a operar o 22 de setembro do 1955, sendo a emisora de televisión privada máis antiga do Reino Unido e a terceira máis antiga en Europa, despois de TMC Monte Carlo e RTL9.

A canle referíase como "ITV" ata o ano 2001, cando o seu nome sufriu unha pequena modificación para ser chamada "ITV1", en concordancia coa segunda canle da rede ITV, ITV2 (lanzada no 1998).

Ata o 28 de outubro do 2002, a canle referíase tamén polo nome rexional da franquía que subministraba os programas da ITV nas distintas rexións respectivas. A partir de entón, en Inglaterra e Gales, o nome da canle pasou a ser chamada soamente ITV1. Porén, en Escocia, Irlanda do Norte e as Illas da Canle conservaron os nomes rexionais: STV (Scottish Television) en Escocia, UTV (Ulster Television) no Ulster, e Channel Television nas Illas da Canle.

A súa programación é dun carácter comercial, con programas de éxito como as telenovelas Coronation Street (que leva en antena dende o 1960) e Emmerdale (que leva en antena dende o 1972), e o drama policial The Bill (que leva en antena dende o 1984).

Outros programas de éxito na ITV1 inclúen: The X Factor (O Factor X), Dancing On Ice (Bailando Sobre Xeo), Ant and Dec's Saturday Night Take Away, I'm A Celebrity Get Me Out Of Here!, You've Been Framed, This Morning, Heartbeat e The Royal.

Esta é a canle de televisión que no seu día tamén deu vida á famosa serie de Rowan Atkinson Mr. Bean.

ITV2

ITV2 é unha canle de televisión británica propiedade de ITV Digital Channels Ltd, filial de ITV plc. Comezou a emitir o 7 de decembro de 1998 e está dispoñible en plataformas de televisión dixital por satélite, cable, IPTV e terrestre (Freeview).

Inspección Técnica de Vehículos

A Inspección Técnica de Vehículos (ITV) é un tipo de mantemento legal preventivo en que un vehículo é inspeccionado de forma periódica por un ente certificador, o cal verifica o cumprimento das normas de seguridade e emisións contaminantes que lle sexan aplicables. Nalgunhas lexislacións cómpre que un vehículo aprobe a ITV para poder ser matriculado ou para renovar a licenza ou patente. Dita aprobación acredítase mediante un certificado emitido pola entidade a cargo da inspección, e nalgúns casos adicionalmente adhírese un distintivo no parabrisas, na placa patente ou noutro lugar do vehículo onde resulte visible, a fin de facilitar a fiscalización. Nalgúns países a inspección realízase en talleres ambulantes en diferentes puntos das cidades.

O señor Bean

O señor Bean (título orixinal Mr. Bean) foi unha serie humorística da televisión británica protagonizada por Rowan Atkinson no papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de 1990 pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de 1995. En Galicia emitiuse na canle autonómica, a TVG, conseguindo unha enorme popularidade.[Cómpre referencia]No seu país de orixe, durante os cinco anos, a serie foi captando seguidores e aumentando a súa audiencia, ata alcanzar unha cota de 18,74 millóns de espectadores durante o episodio The Trouble with Mr Bean en 1992.

Ademais recibiu un número importante de premios internacionais, entre os que cabe destacar "A Rosa de Ouro" (Rose d'Or). O show foi exportado a máis de 200 lugares de todo o mundo, ademais dar lugar a dúas películas e unha serie de debuxos animados.

A personalidade de Mr. Bean raia a estupidez absurda, aínda que só é "un neno atrapado no corpo dun adulto", cun cinismo e humor moi elegante, definitivamente inglés, ademais de moi agradable, divertida e ata inxenua e malvada algunhas veces.

Vive no seu pequeno apartamento no norte de Londres (Inglaterra) co seu osito de peluche Teddy e o seu automóbil Austin Mini cor verde lima e negro con cadeados nas portas. Mr. Bean fala moi poucas veces e cando o fai é sempre con poucas palabras e voz grave pero divertida. Ten unha noiva "normal" (Irma Gobb) que a pesar da súa banalidade adórao e ódiao á vez.

O seu nome e a súa profesión nunca foron mencionadas nin por el nin polos seus creadores. O humor da comedia vén en gran parte das orixinais e excéntricas solucións que Mr. Bean atopa para resolver os seus problemas e a súa indiferenza total por solucionar outros.

Reino Unido no Festival de Eurovisión Júnior

Reino Unido fixo a súa primeira participación no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e continou en este durante 3 anos. O encargado de transmitir o evento foi a ITV.

Scout G1

Scout G1 foi un foguete espacial dos Estados Unidos propulsado exclusivamente por propelente sólido. Estaba concibido como un lanzador de baixo custo e foi usado desde tres sitios de lanzamento: a Base Vandenberg da Forza Aérea en California; o complexo de Wallops Island; e o Complexo de Lanzamento San Marco fronte ás costas de Nixeria.

Toyota Racing

Panasonic Toyota Racing, ou simplemente Toyota, foi unha escudaría xaponesa de Fórmula 1, propiedade da Toyota Motor Corporation e dentro da súa sección deportiva para Europa, de Toyota Motorsport. Baseada en Colonia (Alemaña), Toyota anunciou os seus plans para participar na Fórmula 1 en 1999, e logo de extensas probas co seu auto inicial, o TF101, o equipo fixo o seu debut en 2002. O novo equipo naceu tempo atrás desde a organización Toyota Motorsport GmbH, que competera anteriormente no Campionato do Mundo de Rallyes e nas 24 Horas de Le Mans. Malia lograr un punto na súa primeira carreira, Panasonic Toyota Racing nunca gañou un Gran Premio, o seu mellor resultado foi un segundo lugar, que lograron cinco veces, nas tempadas 2005, 2008 e 2009.Toyota foi criticado pola súa falta de éxitos, especialmente logo da tempada de 2006, no que o mellor resultado do equipo foi o 3º lugar no Gran Premio de Australia. Toyota era un equipo ben financiado, pero malia isto, non lograba bos resultados.O 4 de novembro de 2009, Toyota anunciou a súa retirada inmediata da Fórmula Un, poñendo fin á participación do equipo no deporte logo de oito tempadas.

WilliamsF1

Non confundir con Frank Williams Racing Cars, formado por Frank Williams en 1967.Williams Grand Prix Engineering Limited (FWB: WGF1 WGF1), que compite na Fórmula Un como "Williams Martini Racing", é un equipo e construtor británico de Fórmula Un. Fundado e dirixido polo propietario Sir Frank Williams e o enxeñeiro de automoción Patrick Head. O equipo formouse en 1977 logo de dous intentos fracasados de Frank Williams de dirixir dous equipos anteriormente: Frank Williams Racing Cars (1969 a 1975) e Wolf-Williams Racing (1976). Todos os chasis Williams F1 chámanse "FW" e logo un número, sendo o FW as iniciais do dono do equipo, Frank Williams. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.

Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.

As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas temporadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte de esa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.

A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e súa morte no Gran Premio de San Marino, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, máis non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.

A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.

İctimai TV

İctimai Televiziya, ou İTV, é o canle de televisión público de Acerbaixán. Foi creado o 29 de Agosto de 2005 despois da lei do goberno acerbaixano de crear a primeira canle pública en 2004. O canle ten a base en Bakú.

ITV entrou na UER o 5 de xullo de 2007, comezando xa a formar parte en concursos como o Festival de Eurovisión, que entrou por primeira vez no Festival de Eurovisión 2008 e gañou no Festival de Eurovisión 2011, sendo Bakú a sede do festival no 2012.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.