ISSN

ISSN ou International Standard Serial Number é un número de oito díxitos usado para identificar de maneira única publicacións en serie, electrónicas ou de papel. O sistema ISSN adoptouse como estándar internacional ISO 3297 en 1975.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2011

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

Auñamendi Eusko Entziklopedia

Auñamendi Eusko Entziklopedia (ESA), é unha enciclopedia numérica co obxectivo de ser unha ponte entre a tradición, presente e futuro do País Vasco. Tamén é coñecida polo nome de Enciclopedia Auñamendi-Fondo Bernardo Estornés Lasa. A enciclopedia ten como obxectivo actualizar, traducir ó éuscaro os artigos e complementar os contidos da Enciclopedia Auñamendi de Bernardo Estornés Lasa.

Bibcode

O bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas. O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Evolución

A evolución é o cambio nas características herdadas das poboacións biolóxicas co paso das xeracións. Os procesos evolutivos dan lugar a diversidade en todos os niveis biolóxicos de organización, como as especies, os organismos individuais e as moléculas como o ADN e proteínas. Todos os seres vivos da Terra descenden dun antepasado común (LUCA) que viviu hai entre 3 500 e 3 800 millóns de anos. En xullo de 2016, os científicos informaron da identificación dun conxunto de 355 xenes procedentes de LUCA en todos os organismos vivos da Terra. Os repetidos eventos de especiación e de diverxencia dos seres vivos poden inferirse do conxunto de trazos bioquímicos e morfolóxicos compartidos, ou das secuencias de ADN compartidas. Estes trazos e secuencias homólogas son moi similares entre as especies que comparten un antepasado común máis recente, e poden utilizarse para reconstruír as historias evolutivas, utilizando tanto as especies existentes coma o rexistro fósil. Os padróns existentes de biodiversidade foron modelados pola especiación e pola extinción.Charles Darwin foi o primeiro que formulou un argumento científico para a teoría da evolución por selección natural. A evolución por selección natural é un proceso que se pode inferir de tres feitos sobre as poboacións: primeiro, prodúcese máis descendencia da que é posible que sobreviva; segundo, os trazos varían entre os individuos, o que orixina diferentes taxas de supervivencia e reprodución; e terceiro, as diferenzas nos trazos son herdables. Así, cando morren os membros dunha poboación son substituídos pola proxenie dos pais que estaban mellor adaptados para sobrevivir e reproducirse no medio ambiente no cal ten lugar a selección natural. Este proceso crea e preserva trazos que son aparentemente axeitados para o seu papel funcional. A selección natural é a única causa coñecida da adaptación biolóxica, pero non a única causa da evolución. Outras causas non adaptativas da evolución son a mutación e a deriva xenética.A inicios do século XX, os coñecementos da xenética clásica foron integrados coa teoría de Darwin da evolución por selección natural coa creación da disciplina da xenética de poboacións. A importancia da selección natural como causa da evolución foi aceptada noutras ramas da bioloxía. Ademais, as nocións que se mantiñan anteriormente sobre evolución, como a ortoxénese e o "progreso" quedaron obsoletas. Os científicos continúan estudando varios aspectos da evolución formulando e poñendo a proba hipóteses, construíndo teorías, usando datos observacionais, e realizando experimentos de campo e de laboratorio. Os biólogos están de acordo en que a descendencia con modificacións é un dos feitos científicos establecidos con máis fiabilidade. En termos de aplicacións prácticas, a comprensión da evolución foi instrumental para os desenvolvementos de varios campos científicos e industriais, incluíndo a agricultura, medicina, veterinaria e a bioloxía en xeral. Os descubrimentos feitos na bioloxía evolutiva tiveron un impacto significativo non só nas áreas tradicionais da bioloxía senón tamén noutras disciplinas académicas, incluíndo a antropoloxía e a psicoloxía.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

International Plant Names Index

O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.

Ortigueira

Ortigueira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2017 tiña 5.966 habitantes (6.871 no 2010, 7.376 no 2006, 7.697 no 2005, 7.830 no 2004, 8.022 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ortigueirés» ou «urticariense».

Pfam

Pfam é unha base de datos de familias de proteínas na que se inclúen as súas anotacións e aliñamentos de secuencias múltiples xerados usando modelos de Markov ocultos.

PubMed

PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas en Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.

Rolling Stone

Rolling Stone é unha revista estadounidense dedicada á música e a cultura popular. Edítase dende 1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana quincenal, posúe varias edicións estranxeiras mensuais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada en San Francisco por Jann Wenner (que aínda é o editor xefe da revista) e o crítico musical Ralph J. Gleason.

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Salvador de Madariaga

Salvador de Madariaga Rojo nado na Coruña o 23 de xullo de 1886 e finado en Locarno (Suíza) o 14 de decembro de 1978, foi un diplomático, escritor, historiador e pacifista galego. Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza en 1934. De pensamento liberal e europeísta, logo do inicio da guerra civil española exiliouse no Reino Unido. Durante a guerra fría foi un activo militante en contra do comunismo soviético, así como un opositor da ditadura franquista; só retornou a España logo da morte de Franco. Membro de número da Real Academia Española e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, como escritor cultivou diversos xéneros: ensaio histórico e político, crítica literaria, novela, biografía ou poesía, entre outros.

Foi nomeado en ata nove ocasións ao Premio Nobel da Paz, aínda que non o gañou en ningunha delas, así como un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa.

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

TV Guide

TV Guide é unha revista semanal estadounidense que trata acerca da programación televisiva. A edición principal publícase nos Estados Unidos, pero tamén existe unha edición alternativa para o Canadá.

Ademais das listas de programación de televisión, nas publicacións aparecen novas relacionadas coa televisión, entrevistas con celebridades, murmurios, e recensións de filmes. Tamén contén horóscopos e encrucillados.

The New York Times

The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).

A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.