IES Sánchez Cantón

O Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón. Está situado no Verxel, a carón do río dos Gafos.

Coordenadas: 42°25′43″N 08°38′55″O / 42.42861, -8.64861

IES Sánchez Cantón
IES Sánchez Cantón
Vista frontal
Enderezo
Avenida da Raíña Vitoria, Pontevedra
Datas
Creación1845
Edificio actual1986
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; ciclos formativos
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
DirectorRocío Vieites
Na rede
Web
Twitter
Facebook

O centro

No instituto impártese Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e os títulos de Técnico Superior en Animación de Actividade Física e Deportiva, Técnico Deportivo en fútbol, Técnico Deportivo en balonmán, Técnico Superior en fútbol e Técnico Superior en balonmán. O Instituto Sánchez Cantón ten unha extensión no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O centro conta cun paraninfo grande, aparcadoiro privativo, patio de deportes, pavillón polideportivo, biblioteca, cafetaría, varias aulas de audiovisual-informática, museo de ciencias naturais, museo de física e química, grupo de teatro[1], revista Cartafol[2] etc.

Historia

O Instituto de Pontevedra foi creado por Real Orde do 30 de outubro de 1845 ao abeiro do Plan Xeral de Estudos (plan Pidal), que creaba un centro de ensino secundario en cada capital de provincia. A súa localización inicial foi no convento de San Bartolomé de Pontevedra (anterior colexio dos Xesuítas e desamortizado uns anos antes), actual edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. En 1880 acolleu parte da Exposición Rexional que acolleu a cidade.[3]

Pontevedra capital, Instituto modernista Valle-Inclán
O Instituto de Pontevedra (posteriormente IES Sánchez Cantón) estivo nas instalacións do actual IES Valle-Inclán entre 1929 e 1971.

Despois pasou ó edificio da Escola Normal de Maxisterio (pertencente despois á Deputación de Pontevedra), e en 1929 construíuse un edificio novo a carón das ruínas de San Domingos (IES Valle-Inclán). En 1963 o Instituto de Pontevedra dividiuse en Masculino e Feminino. O Masculino trasladouse á localización actual a finais dos anos sesenta, inaugurada en 1971, e en 1973 recibiu o nome de Sánchez Cantón, historiador finado dous anos antes. O instituto estivo dirixido por Xosé Filgueira Valverde entre 1946 e 1976, ano da súa xubilación. O novo edificio presentaba problemas estruturais, e foi reconstruído de novo en 1986.

O Sánchez Cantón herdou do histórico Instituto de Pontevedra:[4]

  • A colección ornitolóxica doada por Víctor Seoane López en 1866.
  • Diferentes pezas do Museo de Ciencias Naturais (herbolarios, materiais didácticos, animais disecados …) e dos laboratorios de Física e Química.
  • Arquivo onde se conservan memorias, expedientes e outros documentos fundamentais para coñecer a historia do Instituto e dos seus alumnos e profesores.
  • Libros antigos da Biblioteca do centro.
  • Retrato de Frei Martín Sarmiento mercado polo Instituto en 1859.

Por todo isto considérase o IES Sánchez Cantón como o herdeiro do antigo Instituto de Pontevedra (compartido co IES Valle Inclán, que herdou o edificio, e cos outros institutos da cidade) e tamén do Instituto Masculino de Pontevedra. Deste xeito pertence á REDE MUPEGA, que integra os institutos históricos de Galicia. Tamén participou activamente nas IV Jornadas de Institutos Históricos españois en xullo de 2010.[5]

Profesorado

Desde a súa creación foron pasando polo Instituto profesores[6] como: Juan Antonio Saco y Arce, Luís M. Sobrino, Jesús Muruais Rodríguez, Emilio Álvarez Jiménez, Víctor Said-Armesto, A. Daniel Rodríguez Castelao, Antón Lousada Diéguez, Ramón Sobrino Buhigas, Ernesto Caballero, Enrique Vidal Abascal, Bibiano Fernández-Osorio Tafall

Coa Guerra Civil do 36 hai expedientes de depuración: Bibiano Fernández-OsorioTafall, Daniel Rodríguez Castelao, Echave Susaeta; e dous profesores ligados ao instituto: Antón Fraguas e Celestino Noya. Dous profesores da preparatoria son procesados e fusilados: Paulo Novás e Gonzalo Martín March.

Na posguerra prodúcese o paso fugaz de Blanco Porto e o pintor Laxeiro. Imparten docencia no instituto entre outros: Aquilino Iglesia Alvariño, Isidoro Millán, Marcelino García e, ademais, Xosé Filgueira Valverde.

Nos finais do século XX, entre outros: Manuel Luís Casalderrey, Adela Figueroa, Anxo González Guerra, Moldes Fontán, Antonio de Ron...

Despois de Filgueira Valverde o IES Sánchez Cantón foi dirixido por José Ramón Pereiró Rodríguez, Eladio Rodríguez Gandoy, Elena Santillán Pedrosa, Margariña Valderrama Currás, Casimiro Mesejo González, Rafael Táboas Pastor, Eladio Otero López e Rocío Vieites.

En 2018 o claustro do instituto contaba con 75 profesoras e profesores.

Alumnado

Nos primeiros anos o instituto de Pontevedra tiña entre 60 e 100 alumnos, en 1860 xa eran máis de 150. As mulleres puideron matricularse desde 1882.[5] En 2018 o instituto contaba con máis de mil alumnos e alumnas.

Nos anos da Restauración do século XIX foron alumnos: Manuel Quiroga, Prudencio Landín Tobío, A. Amor Ruibal, Perfecto Feijóo etc.

Na primeira parte do século XX pasan polo instituto: Francisco Javier Sánchez Cantón, Álvarez Limeses, Blanco Porto, Loureiro Crespo, Sobrino Buhigas, X. Filgueira Valverde, Antón Fraguas, Fermín Penzol, Ramón M. Aller Ulloa, Antonio Puig Gaite etc[3].

Nos anos da Guerra Civil e posteriores estudaron no instituto: Inmaculada Paz-Andrade, os irmáns Afredo e Luciano García Alén, Pío Cabanillas Gallas, Abilio Bernaldo de Quirós etc.

Nos anos 1950-1960 foron alumnos César Portela, Manolo R. Moldes, Francisco Cerviño, Cándido Conde Pumpido, Luciano Varela, Salomé Álvarez Blanco, Víctor Freixanes, Jaime Terceiro, Mariano Rajoy, Miguel Anxo Fernández Lores etc.

Desde os anos 1980 tamén estudaron no instituto Sánchez Cantón: Luís Bará Torres, Diego Moldes González, Alexander Vórtice, Manuel Jabois, Rafael Quintía, Isaac Xubín, Carlos Taboada, Enrique Mauricio, Xurxo Ayán, Pedro Rielo etc.[7]

Notas

  1. "Curso: Grupo de teatro do IES Sánchez Cantón". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-01-31.
  2. "CARTAFOL: Cartafol. Nº 20". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-01-31.
  3. 3,0 3,1 Fortes Bouzán, Xosé; Castelo Tettamancy, Mª Carmen; Fernández Arruti, Mª Carmen; Martínez Tobío, Mª Dolores; Mesejo Gozález, Casimiro; Núñez Fírvida, Mª Teresa; Rodríquez Gil, Rafael; Santillán Pedrosa, Elena; Valderrama Currás, Carmen (1997). O instituto de Pontevedra Século e medio de historia 1845-1995. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-88363-96-6.
  4. "Curso: Historia do centro". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-01-31.
  5. 5,0 5,1 Otero López, Eladio (2018). "O IES Sánchez Cantón de Pontevedra e o seu legado histório". Homo Sapiens, transmisor de coñecemento. Saberes humanos a través do patrimonio nos institutos históricos de Galicia. Xunta de Galicia Museo Pedagóxico de Galicia. p. 33. ISBN 978-84-453-5313-4.
  6. "Historia_SC: Profesorado (ilustres)". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-01-31.
  7. "Historia_SC: Alumnado ilustre". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-02-01.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adrián Estévez

Adrián Estévez Iglesias, nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1983, é un filólogo, escritor e wikimedista galego.

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Carlos Álvarez Taboada

Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979, é un ilustrador e escritor galego.

Clases de lo social

Clases de lo social é unha webserie galega en lingua castelá, dirixida polo pontevedrés Pablo Cacheda. De formato comedia, ten un total de 13 episodios de entre 6 e 10 minutos de duración. A primeira temporada estreouse en outubro de 2013, e a segunda en outubro de 2014.

Enrique Mauricio Iglesias

Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.

Francisco Javier Sánchez Cantón

Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

IES Eusebio da Guarda

O IES Eusebio da Guarda é un instituto de ensino secundario da cidade da Coruña. A súa construción iniciouse en 1886 e rematouse en 1889 promovida polo filántropo Eusebio da Guarda González. Tanto na súa orixe como na actualidade o instituto era mixto.

IES Lucus Augusti

O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo. Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842. É, polo tanto, o instituto decano de Galicia.

IES Otero Pedrayo de Ourense

O IES Otero Pedrayo de Ourense é un centro de ensino secundario pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Ourense. Leva o nome do escritor Ramón Otero Pedrayo. Localízase a carón do Xardín do Posío, situado no barrio do mesmo nome. No centro impártese educación secundaria obrigatoria e Bacharelato.

IES Salvador de Madariaga

O IES Salvador de Madariaga é un instituto situado no Paseo de Ronda da Coruña, dentro do complexo coñecido como Cidade Escolar.

Neste centro impártese a Educación Secundaria Obrigatoria, os bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Artes escénicas, música e danza.

Instituto Xelmírez

O Instituto Xelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez ou Arcebispo Xelmírez I, durante moitos anos denominado Instituto Arzobispo Gelmírez, foi o primeiro, e durante moitos anos o único, instituto de ensino secundario da cidade de Santiago de Compostela.

É, polo tanto, un dos cinco "institutos históricos" de Galicia.

Isaac Xubín

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Julia Varela

Julia Varela Ruano, nada o 30 de xuño de 1981 en Pontevedra, é unha presentadora de radio e reporteira de televisión galega.

Luís Bará

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Manuel Luis Casalderrey

Manuel Luis Casalderrey García nado na Coruña o 12 de marzo de 1941, é un químico galego. En 1966 licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándos vinte anos despois. Foi catedrático de Física e Química no IES Sánchez Cantón de Pontevedra até a súa xubilación.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Pedro Rielo

Pedro Rielo Lamela, nado en Pontevedra o 3 de decembro de 1972, é un escritor e xornalista galego.

Sabela Hermida

Sabela Hermida Mondelo, nada en Vigo o 10 de outubro de 1979, é unha actriz e bailarina galega.

Rede MUPEGA

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.