IES Lucus Augusti

O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo. Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842.[1] É, polo tanto, o instituto decano de Galicia.

Coordenadas: 43°0′24″N 7°33′25″O / 43.00667, -7.55694

IES Lucus Augusti
IES Lucus Augusti.001 - Lugo
Enderezo
Avenida Rodriguez Mourelo, Lugo
Datas
Creación1842
Edificio actual2003
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorCarlos Cazón Rivas
Na rede
Web

Recoñecementos

O 6 de marzo de 2018, o Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo y Montojo, concedeulle ao instituto o ingreso na Orde Civil de Alfonso X O Sabio, na que se premia os méritos en educación, cultura e ciencia.[2] En febreiro de 2019, a Ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, entregou unha placa conmemorativa acreditando o acto.[3][4][5][6]

Notas

  1. "Ministerio de la Gobernación de la península. Negociado núm. 10" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán). Nº 2981. 6-12-1842. p. 1. Consultado o 7-9-2019.
  2. "Orden ECD/297/2018, de 16 de marzo, por la que se concede el ingreso en la Orden Civil de Alfonso X el Sabio, con la categoría de Placa de Honor, a los centros educativos y corporaciones que se citan." (PDF). BOE (Madrid) (70): 32.005. 21 de marzo de 2018. ISSN 0212-033X.
  3. "Isabel Celaá entrega las Placas de Honor de la Orden Civil Alfonso X el Sabio a seis centros educativos". educacionyfp.gob.es (en castelán). 4-2-2019. Consultado o 7-9-2019.
  4. "Máis da metade dos centros educativos galardoados cos Premios GSD Innova son galegos". edu.xunta.gal. 4-2-2019. Consultado o 7-9-2019.
  5. "Placa de honor para el IES Lucus Augusti". lavozdegalicia.es (en castelán). 4-2-2019. Consultado o 7-9-2019.
  6. "El IES Lucus Augusti, distinguido por su compromiso con la educación". elprogreso.es (en castelán). 4-2-2019. Consultado o 7-9-2019.
Adela Figueroa

Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.

Elisa Fernández de la Vega

Elisa Fernández de la Vega Lombán, nada na Veiga (Asturias) o 30 de maio de 1895 e finada en Zaragoza o 21 de novembro de 1933, foi, canda a súa irmá, Jimena, a primeira muller en estudar nunha universidade galega e licenciarse en Medicina, en 1919, con 23 anos.

Eva Xanim

Eva González Álvarez, coñecida como Eva Xanim, nada en Navia de Suarna o 11 de decembro de 1994, é unha escritora e profesora galega.

Galería de imaxes de Antón Fraguas

Galería de imaxes de Antón Fraguas.

Galería de imaxes de Uxío Novoneyra

Galería de imaxes de Uxío Novoneyra.

IES Eusebio da Guarda

O IES Eusebio da Guarda é un instituto de ensino secundario da cidade da Coruña. A súa construción iniciouse en 1886 e rematouse en 1889 promovida polo filántropo Eusebio da Guarda González. Tanto na súa orixe como na actualidade o instituto era mixto.

IES Otero Pedrayo de Ourense

O IES Otero Pedrayo de Ourense é un centro de ensino secundario pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Ourense. Leva o nome do escritor Ramón Otero Pedrayo. Localízase a carón do Xardín do Posío, situado no barrio do mesmo nome. No centro impártese educación secundaria obrigatoria e Bacharelato.

IES Salvador de Madariaga

O IES Salvador de Madariaga é un instituto situado no Paseo de Ronda da Coruña, dentro do complexo coñecido como Cidade Escolar.

Neste centro impártese a Educación Secundaria Obrigatoria, os bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Artes escénicas, música e danza.

IES Sánchez Cantón

O Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón. Está situado no Verxel, a carón do río dos Gafos.

Instituto Xelmírez

O Instituto Xelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez ou Arcebispo Xelmírez I, durante moitos anos denominado Instituto Arzobispo Gelmírez, foi o primeiro, e durante moitos anos o único, instituto de ensino secundario da cidade de Santiago de Compostela.

É, polo tanto, un dos cinco "institutos históricos" de Galicia.

José Rodríguez Mourelo

José Rodríguez Mourelo, nado en Lugo o 24 de febreiro de 1857 (aínda que segundo otras fontes, naceu o 21 de novembro) e finado en Madrid o 22 de novembro de 1932, foi un químico galego.

Las Nacionalidades

Las nacionalidades, subtitulada como revista semanal, ilustrada, política e literaria foi unha revista publicada en Madrid entre o 20 de novembro de 1880 e 1882.

Manuel Celso Matalobos

Manuel Celso Matalobos Cerceda, nado en Lugo o 1 de abril de 1959, é un escritor galego.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Xosé Luís Vázquez Somoza

Xosé Luís Vázquez Somoza, nado en Zolle (Guntín) o 19 de febreiro de 1961, é escritor galego en lingua galega.

Xosé López Guntín

Xosé López Guntín, nado en Vilalba en 1929 e finado en Lugo en 1996, foi un pintor galego.

Xosé López Orozco

Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Xosé Otero Canto

Xosé Otero Canto, nado na Ponte de Outeiro (Outeiro, Castro de Rei) o 6 de xuño de 1951, é un escritor galego.

Rede MUPEGA

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.