Hymni i Flamurit

Hymni i Flamurit (en albanés: Himno á bandeira) é o himno nacional de Albania. A letra foi escrita polo poeta albanés Aleksander Stavre Drenova. O himno foi publicado por primeira vez como un poema titulado "Liri e Shqipërisë" (Liberdade de Albania), nun xornal albanés en Sofía (Bulgaria). A música do himno foi composta por Ciprian Porumbescu.

Hymni i Flamurit (en albanés)
Rreth flamurit të përbashkuar,
Me një dëshirë dhe një qëllim,
Të gjithë Atij duke iu betuar,
Të lidhim besën për shpëtim.
Prej lufte veç ay largohet,
Që është lindur tradhëtor,
Kush është burrë nuk friksohet,
Po vdes, po vdes si një dëshmor.
Në dorë armët do t'i mbajmë,
Të mbrojmë Atdheun në çdo vend,
Të drejtat tona ne s'i ndajmë,
Këtu armiqtë s'kanë vend.
Se Zoti vet e tha me gojë,
Që kombe shuhen përmbi dhé,
Po Shqipëria do të rrojë,
Për te, për te luftojmë ne.
Himni i Flamurit
Himni i Flamurit
En galego: Himno da bandeira
Himno deFlag of Albania.svg Albania
LetraAsdreni
1911
MúsicaCiprian Porumbescu
Adoptado1912
Mostra da música
Hymni i Flamurit (instrumental)

Música

Speaker Icon.svg

Véxase tamén

Outros artigos

Albania

Albania (en albanés: Shqipëria) é un país mediterráneo do sueste de Europa. Limita con Grecia ao sur, con Montenegro ao norte, coa provincia serbia de Kosovo no nordeste e con Macedonia do Norte ao leste. Ten 362 km de costa, con litoral no Mar Adriático, ao oeste, e no mar Xónico no suroeste. Está a menos de 72 km de Italia, a través do estreito de Otranto.

Albania é unha democracia parlamentar que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. A súa capital é Tirana. É membro das Nacións Unidas, da OTAN, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, do Consello de Europa, da Organización Mundial do Comercio e da Organización da Conferencia Islámica. Ademais é un candidato potencial á adhesión á Unión Europea dende xaneiro de 2003, solicitando formalmente o seu ingreso o 28 de abril de 2009.

Bandeira de Albania

A bandeira de Albania (en albanés: Flamuri i Shqipërisë) é unha bandeira vermella cunha aguia bicéfala negra no centro. Ten a súa orixe nun selo similar de Gjergj Kastriot Skanderbeg, un albanés do século XV que conduciu a revolta contra o Imperio Otomán, e que acabou nunha breve independencia para Albania entre 1443 e 1478. Gjerg Kastriot adoptou o selo e a bandeira do Imperio Bizantino.

Escudo de Albania

O escudo de Albania é unha adaptación da bandeira estatal. Está baseado no selo de Gjergj Kastrioti Skanderbeg (1405-1468), heroe nacional durante a loita contra a ocupación otomá. Precisamente o emblema por riba da cabeza da aguia bicéfala é o casco de Skanderbeg, con dous cornos de cabra.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.