Husillos

Husillos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 245 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°4′59″N 4°31′0″O / 42.08306, -4.51667

Husillos
Escudo de Husillos
Husillos - Abadia 2
Igrexa de Husillos.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
Xeografía
Altitude791 msnm
Superficie16,35 km²
Demografía
Poboación245 hab. (2012)
Densidade15,54 hab./km²
Xentiliciohusillense
Outros datos
Código postal34419
AlcaldeFelipe Benito Boto Aragón (PP)
husillos.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso I de Portugal

Afonso I de Portugal ou Afonso Henriques, alcumado O Conquistador, O Fundador ou O Grande, e chamado polos árabes Ibn-Arrik (fillo de Henrique) ou El-Bortukali (o Portugués), nado en Guimarães, Viseu ou Coimbra contra 1109, e finado en Coimbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.

Era fillo de Henrique de Borgoña e de Teresa de Portugal, señores do Condado Portucalense, condado dependente do Reino de León e Galicia.Despois da morte do seu pai, Afonso tomou unha posición política oposta á da nai, partidaria de permanecer no reino de León, que se aliara co nobre galego Fernando Pérez de Traba. Pretendendo asegurar o dominio do condado armouse cabaleiro en Tui e, tras vencer á súa nai na batalla de San Mamede en 1128, asumiu o pleno goberno do condado, concentrando entón os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.En 1139, despois da vitoria na batalla de Ourique contra un continxente mouro, Afonso Henriques proclamouse rei de Portugal co apoio das súas tropas. A independencia de Portugal foi recoñecida polo seu curmán Afonso VII de León e Castela en 1143, no tratado de Zamora, debido ao desexo deste en tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar de reis como vasalos. En 1179, o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñeceuno como rex (rei).Co apoio de cruzados do norte de Europa conquistou Lisboa en 1147. Pacificado o país, proseguiu as conquistas aos mouros, empurrando a fronteira para o sur, desde Leiria até o Alentejo, máis que duplicando o territorio que herdara.

Armando Husillos

Armando Mario Husillos, nado en Morón o 5 de febreiro de 1959, é un ex futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de dianteiro.

Concilio de Husillos

O Concilio de Husillos foi un concilio da Igrexa dos reinos de Galiza, León e Castela celebrado no ano 1088 en Husillos. Nel comezou a xestarse a configuración estable da diocese de Osma e o límite meridional da diocese de Burgos entre outros asuntos.

No ano 1104 celebrouse outro concilio en Husillos, no cal só se sabe que foron publicados e recoñecidos os dereitos metropolitanos.

Dalmacio

Dalmacio foi un eclesiástico cluniacense do século XI de orixe francesa, nomeado bispo de Santiago de Compostela no 1094, o seu nomeamento contou co prácet do papa Urbano II e tentaba pór fin ás desputas entre o papado e os reis logo da destitución de Diego Páez no Concilio de Husillos (1088) que o Papa desautorizou. No ano 1095 o bispo Dalmacio asistiu ao concilio de Clermont, conseguindo o privilexio para a sé compostelá de quedar directamente baixo a autoridade espiritual de Roma, xa en Compostela Dalmacio morreu en marzo de 1096.

Diego Peláez

Diego Peláez ou Diego Páez nado en Aragón en data descoñecida e finado desterrado de Galicia, en Aragón, en data tamén descoñecida, foi unha das figuras máis salientables da nobreza eclesiástica da Galicia medieval. Nomeado polo rei Sancho II de Castela, foi bispo de Iria e Compostela do 1071 ao 1088, e contribuíu á grandeza da diocese e do Señorío de Santiago no século XI.

Década de 1080

A década de 1080 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1080 e remata o 31 de decembro de 1089.

Fresadora

Unha fresadora é unha máquina ferramenta utilizada para realizar mecanizados por arranque de labra mediante o movemento dunha ferramenta rotativa de varios fíos de corte denominada fresa. Mediante o fresado é posible mecanizar os máis diversos materiais como madeira, aceiro, fundición de ferro, metais non férricos e materiais sintéticos, superficies planas ou curvas, de entalladura, de rañuras, de dentado etc. Ademais as pezas fresadas poden ser desbastadas ou afinadas.

Nas fresadoras tradicionais, a peza desprázase achegando as zonas a mecanizar á ferramenta, permitindo obter formas diversas, desde superficies planas a outras máis complexas.

Inventadas a principios do século XIX, as fresadoras convertéronse en máquinas básicas no sector do mecanizado. Grazas á incorporación do control numérico, son as máquinas ferramentas máis polivalentes pola variedade de mecanizados que poden realizar e a flexibilidade que permiten no proceso de fabricación. A diversidade de procesos mecánicos e o aumento da competitividade global deron lugar a unha ampla variedade de fresadoras que, aínda que teñen unha base común, diferéncianse notablemente segundo o sector industrial no que se utilicen. Así mesmo, os progresos técnicos de deseño e calidade que se realizaron nas ferramentas de fresar, fixeron posible o emprego de parámetros de corte moi altos, o que levou a unha redución drástica dos tempos de mecanizado.

Debido á variedade de mecanizados que se poden realizar nas fresadoras actuais, ao amplo número de máquinas diferentes entre si, tanto na súa potencia como nas súas características técnicas, á diversidade de accesorios utilizados e á necesidade de cumprir especificacións de calidade rigorosas, a utilización de fresadoras require de persoal cualificado profesionalmente, xa sexa programador, preparador ou fresador.

O emprego destas máquinas, con elementos móbiles e cortantes, así como líquidos tóxicos para a refrixeración e lubricación do corte, require unhas condicións de traballo que preserven a seguridade e saúde dos traballadores e eviten danos ás máquinas, ás instalacións e aos produtos finais ou semielaborados.

Gonzalo de Mondoñedo

Gonzalo de Mondoñedo, tamén coñecido como San Gonzalo, ou Gonzalo Froilaz, foi un nobre e relixioso galego, membro da familia Froilaz-Traba, fillo de Froila Bermúdez e irmán de Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara. Ocupou o bispado de Mondoñedo entre os anos 1070 e 1108. Durante o seu mandato impulsou a obra románica da Catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e mantivo varios preitos territoriais tentando conservar os dominios da súa diocese. Especial relevancia tivo o litixio mantido co bispo Diego Xelmírez polos arciprestados de Salaxia, Bezoucos e Trasancos. A súa figura, santificada polo pobo (non está canonizado pola igrexa), está envolta na lenda ao atribuírselle o afundimento dunha armada normanda e outros milagres.

Independencia de Portugal

Este artigo trata do nacemento do reino de Porugal na Idade Media. Para a independencia de Portugal do reino de Filipe IV de España (Filipe III de Portugal), véxase Historia de Portugal#Casa de Braganza#Independencia.

Aínda que a ocupación musulmá da península Ibérica foi moi rápida (batalla de Guadalete, 711 - 721), a Reconquista polos descendentes dos visigodos foi considerabelmente máis lenta (722, data probábel da rebelión de Paio - 1492, final do reino nazarí de Granada).

Este proceso gradual orixinou o nacemento de pequenos reinos cristiáns que foron agrandándose a medida que a Reconquista avanzaba. Primeiro, o reino de Asturias, transformado despois en reino de León (ou de reino de Galicia-León e, máis tarde, os reinos de Navarra, Castela e Aragón e, ao leste, o establecemento da Marca Hispánica por Carlomagno.

O rei Afonso III de Galicia (848-910) conquista, en 868, a cidade do Porto e, en 878, a de Coimbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coas que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre el e os derradeiros reis visigodos.

Á súa morte dividuiu o seu reino entre os seus fillos: a Ordoño deixoulle a franxa occidental —a actual Galicia e norte de Portugal—, como rei de Galicia); a Froila, a franxa cantábrica —actuais Asturias e Cantabria— como rei de Asturias), ambos os reis supeditados ao primoxénito, García I, rei de León, que estableceu a capital do seu reino nesta cidade.

Algúns anos máis tarde, o rei Afonso VI de León recibe a axuda, para a reconquista do reino de Galicia das incursións dos almorábides, de dous cruzados franceses, os primos Raimundo e Henrique de Borgoña e, como premio, dalles as mans das súas fillas Urraca e Tareixa, respectivamente, coas dotes dos condados de Galicia e Portugal (este último feudatario do de Galicia), nos que diviudiu o reino de Galicia. En 1096 Afonso, descontento coa política de Raimundo, desvincula o condado Portucalense do de Galicia, dándolle plena autonomía a este último, que pasa a ser feudo directo do rei de León.

Deste condado nacería o reino de Portugal. Henrique gobernou no sentido de conseguir unha máis ampla autonomía para o seu condado, deixándolle ao seu fillo Afonso Henriques unha terra portucalense máis libre, e máis ampla territorialmente, da que recibira. Á morte de Henrique (1112) sucedeulle no goberno do condado a súa viúva Tareixa durante a minoridade do fillo de ambos, Afonso Henriques.

Inicialmente, o pensamento de Tareixa foi igual que o do seu espopso, fortalecer a vida portucalense en conseguir a independencia para o condado. E así, en 1121, comezou a titularse como raíña. Pero os moitos conflitos coa nobreza, coa xerarquía eclesíástica, e a influencia que concedeu a algúns nobres galegos do norte, especialmente a Fernando Pérez de Traba na xestión dos negocios públicos, prexudicou o seu esforzo, sendo obrigada a abandonar as súas pretensións e a cambiar de política e, finalmente, a abdicar no seu fillo, que se rebelara contra ela.

En efecto, Afonso Henriques, aos 14 anos de idade, en 1125, apoiado pola nobreza portuguesa e o alto clero, armouse por si mesmo cabaleiro no desterro, en Tui. A loita entre Afonso Henriques e a súa nai culmina o 24 de xullo de 1128 na batalla de San Mamede (Guimarães), tras a que Tareixa, derrotada, é explusada da terra que dirixira durante 15 anos; Afonso tomou a plena posesión do condado, e declarouno, despois da batalla de Ourique, reino idependente.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.

Segunda división española 1986/87

A tempada 1986–87 da Segunda División Española de fútbol corresponde á 56º edición do campionato. Nesta edición houbo 18 participantes, dos cales dous foron galegos: o Celta de Vigo (que acabaría ascendendo) e o Deportivo da Coruña que debido ao formato de competición se enfrontaron catro veces entre eles.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.