Hugo Grotius

Huig de Groot, latinizado como Hugo Grotius e coñecido tamén como Hugo Grocio e Hugo de Groot, nado na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, o 10 de abril de 1583 e finado en Rostock, Alemaña, o 28 de agosto de 1645, foi un xurista, escritor e poeta holandés.

Hugo Grotius
Michiel Jansz van Mierevelt - Hugo Grotius
Retrato de Hugo Grotius.
Nome completoHugo Grotius.
Nome de nacementoHuig de Groot.
Nacemento18 de abril de 1583.
 Coat of arms of Delft.svg Delft
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos.
Falecemento28 de agosto de 1645.
 Rostock Wappen.svg Rostock
Flag of Mecklenburg-Western Pomerania (state).svg Mecklemburgo-Antepomerania
Flag of Germany.svg Alemaña.
SoterradoIgrexa nova de Delft
NacionalidadeNeerlandesa e das Provincias Unidas.
RelixiónCalvinismo.
Alma máterUniversidade de Leiden.
OcupaciónXurista, escritor, dramaturgo, político, diplomático e poeta.
CónxuxeMaria van Reigersberch
Hugo Grotius signature 1634

Traxectoria

Fillo do burgomestre Jan de Groot, tradutor de Arquímedes, Hugo Grotius foi un neno prodixio: aos nove anos coñecía a poética e facía versos de calidade; comezou os estudos de Dereito aos 11 anos na Universidade de Leiden, en 1594, e graduouse catro anos máis tarde na universidade francesa de Orleáns en Xurisprudencia e Filosofía, onde tamén aprobou cursos de Astroloxía, Matemáticas e Teoloxía.[1]

En 1599 empezou a exercer como xurista na Haia e en 1609 comezou a publicación de tratados de Dereito co seu Mare liberum, sobre o dereito do mar, de xeito anónimo. En 1613 formou parte dunha misión diplomática a Inglaterra.

Slot loevestein 1619
Gravado de 1619 con motivo da reclusión de Grotius en Loevestein

Interveu na vida pública, participando tanto nos debates relixiosos da Universidade de Leiden entre os teólogos protestantes Gomarus (calvinista) e Arminius, como tamén nos conflitos políticos entre monárquicos e republicanos. Como resultado destas controversias relixioso-políticas acabou finalmente condenado a cadea perpetua en 1618 e recluído no castelo de Loevestein. Os calvinistas monárquicos confiscárolle ademais todas as súas propiedades.

Os anos que estivo en prisión, nos que se dedicou a ler con intensidade, acabaron coa súa fuxida a París en 1621 con axuda da súa esposa María van Reigersberg. Protexido por Nicolás Peiresk, obtivo unha pequena pensión que completaba co seu traballo como escritor.[2]

Regresou a Holanda en 1631, pero tivo que fuxir de novo o ano seguinte e foi refuxiarse a Hamburgo. Por mediación dun alto diplomático sueco volveu a París como embaixador de Suecia durante o reinado de Cristina de Suecia, cargo que exerceu ata 1644.[3]

Grotius faleceu na cidade alemá de Rostock durante unha viaxe a Suecia.[4]

Obra

Hugo Grotius foi o gran defensor do Estado absoluto. Inaugurou unha nova corrente sobre o Dereito natural: o "iusnaturalismo inmanentista". Para el o home é social por natureza, polo que as normas de convivencia que hai na sociedade son naturais e inherentes ao ser humano, e constitúen obxecto de dereito positivo. Estas normas, polo feito de seren naturais, nin se poden cambiar nin se poden discutir. Propón a pasaxe dun dereito metafísico a un racional en De iure belli ac pacis.

Como o home é social, Grotius sostén que deben existir valores mínimos e indiscutibles, non por simple convención, que a sociedade debe procurar para manter a orde. Eses principios, baseados na natureza racional e social do home, son instaurados por Deus e nin este podería cambialos. As leis serán xustas se se deducen destes principios abstractos, dos que se poden ir deducindo os demais matematicamente. 

A sociedade é para el a asociación perfecta de homes libres para protexeren os seus dereitos e por unha utilidade común.

O Dereito natural e as normas legais do Estado necesitan un soberano forte que garanta a expansión comercial, a orde e a paz. Grotius é considerado como un dos fundadores do Dereito internacional, xunto con Francisco de Vitoria.

HugoGrotius-MareLiberum-1609
Portada de Mare Liberum

Na monarquía absoluta o rei está suxeito ás súas propias leis. Xa que é monarca por dereito divino, as súas leis son xustas, e todos, mesmo el, deben obedecelas. Pero tamén hai un Dereito natural que non se pode saltar. A autoridade do rei, en moitos casos, está limitada polas Cortes, que teñen que votar os impostos, co que o rei depende delas para conseguir recursos. Un caso particular é o de Inglaterra, onde, malia o absolutismo dos Tudor e ser o rei quen dita as leis, estas só entran en vigor cando as vota o Parlamento.

Hugo Grotius and Catholic Maria Van Jesse
Estatua de Hugo Grotius na Gran Praza de Delft, onde naceu, coas torres da igrexa de María de Xesé ao fondo

No século XVI a política e a relixión estaban intimamente ligadas, non só porque estivesen en disputa a soberanía do papa e a do rei ou a do emperador, senón porque o rei decide cal é a relixión dos seus súbditos. Os distintos xeitos de concibir a relixión implican diferentes concepcións do poder.

Grotius sentou unha das bases máis importantes do Ius gentium ("Dereito de xentes"), na súa obra Mare Liberum. Desenvolveu a súa teoría distinguindo entre mar próximo (dálle certos dereitos ao Estado) e mar oceánico, que é totalmente libre. Sostén que debe haber libre comunicación e navegación, posto que o mar non é propiedade de ninguén e todos os países teñen o dereito de tirar proveito del, tese á que se opuxo o inglés John Selden, na súa obra Mare clausum. A disputa sobre a propiedade ou a nacionalidade das augas tiña un transfondo económico, xa que afectaba o comercio internacional. Mare liberum é parte dunha obra maior, De iure praedae, inédita ata 1868.[5]

A súa obra De iure belli ac pacis (1625) foi o primeiro tratado sistemático sobre o dereito internacional, cuxas bases xa foran sentadas por Francisco de Vitoria, ao que cita abundantemente. Con ela transmitiu e difundiu por Europa as ideas da Escola de Salamanca. En De iure belli ac pacis abandona o concepto de guerra xusta e introduce un novo, o non discriminatorio de "guerra con independencia de xustiza da causa". Sostén que no dereito internacional non existen bos e malos, senón que son todos iguais. De aí o iustus hostis, que considera que o rival é tan xusto coma min, xa que ten os mesmos dereitos. Desenvolve o Ius in belo, ou dereito na guerra, que establece certas regras que parten do concepto de humanidade.[6][7][8][9][10]

Obras principais

381px-Grotius de jure 1631
Portada do libro terceiro de De iure belli ac pacis

A biblioteca do Pazo da Paz (Vredespaleis), na Haia, alberga a "Colección Grotius", que contén un gran número de libros escritos por Hugo Grotius ou ben por outros autores sobre a súa figura. A colección iniciouse grazas á doazón feita polo poeta holandés Martinus Nijhoff de 55 edicións da obra De iure belli ac pacis libri tres.

Flickr - Yale Law Library - Neth 46 G91 1631a
Portada de Inleydinghe tot de Hollandsche Rechtsgheleerdheyd
  • Adamus exul ("O exilio de Adán"). Traxedia teatral. A Haia, 1601.
  • De republica emendanda ("Sobre o acrecentamento da República"). Manuscrito de 1601 publicado na Haia en 1984.
  • Parallelon rerumpublicarum ("Repúblicas paralelas"). Comparación de constitucións manuscrita entre 1601 e 1602, publicada en Haarlem entre 1801 e 1803.
  • De Indis ("Sobre as Indias"). Manuscrito entre 1604 e 1605. Publicado en 1868 como De Jure Praedae ("Sobre o dereito de captura").
  • Christus patiens ("A paixón de Cristo"). Traxedia teatral. Leiden, 1608.
  • Mare Liberum ("O mar libre"). Extraído do capítulo XII da obra De Indis. Leiden, 1609.[11]
  • De antiquitate reipublicae Batavicae ("Sobre a antigüidade da República Bátava"). Leiden, 1610.
  • Meletius ("Melecio"). Obra teatral manuscrita en 1611 e publicada en Leiden en 1988.
  • Annales et Historiae de rebus Belgicus ("Anais e Historia de Bélxica"). Manuscrito de 1612 sobre as guerras dos Países Baixos. Ámsterdam, 1657.
  • Ordinum Hollandiae ac Westfrisiae pietas ("A Piedade dos Estados de Holanda e Frisia Occidental"). Leiden, 1613.
  • De imperio summarum potestatum circa sacra ("Sobre o poder dos soberanos nos asuntos relixiosos"). Manuscrito de 1614 a 1617 publicado en París en 1647.
  • De satisfactione Christi adversus Faustum Socinum ("Para a satisfacción de Cristo en contra de Fausto Socino"). Leiden, 1617.
  • Inleydinge tot de Hollantsche rechtsgeleertheit ("Introdución á xurisprudencia holandesa"). A Haia, 1631.
  • Bewijs van dean waaren godsdienst ("A proba da verdadeira relixión"). Poema didáctico. Rotterdam, 1622.
  • Apologeticus ("Apoloxético"). Defensa das accións que o conduciron á cadea. París, 1622.
  • De iure belli ac pacis ("Sobre o dereito da guerra e da paz"). París, 1625. Segunda edición: Ámsterdam, 1631.
  • De veritate religionis Christianae ("Sobre a verdade da relixión cristiá"). París, 1627.
  • Sofompaneas. Traxedia teatral. Ámsterdam, 1635.
  • De origine gentium Americanarum dissertatio ("Disertación sobre a orixe dos pobos de América"). París, 1642.
  • Via ad pacem ecclesiasticam ("O camiño cara á paz relixiosa"). París, 1642.
  • Annotationes in Vetus Testamentum ("Comentarios sobre o Antigo Testamento"). Ámsterdam, 1644.
  • Annotationes in Novum Testamentum ("Comentarios sobre o Novo Testamento"). Ámsterdam e París, 1641 e 1650.
  • De fato ("Sobre o destino"). París, 1648.

Notas

  1. En 1593, formou parte do grupo de matemáticos de todos os países que intentaron resolver a ecuación de 45 graos de Adrien Romain, onde resultou vencedor François Viète.
  2. Miller (2014), p. 4
  3. Miller (2014), pp.2, 3, 4 e 8.
  4. Necrolóxica de Hogo Grotius en Le Moniteur des Indes-Orientales et Occidentales. Vol. 3.  parte. 1847-1848. Páxina 3 (en francés)
  5. Martínez Torres, José Antonio. "Gobernar el Mundo. La polémica Mare Liberum versus Mare Clausum en las Indias Orientales (1603-1625)". En Anuario de Estudios Americanos, 74, 1. Sevilla, xaneiro-xuño, 2017. Páxinas 71-96. [ISSN 0210-5810] (en castelán)
  6. Grotius (1985). Páxina 249.
  7. Grotius (2005). Páxinas 9, 10, 11, 19 e 20.
  8. Miller (2014). 9 a 24.
  9. Forde (1998). Páxina 639-640.
  10. Haakonssen (1985). Páxinas 240-245.
  11. Feenstra, Robert. Hugo Grotius Mare Liberum 1609-2009: Original Latin Text and English Translation. Leiden e Boston, 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

  • De la Reza, Germán A. (2009). La invención de la paz. De la República cristiana del duque de Sully a la Sociedad de Naciones de Simón Bolívar. México: Siglo XXI Editores. ISBN 9786070300546.
  • Forde, Steven (1998). Hugo Grotius on Ethics and War. En The American Political Science Review. Nº 3. (en inglés)
  • Grotius, Hugo (2005). Le droit de la guerre et de la paix. París: Presses Universitaires de France (en francés).
  • Haakonssen, Knud (1985). Hugo Grotius and the History of Political Thought. En Political Theory. Vol. 13:239-265. (en inglés)
  • Haggenmacher, Peter (1983). Grotius et la doctrine de la guerre juste. París: Presses Universitaires de France (en francés).
  • Miller, Jon (2014). "Huho Grotius". En Stanford Encyclopedia of Philosophy.(en inglés)

Outros artigos

Ligazóns externas

18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

28 de agosto

O 28 de agosto é o 240º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 125 días para finalizar o ano.

Balthasar Gérard

Balthasar Gérard (na tradición neerlandesa: Gerards o Gerardts), nado en 1557 en Vuillafans, no Franco Condado, e finado en 1584 na vila surholandesa de Delft, foi o asasino do líder independentista e estatúder das Provincias Unidas dos Países Baixos Guillerme de Orange, tamén coñecido como Guillerme o Taciturno.

Cando Gérard naceu, o Franco Condado, que actualmente é parte de Francia, pertencía á Monarquía Hispánica. Foi un dos once irmáns dunha familia católica e admiraba profundamente a Filipe II de España, soberano dos Países Baixos e conde de Borgoña. Estudou leis na Universidade de Dole. Xa antes de que Filipe II ofrecese unha recompensa pola cabeza de Guillerme de Orange, Gerárd dixéralles aos seus compañeiros de estudos que apuñalaría o Taciturno.

Filipe II ofreceu unha recompensa de 25.000 coroas a quen matase a Guillerme de Orange, ao que chamaba "peste do conxunto da cristiandade e un inimigo da raza humana".

Diplomacia

A diplomacia é a arte de conducir as relacións internacionais ou os negocios estranxeiros dun determinado Estado ou outro suxeito de dereito internacional. Xeralmente é emprendida por medio de diplomáticos de carreira e implica asuntos de guerra e paz, comercio exterior, promoción cultural, coordinación de organizacións internacionais e outros. Convén distinguir entre diplomacia e política exterior - aquela é unha dimensión desta última. A política exterior é definida en última análise pola autoridade de goberno dun Estado ou pola alta autoridade política dun suxeito de dereito internacional; así a diplomacia pode ser entendida como unha ferramenta dedicada a planear e executar a política exterior, por medio de diplomáticos. As relacións diplomáticas son definidas no plan do dereito internacional pola Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas (CVRD), de 1961.

Figuradamente, ou de forma coloquial, chámase diplomacia ao uso da delicadeza ou os bos modais, ou, tamén, astucia para tratar calquera negocio.

Gran Praza de Delft

A Gran Praza de Delft (en neerlandés: Markt in Delft) está situada nunha das zonas máis altas da cidade de Delft, na Holanda Meridional. Cos seus 6.000 metros cadrados (120 de longo por 50 de largo), unha das prazas históricas máis grandes non só dos Países Baixos, senón de toda de Europa.

Aínda que a praza cambiou a súa fisionomía ao longo dos anos (a última remodelación foi en 2004), a súa forma é a dun rectángulo case perfecto e desde hai séculos está flanquedada nos seus lados curtos polo antigo edificio do Concello de Delft, no oeste, e pola igrexa nova da cidade (Nieuwe Kerk), no leste.

Igrexa de María de Xesé (Delft)

A igrexa de María de Xesé (en neerlandés: Maria van Jessekerk) é unha igrexa parroquial católica de estilo neogótico sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, construída no período entre os anos 1875 e 1882, e deseñada en forma de cruz polo arquitecto Evert Margry, un discípulo de Pierre Cuypers.Orixinariamente, a igrexa tiña a advocación de San Xosé; no entanto, desde 1971 cambiouse pola de María de Xesé, de gran tradición en Delft. A igrexa forma parte da parroquia de Santa Úrsula.

Esta igrexa foi a primeira de confesión católica en ser restablecida despois da Reforma. A igrexa Vella e a igrexa Nova foran tamén católicas antes da Reforma, pero reformáronse de camiño; as dúas torres da igrexa de María de Xesé fan referencia a esa etapas católicas de ambas, e inspíranse á súa vez nas súas torres.

Igrexa nova de Delft

Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.

A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.

A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).

John Milton

John Milton, nado en Londres o 9 de decembro de 1608 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1674 foi un poeta e ensaísta inglés, coñecido especialmente polo seu poema épico Paradise Lost. Politicamente foi unha figura importante entre os que apoiaron a Mancomunidade de Inglaterra. Ocupou o posto de ministro de linguas estranxeiras baixo o mandato de Oliver Cromwell e os seus tratados políticos foron consultados para a redacción da Constitución dos Estados Unidos de América.Poeticamente, Milton é unha das figuras máis importantes do panorama literario inglés, sendo en ocasións situado ao mesmo nivel que Shakespeare. A influencia de Milton na literatura posterior é ampla e variada: atribúese á influencia da súa obra a aceptación e difusión do verso branco en poesía, e, especialmente durante o Romanticismo, as alusións á súa obra alcanzaron un nivel similar ao gozado polas referencias clásicas. A propia personalidade de Milton foi en ocasións debatida e criticada, en especial, a forma na que se debuxou a si mesmo nalgunhas das súas obras, sobre todo na Defensio.

Latín moderno

O latín moderno, tamén chamado neolatín, novo latín ou latín científico, é unha versión do latín usada despois da Idade Media.

Mauricio de Nassau

Mauricio de Nassau, nado o 14 de novembro de 1567 en Dillemburg, Alemaña, e finado o 23 de abril de 1625 na cidade surholandesa da Haia, Príncipe de Orange, foi estatúder das Provincias Unidas dos Países Baixos (coa excepción da provincia de Frisia) desde 1585 ata a súa morte.

Mauricio de Nassau organizou a rebelión holandesa contra a España e contribuíu militarmente ao seu éxito, o que lle deu sona de grande estratego militar. Maurice dedicouse a recuperar e revisar as doutrinas clásicas do escritor romano do século IV Vegecio sobre os usos militares na antigüidade, e foi pioneiro en novas formas de armamento e de adestramento.Como curiosidade, do antropónimo Mauricio de Nassau tomouse o topónimo da illa Mauricio, que foi colonizada polos holandeses a partir de 1638.

Pobo neerlandés

Os neerlandeses (en neerlandés: nederlanders) son un grupo étnico xermánico nativo dos Países Baixos. Comparten unha cultura común e falan a lingua neerlandesa. Os neerlandeses e os seus descendentes fundaron numerosas comunidades en todo o mundo, especialmente en Aruba, Suriname, Güiana, Curaçao, a Arxentina, o Brasil, o Canadá, Australia, Suráfrica, Nova Zelandia e os Estados Unidos.

Quod tibi fieri non vis, alteri ne feceris

Quod tibi fieri non vis, alteri ne feceris é unha locución latina que en galego se traduce como «non fagas a outro o que non queiras que che fagan a ti». A cita é un exemplo da Regra de prata: «Non fagas a ninguén o que a ti che desagrada» (Tobías 4, 15; Hilel, Shabbat 31a —Talmud babilónico—).

Hugo Grotius remonta o uso da máxima ao emperador romano Alexandre Severo, quen a fixo gravar no seu palacio e en monumentos públicos, segundo escribe o historiador Elio Lampridio na súa obra Historia Augusta, onde realiza unha biografía do emperador.Thomas Hobbes tamén usa esta locución na súa celebérrima Leviathan, chamándoa «lei da humanidade enteira». O filósofo inglés colócaa á beira do versículo bíblico «E o que queirades que vos fagan os homes, facédello vós igualmente» (Lucas 6:31).

Thomas Hobbes

Thomas Hobbes, nado o 5 de abril de 1588 e finado o 4 de decembro de 1679, foi un filósofo e político inglés do século XVII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.