Huesca

Huesca (en aragonés: Uesca[1], en galego antigo: Osca[2], oficialmente Huesca/Uesca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da Plana de Uesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.

Coordenadas: 42°8′24.37″N 0°24′32.03″O / 42.1401028, -0.4088972

Huesca
Uesca
Flag of Huesca
Escudo de Huesca
Casino de Huesca.
A fonte das musas. Catedral de Huesca.
Huesca desde o aire. Monasterio de San Pedro el Viejo.
Las Pajaritas de Ramón Acín.
Cidade de Huesca
Localización
Huesca en España

Huesca
Huesca
Huesca en Provincia de Huesca

Huesca
Huesca
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAragón Aragón
ProvinciaHuesca
ComarcaHoya de Huesca
Xeografía
Altitude488 msnm
Superficie14,9 km²
Demografía
Poboación51.117 hab. (INE 2008)
Densidade317,5 hab./km²
XentilicioOscense
Outros datos
Código postal22002
AlcaldeLuis Felipe Serrate (PSOE)
www.ayuntamientohuesca.es

Xeografía

Huesca está situada a suroeste da súa provincia, en territorio do Somontano pirenaico, caracterizado por pequenas elevacións, aínda que ás veces abruptas (os mallos), que alternan con chairas e depresións. Nunha destas, chá e feraz,regada polo río Isuela, érguese a cidade ("Hoya de Huesca").

O clima é mediterráneo continentalizado.

Historia

En época prerromana, os ilerxetes ocupaban a rexión oscense. A cidade denominábase Bolskan, e cuñaba moeda no século II a.C.

Durante o século I a.C., con o nome de Osca, era xa unha cidade plenamente romanizada. Foi capital da Hispania de Sertorio, revirada contra a República Romana. Suponse que Sertorio morreu nesta cidade.

Foi elevada á categoría de municipio por Augusto no ano 30 a.C., máis dependente con todo de Cesaragusta. Plinio o Vello sitúa Osca na rexión que chama Vescitania. Probabelmente é a mesma cidade que Estrabón cita como Ileoscan. Creuse que tiña minas de prata, cousa que o Pde. Flórez puña en dúbida.

Huesca desde la Catedral I
Vista de Huesca desde a catedral

Logo da etapa visigoda e da invasión árabe, Osca pasou a ser controlada polos musulmáns, que a chamaron Wasqa. Fronteira enfronte dos reinos cristiáns do norte, foron insistentes os intentos de asedio que sufriu, o que tornou a cidade nunha base militar de primeiro rango.

No ano 1094 o rei cristián, Sancho III de Aragón, tentou, unha vez máis, tomar Huesca, construíndo preto o castelo de Montearagón, pero morreu dunha setada, cando realizaba un recoñecemento da muralla. Dous anos logo, na primavera de 1096, un exército cristián, liderado polo rei Pedro I, asediou a cidade durante seis meses. Huesca foi entregada ao rei Pedro, o 26 de novembro de 1096, que trasladou a capital do reino de Aragón para a cidade. Porén, cando en 1118, o rei Afonso o Batallador, tomou Zaragoza, Huesca deixou de ser a capital, pois a cidade recentemente tomada seríao desde entón.

En 1837, o pretendente carlista, Carlos María Isidro, tomou a cidade.

Durante a guerra civil, Huesca caíu en mans dos militares sublevados. Os intentos das tropas republicanas por retomala varias veces, foron inútiles, a pesar de dominar a próxima Montearagón.

Patrimonio artístico

Huesca - Fachada de la catedral
Portada da Sé de Huesca
  • Catedral, gótica, edificada entre 1275 e 1515, sobre construcións anteriores. Altar-mor obra de Damián Forment. Posúe fermosas capelas e notábel cripta. Vitrais de Francisco de Valdivieso. O claustro, porén, é románico.
    • Museo diocesano.
    • Pazo episcopal.
  • Igrexa de San Pedro o Vello, igrexa románica con interesante claustro do mesmo estilo. Sepulcros de reis aragoneses. Altares do XVI e XVII.
  • Igrexa de San Miguel, obra de transición románico-gótica.
  • Igrexa de San Lourenzo, edificación complexa, con obra gótica, e fachada barroca. Pinturas de Jusepe Martínez.
  • Igrexa dos santos Domingos e Martiño, gótica en orixe, con reformas barrocas.
  • Igrexa de San Vicente, barroca, en ladrillo.
  • Seminario da Santa Cruz, con igrexa de 1571, que conserva a ábsida, anterior, gótica.
  • Casa do Concello, obra tardo-renacentista de Miguel de Allué, sita na mesma praza da catedral.
  • Colexio Imperial, datado en 1534, na mesma praza que o edificio devandito.
  • Conxunto da Universidade Sertoriana, contén entre outros:
    • Pazo dos Reis de Aragón,
    • Zuda árabe,
    • Museo Provincial, exhibe desde frescos románicos a coleccións pictóricas de mestres renacentistas, barrocos e outros.

Festas

Cidades irmandadas

Notas

  1. Uesca é o topónimo en aragonés e tamén oficial segundo a Lei 27/2002, de 26 de novembro, de creación da comarca de Hoya de Huesca/Plana de Uesca Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Osca". Dicionario de dicionarios do galego medieval.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto de Huesca

O Aeroporto de Huesca-Pireneos (IATA: HSK, OACI: LEHC) está localizado a 10,5 quilómetros ao sueste de Huesca, entre os termos municipais de Alcalá del Obispo e Monflorite. O seu emprazamento resulta privilexiado para a comunicación co Pireneo aragonés, referente obrigado para os afeccionados ao esquí, xa que nel se atopan algunhas das principais estacións de España.

Aragón

Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.

Barbastro

Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15 053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.

É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, próxima ao lugar onde o río Vero se xunta con o Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servizos e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.

Dista 21 km da cidade de Huesca e 67 km da Lleida.

Borau

Borau é un pequeno concello da provincia de Huesca. A súa poboación era de 75 habitantes no ano 2005 (INE). Dista 86 km da capital provincial, Huesca. O municipio está situado no noroeste da provincia e da comunidade, nos Pireneos, atravesado polo río Lubierre, tributario do Aragón. Ocupa unha superficie de 41,7 km².

CB Peñas Huesca

O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Uesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Ouro.

Campo, Huesca

Campo é un concello da provincia de Huesca, situado na comarca da Ribagorza, no extremo nordeste de Aragón. A súa poboación era de 295 habitantes en 2005, nunha superfizie de 23,03 km² e unha densidade de 12,81 hab/km².

Canfranc

Canfranc (en aragonés: Canfrán) é un concello na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 71,6 km² onde no ano 2007 vivían 672 habitantes. Encóntrase a 1.190 metros sobre o nivel do mar.

Fago

Fago é un concello da provincia de Huesca, situado na parte máis occidental da bisbarra da Xacetania. É un dos concellos máis pequenos de Aragón, e segundo o padrón de 2012 tiña 29 habitantes, o que supuxo un aumento en relación a 2010, cando contaba con 26 habitantes.

Fraga, Huesca

Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.

Jaca

Jaca (en aragonés: Chaca) é unha cidade e municipio da provincia de Huesca, na Comunidade Autónoma de Aragón, capital da comarca da Jacetania. A súa poboación alcanzaba 13.193 habitantes no ano 2008.

Jaca é sé episcopal católica e etapa na vía aragonesa do Camiño de Santiago.

Juan Antonio Anquela

Juan Antonio Albacete Anquela, nado en Linares (Xaén) o 11 de setembro de 1957, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e actualmente adestra ó Deportivo da Coruña.

L'Aínsa-Sobrarbe

L'Aínsa-Sobrarbe (en castelán: Aínsa-Sobrarbe, as dúas denominacións cooficiais) é un concello español da provincia de Huesca, en Aragón. Está situado no alto Pireneo de Huesca na comarca do Sobrarbe. É xunto con Boltaña, a cabeza comarcal e histórica da mesma, o antigo condado e posterior reino do Sobrarbe.

Lingua aragonesa

O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

Lobarre

Lobarre (en castelán: Loarre e oficialmente Loarre/Lobarre) é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón. Situado a 28 km da capital Huesca, abarca 74,6 km² e forma parte da comarca Hoya de Huesca.

Monzón, Huesca

Monzón é un concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. En 2008 tiña 17.050 habitantes.,

Provincia de Huesca

Huesca (en aragónes e cooficial: Uesca; en catalán: Osca) é unha provincia do norte de España, na parte norte da comunidade autónoma de Aragón. Limita coas provincias de Lleida, Zaragoza e Navarra, e tamén con Francia (cos departamentos Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e Alto Garona).

A súa superficie é de 15.626 km². A súa poboación é 228.566 hab. (2010), e a súa densidade de poboación é 14,62 habitantes/km². Está formada por 202 concellos. A súa capital é a cidade de Huesca, onde vive cerca dunha cuarta parte da poboación. Nesta provincia encóntrase o Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Provincia de Zaragoza

A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.

A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.

En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidad de poboación de 52,96 habitantes/km².

Sociedad Deportiva Huesca

A Sociedad Deportiva Huesca é un club de fútbol de España, da cidade de Huesca en Aragón. Foi fundado en 1960 e milita na Primeira División Española tras ascender por primeira vez na súa historia na tempada 2017-18. Na actualidade conta con 4.100 socios. Debido á limitada capacidade do seu estadio, El Alcoraz, non é posible a admisión de novos socios polo momento. Espérase a presentación do proxecto do novo estadio proximamente.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.