Huelva

Huelva[1] é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.

Coordenadas: 37°15′50″N 6°57′47″O / 37.26389, -6.96306

Huelva
Flag of the City of Huelva (official)
Escudo de Huelva1
Catedral de Huelva 2005-Julio 033
Catedral de Huelva.
Localización
Huelva en España

Huelva
Huelva
Huelva en Provincia de Huelva

Huelva
Huelva
PaísEspaña
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaHuelva
ComarcaComarca metropolitana de Huelva
Xeografía
Altitude54 msnm
Superficie149 km²
Demografía
Poboación149.310 hab. (2010)
Densidade1002,4 hab./km²
Xentilicioonubense[1]
Outros datos
Código postal21001-
AlcaldePedro Rodríguez González (PP)
www.huelva.es

Xeografía

Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.

Noroeste: San Bartolomé de la Torre Norte: Gibraleón Nordés: San Juan del Puerto
Oeste: Aljaraque e río Odiel Rosa de los vientos Leste: Moguer, Palos de la Frontera e río Tinto
Suroeste El Rompido e Océano Atlántico Sur: Punta Umbría e Océano Atlántico Sueste: Mazagón e Océano Atlántico

Clima

O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.

Historia

O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade de Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.

Economía

As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século XX.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

El Mundo

El Mundo del siglo XXI, máis coñecido como El Mundo, é un xornal español. Ten a súa sede en Madrid e conta con edicións rexionais en lugares como Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Almería, Huelva, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Baleares, Alacant ou Cantabria. Tamén conta con edición aberta en Internet chamada elmundo.es. O seu director é Pedro J. Ramírez.

A empresa editora, Unidad Editorial S. a., é dona tamén do Grupo Recoletos, ambas propiedade á súa vez do grupo RCS MediaGroup (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o Corriere della Sera, e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica María del Carmen Iglesias Cano e edita, ademais do diario El Mundo, outras publicacións como Marca, Expansión, Telva ou La aventura de la Historia, entre outras.

O 8 de marzo de 2010 El Mundo lanzou Orbyt, a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.

Javier Ozores Pedrosa

Francisco Javier Ozores Pedrosa, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado en Vigo o 15 de agosto 1961, foi un escritor e político galego.

Jesús Aranguren

Jesús Aranguren Merino, coñecido como Txutxi Aranguren, nado en Portugalete o 26 de decembro de 1944 e finado en Barakaldo o 21 de marzo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Athletic Club.

Joaquín Caparrós

Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado en Utrera (Sevilla) o 13 de outubro de 1955, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Adestrou o Granada ata xaneiro de 2015, cando foi destituído.

José Antonio Naya Mella

José Antonio Naya Mella, nado na Coruña o 30 de abril de 1934, é un ex adestrador de fútbol galego.

José Luis Oltra

José Luis Oltra Castañer, nado en Valencia o 24 de marzo de 1969, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Juan Ramón Jiménez

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Martín Alonso Pinzón

Martín Alonso Pinzón, nado en Palos de la Frontera, provincia de Huelva, en 1441 e finado no mesmo lugar o 31 de marzo de 1493, foi un navegante e explorador español, codescubridor de América.

Paco Herrera

Francisco "Paco" Herrera Lorenzo, nado en Barcelona o 2 de decembro de 1953, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol catalán. Xogou na demarcación de centrocampista.

Palos de la Frontera

Palos de la Frontera é unha localidade andaluza, da provincia de Huelva. No ano 2006 tiña 8.415 habitantes. A súa extensión superficial é de 50 km² e ten unha densidade de 168,3 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 23 metros e a 14 quilómetros da capital da provincia, Huelva.

Situada á esquerda do río Tinto, moi preto da desembocadura e unión co río Odiel.

Palos de la Frontera é coñecida como o berce do descubrimento de América (como afirma no seu escudo), xa que nesta cidade xestouse e preparouse a primeira viaxe de Cristovo Colón facía o que el cría as Indias. Partiron do porto desta cidade o 3 de agosto de 1492, chegando o 12 de outubro de devandito ano a certas illas do actual continente americano que por entón era descoñecido polos europeos.

Primeira división española 2007/08

A tempada 2007/08 da Primeira División de España de fútbol comezou o 25 de agosto de 2007 e terminou o domingo 18 de maio de 2008 debido á Eurocopa organizada en Austria e Suíza a partir do 7 de xuño de 2008. O torneo estivo organizado pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).

O 4 de maio de 2008 proclámase campión da liga o Real Madrid Club de Fútbol, tras gañar ao Osasuna no Reyno de Navarra por 1-2 con goles de Puñal de penalti e de Robben e Higuaín. Descenden a 2ª División o Levante, Real Murcia e o Real Zaragoza. Na xornada 36, o Villarreal proclamábase, por primeira vez na súa historia, subcampión de Liga ao gañar por 0-2 ao Recreativo de Huelva no estadio Novo Colombino. O Sevilla FC confirma o seu posto na Copa da UEFA gañando ao Real Betis no Estadio Manuel Ruiz de Lopera por 2 goles a 0. O Racing de Santander queda sexto e certifica o seu posto europeo por primeira vez na súa historia tras gañarlle ao Osasuna por 1 gol a 0.

Primeira división española 2008/09

A tempada 2008/09 da Primeira División de España de fútbol pasa a denominarse Liga BBVA. Comenzou a fin de semana do 30 e 31 de agosto de 2008 e rematara o domingo 31 de maio de 2009. Houbo un paro de Nadal entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro.

O 16 de maio, coa disputa da 36ª xornada, o Fútbol Club Barcelona proclamouse campión, por décimo novena vez na súa historia. O Real Madrid e o Sevilla FC clasifícanse de modo directo para a Liga de Campións xunto co FC Barcelona, e o Atlético de Madrid, que xogará a rolda previa. Villarreal CF e Valencia CF clasifícanse para a Copa da UEFA, que tamén xogará o Athletic de Bilbao por ser subcampión de Copa. Real Betis, Numancia e Recreativo de Huelva descenden a Segunda división.

O Deportivo da Coruña, único equipo galego nesta tempada, queda 7º, a 4 puntos dos postos de Copa da UEFA.

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Huelva

Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.

Provincia de Sevilla

A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Extremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.

Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².

Real Club Recreativo de Huelva

O Real Club Recreativo de Huelva, S.A.D., coñecido popularmente como Recreativo ou Recre, é un club de fútbol de España, da cidade de Huelva en Andalucía. Foi fundado en 1889, sendo xa que logo o club de fútbol máis antigo de existencia ininterrompida da Península Ibérica, motivo polo cal é nomeado como Decano do Fútbol Español. Actualmente xoga na Segunda División B.

Río Guadiana

O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das linguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio o Vello na súa obra Historia Natural.

Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.